Conversa usuario:Estevoaei/arquivo3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Índice

Germán Diaz[editar a fonte]

Que tal! Estiven moi enleado este mes e os últimos dez dias fora de vacacións, pero agora volto por aqui. Germán Diaz toca frecuentemente con Baldo Martinez, algo se poderá facer sobre el. Un saudo e pásao ben hoxe. Ciao

Revolución social[editar a fonte]

Grazas por traducires artigos do inglés. Marquei ese artigo con {{Atención}}. Leva en tradución desde fai tempo (desde antes de febreiro de 2008) e ó meu xuízo non ten características enciclopédicas. Non o propuxen para borrar por teres participado ti na súa elaboración. Rogaríache que explicases máis algúns parágrafos, especialmente o segundo, e que rematases a tradución (ou propuxeses o seu borrado)--Saúdos e grazas. Xan de ningures 03:18, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Psicoloxía educativa[editar a fonte]

Moi bo o artigo e moi boa a tradución. Corrixín algúns erros de lingua. Vin que paraches de traducir nun momento en que non se entende o orixinal. Preguntei na Wikipedia española, por ver se o aclaran. Mañá, no caso de que ti non continúes coa tradución, continuarei eu. Con todo, se continúo eu, non estaría de máis que lle botases unha ollada xa que non é a miña especialidade.

Na páxina de conversa do artigo deixei constancia da dificultade coa que te debiches encontrar. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 04:18, 3 xaneiro 2009 (UTC)

comité de empresa[editar a fonte]

Acabo de reparar neste dato da túa páxina de conversa. En si, é unha faltada grave. Rógoche que o rectifiques. En caso contrario solicitarei que sexa rectificado.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 04:43, 3 xaneiro 2009 (UTC)

O de compañeiros do metal tampouco semella admisible (espero non estar nunca nesa lista). Se cres que sobras, probablemente sobres--Saúdos e grazas. Xan de ningures 05:38, 3 xaneiro 2009 (UTC)
Desculpa ti o meu mal humor. Os líos nas wikis comezan frecuentemente ferindo con pequenas cousas. Resulta moi fácil encasillar á xente e ´resulta moi difícil ver máis alá.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 12:20, 3 xaneiro 2009 (UTC)
Relendo as palabras anteriores que escribín, deime conta de que che debía unha explicación. Ó cualificar a uns usuarios de compañeiros e a outros non, deume a impresión de estares manifestando unha visión ideoloxizada da realidade e chamando ó conflito. A frase "Se cres que sobras probablemente sobres" xorde desde aí. Non é que pense que sobres, ó reves, o que ocorreu é que me deu a impresión de que te erixías en delegado sindical ou algo así, con medio pé dentro e medio pé fóra do colectivo e das súas normas, de aí esa frase. Considerei e considero a analoxía cunha empresa unha crítica brutal que debe en tal caso realizarse seguindo as canles apropiadas e, se é posible, propoñendo alternativas organizativas.
Por outro lado, pola tarde mirarei de rematar a tradución do excelente artigo que case traduciches enteiro (Psicoloxía educativa).--Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:08, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Non son quen de traducir o artigo. Está traducido ó español da wikipedia inglesa. A partir do apartado "Método do cualitativo (Métodos cualitativos)" soamente se fixo unha tradución automática. Solicitei en http://es.wikipedia.org/wiki/Discusi%C3%B3n:Psicolog%C3%ADa_educacional que substitúan esa parte incorrecta do artigo polo anaco correspondente do artigo en inglés e que se marque para ser traducido. Non me atrevín a facer eu a substitución.

Creo que o ideal é que na Wikipedia galega se faga o mesmo. --Saúdos e grazas. Xan de ningures 19:24, 3 xaneiro 2009 (UTC)

Irmandiña feminina[editar a fonte]

Oído cociña, :) Anótoo nas cousas pra facer. Pero non vai ir con moita urxencia, creo. --Xabier Cid Conversa 15:19, 10 xaneiro 2009 (UTC)

La Coubre[editar a fonte]

Está solucionado. Hai xa só un artigo chamado La Coubre e os outros tres, buque, barco e explosión, eliminados. Agora hai que darlle unha boa revisión ao artigo de La Coubre, iso si. --Xabier Cid Conversa 14:00, 11 xaneiro 2009 (UTC)

Vandalismos[editar a fonte]

Grazas por actuares retirando o vandalismo da páxina do Usuario:Ordenes. Hai que ter moito coidado con iso, porque aínda que actuamos de boa fe, as páxinas de usuario son algo bastante privado, e case sempre é mellor notificarllo ao usuario antes. En todo caso, estamos ante un problema máis complexo, pero iso non quita que a túa actuación sexa a correcta. Esta é unha IP que xa realizou un par de vandalismos e que mesmo creou xa dous usuarios con mensaxes semellantes. Vou bloquear agora a IP e mais os dous usuarios. :) --Xabier Cid Conversa 23:39, 12 xaneiro 2009 (UTC)

caixas de usuario[editar a fonte]

Compañeiro Estevoaei: pregaríache que eliminaras da túa páxina a frase "A anarquía é a maior expresión da orde". Sabes que, segundo o que dicimos na páxina sobre as caixas de usuario "A política actual na Galipedia, mentres non se tome unha decisión definitiva, é que aquelas caixas que fan referencia a crenzas, opinións, afeccións, ideoloxía,... comprometen a neutralidade". Sexamos respectuosos coas normas que a comunidade se foi dando ó longo do tempo e evitemos certas cousas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:26, 16 xaneiro 2009 (UTC)

  • Grazas, moitas grazas. Aínda co matiz de alienación. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:39, 16 xaneiro 2009 (UTC)

Texto latino[editar a fonte]

Moitisimas grazas Estevoaei pola perfecta tradución que fixeches, onte puxen a frase e o significado que me diches, e penso que asi queda mellor referenciado. Iso, que moitisimas grazas, e para a vindeira vez ai estarei para preguntarche. Un saudo.--Alexandre Vigo 16:56, 18 xaneiro 2009 (UTC)

Abuín, Leiro, Rianxo[editar a fonte]

Boas, Estevo. Corrixinche no artigo sobre este lugar (Abuín, Leiro, Rianxo) que crearas hai meses a afirmación de que estea deshabitado ("Leva sen habitantes desde o século XIV logo da morte de boa parte deles, posiblemente debido á peste bubónica"). Non é certa tal cousa senón que segundo o IGE anda polos 120 habitantes a 1.01.2008. O que aconteceu é que tiña unha ubicación anterior pouco máis afastada da actual, que é o "desapareceu" entre os séculos XIV e XVI, e os veciños que sobreviviron á peste (explicación máis plausible do abandono do lugar) fuxiron e levantaron o novo lugar noutra parte, "a uns metros", segundo a nova da prensa. Bótalle un vistazo ó artigo a ver se queda claro este traslado dun lugar a outro e xa sabes, se tes ocasión de tirarlle unha afoto, viría moi ben. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:41, 19 xaneiro 2009 (UTC)

Brinde de Poe[editar a fonte]

Síntoo, Estevoaei, aínda vin o teu recado hoxe. Vouno engadir á miña lista de tarefas, a ver se o ano que vén non nos pilla o xato. --Xabier Cid Conversa 09:44, 20 xaneiro 2009 (UTC)

Doctor who -> Doctor Who -> Doutor Who[editar a fonte]

¿Era isto o que querías, Estevo? Espero que así sexa, ou se non xa me dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:32, 21 xaneiro 2009 (UTC)

  • A mandar, que pa eso estamos. Pero que sexa mañán. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:46, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Instituto de Medicina Legal de Galicia[editar a fonte]

Grazas pola túa contribución no artigo.

Teño unha dúbida. Se eu poño unha ligazón a A Coruña ¿por que ti a cambias a Coruña? Na galipedia o artigo chámase 'A Coruña'. Se procuras 'Coruña' serás redirixido.

E xa postos, ourtra dúbida ¿para que serven 'sencat' e 'seniw'. Perdoa, pero, como sabrás, son novel. Grazas, e un saúdo.

