Conversa usuario:Estevoaei/arquivo4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Desculpas[editar a fonte]

Teño que ofrecerche as miñas desculpas por ter actuado como actuei. Teño que ofrecerche desculpas a pesar de crer que actuei, inda agora, como debía actuar.

Non quero poñer ligazóns (se as desexas póñoas). Critiquei nunha páxina de Flickr palabras túas e volvinas criticar nunha proposta a imaxe da semana. A miña crítica non é producida por nada persoal, pero dado o labor que estou intentando facer de promoción da Galipedia noutros ámbitos, non me quedou máis alternativa ca facer esa crítica.

Comprendo que as túas palabras son palabras ditas en distensión e que, aparentemente, poderían non ter importancia. Con todo, teñen moita importancia se con elas se crea animadversión á Galipedia en Flickr. Eu considerei que non podía permitir que se crease esa animadversión e por iso actuei como actuei, pero nunca pretendín -nin pretendo- criticarte como persoa ou como usuario; só pretendín actuar ante un feito que podía ser considerablemente negativo.

Desculpa e un moi cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  15:16, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Xa entendín que era un malentendido, por iso me desculpaba na mensaxe anterior. O problema é que me vin atado intentando colaboración e encontrando palabras coma esas que podían ser relacionadas coa Wikipedia, palabras simplemente desafortunadas porque dan lugar a lecturas diferentes. Pensei que a cousa quedaría na páxina da imaxe en Flickr e non tería maior repercusión. Nin sequera che comentara nada, debín facelo polo correo, mea culpa) Cando expresaches esas palabras na Wikipedia lembraches as palabras de Flickr (en Flickr resultan máis duras), e tiven que reaccionar como reaccionara en Flickr, e reaccionei así porque o que menos nos convén é crearnos inimigos.
A expresión que empregaches na Wikipedia resulta moito máis comprensible cá de Flickr, en grande parte porque a realizas na Wikipedia. Para min, pero só para min, non para os usuarios de Flickr, a de Flickr tamén é comprensible. Éo porque ti non estás habituado a Flickr, habituado ó feito de que os títulos son con frecuencia figurativos, ás veces "cachondeos". Pasas da Wikipedia a Flickr, ves as cousas cos esquemas da Wikipedia e reaccionas como é normal que reacciones. O malo é que quen percibe esa reacción, aquel a quen se dirixe, non entende nada, porque os esquemas son outros.
Sinceramente, creo que teño eu máis culpa ca ti: Levei mal o asunto e, despois, non lle conviña á Galipedia que quedase calado (a localización da páxina desde Flickr era doada). A min si me conviña quedar calado. Creo que non o fixen ben. Se me atopase na mesma situación agora, actuaría doutro xeito, pero actuaría doutro xeito dende o principio. Reitero as miñas desculpas-- Lmbuga / Conversa comigo  17:30, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Estraviz[editar a fonte]

Ola! Tiña entre as miñas tarefas pendentes de fins de 2009 crear a páxina de Isaac Alonso Estraviz, pero vexo que te me adiantaches. En base a algunhas entrevistas que se lle fixeron (puxen as ligazóns no pé do artigo), así como ás webs da AGAL e da AGLP, actualicei algunhas cousas sobre o seu dicionario (primeiro en papel, electrónico despois) e sobre as súas ocupacións actuais. Tamén lle coloquei o lugar de nacemento e non lembro se algunha cousa significativa máis. Saudiña!

--Rosamf 20:42, 9 xaneiro 2010 (UTC)

$[editar a fonte]

Poida que te confundiras nesta edición ao cambiar a ligazón a "dólar estadounidenses" por "$", que deixa unha ligazón vermella? --Toliño Fala aquí comigo 14:52, 12 xaneiro 2010 (UTC)

RE: Afogados[editar a fonte]

Oh, perdón! De todos os xeitos, a información non coincide: o artigo primeiro asegura que se publicou en abril e logo que o fixo simultaneamente coa tradución ao castelán en maio. Vou desfacer a miña edición e deixar dous abriles. Grazas por estar a vixiarme estas cousas que me veñen de cando en vez. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:05, 14 xaneiro 2010 (UTC)

  • Por certo, xa lera o primeiro libro hai tempo e estou por ampliar o artigo con algunha nota que tomara (e que quedou esquecida). Este último téñoo pendente e coido que arestora está a escribir un conto para nenos e está a preparar a terceira entrega de Caldas, segundo oín o outro día nunha entrevista na radio. --Toliño Fala aquí comigo 18:14, 14 xaneiro 2010 (UTC)

San Amaro[editar a fonte]

Boas Estevo. Hai refráns, claro que si, e lendas, pero antes hai que resolver un problema: ese Amaro de Anjou é realmente Mauro e, posteriormente, san Mauro (nacido en Roma, bieito fundador do mosteiro de Glanfeuil en Francia, rescatador de Plácido, morto en 584). En Galicia confúndese con Amaro, peregrino cunha lenda semellante á de san Ero e para o que si teño refráns. Os dous celébranse o 15 de xaneiro e a confusión dun co outro xa foi observada popr Martiño Sarmiento. De feito, na páxina de homónimos Amaro remitimos a este segundo Amaro o peregrino. ¿Como resolvemos isto? Saúdos e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 19:53, 15 xaneiro 2010 (UTC)

Novo modelo en lugares[editar a fonte]

Ben, como nas propostas de colaboración se solicita a axuda para trocar por este modelo, que por outrabanda a min particularmente non me disgusta, pois poñome a facer as dos concellos da miña zona.--Alfonso Márquez 14:09, 16 xaneiro 2010 (UTC)

A Tafona[editar a fonte]

A Tafona do Grove é unha rúa na que se atopa unha das panaderías máis vellas do lugar. Está no casco urbano e, a verdade, non creo que teña entidade para figurar entre os homónimos. A falta de paraugas esta tarde vou dedicala a repasar un museo etnográfico en Vigo (Museo Liste), baixo teito e quente. Outro día con mellor tempo sairemos ó campo, que non o pechan. Saúdos e indagarei eu tamén algo sobre as diferencias reais entre Mauro e Amaro. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:54, 16 xaneiro 2010 (UTC)

Régoa, Cedeira[editar a fonte]

Ola Estevo. Tes o marcador En uso no artigo Teixido e no artigo Régoa, Cedeira desde setembro. Por outra parte o artigo Teixido, Cedeira redirixe cara a Teixido, Régoa, Cedeira. Habería que solucionar isto. Tes pensado facer algo con estes artigos? Ou simplemente se che esqueceron? Saúdos. --Xas (conversa) 23:42, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Ponte Maior de Ourense[editar a fonte]

Feito, grazas. --HombreDHojalata conversa 13:34, 23 xaneiro 2010 (UTC).

Un favor[editar a fonte]

Poderías explicarme rapidamente o por que dos cambios que fixeches no artigo que iniciei de Luis Martín-Santos? Son usuario da Galipedia desde hai só 3 días e quizáis así poida correxir para futuros artigos os erros que sen dúbida cometín. Moitas grazas por adiantado.--Paradanta 16:40, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Graciñas pola túa axuda--Paradanta 17:09, 23 xaneiro 2010 (UTC)

Einstenio / Einsteinio[editar a fonte]

Igual debera comentalo antes de facer cambios. Eu baseime no VOLGa. ¿A cal lle dades preferencia? [ Furagaitas * ] 19:15, 25 xaneiro 2010 (UTC)

De nada ho. E desculpas; intentarei andar con máis tino para outra. Estarei atento á decisión que tomedes. [ Furagaitas * ] 19:24, 25 xaneiro 2010 (UTC)

Artigos de lugares[editar a fonte]

Graciñas polas recomendacións. Engadirei eses cambios aos restantes artigos de lugares que fixen, pero será na fin de semana porque vou estar sen conexión de internet desde mañá ata o venres. Saúdos!--Paradanta 21:24, 1 febreiro 2010 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Como ti adoitabas votar no tema dos bots, só dicirche que hai un bot proposto dende hai bastante e semella que entre as vacacións de nadal e tal, pasou desapercibido. Bótaslle unha ollada a ver se che convence e votas? Saúdos! --Alberte Si, dígame? 03:55, 4 febreiro 2010 (UTC)

Encontro[editar a fonte]

Por suposto que che aviso, pero tamén podes participar ti mesmo na páxina de meta indicando as datas e horas que máis che conveñen. Polo momento non está nada decidido así que a túa opinión será benvida. Un saúdo, --Elisardojm 00:43, 9 febreiro 2010 (UTC)

Boas, mira, actualizamos a páxina do encontro en meta coas datas deste mes porque queremos que se faga antes de que remate. Si tes un momento agradeceríache que voltaras a actualizar alí a túa dispoñibilidade. Un saúdo, --Elisardojm 23:18, 7 marzo 2010 (UTC)

Boas outra vez. Ó final non dimos organizado o encontro neste mes, xa está a rematar e pareceunos demasiado precipitado facelo esta fin de semana, estivemos liados cos debates da lista de correos e con viaxes e fóisenos o santo ó ceo. O mes de abril comeza coas vacacións e como moita xente marcha xa non imos propor esas datas polo que imos tentar que podamos xuntarnos a fin de semana do 9 ó 11 de abril. Por iso volvo a pedirche que, cando podas, poñas as datas que che veñan ben, xa que si hai un día no que estemos dispoñibles todos xa o faremos ese día porque non queremos que se demore máis. Un saúdo e a ver si nos vemos pronto, Elisardojm 23:40, 24 marzo 2010 (UTC)

Dúbida imaxes[editar a fonte]

Ola, Estevoaei! Meu irmán sacou un par de boas fotos de lugares de San Xosé de Ribarteme e comentoume que se quixera que as podo subir á wiki. A cuestión é que el xa as subiu ao Google Earth, e non sei se habería algún conflito de licenzas por iso. En principio, penso que non debería habelo porque el mesmo foi quen me animou a poñelas na Galipedia. Se finalmente as subo, no nome do autor debería poñer o mesmo que el utiliza no Google Earth (gochito), non? Graciñas!--Paradanta 11:37, 9 febreiro 2010 (UTC)

Orfos[editar a fonte]

Ola! Vin a foto dos Orfos, o que pasa é que o cantante sae un pouco mal, véselle todo borroso. Eu fun a ese concerto (os Orfos son colegas meus, se cadra ti e mais eu coñecémonos e todo!) e teño fotos del e máis doutros aos que tamén fun e quizaís sería boa idea, se non che importa, mudala por outra que se vexa mellor. Que dis?--Paradanta 13:55, 9 febreiro 2010 (UTC)

Benposta[editar a fonte]

Ola, Estevo. Vin a edición que fixestes no artigo Jesús Silva Méndez e chamoume a atención que na nota a pé de páxina, que remite a unha entrevista no Diario de Navarra, indicas a data na que foi consultado. Poderías explicarme por que é necesario facelo? Heicho agradecer. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:43, 15 febreiro 2010 (UTC)

Sakcha[editar a fonte]

Boas. Estou vendo a edición que estás a facer do artigo de Skacha e hai un dato que non é correcto: o primiero concerto de Skacha foi no 1993, en Priegue, non no 1992 con K.O.P. Pode ser que non se entendera o que escribín nun primeiro momento, pero no concerto do 1992 nós non tocabamos, senón que fumos de espectadores. Alí enterámonos que este grupo non tiña local de ensaio e, por iso, cedímoslles o noso. Foi así como coñecimos a Martín, quen logo entraría na formación de Skacha.

Un saúdo.

Re:Topónimos[editar a fonte]

Ok, entón os que non se aclaran son os da Xunta, porque eu non lle vexo moito sentido. De tódolos xeitos haberá que repectalo porque algún criterio hai que seguir. Moitas grazas pola túa aclaración, un saúdo!--Paradanta 12:37, 19 febreiro 2010 (UTC)

Gralla[editar a fonte]

Claro, claro. Nin que mo dicir tiñas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:28, 22 febreiro 2010 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Imaxe_da_semana/Propostas[editar a fonte]

Propuxen unha imaxe túa para imaxe da semana. Agradeceríache que pasases por esa páxian e votases libremente o que desexares. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:47, 24 febreiro 2010 (UTC)

Combinado[editar a fonte]

Estevo, cóctel tamén é galego [1]. Escrito como cho poño eu. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:58, 25 febreiro 2010 (UTC)

Briga[editar a fonte]

Ola Estevo.

Tes razón en que o marcador Copyvio non é o máis axeitado. O máis axeitado e {lixo}.

Penso que erras cando dis que se unha fonte non menciona que estea protexida por copyright non o estea, máis ben creo que é a inversa, e dicir, ten que constar claramente a licenza axeitada para que ese material se poida empregar na Galipedia.

Este artigo incumpre varios piares da Galipedia. A Wikipedia é unha enciclopedia (A Wikipedia non é un conxunto de páxinas autopromocionais), A Wikipedia ten un punto de vista neutral, o que quere dicir que o que se pescuda é acadar non só un punto de vista particular nos artigos. A Wikipedia é de contido libre a cal calquera pode editar (Non infrinxa os dereitos de autor ou envíe traballos ou obras con licenzas que non sexan compatibles coa GFDL.).

É polo exposto que procedo a marcalo con {lixo}.

Un abrazo. --HombreDHojalata conversa 10:15, 27 febreiro 2010 (UTC).

{seniw}[editar a fonte]

Ola Adrian.

Teño visto que soes engadir o modelo:Seniw a tódolos artigos que atopas que non teñen ligazóns interlingüísticas. Eu levo bastantes días traballando na Categoría:Wikipedia:Artigos sen interwikis co obxectivo de reducir a inmensa lista da Categoría:Wikipedia:Artigos con problemas.

Gustaríame facerche partícipe dalgunhas reflexións miñas ó respecto:

  • O modelo está traído da wikipedia portuguesa e non existe na inmensa maioría das wikis, incluíndo as meirandes. Eu (isto é unha opinión persoal) penso que ten unha utilidade relativa, e, en todo caso, que non se debe abusar del e non se debe empregar indiscriminadamente.
  • É máis produtivo para a Galipedia (e as veces moi sinxelo) procurar as ligazón interligüísticas correspondentes e engadirllas ó artigo.
  • Algúns bots traballan engadindo ligazóns interlingüísticas automaticamente, máis non son quen de retirar o marcador. O resultado é que algún artigos quedan coas ligazóns e, o mesmo tempo, marcados como pendentes das ligazóns.
  • Se se engade o modelo, o artigo pasa á formar parte da categoría pendente interwiki e, por tanto, tamén a engrosar a categoría:Wikipedia:Artigos con problemas.
  • Pode haber temas locais, de interese para unha enciclopedia escrita en galego, máis sen relevancia enciclopédica para proxectos noutras linguas.

Que pensas?

Saúdos de novo, e aproveito para felicitarte polo teu gran traballo. --HombreDHojalata conversa

Categoría:Poesía[editar a fonte]

Ola Estevoaei, a ver que podo dicirche sobre a Categoría:Poesía.

Crear, dentro da Categoría:Poesía, a Categoría:Premios de poesía, paréceme ben. E tamén mover Premio de Poesía Caixanova e Premio de Poesía Martín Codax creando artigos con "poesía" en minúsculas, acorde ao resto.

Ao respecto da categoría:Obras de poesía en galego; tampouco me gusta o nome, pero categoría:Obras poéticas en galego, paréceme peor. Creo que podemos deixalo así. A min non se me ocorre ningún mellor.

Outra cuestión. O que xa non vexo tan ben é a Categoría:Poetas de Galicia. Non me gusta o nome. Nesa categoría irían tamén os poetas galegos que escriben en español? E ao ser unha subcategoría de Categoría:Escritores de Galicia, choca con ela, xa que moitos poetas escriben tamén obras doutros "xéneros". E non sei se poñéndolle Categoría:Poetas en lingua galega poderiamos amañalo, pois paréceme vai pasar o mesmo coa Categoría:Escritores en lingua galega...

Saúdos, e a ver se amañamos esta Categoría un pouco. --Xas (conversa) 16:26, 27 febreiro 2010 (UTC)

Briga e 2[editar a fonte]

Ben, un par de cousas.

Eu non borrei o artigo Briga. En todo caso sempre pode volver a crearse corrixindo os fallos. Anímote encarecidamente a que o fagas.

Non penso que sea unha boa técnica de traballo copipegar textos doutras webs (especialmente de webs de organización políticas) e colgalos como artigos da galipedia e xa verá alguén detrás que o arranxe, se é que alguén ó arranxa (e, sinto dicilo pero é certo, en moitos casos as edición posteriores limítanse a poñer as etiquetiñas de sencat e senwin).

Como expuxen mais arriba, nesta mesma páxina, e na páxina do artigo (e o bibliotecario que o borrou non debeu pensar que andara moi desencamiñado) o artigo incumpría polo menos tres piares básicos da wikipedia, non había por onde collelo. E agora non o recordo con exactitude, pero penso que non era tan recente como para que non houbera ocasión de melloralo. Ti mesmo suxeriches cambiar un marcador por outro pero non modificaches nada no artigo, nin escribiches ós editores anteriores para pedirlles que melloraran a redacción ou ofrecerlles axuda, ou si?