HombreDHojalata 09:37, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Categorías das Cidades[editar a fonte]

Saúdos! Moitas grazas pola atención, aínda que teño unha pequena dúbida ao respecto. O de categoría de cidades de España a verdade e que aparece só, eu categorizo na categoría de cidades de cidades da Comunidade Valenciana, e ao publicar o artigo aparéceme, penso que pode ser ao usar o modelo de "infcidade".

Un saúdo!--Adorian 10:25, 21 xaneiro 2009 (UTC)

Río Yukón[editar a fonte]

Ola Estevo !!! É un gusto "falar" contigo de novo. Pois tanto para o Yukón como para o río Yukón (e, en xeral, para tódolos topónimos estranxeiros) daquela miña fonte era a que figura nesta conversa con Xavier Cid: a páxina de "Galego en Liña" na que figuraban topónimos do mundo. Agora vexo que a ligazón xa non existe, polo que non a podo verificar, pero teño a seguridade de utilizar esa fonte para o caso do Yukón.

En canto o de pasar por aqui de cando en vez, xa ves que o fago, pero moi de tarde en tarde, pois non dou feito na wiki en español (agora púxeme moi esixente, e os últimos 7 artigos que fixen foron calificados de artigos bos ou destacados, e no que estou a traballar vai camiño de destacado).

Un forte abrazo, --Furado 18:24, 22 xaneiro 2009 (UTC)

P.D. Se queres falar comigo e tes presa, deixame unha mesaxe na miña páxina da wiki en español (se non tes presa, terde ou temprano acabo pasando), e con gusto atenderei calquera cousa que me pidas. --Furado 18:24, 22 xaneiro 2009 (UTC)

De novo texto latino[editar a fonte]

Ola de novo Estevo!!!, hoxe mesmo atopei un texto que me pareceu interesante para citar no artigo do reino de Galiza, e de novo...si está en latín!, tiña dúas opcións, desbotalo e que non apareza ou preguntarche e arriscarme a que me mandes á... en fin!, finalmente vou tomar o risco por se sabes o seu significao e asi poñelo no artigo:

"Quem pater Leubildus insequens, et vellens occidere, tandem ejus insecutione filius est interfectus, per quem data est occasio. Post mortem Mirionis regis Galliciae, filio ejus Eurico et genero, nomine Audegane, de regno certantibus, a Leubildo Suevi et omnes Galliciae potestati Gotthorum subjiciuntur".

Se logras traducilo estarei encantado da vida e o artigo do reino e máis un servidor estaremosche enormemente agradecidos!. Un saudo!--Alexandre Vigo 23:45, 22 xaneiro 2009 (UTC)

Mil e unha grazas de novo Estevo pola túa inestimable axuda co latín, menos mal que estás ai porque eu sempre fun moi nulo co latín, vou adaptar un par de cousas e o subo á paxina do reino de Galiza, e xa lle botarás un ollo. Novamente, mil grazas Estevo.--Alexandre Vigo 20:38, 27 xaneiro 2009 (UTC)

Escala de Pauling[editar a fonte]

Boas Estevo: no artigo Escala de Pauling hai un "B" ó final de todo, solto, que supoño será un resto dalgún texto anterior ou calquera outro erro. Non me atrevo a borralo eu e prefiro que o vexas e que o corrixas ti (ou que o expliques, se significa algo). Un saúdo e... ¿quedanche moitos elementos que revisar? :) Pedro --Lameiro (conversa) 19:23, 25 xaneiro 2009 (UTC)

Cadrado Leiro[editar a fonte]

Boas tardes, Estevo. Hai meses subiches unha fotografía dunha ¿escultura? de Paco Leiro. A min sóame de Pontevedra capital, pero ¿podes confirmarmo? É a efectos de clasifica-la imaxe. Grazas, Pedro

Róber[editar a fonte]

Moi boa pregunta... O uso común di que se pronuncia Róber e mais que se escribe Rober... :) Vou movela a Róber, mantendo a outra como redirección. Parabéns por estar ao quite. --Xabier Cid Conversa 15:19, 1 febreiro 2009 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Ola Estevoaei. De moemnto non controlo ben o de reemprazar un texto por outro (intenteino trocando Lacio por Lazio, pero non funcionou). De momento o que manexo ben é o de cambiar unha categoría por outra. Con todo, agardo ir aprendendo, e lograr facer iso que dis. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 20:50, 3 febreiro 2009 (UTC)

OK, pero déixame unha semana máis de práctica. A concesión do bot, implica agocha-las edicións do bot dos cambios recentes, polo que hai que estar ben seguro de que se controla o bot. Para a semana pido o status. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:32, 7 febreiro 2009 (UTC)
FInalmente xa solicitei o status de bot, coido que xa estou preparado. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:35, 8 febreiro 2009 (UTC)

Guevara[editar a fonte]

Xa engadín a referencia, unha diferente, aínda que é certo que algunha das que xa puxera podía valer. Grazas polo aviso, un saúdo. Alberte Si, dígame? 21:26, 11 febreiro 2009 (UTC)

Feminino[editar a fonte]

Grazas, non o tiña nada claro. Apertas. --Iago 21:33, 11 febreiro 2009 (UTC)

Grazas, hehe... :) --Xabier Cid Conversa 09:06, 12 febreiro 2009 (UTC)

diabete e diabetes[editar a fonte]

Boas Adrián. Non sei se non me estarei metendo nun tremedal. O cambio diabete -> diabetes obedece ó VOLGa, que só recolle a segunda forma (e nin menciona a primeira). Vexo que o Dicionario da DRAG o fai ó revés, e o Dicionario galego de termos médicos tamén recolle só diabete. Pero estas dúas fontes son anteriores á última edición do VOLGa e xa sabemos que introduciu as modificacións respecto á normativa actual que se publicaron en 2003, así que supoño que será a forma actualmente válida, diabetes. Outra fonte, Un idioma preciso tamén dá como preferente a forma diabetes, aínda que se a consultas vera-las contradicións da Academia. Outra cousa: cando dis que "a wiki recolle diabetes como grupo de enfermidades" ten en conta que esa entrada con "s" procede dunha redirección desde "diabete" (sen ese). Remato: xa borrei Joule. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:14, 13 febreiro 2009 (UTC)

Torre da Porqueira... ou da Forxa[editar a fonte]

Adrián, ¿por que considerar un erro a redirección dunha a outra se logo, no artigo "principal" dicimos que A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre da Porqueira ...? Por si acaso, espero resposta antes de borrar. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:18, 18 febreiro 2009 (UTC)

Montserrat[editar a fonte]

Boas Adrián. O artigo Montserrat (illa) ¿non debería redirixir a Illa de Montserrat en vez de a Montserrat (sen máis)? Xa me dirás. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:39, 21 febreiro 2009 (UTC)

  • A miña dúbida ía pola norma que seguimos -iso creo- de utilizar nos títulos dos artigos o tipo de accidente xeográfico (illa xxx, río zzz, monte yyy, mar nnn). E a de que o título represente a idea que o usuario normal poida ter: a min, Montserrat faime pensar no mosteiro catalán, non en illa ningunha. Xa vin que Illa de Montserrat redirixía a Montserrat, pero o que quería dicir eu era que o primeiro título debería se-lo principal. Espero terme explicado melor agora. De todas formas, agora xa non ten moito sentido este cambio. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:06, 22 febreiro 2009 (UTC)

Pedra das Cabras e A Caeira[editar a fonte]

Boas, Adrián. Primeiro, grazas por localiza-la Pedra das Cabras. Xa ves: nin se me ocorreu buscala na Galipedia. Ben, canto ós petróglifos da Caeira non só non están NADA sinalizados senón que non se poden visitar, xa que están limpando toda a zona de árbores e mato e construíndo paseos de madeira percorrendo as distintas estacións, polo que teñen todo pechado.