Facilitar e animar ós novos editores está moi ben, eu o fago acotío, pero penso que todo ten un límite, e por riba diso hai que manter un mínimo de calidade dos artigos, e Briga tivo tempo dabondo para que se solucionan os seus problemas.

Penso que estou colaborando coa Galipedia de forma moi construtiva, e espero que non esteas a insinuar o contrario. Adiqueille moitas horas ultimamente, aínda que non tantas coma ti, que levas mais tempo no proxecto. As miñas contribucións están aí e todas poden revisarse. Tamén penso (é unha opinión/reflexión persoal) que a prioridade na Galipedia non é crear artigos novos senón arranxar os problemas dos milleiros que os teñen. Unha enciclopedia pequena pode ser útil, máis non unha grande chea de erros. Eu fixen un par de milleiros de edicións e so ceei uns vinte artigos novos, máis propuxen para borrado, e foron borrados, con votación ou de maneira rápida, uns setenta. Que che parece a proporción?

En fin, é un pracer ter a ocasión de poder falar contigo de todos estes temas, e desculpa o cilindro que te acabo de soltar e xa sei que ti xa sabes de moitas das cousas que te comento ;-)

Como dis, a seguir --HombreDHojalata conversa 17:37, 27 febreiro 2010 (UTC).

Comparativa 2008/2010[editar a fonte]

Bos días de novo, Adrián.

Partindo das de Xabier Cid, de decembro de 2008, estiven facendo unhas contiñas que igual che interesan. --HombreDHojalata conversa 12:54, 28 febreiro 2010 (UTC).

Categorización[editar a fonte]

Ándolle a dar voltas polo de agora ás discografías. Vin nunha mesma categoría (a de álbums musicais) estaba todo moi mesturado e non sei se a separación que estou a facer estará ben de todo, pero parace un pouco menos caótico.

Co dos grupos metereime en breve, que xa vin esta tarde que hai que crear categorías. Estiven botándolle un ollo tamén a algúns modelos relacionados coa música e igual habería que facerlles un pequeno lavado de cara. Tomareino con calma jeje. Por certo, se me precisades para algo agardo estar máis habitualmente por aquí. Un saúdo. --Beninho 15:17, 1 marzo 2010 (UTC)

RE: Traxe galego[editar a fonte]

Bótalle unha ollada á táboa que fixen. Era así como a querías? --Toliño Fala aquí comigo 13:48, 3 marzo 2010 (UTC)

Vermudo III[editar a fonte]

Saúdos Estevo!, retirei a caixa de uso de Vermudo III, e de paso aproveitei para cambiar dúas cousas erradas. Pola miña está todo listo para a túa edición, que sexa fructífera!. :)--Alexandre Vigo 19:43, 3 marzo 2010 (UTC)

Km[editar a fonte]

Graciñas, meu, eu coa lingua fago mellor outras cousas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 15:41, 5 marzo 2010 (UTC)

RE: Can[editar a fonte]

Xa fixen o do can. Por certo, bótalle unha ollada a isto, dado que discordo contigo e me gustaría ler a túa opinión. --Toliño Fala aquí comigo 19:15, 5 marzo 2010 (UTC)

EE.UU.[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Estás seguro que EE.UU. é incorrecto en galego e só se admite EUA? Dígoo porque quero estar seguro antes de lanza-lo bot a pacer. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:05, 6 marzo 2010 (UTC)

Anos[editar a fonte]

Bótalle un ollo, Estevo. Conversa:-968. --Atobar (conversa comigo) 18:09, 9 marzo 2010 (UTC)

Gracias[editar a fonte]

Gracias pola aclaración, tereino en conta. --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:51, 9 marzo 2010 (UTC)

Sobre a redirección da que me falas (xa vexo que xa a fixestes) non teño moi claro que é o habitual nestes casos. Supoño que a min non me faría falta ese recurso, eu buscaría coa caixiña de procurar que hai arriba á dereita, e terminaría dando co río ou co que fixera falta. Es ti que me pregunta a min, pero creo que son eu o que debería buscar respostas: como se fan as cousas con esto das redireccións? Grazas anticipadas. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:35, 10 marzo 2010 (UTC)

Fonte do Ídolo[editar a fonte]

Grazas pola túa mensaxe Estevo, e desculpa que non respostara antes pero nin me decatara dela, desde logo que acepto o convite para fonte do ídolo ;), a ver se entre todos podemos facer dese artigo dos galaicos -que coido é tan sumamente básico e interesante para entender a historia galega- unha pequena referencia nas wikis, a ver!.

Moitisimas grazas, e para o que queiras aqui estou.--Alexandre Vigo 00:22, 10 marzo 2010 (UTC)

Incursión do castelán[editar a fonte]

Estes datos penso que son bos para completar o artigo Historia da lingua galega, bo artigo que ao meu entender está incompleto por lle faltaren datos lingüísticos como os que aí tes. De todas as maneiras, tamén sería bon poñer bibliografía ou referencias destas informacións (pero xa vai ser moito pedir, pouco a pouco). Penso que é o sitio máis indicado, ou senón tería que ir nalgún artigo de Sociolingüística relacionado coa lingua galega (ou nos dous artigos); mais, en principio, eu pasaría esta información ao artigo mencionado. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 10:31, 11 marzo 2010 (UTC)

  • Algunha das referencias podo obtelas eu desde algún libro como o de Manuel Portas, Língua e sociedade na Galiza (ou algún outro). O caso é ir mellorando o artigo Historia da lingua galega con datos obxectivos dese tipo. Saúdos.

Cambio de edicións[editar a fonte]

Saudos Estevoaei comprobei que ultimamente estás cambiando as seccións creadas por min en varios artigos de "enlaces externos" non me parece mal, pero recórdoche por se acaso que "enlace" é unha palabra tan galega como ligazón, e que semánticamente concorda mellor con significado nos artigos que ligazóns:

  • enlace s.m. 1. Relación ou unión dunha cousa con outra. O enlace das diferentes ideas non está ben conseguido. SIN. conexión, nexo, vínculo. Un enlace de trens. SIN. empalme. 2. Persoa a través da cal outras manteñen unha relación entre si, de maneira non directa, especialmente dentro dunha organización secreta. Toda a información chégalle por medio dun enlace. CF. intermediario. 3. Enlace matrimonial. Están convidados ó enlace. s Enlace matrimonial. Cerimonia do casamento.
  • ligazóns.f. 1. Relación moi forte e íntima [entre persoas ou entre persoas e cousas]. A ligazón que hai entre eles é froito dunha amizade de anos. 2. Relación lóxica e coherente [entre dúas ou máis cousas]. O discurso carecía de ligazón entre as diferentes partes. SIN. conexión, nexo. u CF. vínculo. ç

Un saudo!! --Carronada 17:13, 12 marzo 2010 (UTC)

Teixido[editar a fonte]

Bo día: Segundo unha vella "Xeografía descriptiva de la comarca de Ortiguiera" do profesor Julio Dávila do ano 1931, aparece Teixido (San Andrés de)como lugar de Régoa(Santa María). No remate do epígrafe engade: "A base del santuario de S. Andrés de Teixido se ha formado canónicamente una parroquia aneja a la de Régoa, pero con administración completamente independiente y con esa denominación, a la que agregaron los lugares de Candocia, Ermida, Lamelas, Meizoso, Teixidelo, Viduido y Vilar, al que llaman tambien Furado". Como a Xunta tomou de base esta Xeografía, polo menos na comarca do Ortegal, danse algúns anacronismos, e dicir existen no nomenclátor oficial, lugares que hai moitos anos xa ficaron abandonados e no olvido e outros pola contra de máis recente formación non aparecen ou son coñecidos por outro nome. Todo isto sen tomar en conta outros erros que penso esixirían unha revisión oficial na miña opinión. Neste caso cocreto é evidente para min, que se debería ter en conta o que dí Julio Dávila, pero quen ou quenes tiñan que oficializar esa cuestión non o fixo, iso si, do nomenclátor desapareceron os lugares adscritos a Teixido que di Dávila. En fin isto é todo o que che podo aportar. Se precisas algo máis tentarei colaborar. Un sáudo--Céltigos 11:31, 14 marzo 2010 (UTC)

California[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas polo aviso e os consellos. Procurarei fixarme máis co formato, pensei que non se me pasara ningunha. Agradezo a túa axuda e que me corrixas as erratas. Un saúdo!--Adorian (fálame) 14:49, 16 marzo 2010 (UTC)

se e só se[editar a fonte]

Polo que eu sei, o símbolo lóxico ou ↔, tamén chamado coimplicación ou dobre implicación, pois representa unha implicación en dobre sentido, ten como única lectura en galego (e así o ensinaba eu nas clases, cando ensinaba lóxica) se e só se. Ignoro se pode transcribirse como see que sería unha transposición da transcrición inglesa iff (a implicación lese if, logo para a dobre usaron iff), que parece que é o que fixeron co castelán sii.

Espero terche aclarado algo. Se non é así, ti insiste. Saúdos. Xas (conversa) 23:15, 16 marzo 2010 (UTC)

Datos[editar a fonte]

Vírao, vírao. A Rosiña leva a palma, como era de esperar. --Atobar (conversa comigo) 10:53, 18 marzo 2010 (UTC)

Soneto de Monterrei[editar a fonte]

  • En galifontes penso que debe estar tamén. Calquera das opcións (deixalo na Galipedia, pasalo a Galifontes, ou deixalo nos 2 sitios -eu decántome pola última-) me parece válida. O que ocorre é que como é tan curto o texto (tan só é un soneto), se o artigo se ampliase con máis información, penso que sería práctico ter o texto do soneto á vista, sería máis práctico para quen lese . Ademais, como é tan escasa a información que temos polo de agora no artigo, quedaría moi pequeno se retiramos o texto do soneto. --Xoán Carlos Fraga 14:28, 18 marzo 2010 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Vin que alguén andou a borrar cousas da túa páxina de usuario e eu revertín as edicións. Se cadra paseime de listo (se é así pido perdón), pero é que hoxe o tema vandálico estivo quentiño. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:24, 22 marzo 2010 (UTC)

Animalia[editar a fonte]

Hai un erro bastante frecuente niso que me dis, e que unha desas cousas que acontecen cando se traduce dun idioma a outro (falsos amigos, creo que lles chaman): a palabra inglesa buffalo non ten o mesmo significado que a galega búfalo, aínda que o pareza; en realidade significa bisonte (Bison bison). Por iso non é correcto que na páxina de homónimos diga que buffalo significa búfalo (Bubalus bubalis). Non está ben feita esa reversión, dálle marcha atrás ou deixa que o faga eu.

Por certo, no dicionario Ir Indo ven a palabra errata ("Erro tipográfico cometido na impresión, composición ou copia dun escrito"). --Xoacas(Góstache o pemento?) 14:01, 22 marzo 2010 (UTC)

Buffalo[editar a fonte]

Ola! Boteille un ollo e prenso que está perfecta, só a modifique un pouquiño para poñer os nomes dos estados na forma galega. Con respecto ao de Búfalo e Buffalo estou de acordo, tiña intención de comentalo na conversa da páxina porque non atopara ninguna referencia, pero como estaba adicándome a California pasóuseme.

Con respecto ao de búfalo e bisonte a verdade non teño nin idea. Un saúdo e bo traballo!--Adorian (fálame) 17:24, 22 marzo 2010 (UTC)

Moldes[editar a fonte]

Pois vaia despiste o meu. Grazas por andar atento. --Xoacas(góstache o pemento?) 14:05, 27 marzo 2010 (UTC)

Imaxen proposta para borrar[editar a fonte]

Ola Adrian.

Vin que fuches o principal editor de Francisco de Aguiar Seixas e Ulloa. Igual che interesa o que se está a falar en Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Aguiar.jpg e en Wikipedia:A Taberna (imaxes)#Imaxe proposta para borrar.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 17:11, 29 marzo 2010 (UTC).

Festa dos Maios[editar a fonte]

De acordo, mirarei o artigo e traballarei nel. Para empezar, a categoría que ten está en vermello: creo que cadra mellor en Categoría:Festas e romarías galegas. Outra cousa: vas ter que borrarme da lista de administradores que tes na túa páxina. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:08, 30 marzo 2010 (UTC)

  • Boas Estevo: vou meterme a amplia-lo artigo da festa dos maios. Fixen un cambio que tes que aprobar: tiñas un Galicia e un Galiza. Como só había unha aparición de cada forma, cambiei por Galicia por simpatía persoal, pero sendo ti o primeiro editor es ti quen escolle. O caso é que no mesmo artigo apareza sempre unha ou outra forma. Xa me dirás. Eu sigo engadindo cousas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:21, 1 abril 2010 (UTC)
    • De acordo entón. Se déixa-la decisión nas miñas mans, eu prefiro Galicia. Aínda que lle pese a Atobar, nestas cousas eu son da vella escola. Hoxe seguirei ampliando, xa que o tempo non acompaña para facer turismo. Segue atento ós cambios e coméntame o que vexas. Ese primeiro de maio temos que tomarnos un albariño en Pontevedra. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:19, 2 abril 2010 (UTC)

Discusión[editar a fonte]

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:34, 30 marzo 2010 (UTC)

os meses na cultura popular galega[editar a fonte]

Bos días Adrián.

Hai novidades que igual che interesan aquí: Conversa:Portada#os_meses_na_cultura_popular_galega.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 10:34, 1 abril 2010 (UTC).

Efemérides[editar a fonte]

Non o puxen todo en negriña porque a frase é ben longa, e queda algo charramangueiro de máis. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:13, 1 abril 2010 (UTC)

Parabéns[editar a fonte]

Ben por eses mil artigos creados, Estevoaei. Pero creo que andas enganado. O 1000 é o da festa dos maios, e non o da novela, que é o 1001. Olla para aquí[2]. --Atobar (conversa comigo) 16:11, 1 abril 2010 (UTC)

Baldaquinos de Boborás[editar a fonte]

Grazas, Estevo, por esas dúas fotos. Eu estou percorrendo as igrexas do Salnés e Pontevedra, aproveitando que nestas datas adoitan estar abertas, e xa teño máis para subir á Galipedia. Polo que di o libro, alí en San Mamede hai un fragmento dun terceiro, que representa o Xuízo Final. Xa nos faltan menos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:53, 2 abril 2010 (UTC)

Galencontro este próximo sábado[editar a fonte]

Boas. Xa temos data para o galencontro, o sábado 10 de 11:00 a 14:00, ese día estamos dispoñibles todos os apuntados. Anótao na túa axenda e si hai algún detalle máis xa cho irei comentando. Saúdos e xa nos vemos, --Elisardojm 22:12, 5 abril 2010 (UTC)

Óscar González Fernández[editar a fonte]

Boas Estevo! Perdoa por tardar tanto en respostar... ando un pouco liado... bueno. Grazas pola suxerencia... a verdade é que non o conocía...é un arquitecto bastante novo pero xa ten algunha obra de interés sobre todo formando equipo con Emilio Rodriguez Blanco no estudio 72700952arquitectos. Cando saque adiante uns artigos de arquitectos do seculo XX comezarei con figuras emerxentes como Óscar González... Un saúdo e bo traballo!.--Xermán 08:27, 6 abril 2010 (UTC).

NIN[editar a fonte]

Algo dixo xa vai na intro, de todas formas cando chegue a eles tentarei buscar algo máis a ese respecto, pero aínda me quedan uns 15 anos por diante jeje. E agora que o penso levo uns meses sen escoitalos, así que agora mesmo me poño algo deles e así me lembro dun dos concertos máis completiños que vin na miña vida. Un saúdo! --Beninho 12:41, 7 abril 2010 (UTC)

O dereito á preguiza[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Deixei o libro en Salceda, e xa me atopo en Madrid. O caso é que engadín a mención ós galegos que se fai no libro. A tradución fíxena dende o texto en francés que hai en wikisource, así que se tes acceso á versión galega bótalle un ollo ás citas e aquélaas de acordo ó texto galego. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 15:09, 7 abril 2010 (UTC)

Sindicato Labrego Galego[editar a fonte]

  • Lidia Senra foi secretaria xeral uns cantos anos, mais desde 2007 Carme Freire é a secretaria xeral. Mais Lidia aínda segue estando na directiva, de aí o pé de foto (tamén se pode poñer no pé de foto ex-secretaria xeral). Pódese comprobar aquí [3], na páxina web do propio sindicato. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:25, 8 abril 2010 (UTC)
  • Pois perdoa polo meu erro, estaba ben o que puxeras. Entendín eu mal. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 11:33, 8 abril 2010 (UTC)

Prea[editar a fonte]

Pasáraseme por completo. Graciñas. Feito queda. --Atobar (conversa comigo) 15:14, 16 de abril de 2010 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Estevo, ando argallando un pouco en temas de estatísticas e toda esa cousa que me presta bastante e batín con este anexo de Arco de Rayne. Se cadra poderiamos poñernos a completar eses artigos. Parece interesante. Anímaste? Eu mañá tratarei de comezar a crear algúns deles. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:55, 22 de abril de 2010 (UTC)

Imaxe de Suso de Toro[editar a fonte]

Boas! Mira, pasei a túa imaxe a commons porque quería poñela no artigo da es: xa que é moito máis actual. Non fixen nada coa imaxe da gl:, espero que o fixera todo ben, si metín o zoco en algo avísame. Perdón, si fixen algo na imaxe da gl:, púxenlle a plantilla de NowCommons... Saúdos!, --Elisardojm 10:31, 23 de abril de 2010 (UTC)

Vale, tomo nota, moitas gracias!. Saúdos, --Elisardojm 21:46, 23 de abril de 2010 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Eu téñoche o mesmiño ca ti, pero lembro que había outro. Vouno buscar. Se o dou atopado, xa che dou aviso. --Atobar (conversa comigo) 16:20, 24 de abril de 2010 (UTC)

Nada. Non atopo nada. Debo de andar enganado e se cadra pensei que había outro cando soamente atopo isto, que nada ten que ver. --Atobar (conversa comigo) 16:25, 24 de abril de 2010 (UTC)


Moi boas[editar a fonte]

Boas, é o meu primeiro dia por aqui e a verdade é que ainda non manexo moi ben isto, pero espero poder axudar.