Bueno. O itinerario sería o seguinte: na Caeira colles cara Campañó, pasas unha primeira rotonda cunha estatua modernista, e na seguinte rotonda torces á esquerda cara Boavista. Subes, subes ata unha nova rotonda cunha pedra chantada con petróglifos (modernos, claro, feitos pola Escola de Canteiros). Nesa rotonda, tal como vés, colles a primeira rúa á dereita (a seguinte, como orientación, vai á Escola de Canteiros; esta non é). Segues esta primeira rúa que digo e chegarás a uns montes de terra e un valado metálico cortando a circulación. Aí aparcas e buscas a vida para salta-lo valado (eu fíxeno seguindo a reixa monte abaixo, ata que se acabou). E xa entras no terreo dos petroglifos. Desde aí xa ves os paseos de madeira, en construción, que che van levando xunto ós grupos de petróglifos. Naturalmente, bo calzado, que tes que ir monte a través, entre os escombros, e que sexa sábado ou domingo, cando non hai obreiros. Onte non había ninguén vixiando, pero non sei noutros momentos. Polo que vin, hai outros accesos, tamén pechados, pero esta foi a ruta que seguín eu.

Eu coñecíaos desde hai moitos anos, e para min que había máis cousas. Ó mellor é mala memoria, ou é que hai outras zonas. Outra cousa a mencionar é a magnífica vista sobre Pontevedra desde alá arriba. Sorte, se te decides a ir. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:19, 22 febreiro 2009 (UTC)

Artigo:Xil Ríos[editar a fonte]

Xa sei que acabas de restaurar o modelo de atención a ese artigo, polo que sei na miña esperiencia, as obras orixinais deben estar no Wikisource, pero neste caso están na Wikipedia, e, ademais, supoño que teñen dereitos de autor, polo cal, realizo o borrado desa parte do artigo e a colocación das letras en wikisource? ti cres que as letras estan con dereitos de autor?. Desexo contestación inmediata (pero tamén o podes facer ti). Pontevedra78 11:43, 23 febreiro 2009 (UTC)

Bo traballo[editar a fonte]

Asi da gusto, espero non parecer un pesado, pero tento mellorar para que non se me volva a bloquear, grazas por reaccionar a tempo; e a seguir, que hai moito traballo!!!.Pontevedra78 11:51, 23 febreiro 2009 (UTC)

Borrado de artigos[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Cando se propón un artigo para o seu borrado débeselle comunicar aos editores principais del para que cando menos poidan argumentar ao favor ou en contra da medida. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 20:07, 23 febreiro 2009 (UTC)

O Outeiro[editar a fonte]

Feito. Un saúdo.--PepedoCouto 21:01, 24 febreiro 2009 (UTC)

cacería e cazaría[editar a fonte]

Boas pola sombra ! Perdoa a miña molestía pero non entendo a mudanza de cazaría salvaxe en cacería salvaxe. A escolla da palabra non foi a rumbo, xa que importabame ise artigo, anduven cavilando para darlle un nome culto. Na RAG on line non atopei ningún, en IR INDO dan cazaría de frente e cacería en redirección. Na Galipedia temos esto Sufixo -aría co exemplo da cazaría. En internet atopei unha novela en galego que leva o tema do mito Cazaría salvaxe de Agustin Agra. Sei mui ben co español e o galego admiten a mesma palabra cacería, pero podoche decir que tratandose do mito iste e cavilando ben o asunto, doulle importancia ao titulo Cazaría salvaxe. A ver se podes convencerme que ando en erro. Gracias pola atención e sempre pola sombra ElviraConversa comigo 02:08, 25 febreiro 2009 (UTC)

Grazas Estevo pola dilixencia na atención, poís :
  1. a comparanza coa cachotería non é tan clara, penso eu, xa que cachote < cachotería, pero podese entender e iso xa me pasara pola mente.
  2. no artigo Sufixo -aría, disese que cacería ten más rendemento, eu entendin que eso quere decir que gana en uso polos falantes de hoxe e penso (esto é opinion miña) que sera por contaminción do castelán. En concreto para escolla tamén consultei o texto das normas páxina 68, onde esta claro : 1- no galego medieval a forma -aría era maioritaria, 2- "...Por iso debe dárselle preferencia a esta solución : armaría, artillaría, bruxaría, camisaría, carnizaría, carpintaría, cervexaría ..."
    :Se non che convencín estou dacordo para iniciar un debate e que a comunidade decida cal é a mellor solución, xa que non vexo no que dis nada de novo nos elementos que investiguei para facer a escolla do titulo. E se queda cacería sen que eu estée convencida, polo menos sera unha decision da comunidade que claro respetarei.
    A lerte, e sempre pola sombra ElviraConversa comigo 11:57, 25 febreiro 2009 (UTC)

RE: mm[editar a fonte]

Ao principio eu tamén quedei algo estrañado, pero en realidade "Mm" non redirixe igual ca "Μm", xa que nesta última en realidade o primeiro "M" é o símbolo "µ", polo que é a ligazón "µm". Compróbao. Supoño que será que o código non soporta ese carácter nos títulos e convérteo en "M"; se te fixas no navegador (polo menos no meu) verás que a segunda redirección é dunha páxina chamada "?m" (podes velo aquí), así que supoño que será iso. Por certo, comprobeino e na Wikipedia en inglés tamén pasa o mesmo (teñen estas dúas redireccións aparentemente iguais). Sonche cousas que os mortais nunca alcanzaremos a comprender :). Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:26, 25 febreiro 2009 (UTC)

  • P.D.: Por certo, parabéns polo teu labor de mantemento! Estás a facer unha excelente limpeza da Galipedia. --Toliño Fala aquí comigo 18:31, 25 febreiro 2009 (UTC)

Nova categoría raíz[editar a fonte]

Ola. En canto teñas un rato, agradeceríache que te pasaras a dar a túa opinión sobre a necesidade ou non dunha nova categoría raíz. Atentamente, --Iago 22:27, 26 febreiro 2009 (UTC)

Cadea alimentaria[editar a fonte]

Boas Estevo. Retirei a marca de lixo en Cadea alimentaria (ecoloxía) para discutilo un pouco máis antes de proceder. Foi Calrosfking quen trouxo ese concepto e con que o debatín hai tempo (o pasado decembro [1] [2]). Por cuestión profesional, o meu concepto de cadea alimentaria é a dos alimentos que consumimos nós, desde que se obteñen ata que se consumen, mentres que para el cadea alimentaria e cadea trófica son perfectamente sinónimas. Ó final, deixamos esa solución, incluída a páxina de homónimos, porque había moitas páxinas que utilizaban o concepto nas dúas acepcións. Eu creo que deberiamos mantelo tal como está. O caso é que agora vexo que ningunha páxina liga con Cadea alimentaria (ecoloxía) pero ¿é porque as borraches? Bueno, xa me contarás e decidimos que facer ¿vale? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:13, 26 febreiro 2009 (UTC)

San Pedro de Bordóns[editar a fonte]

Boas, Adrián. Apropieime durante uns días da túa fotografía do relevo da igrexa de San Pedro de Bordóns. Unha curiosidade que non sei se coñeces: se tes ocasión de visita-la igrexa de San Salvador de Meis (lugar da Igrexa), atoparás 4 relevos que proceden da mesma orixe, supoño que algún mosteiro desamortizado ou algunha igrexa derruída da que aproveitaron, en Meis e en Sanxenxo, polo menos, algúns elementos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:29, 28 febreiro 2009 (UTC)

Peter de Polvorines[editar a fonte]

Boa noite, Estevo. Pois a verdade que entrar non debería entrar se fosemos serios, pero como vin que había ducias de personaxes estrambóticos xa arquivados e moi inferiores ao nivel de Peter (na Wikipedia española, por exemplo, Tamara Seisdedos, Leonardo Dantés, Pozí e moitos outros; na galega, certamente, non atopei nada; na inglesa, chégalle ben). Nada máis iso, que pensei que Peter de Polvorines merecía estar na galega xa que non estaba na española. Se cómpre quitalo, daquela polo menos tivo os deus días de gloria nunha wiki, e logo! Con todo, aquí che queda un vídeo para que o desfrutes: vídeo. Saúdos.--Atobar 23:49, 19 marzo 2009 (UTC)

Grazas![editar a fonte]

Moitas grazas! ahi andamos, o bot axuda para estas cousas, pero ao final sempre ai que ir a man para rematar o chollo :) O das fusións supoño que será o próximo, teño varias cousas ahi en mente :). Parabéns a tí tamén coas correccións e as redireccións, non me canso de borrar as páxinas que marcas :) A seguir así meu. Saúdos! --Banjo tell me 09:52, 25 marzo 2009 (UTC)

Afonso López de Baian e Afonso Lopez de Baian[editar a fonte]

Boas! Vin que segundo están agora os marcadores o que debería permanecer é o que non leva til, é correcto así? --Banjo tell me 08:00, 26 marzo 2009 (UTC)

  • Polo que vín no google as referencias salen sen til, o mesmo para Afonso Mendez de Besteiros... Así que imos fiarnos e deixalo así, sempre se pode mover despóis. Grazas! :) --Banjo tell me 08:26, 26 marzo 2009 (UTC)

Respeto a correción en Hip_Hop[editar a fonte]

Saudos. Onte editei o artigo de Hip Hop. Quería consultarte a razón pola que revertiches os cambios. O usuario creador do artigo, dozeN é meu, pero esa conta xa non a uso e onte editei sen loguearme. Se esa foi a razón, síntoo. Doutro lado, grazas por colaborar, pero gustaríame que me dixeras que erros son concretamente os que detetaches para correxilos e mellorar o artigo en vez de borralos. De novo, saudos e grazas. --ZEph! 08:05, 26 marzo 2009 (UTC)

Majange[editar a fonte]

Ufff, penseino, de feito, hehe... pero non atopei demasiada información coa que construír o artigo. Ando a mil cousas. A ver qué dou feito. --Xabier Cid Conversa 11:31, 26 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Órbita da Terra.jpg[editar a fonte]

Mudei a licenza da imaxe. Era PD, e non podía ser PD porque a imaxe de orixe era {{GFDL ou cc-by-sa-3.0,2.5,2.0,1.0}}. Inda sí, escedinme, pois ti non tes por que lle poñer esa licenza a imaxe dado que poderías poñerlle calquera das Cc-by-sa ou a GFDL. Se prefires unha desas licenzas, múdaa --Xan de ningures 16:32, 28 marzo 2009 (UTC)

Redirección[editar a fonte]

Supoño que é unha pregunta do máis estúpido, pero como nunca o fixen, non cho sei. Como hai que facer para redireccionar unha páxina? Estou pensando, por exemplo, na páxina de auga potable e en potabilización. Cousas así. Ou por exemplo, artigos que se poderían buscar por varios nomes. Ex.: apupo, buguina, bucina. Graciñas, Estevo. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 13:04, 30 marzo 2009 (UTC)

Modelo de Artigo principal[editar a fonte]

  • Boas! pois non hai problema. En principio o da miña tarefa é para que se quede só o {{Artigo Principal}} no canto de {{Ver artigo principal}}, pero neste caso ter un modelo con nome máis corto, como o {{AP}}, non ven mal tampouco, así que por min segue dandolle caña así :). Ademáis sempre se pode facer unha nova tarefa para cambialo máis adiante, aínda que neste caso como digo creo que non ven mal ter ambos, o {{Artigo Principal}} e máis o {{AP}}. Saúdos! --Banjo tell me 09:55, 31 marzo 2009 (UTC)

Ficheiro:Ponte río Tenorio.jpg[editar a fonte]

Incorporei a imaxe a Galería de ríos de Galicia e [[Categoría:Imaxes de ríos de Galicia|Tenorio]]. Un cordial saúdo--Xan de ningures 21:03, 31 marzo 2009 (UTC)

Voyeurismo[editar a fonte]

Ola, Estevo. Como dis, como tantos outros termos de corte sexual (penso, sen ir máis lonxe, en bondage, spanking, fisting... as perversións todas, por abreviar), voyeurismo non figura. Pola contra, voyeur si (no Cumio). Cabe entón supor que efectivamente voyeurismo ten toda a validez do mundo. Trátase dun galicismo que incorporan o inglés, portugués, castelán, danés, eslovaco e non sei cantos outros... Ao non termos un termo propiamente galego, creo que a opción de voyeurismo é a mellor. Así e todo, se te enteras de algunha agregámola. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 11:44, 1 abril 2009 (UTC)

Desculpa[editar a fonte]

Só lin dúas liñas do que me suxires que lea e -a verdade- preocúpame a túa situación: ¿non estarás pensando en suicidarte?. Por favor, non bebas tanto--Xan de ningures 23:51, 3 abril 2009 (UTC) Retiro o que dixen--Xan de ningures 23:56, 3 abril 2009 (UTC)

Espero que unha retirada a tempo poida ter algo de vitoria. Se non me retirase, debería ser bloqueado de por vida. Espero ser bloqueado por algo menos, pero solicito para ti un bloqueo maior do que a min me poida caer, moito maior--Xan de ningures 23:57, 3 abril 2009 (UTC)

Anuncio do bloqueo[editar a fonte]

Logo do teu comportamento nas últimas horas, e en relación á túa mensaxe deixada ao usuario Xan de Ningures, decidín bloquearte durante un período total de 7 días. A explicación completa está ao teu dispor. Lembra ademais que a revelación dos datos reais dun usuario é un feito moi grave, aínda que neste caso non tivese, por razóns alleas, unha maior trascendencia. Un saúdo --Xabier Cid Conversa 18:25, 5 abril 2009 (UTC)

Categoría de imaxes de sindicatos[editar a fonte]

Ola. A respeito da incrusión das imaxes de sedes sindicais na categoría Imaxes sobre edificios de institucións políticas de Galicia, entendo que o teu razonamento parte da base de a CNT, un sindicato de ideoloxía anarquista, non é susceptible ser encadrada na categoría Política, se entendemos coma "política" o xeito de relacionarse un Estado cos seus cidadáns. Ese razoamento paréceme lóxico, e compártoo. Pero hai dous motivos polos que creo que ésta é a categoría acaída:

  • 1) Por unha banda, política, nun sentido amplo, englobaría todas as iniciativas que se levan a cabo nunha sociedade para mudar o xeito de organizarse no seo da mesma. Isto e, a anarquía, que propugna unha orde non coactiva, senón voluntaria, tamén entra na categoría Política, unha política cuxo fin último é a superación da actual fase de organización estatal. De feito, nesta categoría introducimos, por exemplo, os edificios administrativos, que non obedecen a intereses políticos en sentido estricto, senón que forman parte das infraestructuras do Estado ou organismos públicos infraestatais.
  • 2) Aínda que nos quedaramos co sentido restrinxido do termo política, o caso dos sindicatos anarquistas, e polo tanto no caso que nos ocupa, a CNT, sería singular entre os demáis sindicatos, xa que son os únicos que non teñen coma obxetivo interferir no Estado. Na medida en que constitúen unha expeción á natureza dos demáis sindicatos, a política da Galipedia ata o dagora é englobar esta clase de supostos na categoría xenérica á que se contrapón; por exemplo, ateísmo e laicismo penden xusto da Categoría:Relixión, xa que supoñen movementos que rexeitan unha determinada institución/movemento social/etc. O anarquismo, seguindo o mesmo razoamento, supón unha negación da política entendida en sentido restrictivo (relacións cidadán-Estado), co que iría tamén situado na categoría da institución á que se contrapón.

Ben, non sei se concordas en parte con estes argumentos. O que si vería máis lóxico sería colocar, na mesma páxina, unha aclaración do estilo:Nesta categoría recóllense edificios de institucións encargadas de xestionar as relacións entre o Estado e os cidadáns, así coma os de institucións que promulgan a superación do Estado coma instrumento de goberno. Qué che parece?. --Iago dime 16:29, 6 abril 2009 (UTC)

    • Feito (aquí e aquí), e grazas pola confianza á hora de desenrolar categorías. --Iago dime 09:35, 20 abril 2009 (UTC)

Autoras galegas[editar a fonte]

Vale, nesta semana póñome con iso. Pero con tempo... que non se da feito a todo. Saúdos.--Xas (fálame) 06:54, 20 abril 2009 (UTC)

    • Feito. Saúdos.--Xas (fálame) 15:37, 25 abril 2009 (UTC)

antártico[editar a fonte]

feito. Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 07:36, 28 abril 2009 (UTC)

Uranio[editar a fonte]

Boas, Estevo. Vin que tes o artigo Uranio co marcador de EnUso dende mediados de febreiro. Cando teñas tempo, bótalle unha ollada. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 14:43, 9 maio 2009 (UTC)

Borrado artigo[editar a fonte]

Gracias polo aviso. Buff!, si que facía tempo que non entraba na Galipedia, ¡fai un mes e medio que me avisache e aínda o vexo agora!