Imaxes e contracións[editar a fonte]

Pois si, foiche cousa do Ctrl-C - Ctrl-V, pero decateime a tempo e creo que as corrixín todas. Do das contracións dubidei e optei por facelo así. Graciñas pola información, a partires de agora fareino ben jeje. Un saúdo. --Beninho 15:15, 25 de abril de 2010 (UTC)

RE: Modelos de estradas[editar a fonte]

Feito! Feito! Non deu problema ningún. Só había que facer as traducións e listo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 16:09, 26 de abril de 2010 (UTC)

Cantiga[editar a fonte]

Ola, compañeiro. Segundo podo ler tiñas previsto encargarte ti da fusión dos artigos Cantiga e Cántiga. Semella que sabes dese tema bastante máis do que eu. Anímaste a poñelo na túa lista de espera ou delegas noutro, por exemplo en min? Saúde. Xoacas(de laranxa) 21:47, 7 de maio de 2010 (UTC)

Re:Fuchibol[editar a fonte]

Paréceme moi ben, en nada póñome a mirar os datos e actualizamos o choio.--Krisko 19:12, 9 de maio de 2010 (UTC)

Segundo galencontro[editar a fonte]

Boas, xa se fixo a reunión en Madrid na que algúns wikipedistas xa firmaron os estatutos de Wikimedia España. Nesta páxina propuxen facer un novo encontro en Galicia para tratar algúns temas ó respecto, e firmar, os que lles interese, os estatutos para figurar como membro fundador da asociación. Podes apuntarte alí, poñer as datas que che veñan ben e aportar as ideas que queras. A intención é facer este encontro o antes posible (antes de fin de mes) para enviar os papeis a Madrid. Saúdos, --Elisardojm 12:52, 11 de maio de 2010 (UTC)

= Pergameo do Morrazo[editar a fonte]

  • Ola, Estevoaei, que ben que andas co ollo atento. Claro que o podemos poñer nalgún artigo, como en Moaña ou no Morrazo. A verdade é que son moi ignorante no que respecta a pergamiños. Crear un artigo deste pergamiño igual pode ser excesivo (excepto que fose un texto excepcional, distinto a outros medievais), porque entón tamén habería que poñer moitos outros textos notariais medievais (aínda que descoñezo a bibliografía existente sobre tales textos). Ou tu que suxires? --Xoán Carlos Fraga 12:01, 12 de maio de 2010 (UTC)
  • Sería estupendo que existise o artigo documentación medieval en lingua galega, e a categoría penso que a partir de 3 ou 4 artigos (xa hai polo menos o do bo burgo que comentas) xa pode ter sentido que exista, mais non sei especialista no tema e non creo que me atrevese con algo que non domino. O do pergameo encontrado vou mirar de poñelo no artigo Moaña (San Martiño), Moaña. Seguimos en contacto. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 12:32, 12 de maio de 2010 (UTC)

Gran Guerra Irmandiña[editar a fonte]

Ola Adrián.

Fixen, en Wikipedia:Sobre Galicia/Propostas/Gran Guerra Irmandiña, unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños --. HombreDHojalata.conversa 15:34, 12 de maio de 2010 (UTC)

Topinimia[editar a fonte]

Xa o coñecía, de feito téñoo incorporado na miña páxina. Pero grazas polo aviso. Saúdos. Xas (conversa) 16:35, 17 de maio de 2010 (UTC)

X.H. Costas[editar a fonte]

Feito! Feito!. Olla para Conversa:Quique Costas, e se che parece fai homónimos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:36, 21 de maio de 2010 (UTC)

Segundo Galencontro[editar a fonte]

Aínda que non estás apuntado avísoche igual de que xa hai data para o galencontro por si che interesa. Será o vindeiro venres 28 pola tarde no colexio onde quedamos a outra vez. A hora está sin determinar, eu antes das 18:00 non podo chegar, si che ven ben podemos quedar a esa hora ou máis tarde. Por certo, que para asistir ó encontro non é obligatorio para ninguén facerse socio de Wm-es :), tamén imos tratar dos proxectos que poderíamos organizar e para o que non é necesario estar en Wm-es. Saúdos, Elisardojm (discusión) 09:51 22 may 2010 (UTC)

Vale, entón xa nos veremos noutra ocasión. Graciñas polos parabéns, pouco a pouco, teño que ir facendo algunhas cousiñas por eiqui. Saúdos, --Elisardojm 10:26, 22 de maio de 2010 (UTC)

Breogán[editar a fonte]

Están perfectas a fotos, xenial aporte! Levaba este tempo pensando que oxalá houbese fotos; a verdade tiña pensado ir tirar algunha do pavillón, só que agora estou un pouco afastado de Lugo. A de grupo penso que quedaría ben no cadro do equipo, vou colocala a ver. Un saúdo!--Adorian (fálame) 11:07, 22 de maio de 2010 (UTC)

Buffalo[editar a fonte]

Pois si, acabo de decatarme de que o estás facendo ti. Non sei onde puxen a cabeza. Grazas. Xoacas(dei verbum; adoramus te, domine) 16:16, 24 de maio de 2010 (UTC)

Carlos V o emperador e os Habsburgo[editar a fonte]

Tal e como fan a wiki polaca, catalá, etc.., xa que realmente eran reis de Coroas diferentes, (Castela, Aragón, Paises Baixos, etc..) e o lector pode entendelos como reis dun Reino Español.O de "de España" si podemos mantelo para os Borbóns que desde o primeiro eliminaron as coroas, e si que con iso comeza a orixe da Coroa de España e finalmente do reino de España. Interesame a opinión de todos, mais a túa en principal importancia porque contribuiches no artigo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 11:43, 25 de maio de 2010 (UTC)--Alexandre Vigo 11:39, 25 de maio de 2010 (UTC)--Alexandre Vigo 11:43, 25 de maio de 2010 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

  • Graza polo aviso en Gray's Anatomy, ás veces non me lembro destes detalles que está ben respectar. Saúdos e saúde. --Xoán Carlos Fraga 16:31, 26 de maio de 2010 (UTC)

Unha forte aperta[editar a fonte]

Atopeime de casualidade co teu comentario, pois agora apenas me paso por estes lares. Graciñas polo detalle; nótase que eres un bo amigo. Unha forte aperta, --Furado 12:43, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Re:O Outeiro[editar a fonte]

Graciñas pola axuda, Estevo, pero xa se me adiantaron! Para a próxima xa sei como facer. Un saúdo!--Paradanta 13:01, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Re:The Ghost Writer[editar a fonte]

Non, non está traducido da wiki en castelán (é raro que eu traduza un artigo directamente doutra wiki, normalmente procuro outras fontes de información! As fontes só foron as ligazóns externas, como escribín no seu momento no cadro de resumo. De feito, coido que nin tan sequera existe este artigo na wiki en castelán. Moitas grazas por enésima vez!!--Paradanta 13:43, 2 de xuño de 2010 (UTC)

La Voz de Galicia[editar a fonte]

Só quero que saibas que a información que desfixeches era correcta. Máis que nada por que o ambito deste xornal é so dentro de Galicia e se queda que o ambito é internacional pode dar lugar a malos entendidos. Un saúdo--83.37.155.123 20:07, 2 de xuño de 2010 (UTC)

Cascuda[editar a fonte]

Obrigado--Iesmgb2 00:28, 5 de xuño de 2010 (UTC)