Concordo co borrado. Houbo un tempo en que comecei unha serie de artigos simultaneamente sobre o tema da identificación biométrica, pero iso quedou completamente aparcado e hai moitos que están a medias ("a medias" é ser xeneroso) e non deberían seguir.

Saúdos, Miguel.lima 11:22, 20 maio 2009 (UTC)

imaxes[editar a fonte]

Ola Estevoaei, como vin que non subiches a imaxe, avísote de que xa esta creado o artigo Ígor Lugrís. Por certo, non sei ben se hai que escribilo así ou ben Igor Lugrís. Saúdos.--Xas (fálame) 09:20, 21 maio 2009 (UTC)

da Coruña[editar a fonte]

Feito! Feito! Arranxado nos modelos dos concellos e eliminada a redirección. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:52, 24 maio 2009 (UTC)

RE: Alcumes[editar a fonte]

Consultando a Wikipedia en inglés (que adoita ser sempre unha boa referencia) alí optan pola forma coas comiñas (mais sen coma). Supoño que será o mellor. --Toliño Fala aquí comigo 15:13, 30 maio 2009 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Desgraciadamente o meu ordenador morreu, e canda el todo o que tiña instalado, incluído o bot. Así pois, volverei pór en funcionamento o bot en canto teña un ordenata novo, que non sei cando será. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 15:06, 5 xuño 2009 (UTC)

Acronimia / Blend (combinación, encaixe ou directamente "xustaposición")[editar a fonte]

Estevo, acronimia e formación de palabras por xuxtaposición son, como dis, cousas distintas. Póñoche as definicións de cada cousa segundo Cumio e a Enciclopedia Británica. Aí che van:

  • Acrónimo:m. Siglas constituídas polas iniciais, e ás veces con outras letras ou sílabas, coas que se obtén un nome: tal é láser (de Light Amplification by Stimulated Emission of Radiation).
  • Blend: Blends fall into two groups: (1) coalescences, such as “bash” from “bang” and “smash”; and (2) telescoped forms, called portmanteau words, such as “motorcade” from “motor cavalcade.”

O exemplo que me das de informática non é acronimia, como supoño entenderás despois de ler estas definicións. Spanglish é blend por exemplo. OTAN, INEF ou SERGAS son acrónimos. Poreime cos artigos que me dis, sen problema. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 15:59, 5 xuño 2009 (UTC)

Estou repasando o que che dixen e vexo que nalgúns lugares se engloba o blend como unha forma de acronimia. Eu non o lembro así, pero se o din é que será así. Xa non che estou tan certo. Olla para aquí.

Sinapse / Sinapsia ou Sintema[editar a fonte]

Creo que son dúas cousas distintas, Estevo.

Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 17:38, 5 xuño 2009 (UTC)

Non sei. Para min sinapse é outra cousa. O VOLGA trae que existe, pero trae definición? Coido que non. Eis aí o problema. Sinapse está recollido, pero coa acepción do que en castelán sería sinapsis. Ou non? A ver se dás atopado por aí unha definición de sinapse que estea referida á lingüística. --Atobar (conversa comigo) 17:50, 5 xuño 2009 (UTC)
No IrIndo hai tres definicións. Ningunha delas referida ao que nós estamos discutindo. 1. s f BOT Área da parede celular de certo tipo de células a través das que se comunican os citoplasmas das células contiguas. 2.s f XEN Emparellamento de dous cromosomas homólogos durante a profase meiótica. 3.s f BIOL Rexión de transmisión de impulsos nerviosos mediante a liberación de determinadas substancias químicas polas neuronas, que poden chegar a outra neurona ou a un músculo.--Atobar (conversa comigo) 17:53, 5 xuño 2009 (UTC)
  • Máis info, tirada dun documento dun estudante de filoloxía galega, n'Elrincóndelvago. # Composición por sinapsia: As dúas bases léxicas están conectadas por unha presposición. arco iris arco da vella (sustantivo + preposición + sustantivo) pupila meniña do ollo / santiña do ollo. --Atobar (conversa comigo) 17:56, 5 xuño 2009 (UTC)

Unión Coruñesa[editar a fonte]

Tamén eu lin o de Vieiros e engadin algo de info ao artigo. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 21:30, 8 xuño 2009 (UTC)

Juan García Durán[editar a fonte]

Nin idea. Se non o vise no historial non crería que eu fun o autor dese artigo... :) --Xabier Cid Conversa 16:05, 11 xuño 2009 (UTC)

CRG[editar a fonte]

  • Se tes ti os datos mellor é que continúes ti o artigo, cando remates dismo e continuo eu se queda algo por completar. Podes empezar cando queiras, considera o enuso como se o puxeras ti.--RNC 19:25, 27 xuño 2009 (UTC)
Na páxina da CNT galega empregan a forma Confederación Galaica da CNT non sei se é para simplificar ou simplemente por ser o nome actual así, tes datos na túa bibliografía?.--RNC 08:21, 28 xuño 2009 (UTC)
Sería bo atopar algunha referencia que confirme que o nome segue a ser ese, no artigo mudeino ao presente esperando que apareza esa referencia.--RNC 08:40, 28 xuño 2009 (UTC)

Finado[editar a fonte]

Ola, Estevo. Non era a miña intención. Explícoche decontado por que o fixen. Mira na páxina Wikipedia:A Taberna (propostas), na proposta múltiple esa que argallei hai unhas semanas. O primeiro punto é ese. De feito, a semana pasada pasei un tempiño unificando criterios e a Lista de autores de lingua galega xa está igualada de cabo a rabo. Bótalle un ollo, verás que todos están co mesmo modelo: Fulanito, nado en Becerreá, provincia de Lugo, o 23 de xaneiro de 1975 e finado en Madrid 0 25 de agosto de 2002, foi tal cousa. A min tanto me ten finado que fenecido, falecido ou morto, é tan só para deixalo máis uniforme. Como che digo, máis de 300 escritores en lingua galega xa o teñen así e dentro de pouco hei de me pór cos inventores e compositores. Dime se che parece ben, porque non quero que haxa malas interpretacións. Pensei que quedara claro, por iso me puxen ao choio, ao igual que como verás fixen con outro dos puntos que non presentou discordia, o dos sinónimos útiles, en Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles para galipedistas. Bueno, Estevo, visto o visto, agardo a ver que opinas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 13:00, 29 xuño 2009 (UTC)

Aspas[editar a fonte]

Perfecto. Tomo nota. Graciñas, Estevo. --Atobar (conversa comigo) 10:46, 30 xuño 2009 (UTC)

Re: Prebot[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Vin que andabas pasando traballo con Suíza por iso puxen a funcionar o bot. Na seguinte ocasión que acenda o bot poñereino a mudar a ligazón de Xeorxia, Estados Unidos de América. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:04, 30 xuño 2009 (UTC)

Xa está feito. Espero que non che pareza mal pero quero aproveitar para agradecerche e darche os parabéns polo bo traballo que estás facendo coas fotografías. Grazas a iso moitas das páxinas da Galipedia relacionadas con Galicia poden lucir unha imaxe e iso fai que sexan aínda máis valiosas. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:06, 1 xullo 2009 (UTC)


Punta Langosteira[editar a fonte]

Ola Estevo, ando moi atarefado na casa, pois estou de obras e fago tamén de pinche. Hai pouco andei ben preto de Punta Langosteira, mais esquecín a máquina na casa. Da Galipedia non me esquezo pois a última hora fago un oco para controlar os avances e máis as novas imaxes cargadas por ti e outros usuarios, das que moitas delas ben merecerían ocupar a portada. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 16:03, 1 xullo 2009 (UTC)

Encyclopédie anarchiste[editar a fonte]

Ola, paréceme ben o de cambiar o título do artigo, xa o debera ter creado con ese nome... Intentarei recordar o das traduccións. Moitas gracias por todo.--Kiko.1984 13:56, 2 xullo 2009 (UTC)

Vesuvio[editar a fonte]

Feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:54, 6 xullo 2009 (UTC)

Parroquias sen imaxes[editar a fonte]

De acordo, Estevo. Eu fágome o Salnés (e Sanxenxo, que me pilla moi á man) nesta quincena e logo seguimos co reparto. Xa pensei eu, cando ando por aí tirando fotos, sen algún outro galipedista non estaría á vez ca min no mesmo lugar, pero como non nos inventemos un pin co logo da Galipedia non hai forma de recoñecerse. Somos dous guiris máis pegados á cámara en calquera lugar de Galicia. Pero, si, a verdade é que sería divertido. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:10, 13 xullo 2009 (UTC)

Bilbao[editar a fonte]

Hola! siento no expresarme en Galego ya que no es mi lengua, euskara badakit. Perdona, pero tu última contribución al artículo de Bilbao no tiene sentido alguno. En ninguna parte de Euskadi verás referirse a la ciudad como Bilbo-Bilbao, es más, NUNCA nadie se ha referido a la ciudad como Bilbo-Bilbao, si acaso hace años podías ver Bilbao-Bilbo, pero nunca como denominación sino en carteles de carretera bilingües. No tiene pies ni cabeza, el nombre de mi ciudad es BILBAO oficialmente, consulta la web. Bilbao es un topónimo totalmente euskerico y aceptado por todos. BILBO no es más que una voz euskérika alternativa de cierta aceptacion coloquial, ya no tiene ninguna oficialidad. Consulta Euskaltzaindia (la academia del Euskera) para más información. 195.235.227.10 06:24, 23 xullo 2009 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Boas noites Estevo. Grazas por estar pendente esta tarde frenando as edicións vandálidas do Elchavo. Supoño que acabarías mareado e estresado, porque foi unha hora moi intensa. Non sei se será suficiente co bloqueo deste tipo pero confiaremos en que nos deixe en paz. Repito: grazas e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:57, 25 xullo 2009 (UTC)

Ficheiro:CSanxenxo.jpg[editar a fonte]

Boas Estevoaei ! Olla a páxina de conversa de Lmbuga. Saudos ElviraConversa comigo 01:23, 26 xullo 2009 (UTC)

Grazas por desfacer edicións vandálicas[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Vexo no historial da miña páxina de conversa que desfixeches en varias ocasións edicións vandálicas. Estiven ausente e non sei que pasou, vexo que ti mesmo foches vítima do vandalismo supoño que a causa de desfacer as edicións na miña páxina. Grazas por estar atento e manter limpa de vandalismos a miña páxina de conversa. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:07, 26 xullo 2009 (UTC)

Ficheiro:Forte de Lovelhe2.jpg[editar a fonte]

Boas Estevo ! Ainda son eu, perdoa pola molestía. Pasamen cousas raras. A ver si lle botas unha ollada à commons:File:Forte de Lovelhe2.jpg, eu vexo unha imaxe sen acabar, só aparece a parte darriba. Ti que vés ? Sera problema da miña computadroa unicamente ? ElviraConversa comigo 13:17, 27 xullo 2009 (UTC)

Intentei subila de segundas, esta vez non oín o "pluf" ! Podes controlar se está ben ? (Ando un pouco toliña coas magoas de internet estos días, pero aprendo moito, eso é o boó) ElviraConversa comigo 13:47, 27 xullo 2009 (UTC)

Re:imaxe de commons[editar a fonte]

Desculpa a tardanza na resposta.

Tiñas razón, Hidra92 subiu de xeito incorrecto a imaxe. Elvire amañouno colocando os datos correctos. Vou avisar a Hidra92 de que coloque a orixe e non se poña como autor das fotos das que non é autor para non atentar contra os dereitos de autoría.

Se algunha vez volves ver algo así, podes corrixilo ti mesmo. Ademais, se queres, podes dirixirte ó usuario que colocou os datos incorrectos para explicarlle o que debe facer e, dese modo, evitar que volva ocorrer. En calquera caso, contacta comigo cando o desexes. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  16:20, 28 xullo 2009 (UTC)

Por certo, noraboa polas imaxes que estás subindo. A calidade é moi boa e gústame en xeral a composición. Ademais, cada vez é menos frecuente que as túas fotos teñan problemas de perspectiva-- Lmbuga / Conversa comigo  16:38, 28 xullo 2009 (UTC)

Weegee en galego[editar a fonte]

Boas tardes, Estevoaei. En primer lugar, te pido disculpas por no referirme a ti en gallego. Hace poco tiempo creé el artículo de Weegee en español a partir del artículo en inglés y he observado que tú has creado el artículo en gallego a partir del que yo traduje. Sólo quería decirte que me ha gustado saber que mi trabajo no sólo ha contribuido a ampliar la wikipedia en español sino que también te ha ayudado a ti a ampliar la galipedia. Aunque no sé hablar gallego, te afrezco mi ayuda para cualquier asunto en el que pueda echarte una mano. Fdo: Micerinos (mi alias en wikipedia en español)

Re: artigos sen imaxes[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Polo de agora apenas están desenvolvidas as subcategorías da categoría Artigos de Galicia sen imaxes, a idea é reproducir o esquema da categoría Galicia para todos aqueles artigos que non teñan imaxes, talvez con variacións na árbore (quero dicir que quizais sexa suficiente con que as categorías colguen dunhas poucas categorías raíz sen tantas ramas). Por outra banda algunhas desas categorías son provisorias, por exemplo cando haxa imaxes de todas as parroquias a categoría Parroquias de Galicia sen imaxes xa non terá sentido e haberá que borrala. Logo desta introdución vou a túa pregunta, vou ir creando pouco a pouco máis subcategorías de Artigos de Galicia sen imaxes pero mentres non estean creadas ou cando teñas dúbidas o mellor é que clasifiques os artigos sen imaxes na categoría raíz Artigos de Galicia sen imaxes. Máis adiante cando as subcategorías estean creadas xa se moveran manualmente ou co bot. Por certo, grazas por axudar a clasificar as páxinas que non teñen imaxes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:10, 21 agosto 2009 (UTC) Engadido: creei a categoría Montes de Galicia sen imaxes para clasificar Monte da Guía. --Prevertgl 19:37, 21 agosto 2009 (UTC)

Grifóns[editar a fonte]

Boas, Estevo. Si que teño máis imaxes de San Breixo, e esta que acabo de subir, dos grifóns, era unha das que quedaron no disco duro. Non é que se vexan nada ben, pero sonche dous grifóns, cu contra cu e as cabezas reviradas para mirarse un ó outro. Se tes o libro de Mariño Ferro, Bestiario en pedra, é o que reproducen na páxina 134 (pero na súa foto vense moito mellor). Se non o tes mándocha escaneada para que te fagas unha idea. Se queres algo máis, a mandar, que pa iso estamos. Pedro --Lameiro (conversa) 19:39, 21 agosto 2009 (UTC)

Saúdos[editar a fonte]

Ola amigo, son un colaborador da Galipedia e só era para saudar. Cando precises axuda de calquera tipo, non dubides en preguntar. Eu deféndome ben na lingua, pero podes pedir solución a calquera atranco, que intento mirar como che podo axudar. Máis nada, gústame que haxa neofalantes preocupados pola lingua nosa. Un saúdo desde A Mariña. --Xoán Carlos Fraga 05:43, 23 agosto 2009 (UTC)

Re:homónimos[editar a fonte]

Xa de volta. Feito o de San Clodio. Saúdos. --Xas (fálame) 21:31, 23 agosto 2009 (UTC)

Poaceae[editar a fonte]

Hola Estevoaei vin que deixaches unha mensaxe na conversa de Poaceae

  • ¿Chegaría con mover Poaceae cara a gramíneas e deixar a poaceae como redirección aproveitando así a que xa está feita tamén pra as páxinas ligadas desde wikipedias noutras linguas? Eu mesmo faría iso se é dabondo.
  • Outra cousa, cada vez que remato un artigo teño que ir wikipedia a wikipedia poñendo a ligazón á nosa lingua, cousa que ás veces leva incluso máis tempo que facer o artigo... Xa que vexo que tí estás máis posto que eu na galipedia aproveito para preguntarche ¿Coñeces algún proceso para automatizar eso? ¿Pode un usuario coma min activar algún bot dos que xa existen ou algo para non ter que ir país a país engadindo as ligazóns ao artigo na nosa lingua?