Cis[editar a fonte]

Procurarei telo en conta xa que levo unha temporada con moito traballo, tanto na casa como no curro. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 10:42, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Formato para nomes de xornal homónimos[editar a fonte]

Ola Estevoaei, vin o que fixeches no caso de A Nosa Terra, cambiando os nomes das distintas etapas que antes estaban despois de coma e agora os pos entre paréntese, e dis que o formato con comas está reservado para topónimos. Teño unha dúbida: para o caso dos homónimos nos nomes de xornais, hai algunha norma ou convención establecida?, o caso é que non a dou atopado e acabo de crear El Eco de Galicia, A Habana e El Eco de Galicia, Bos Aires, e non sei se o faría ben. E no caso de que non haxa ningunha norma, ti como cres que se debe poñer o título? Saúdos. Xas (conversa) 18:16, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Sueiro Gomes de Soutomaior[editar a fonte]

Saudos Adrián!, grazas por me escribires na conversa, estouche moi agradecido por redescubrirme de novo a este personaxe, que non sabia que non tiña páxina, polo momento fixen un rascuño que tentarei ir ampliando, hai incluso un monográfico editado sobre este Sueiro, e a verdade que dá para moito, con todo, agora só puiden ir facer algo que fun atopando pola rede, pero que xa dá unha idea de quen foi, iso iso, moi moi básica. Estaria encantado de que lle puxeras esa foto, que fai moita falla ir enchendo estes artigos con fotos de sepulcros, para non esquecer que cando se fala de historia, se fala de persoas de carne e oso tamén. Unha aperta.--Alexandre Vigo 21:15, 6 de xuño de 2010 (UTC)

Categoría:Poetas[editar a fonte]

Ola, Estevo! Estou a comprobar que na categoría Poetas hai moi poucos artigos incoporados. Estiven categorizando varios artigos de poetas pero aínda así quedan un montón. Pero aínda foi maior a miña sorpresa cando vin que na categoría Poetas de Galicia hai moi poucos artigos, faltando algúns da talla de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Celso Emilio Ferreiro, por poñer algúns exemplos. Sorprendeume tanto que non seguín categorizando por se houbo algún acordo no seu momento de deixar a todos simplemente na categoría de Escritores de Galicia. Se ocorreu iso, non concordaría, porque penso que a poesía ten relevancia de seu para dispór dunha categoría propia. Penso que habería que categorizar toda a actividade poética por linguas e procedencia, como mínimo, aínda que tamén son consciente de que se trataría dun traballo inxente e para o que quizáis aínda son demasiado novato para afrontar eu só. Saúdos!--Paradanta 19:36, 10 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Güiana[editar a fonte]

Feito! Feito! Era un erro nun parámetro. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:15, 14 de xuño de 2010 (UTC)

A Trabe de Ouro (revista)[editar a fonte]

Pois non sabería dicirche ben, pero polo menos hai un libro de Vicente Risco editado por Galaxia co título A trabe de ouro e outros contos que quizais cabería nunha páxina de homónimos. Pero non o teño moi claro. Quizais habería que poñer como principal A Trabe de Ouro para a revista, pois hoxe xa é popularmente coñecida como tal e facer un artigo de homónimos para outros usos. Déixoo nas túas mans, se che parece... Saúdos. Xas (conversa) 21:46, 14 de xuño de 2010 (UTC)

Padroneses[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Na sección de Padroneses de sona, puxeches unha serie de reseñas biográficas dalgúns persoeiros que coido que non é o lugar no artigo principal de Padrón. Habería que crea-los artigos individuais deses persoeiros, se cómpre e hai suficiente información para facelo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 18:50, 15 de xuño de 2010 (UTC)

Troáns, Cuntis[editar a fonte]

Efectivamente, a igrexa esta non é a parroquial de Santa María de Troáns, Cuntis. Repasando as datas, esa mañá fun a Moraña, Porráns e Caldas, e estas son as únicas que teño de Cuntis. O cas é que a foto que ti me enlazas (que coincide coa que trae http://www.turismodecuntis.com/) tamén a teño no disco duro, pero localizada en Campos (un lugar de Troáns) feitas o día 15 de marzo. Supoño que me equivocaría ó nomea-la foto, e agora vai saber qué igrexa pode ser, se todas son basicamente iguais. Terei que seguir indagando no que fixen ese día a ver se atopo o erro, ou ir unha tarde a darme unha volta por Troáns, a ver se resulta que hai dúas igrexas. Mentres tanto, ponlle -por favor- unha marca ó archivo da foto (Ficheiro:Cuntis, Troáns, Santa María 01-03b.jpg) para facer constar que a identificación é errónea. Grazas por avisar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:29, 16 de xuño de 2010 (UTC)

Artigo solicitado Estrella Galicia[editar a fonte]

Ola Estevoaei!

Esqueciches quitar da lista de artigos solicitados o de demo tal e como indicaches (diff). De todos os xeitos considero que retirar Estrella Galicia da lista cando o artigo que se fixo consta dunha soa liña parécemo algo empobrecedor para a galipedia, sobre todo cando non é moi complicado atoparlle contido, inda que sexa traducindo da castelá. En menor medida pasa o mesmo con demo. Unha curiosidade: ¿como se elixen os artigos solicitados? Un saúdo! --Goresquiunha fechiña? 11:02, 17 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Erro no código[editar a fonte]

Feito! Feito! Unha rápida ollada ao artigo en castelán (de onde foi traducido sen indicar a orixe, fágoo de contado) resolveu o problema. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:17, 17 de xuño de 2010 (UTC)

Mortandade?[editar a fonte]

Boas noites Estevoaei! Quería saber de onde sacaches o termo "mortandade"? Porque o dicionario da RAG non recolle esta entrada ofrecendo só a posibilidade de mortalidade ou mortaldade... Ademais eu estudo xeografía e nunca oín tal palabra nas miñas clases...

Un saúdo Martinho12

Hórreo[editar a fonte]

Graciñas. Non controlo nada sobre categorías, pero paréceme razoable. En calquera caso hai que ter en conta (supoño) que sería o único contido desa categoría, o hórreo é un tipo arquitectónico moi singular. Lamentablemente non podo ser eu quen o faga. Saúdos. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 01:19, 22 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Artigo sobre as ligas[editar a fonte]

Paréceme ben. Creo que só puxen nunha ou dúas ligas referencias aos equipos galegos. Nas que quedan por crear xa o porei. E se me axudas sería de agradecer. Un saúdo! --Imxavitooh 20:18, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Feshta![editar a fonte]

Andas a todo. Foi un erro meu co teclado. Graciñas. Movida queda. --Atobar (conversa comigo) 12:47, 23 de xuño de 2010 (UTC)

RE: Frei Luis de León[editar a fonte]

Non te preocupes, Estevo. Un saúdo. --Lara 11:48, 23 de xuño de 2010 (UTC)

Xeve[editar a fonte]

Ola Adrián.

Mudei os datos e o emprego da imaxe Ficheiro:SAXeve.jpg.

Penso que é Santa María de Xeve, Pontevedra, non Santo André de Xeve, Pontevedra.

Saúdos--. HombreDHojalata.conversa 17:44, 25 de xuño de 2010 (UTC)

Moitas grazas![editar a fonte]

Moitas grazas! Saúdos! Que tengas un verano perfecto y si necesitas alguna cosa sobre catalán o occitano, no dudes en contactarme! Capsot 13:57, 28 de xuño de 2010 (UTC)

A Lanzada[editar a fonte]

Sen problema, ho. Espera a que mellore o tempo, que con boa luz sairán mellor as fotos. Saúdos, Pedro

Concello de Oza dos Ríos ou concello de Cesuras[editar a fonte]

Ola Adrián.

Segundo os artigos da Galipedia, Madaio pertence a Cesuras, non a Oza dos Ríos. Entón, como é o tema destas fotos? [4]

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 16:09, 10 de xullo de 2010 (UTC)

Ocúpome eu, pero non coñezo a zona. Parto, entón, de que:
  1. As fotos son de Mandaio.
  2. Mandaio pertence a Cesuras.

É correcto?

Se é así renomearei as imaxes, sacareinas das galerías erróneas, etc, etc--. HombreDHojalata.conversa 16:38, 10 de xullo de 2010 (UTC)

Deixei unha mensaxe en commons:User talk:Iesmgb2 e o usuario xa está na solución do tema. Un saúdo--. HombreDHojalata.conversa 16:56, 10 de xullo de 2010 (UTC)

Muíño[editar a fonte]

Olá Estevoaei, vin a túa mensaxe pola til que non puxera en Caneiro (muíño). A verdade é que son novo na wikipedia e non controlo ben aínda as ferramentas de edición. Por exemplo, non sabía como cambiar o título do artículo pero xa vin que o fixeches tí cunha "redirección". Moitas grazas :-D

--Baralloco 13:47, 17 de xullo de 2010 (UTC)

Follas novas[editar a fonte]

Non creo que todo se teña que axustar a gustos persoais, pero se algo non se axusta os teus gustos e tes en contra os gustos doutros, debe pasar por unha votación-- Lmbuga / Conversa comigo  20:04, 19 de xullo de 2010 (UTC)

Monteferro[editar a fonte]

Ola Adrián.

Abrín un fío que igual é do teu interese aquí: Conversa:O Monteferro, Panxón, Nigrán.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 19:20, 20 de xullo de 2010 (UTC)

Estatística[editar a fonte]

Boas, Estevo. Como decote, ando pensando como mellorar o proxecto e para iso estou elaborando algunhas estatísticas que nalgún momento meterei nas páxina ao efecto sobre a calidade e cantidade de edición. En fin, que estou con isto [5]. E como sei que estas caralladas che gustan, que saibas que o teu porcentaxe de galeguidade nos artigos é do 40% (39,8%, pero mellor redondear, porque os criterios teñen unha firmeza relativa). Para que te fagas unha idea do tipo de artigos que che conto como galegos, velaquí unha escolma que fun apuntando: Río dos Gafos Luís Rei Núñez Alondras Club de Fútbol Galería de imaxes de Cerdedo A Cantar con Xabarín Ponte dos Tirantes Concepción Pérez Iglesias Perfecto Feijoo Porto de Vigo Rafael Úbeda Piñeiro Igrexa de San Xurxo de Sacos Antonio María Rouco Varela Toribio de Liébana Yolanda Díaz Pescanova Arosa Sociedad Cultural A Abeleda, Xunqueira de Ambía Cándido Conde-Pumpido Autoestrada Central Galega Festa da Auga Transportes Urbanos de Santiago S. A. O lago das garzas azuis Labregos do tempo dos Sputniks Estaleiro editora Galicia es una mierda Constanza de Castro Adrián Troitiño Hijos de Rivera Renderén Península do Morrazo Lusco e Fusco Retranca (revista) Parador de Vilalba Servizo Galego de Saúde A Cerdeiriña, Valongo, Cotobade Illa das Esculturas Xente de mala morte Edicións do Cumio Mosteiro de Santa María de Carracedo Centro Galego de Tecnificación Deportiva Ponte da Misericordia Volta ciclista a Galicia A galiña azul ou Carlos Piñeiro. Que che preste. --Atobar (conversa comigo) 18:58, 22 de xullo de 2010 (UTC)

Por certo, como curiosidade, a porcentaxe de galizacentrismo dos artigos de Xas é do 98%. --Atobar (conversa comigo) 18:59, 22 de xullo de 2010 (UTC)
Ben por esa feminidade da -axe; escapoume un castelanismo serio! É o que trae poñerse da parte do mundo minorizado. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 21:23, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Betanzos[editar a fonte]

pois, efectivamente, xa non atopa este artigo. Eu baixeino antronte, día 24, e se preguntas a San Google por "escultura funeraria en Galicia" sae tal e como está o vínculo. O curioso é que a web fuesp.com lévame a unha páxina da telefónica. Non o entendo. Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Batalla do río Órbigo[editar a fonte]

Iso está feito, bótolle un ollo! ;).--Alexandre Vigo 12:45, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Lista a miña contribución. O artigo estaba esencialmente ben, e aínda lle fixen unhas acotacións e especificacións que coido poden axudar algo máis ao entendemento do artigo.--Alexandre Vigo 13:03, 28 de xullo de 2010 (UTC)

Profundidade[editar a fonte]

Ufff... o cambio de criterio no cálculo de profundidade é bastante estraño e inexplicable. Sisudos miolos deberon argallar iso. Basicamente, dáselle máis importancia ao ratio (artigos/auxiliares) do que ao número de edicións, mentres que antes estaban nunha proporción semellante. Ou sexa, que cantas máis páxinas de conversa, páxinas de proxecto, categorías e modelos teñamos, maior será a profundidade. O que non sei moi ben é que pasa coas imaxes, aínda que entendo que tamén contan como páxina de seu. Polo que dis dos partidos de Preferente... ata a min se me fai a boca auga de ir ver eses partidos... :) :) Se me cadra a finais de setembro aínda vou ver algún. :) --Xabier Cid Talk, please 22:50, 16 de agosto de 2010 (UTC)

otomanos e otománs[editar a fonte]

Xa vin non recordo se onte ou antonte que se estaba corrixindo otomano en otomán, e lembreime que ese problema xa o atopara eu hai un tempo, eu tamén mirei no Xerais, onde, efectivamente, di otomano, e estiven para corrixir a corrección, pero fun mirar na Enciclopedia Galega Universal e alí fálase de otománs. Como non sei doutra obra de referencia deixárao estar. Realmente non sei quen nos pode sacar desta dúbida. Un saúdo.--Servando2 (Dime) 22:48, 26 de agosto de 2010 (UTC)

non sei se xa amañastes, pero é otománs (VOLGa) --Xabier Cid Talk, please 09:42, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Foto hórreo[editar a fonte]

Ola, Estevo. A foto que me dis é dun hórreo que eu asimilaría ao que Martínez Rodríguez chama hórreo tipo Fisterra: sobre esteos e zócalo, cónicos e con tornarratos circulares e convexos, costais sobre carreiras formados por perpiaños longos e estreitos, cuberta de tella cerámica a dúas augas e sobrepenas nos pinches. A ver se me animo e un día destes lle fago o artiguiño correspondente. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 10:21, 28 de agosto de 2010 (UTC)

Paulino Costas[editar a fonte]

Feito! Feito!--Xabier Cid Talk, please 09:37, 30 de agosto de 2010 (UTC)

RE: iws nos modelos[editar a fonte]

Lin a mensaxe da conversa antes de que me deixaras o recado na miña conversa. Xa o arranxei. O problema estaba na posición do </noinclude>. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 12:06, 30 de agosto de 2010 (UTC)

Re:Xuntanza galipedia[editar a fonte]

Moitísimas grazas polo ofrecemento, Estevoaei, pero eu ata Lugo fáiseme imposible ir. O sábado pola mañá teño cousas que facer en Vigo e non me daría tempo estar nin, obviamente, vou facer que ninguén se veña antes pola miña culpa, faltaría máis. Outra vez será, ho, malo será! Por certo, a ver se cadramos algún día nalgún concerto de Orfos ou Esenia! Saúdos!--Paradanta (Cóntame) 20:34, 30 de agosto de 2010 (UTC)

BudapesT[editar a fonte]

Graciñas, Estevo. Fallo meu. Aproveito a circunstancia para, non obstante, darmas de sabichón: os eses (s), en húngaro, como este de BudapeSt, teñen unha pronuncia como o inglés Sh (She, Should, Cash etc) ou o noso X (Xerra, queixo, aixada etc.) [budapeSHt]. A nosa pronuncia do S eles represéntana graficamente cun s co sombreiriño por riba (^). Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10:30, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Fotos[editar a fonte]

Grazas polos comentarios ás fotos (colorada). Canto á foto do Carlos Meixide, a verdade é que a foto non lle fai xustiza a un home tan guapo... a ver se teño ocasión a ir a algún espectáculo dos da Ría, que está en plan máis divertido, porque a que lle quitei foi nun debate e... claro, non é o mesmo. E si, Pepe Cáccamo é divertidísimo!--Rosamf 08:14, 3 de setembro de 2010 (UTC)

Galiencontro[editar a fonte]

Ben, daquela que? Houbo ou non houbo troula? Fotos? --Atobar (conversa comigo) 15:35, 4 de setembro de 2010 (UTC)

Chronicon Compostellanum[editar a fonte]

Moitas grazas por me escribires Estevo, a verdade é que as vacacións pouco duraron, pero aínda non retomei o ritmo na galipedia, pouco a pouco :). Estiven mirando o artigo que me dicías, e vou facer unhas acotacións que paso a explicar:

  • En primeiro lugar o cronicón non trata da historia de España, senón da historia de Hispania/Yspania, e neste documento o termo Hispania ten as connotacións latinas orixinais, é dicir: Hispania = Iberia = Península ibérica. O termo Hispania podería facer referencia á: diócese romana que tamén comprendía parte do norte de África, a provincia bizantina de Spania, ou mesmo o territorio gobernado polos visigodos que non era a Galicia sueva. Sen embargo, no texto reflictese o orixinal sentido xeográfico.
  • En segundo lugar, cambio o de "reino de Asturias", porque no texto como é obvio fala de "reino ovetense", é dicir o territorio gobernado por reis con corte en Oviedo. Non sei se foi na versión española ou inglesa onde traducen isto por "reino de Asturias", pero tal denominación non se dá ata o século XIX, polo que creo que non temos que adoptar as interpretacións de outros.
  • En terceiro lugar, cambio tamén o do reino de León, principalmente porque entrariamos nun debate de termos. A propia historia Silense dí que León estaba no territorio de Galicia (non da CA actual evidentemente...), e aínda que poderiamos dicir con todas as da lei que foi escrita no reino de Galicia, considero máis conciliador neste caso unha localización máis concreta para non entrar en debate con ninguén e estar todos dacordo.

Eis a miña pequena aportación, aínda así mirarei máis información na rede, e a ver se podo colaborar algo máis. Xa me dirás o teu parecer Estevo. Un saudo dende aqui :).--Alexandre Vigo 11:12, 6 de setembro de 2010 (UTC)

A duquesa[editar a fonte]

Non entendín o que me comentas, xa puxen no artigo que a serie se emitiu na TVG (en galego claro) e dei a ligazón da páxina dos 25 anos da TVG--Cheluco 13:46, 8 de setembro de 2010 (UTC)

RE: Ligazón externa[editar a fonte]

Sonche cousas do demo! Se non me lembro mal, xa tivera que loitar con isto hai tempo. Pero o caso é que non recordo como o fixen (seica non conseguín arranxalo?). Investígoo e xa che conto. --Toliño Fala aquí comigo 12:01, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Ou hoxe non vou ben ou isto supérame (o segundo, o máis probable). Pedín consello na Wikipedia en inglés. De seguro que aló haberá máis dun cento de usuarios que saiba moito máis ca min. A ver que me aconsellan. --Toliño Fala aquí comigo 13:33, 9 de setembro de 2010 (UTC)
Feito! Resolto. Ao final a solución era o percent-encoding. Mira, hoxe aprendemos algo os dous. --Toliño Fala aquí comigo 13:57, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Re:igrexa de Carmoega[editar a fonte]

Por suposto. Moi ben, e moitas grazas. Es un "artista"!. Saúdos. --Xas (conversa) 23:28, 9 de setembro de 2010 (UTC)

Choio[editar a fonte]

Faime un favor, Estevo. Mellora estes artigos: crowdsourcing e Lawrence Lessig. Graciñas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 17:08, 18 de setembro de 2010 (UTC)

Ponferrada[editar a fonte]

Non, claro, Ponferrada non está en Galicia, xa o sei, iso se temos en mente as fronteiras, pero eu sempre considerei que aquilo era como isto e non crin que fose malo saltarse a corrección política cando do que se está falando é de bicis. Se cres que é mellor cambialo dimo e o cambio. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:03, 3 de outubro de 2010 (UTC)

Magosto en Insuela[editar a fonte]

Iso vén na Gran Enciclopedia Galega (s.v. magosto), asinado por Fraguas: "Mención á parte merece o magosto de Insuela (loureiro, concello pontevedrés de Cotobade), realizado no Coto do Outeiro de Moimenta, sobre unha pedra de forma especial, estimada como lugar o cama de matrimonios que buscan un remedio para lograr descendencia". ¿Coñeces o lugar? ¿Coñeces a tal pedra? Pedro --Lameiro (conversa) 22:16, 3 de outubro de 2010 (UTC)


Lista de arquitectos galegos[editar a fonte]

Ola Estevo! Expliquei na páxina de conversa do artigo porque o fixen. Estou dacordo en que pode ser redundante, polo tanto estou dacordo no borrado. P.D.: que non che sepa mal falar por estas cousas...(a min paréceme perfecto) ^_^. Un saúdo--Xermán 20:06, 17 de outubro de 2010 (UTC)

Re: Partido Comunista[editar a fonte]

A ver se me lembro o mércores e fago a encarga. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 21:31, 18 de outubro de 2010 (UTC)

Península Ibérica[editar a fonte]

Tomo nota e en canto teñamos permiso tentaremos darlle un toque a iso. Graciñas pola confianza e vémonos o sábado, --Elisardojm (conversa) 20:40, 21 de outubro de 2010 (UTC)

Vale, esa queda apuntada tamén :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:10, 22 de outubro de 2010 (UTC)
Oes, que Atobar está dicindo que non se di "península Ibérica", que hai que poñer "Península Ibérica", mira, mira na miña conversa.... A min convenceume, e a ti?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:18, 22 de novembro de 2010 (UTC)
Xa está feito o da Estrela (astronomía), cando teñas algo máis para facer avísame sen problema. Saúdos,--Elisardojm (conversa) 23:58, 26 de novembro de 2010 (UTC)

Partido Comunista[editar a fonte]

Ola! Comecei o artigo Partido Comunista engadindo os que temos con artigo na Gali, e algúns poucos máis. Son moitos partidos así que é mellor facelo a 4 mans se podemos, para acabarmos antes. Temos unha excelente base sobre a que traballar en en:Communist party (disambiguation). Saúdos. --Alberte Si, dígame? 16:52, 27 de outubro de 2010 (UTC)

Crónica[editar a fonte]

Mira esta crónica, vótalle un repaso por si queres poñer algún chiste... :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:03, 29 de outubro de 2010 (UTC)

Puxen as fotos que non sairon movidas en Categoría:Imaxes de galipedistas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:43, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Estevo, preguntárasme hai tempo se había maneira de saber cantas imaxes subiras. Penso que 706.[6]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:32, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Xeolocalización das imaxes[editar a fonte]

Tratei de xeolocalizar, e non dei. Estou convencido de que estou perdido con algunha chilindrada sen a menor importancia, pero o caos é que non teño paciencia. Cando nos vexamos, cun ordenador diante, aprendo, e comprométome a xeolocalizar todas as miñas imaxes subidas. Ese é o trato. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:09, 23 de novembro de 2010 (UTC)

Bloqueo ip[editar a fonte]

Como vin que escribiches na páxina de conversa da ip 85.49.216.242, coméntoche que a bloqueei por un mes, porque entendo que era un vandalismo claro. Unha cousa é dicir parvadas froito do non saber; outra é destruír contidos e escribir en bilingüe. Pois iso. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 18:19, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Novo encontro[editar a fonte]

Por si non o viches coméntoche que puxen un aviso sobre un novo encontro de wm-es no café. Podemos falar de organizar algún evento para os dez anos da Wikipedia ou que sei eu... Saudiños, --Elisardojm (conversa) 23:18, 30 de novembro de 2010 (UTC)

Carboeiro e fogoeiro[editar a fonte]

Borra, borra tranquilo. Creei a redirección cando comecei a revisar o artigo abadexo e vin que falaba dun carboeiro que ligaba co mosteiro. Para romper esa ligazón fixen a do carboeiro (peixe). Pero logo, repasando bibliografía vín que semellaba máis correcto o nome de fogoeiro. Así que, agora, sobra. Grazas por estar ó tanto das miñas pifias e olvidos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 9 de decembro de 2010 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Eu quería eu verte, Estevo.[7] Oíches, xa me tarda termos un template de cocktails[8]. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 23:10, 9 de decembro de 2010 (UTC)

AP-9[editar a fonte]

No mapa que apareza só Galiza, non? Mañá póñome a elo, a ver se para a fin de semana está listo. Un saúdo. --Beninho 01:11, 16 de decembro de 2010 (UTC)

Km/qm[editar a fonte]

Ola, Estevoaei! Seguro que en galego é kilómetro e non quilómetro? No VOLGa non aparece kilómetro, e no dicionario Xerais galego-castelán do 2008 traducen o castelán kilómetro exclusivamente por quilómetro.--Paradanta (Cóntame) 19:02, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Grazas! Moi ben, logo deben empregarse as abreviaturas internacionais, non? De acordo, non o sabía. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 19:07, 22 de decembro de 2010 (UTC)

Clima de España[editar a fonte]

Tes razón en que sería mellor un artigo sobre o clima da Península. Cando poida cámbioo e relaciono os climas de España e Portugal. Grazas.--Imxavitooh 12:01, 28 de decembro de 2010 (UTC)

Joaquin Vaamonde[editar a fonte]

Estevo! botalle unha ollada á referencia que puxen en Joaquín Vaamonde, está en galego non en castelán!--Hugo22 23:11, 29 de decembro de 2010 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Grazas, Estevo. Fareino así, pero será mañá, que xa non son horas. Saúdos. Pedro --Lameiro (conversa) 00:40, 30 de decembro de 2010 (UTC)