Ademáis das dúas pesadas preguntas, aproveito para deixarche tamén un cordial saúdo. --Pexego(conversa) 13:29, 27 agosto 2009 (UTC)

    • OK, graciñas pola resposta Estevo. --Pexego(conversa) 14:48, 27 agosto 2009 (UTC)

Parroquias de Vigo[editar a fonte]

Ola. Vexo que retiraches o Cómpre referencia que eu puxera nos artigos de cinco parroquias de Vigo. En realidade non compría esta referencia, era un xeito de destacar que éstas xa non son parroquias xa que San Xoán do Monte e San Paio foron incluídas na de Lavadores e Bouzas, Coia e Freixeiro na de Vigo-Centro. Supoño que agora son barrios pero non estou seguro. Tampouco sei en que status quedaron as Illas Cíes pero dende logo xa non constituen a parroquia de San Francisco de Afora que desapareceu como tal fai casi un século. Gracias pola túa redirección ó Nomenclator da Xunta, pero supoño que foi feito antes da reorganización administrativa do Concello de Vigo (a cidade vai medrando e vaise comendo ás parroquias anexas). Agradecería calquer suxerencia de cómo abordar estes artigos, pero xa non podemos chamarlles parroquias (ó millor ¿antiga parroquia?). Un saudiño --Oestrimnium 11:20, 28 agosto 2009 (UTC) PD. Perdoa os meus erros de redacción pero xa me vou facendo maior e nos meus tempos soio estudábamos Castelán e Inglés. Son galegofalante de nacemento pero o Galego normativo non é o meu.

Bot[editar a fonte]

O meu bot morreu canda a miña computadora alá polo mes de maio. Porén recén estou estreando un novo, así que en canto poida volvo instalar todo para te-lo bot operativo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 11:38, 30 agosto 2009 (UTC)

Re: Prebot (Universidade Harvard)[editar a fonte]

Feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 19:05, 1 setembro 2009 (UTC)

Poida que se me pasara algún pero o bot tamén mudou 'Universidade de Harvard' por 'Universidade Harvard' no corpo do texto sen ser ligazón interna. Non sei se o dis pola procura, reviseina e aparecen resultados que xa foron corrixidos. Cando a procura estea actualizada revisareina outra vez para ver cales dos resultados son reais e se é preciso pasarei o bot outra vez, se te atopas con algún illado pode mudarse manualmente senón cando volva pasar o bot corrixoo pero nese caso teño que esperar a ver en que páxinas aparecen. En canto a Trindade e Tobago hoxe non podo tentarei facelo mañá. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:15, 1 setembro 2009 (UTC)

Re: Cántigas da terra[editar a fonte]

Buenos días. Te agradezco cualquier sugerencia así como aportación que puedas realizar. Pero agradecería que no modificaras la estructura de la página, así como los enlaces o el propio nombre de la asociación, es Cántigas y no Cantigas.

Agradecer cualquier colaboración, pero no es admisible modificar los formatos, ya que lo único que da es trabajo a los demás.

Gracias —o anterior comentario sen asinar foi feito por Cantigasdaterra (conversacontribucións) ás 11:35 do 2 de setembro de 2009 (UTC)

Re: Prebot (Trindade e Tobago)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Neste momento non hai páxinas que liguen cara a Trinidade e Tobago, tampouco hai páxinas que liguen cara a Trinidad e Tobago; no caso de Trinidade e Tobago - Trinidad and Tobago dirixen dúas conversas, non lles toquei, na miña opinión pódese borrar. En canto á ligazón correcta Trindade e Tobago mudei os enlaces naquelas páxinas onde non había que tocar máis nada por ese motivo aínda quedan algunhas con esa ligazón pero non creo que sexa problema. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:35, 2 setembro 2009 (UTC)

Re: Ficheiro:Cantigas da Terra 1916.jpg[editar a fonte]

Incorporeina en Categoría:Imaxes sobre vestimenta en Galicia e Categoría:Imaxes de grupos musicais de Galicia. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  18:57, 2 setembro 2009 (UTC)

Parroquias da cidade de Pontevedra sen imaxes[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Desta vez quería facerche eu unha petición, se tes ocasión, queres ou che cadre de pasar por alí podías facer unhas fotos das parroquias de Pontevedra sen imaxes; virían moi ben para completar os artigos. En realidade faltan as imaxes de dúas parroquias máis das que aparecen na categoría pero desas parroquias non temos artigo. Poidas ou non grazas igual. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:48, 4 setembro 2009 (UTC)

Grazas, será unha boa mellora para os artigos de Pontevedra. Un cordial sáudo. --Prevertgl 10:02, 5 setembro 2009 (UTC)

Os Tilos[editar a fonte]

Hola Estevoaei! Encantado de saudarte. Quería comentarche que vin que fixeches uns arranxos en Os Tilos, Teo, e que revertín un deles. Trátase dunha ligazón a unha información da web do concello de Teo que desgraciadamente ten que apuntar á versión en castelán da páxina, pois tirei dela unha información sobre Os Tilos que non puxeron na versión en galego. Cóntocho por se o vías para que souberas de que se trata o cambio. Un saudiño e bo traballo!--Caronium 22:29, 8 setembro 2009 (UTC)

Agradecemento[editar a fonte]

Oíches, Estevoaei, moitas grazas por estares sempre detrás do meu ronsel corrixindo as caralladiñas esas que eu non teño paciencias para buscar. E graciñas tamén por actualizar e uniformar os formatos das personalidades. Vai quedando moi ben. Dálle nivelón ao proxecto. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12:02, 10 setembro 2009 (UTC)

Estómago[editar a fonte]

Boas, Estevo, e noraboa pola imaxe. Teño que facer dúas observacións: que "cardíaco, -a" só ten, que eu saiba, o significado de relacionado co corazón, non co cardia (segundo o Diccionario de termos médicos, ), co que o nome sería "incisura do cardia"; a segunda é que é a primeira vez que vexo iso de "incisura": para min sempre foi cisura (ou escotadura), pero polo que vexo no VOLGa e neste dicionario son válidas as dúas formas. Vai a vella morrendo e vai adeprendendo. Teño que mandarche un debuxo dun estómago dos ruminantes para que me fagas algo así. Máis nada e, repito: parabéns (como lle gusta a Atobar). Pedro --Lameiro (conversa) 14:26, 11 setembro 2009 (UTC)

Dubida[editar a fonte]

Ola, vin que es un usuario moi activo é voteille unha ollada a túa páxina de usuario, quedoume unha dubida, perdoa o meu descoñecemento pero ¿que significa "galegofalante (neofalante)"? Un saúdo.--Deusdixital 08:03, 15 setembro 2009 (UTC)

Re: Prebot (Alacant)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Tomo nota, fareino en canto poida. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:54, 15 setembro 2009 (UTC)

The Long Goodbye[editar a fonte]

A ver se dás rematado aí a tradución do argumento, que non che queda nadiña. --Atobar (conversa comigo) 20:37, 15 setembro 2009 (UTC)

Re:película - The Veredict (1982)[editar a fonte]

Ola, Estevo. Non me consta que exista versión en galego deste filme, mais non me atrevo a negar a súa existencia. Aínda que nese artigo fálase de "Oficial e cabaleiro", cando o título galego do filme ao que se refire é máis fiel ao oarixinal (que a devandita tradución do castelán): Un oficial e un cabaleiro, polo que dá que pensar que é unha tradución directa, sen referencia algunha de versión oficial en galego. Ante tal dúbida, eu poñería o título en inglés. Un saúdo! --Uxío 22:52, 15 setembro 2009 (UTC)

Forte da Insua[editar a fonte]

Estase falando diso na conversa: Conversa:Forte_da_Insua. ;) --Xabier Cid Conversa 06:36, 16 setembro 2009 (UTC)

Robbot[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Vin a túa mensaxe sobre Robbot na páxina de Albert galiza e deixei está texto para tentar evitar que se produza algún problema:

Non quero meterme onde non me chaman, pero creo podo achegar algunha información sobre o tema. Robbot é un bot que aparece por aquí esporadicamente e fai poucas edicións, nunha ocasión Banjo falou co operador do bot na Wikipedia en holandés para pedirlle que solicitara o status de bot e non lle pareceu ben. A impresión que deu, non sei se polo inglés, é que a resposta foi un pouco airada, por eses antecedentes e polas poucas edicións que fai quizais sexa mellor deixalo estar. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:21, 16 setembro 2009 (UTC)
  • Só deixei a mensaxe porque sabia o que pasara máis nada, quero dicir con iso que non é a miña intención debater sobre se debe ter o status de bot ou non, nin meterme na conversa de ninguén. Desculpas se deu esa impresión. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:46, 16 setembro 2009 (UTC)


A. S. Neill[editar a fonte]

  • Cando teñas un pouco de tempo podías darlle un repaso á tradución dese artigo, quedáronche moitos castelanismos na tradución, eu corrixín uns poucos, non sei se por confusión meterías unha versión preliminar, dígoo porque normalmente as túas traducións son boas.--RNC 19:50, 16 setembro 2009 (UTC)

Mina das Pontes[editar a fonte]

Ola Estevo. Ultimamente non teño moito tempo que dedicar á Galipedia e cando o teño subo imaxes e pouco máis. Hoxe entrei grazas a chuvia. Podes ver a diferencia con respecto ao ano pasado aquí Galería de imaxes das Pontes de García Rodríguez. Un saúdo.--PepedoCouto (dimo aquí) 18:44, 17 setembro 2009 (UTC)

Re (2): Prebot (Alacant)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Probei a mudar as páxinas que dirixen cara a Alacante e non vai poder ser, quizais estea espeso hoxe pero hai tanta variedade de enlaces que usan a palabra Alacante que se corrixo uns desfago outros. Imos ter que facelo de xeito manual. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:47, 19 setembro 2009 (UTC)

Si que estaba espeso, corrixín máis dun cento de páxinas. Aínda quedan algunhas máis pero o principal xa está feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:54, 19 setembro 2009 (UTC)

Re: máis cholliño para Prebot[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Pensei que me quedaran menos Alcante o outro día, non tiven un día brillante co bot o sábado :-( Non es pesado engadindolle tarefas a Prebot, para eso está, o único é que as veces non podo ser moi rápido por falta de tempo ou porque nese momento estou rematando outra cousa. Apunto o de Elx na lista de tarefas, a ver se cara o fin de semana ou no propio fin de semana podo facelo. Outra vez grazas polas fotos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:27, 22 setembro 2009 (UTC)

Elx por Elxe / Elche
Corrixín as mencións a Elxe e a Elche, no caso de Elche había moitas ao equipo de fútbol nese caso non lles toquei. Dei outra pasada a Alacante e mudei uns cantos máis. Actualicei o bot que xa ía un pouco antigo, a versión que teño agora ten máis opcións e permite facer dun xeito máis cómodo os cambios, quero dicir con iso que se atopas que quedou algo dimo e xa o reviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:10, 26 setembro 2009 (UTC)

Bandas galegas de música[editar a fonte]

Estevo, como vin que moitos dos artigos de bandas de música do país son obra túa, aquí che vai unha ligazón a un portal con grupos da provincia de Lugo. Eu seino por esta nova d'El Progreso. Igual che vale para algo. E se non, pois nada. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:13, 5 outubro 2009 (UTC)

Re: Prebot (Coímbra)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Resulta que comecei a facer o troco que me pediches ata que cheguei a Normativa oficial do galego - A acentuación onde precisamente poñen de exemplo Coímbra como palabra con til ni i. Vou desfacer as mudanzas que fixen. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:44, 6 outubro 2009 (UTC)

Re: Prebot (canadense)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Non hai de que polo de Coímbra, como dixen antes decateime cando andaba revisando o que facía o bot. En canto ao outro cambio, estes días ando moi xusto de tempo, na próxima ocasión que atope tempo para pór a funcionar o bot farei o cambio. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:22, 15 outubro 2009 (UTC)

Feito e grazas por localizar ese tipo de erros, mágoa que haxa tantos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:42, 16 outubro 2009 (UTC)

Re: Prebot (transcrición)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Para reemprazar palabras úsase un dos scripts que vén co bot que se chama replace.py , ten diferentes parámetros para localizar e substituír as palabras. O xeito en que adoito facer os trocos é controlar o que fai o bot para que non substitúa o que non é. Os problemas que poden aparecer son basicamente de dous tipos: que a palabra forme parte dun enderezo web, dun título (libro, filme, etc.), dunha cita en castelán,... ou que o bot por razóns técnicas devolva erros e non ofreza a posibilidade de facer os cambios. Hai palabras que non presentan dificultades e os cambios son rápidos (por exemplo: transcripción/transcrición foi bastante rápido) en troques cando un se atopa co clon de es.wp a cousa é máis traballosa. As peticións non son un incordio, pola contra son moi útiles para localizar erros que cómpre corrixir canto antes. Para mellorar a calidade deste wiki como mínimo temos que corrixir e eliminar tantos erros ortográficos (e doutro tipo) como poidamos, é moi útil ese labor de localización e comunicación de erros que fas, así que non hai problema polos avisos que me deixes se nalgún caso non o puidera facer xa cho diría. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:06, 23 outubro 2009 (UTC)


Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Canteiro.jpg[editar a fonte]

Se te interesa, o escultor chámase Manuel Varela. Creo que él é de Moaña La fabrica de nubes (fálame) 11:11, 29 outubro 2009 (UTC)

Re: Prebot (dedución)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Xa está feito. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:09, 2 novembro 2009 (UTC)

Artigo Ricardo Darín[editar a fonte]

Grazas, Estevo! Vouno imprimir pra telo de referencia pra outros artigos. Un saúdo e abur!--Lala Lugo 20:43, 2 novembro 2009 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas, Estevo, por estares ó loro. Efectivamente, esas edicións na miña páxina non son da miña man. Vexo que xa me ides coñecendo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:23, 3 novembro 2009 (UTC)

Imaxes[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Moi bo traballo a serie de imaxes que acabas de cargar. Cada día que pasa a Galipedia vaise enriquecendo coas achegas que estades facendo todos os colaboradores/fotógrafos. Parabéns e grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:22, 18 decembro 2009 (UTC)

Ídem. Un puntazo. Parabéns. --Atobar (conversa comigo) 12:41, 18 decembro 2009 (UTC)
Concordo cos parabéns. Imos ter que cambia-lo refraneiro: O que vale, Estevoaei, e o que non, Lameiro. Esta serie de fotografías vale un mundo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 15:53, 18 decembro 2009 (UTC)

commons[editar a fonte]

Ola Estevoaei ! É verdade que o novo commonshelper non esta adaptado para o galego (penso que sera un problema de tradicuión en commons para usar o novo, non sei). Ando aprendendo a subir de xeito maís manual e por eso as ultimas que subin foron unha aventura. Conto chegar a subir tan rapidamente como antes. En conclusion vou subir a túa foto esta noite con moito placer seguindo asi as praticas. Conta comigo. Ata outra pola sombra D: Elvira (conversa comigo) 17:43, 18 decembro 2009 (UTC)

Feito! Feito!. Votei unha ollada os artigos das WP EN e FR : son artigos sen fontes. Eu non coñeco moito do tema. Pero é certo que ise home ten fama e que de seguro un artigo nas WP non esta mal. Boa noite Estevo Elvira (conversa comigo) 02:07, 19 decembro 2009 (UTC)

Re:categorización de imaxes[editar a fonte]

Excelente traballo o que estás a facer.

Xa reparara nas imaxes pola mañá e vin a necesidade de novas categorías de imaxes. Non puiden polo de agora dedicarme a elas. Non me dediquei a elas porque considero que es un usuario seguro, que sabe o que fai e que, polo tanto, os problemas que pode haber coas túas imaxes sempre serán menores, como moito pode haber problemas -tal e como dis- de categorización (e non culpa túa, senón porque non están as categorías desenvolvidas), nunca problemas de pertinencia de imaxes. Púxenme, xa que logo, coas imaxes dos usuarios novos, máis urxentes por falta de datos ou copyvio, pero non esquezo reparar nas túas para acomodalas todo o posible.

Se nada mo impide agora, poñereime con elas case agora mesmo (é o que pensaba facer). Antes quero copiar na miña páxina de usuario a resposta a un usuario novo que subiu unha imaxe improcedente e que se mosqueou un pouco comigo, quero copiala porque quizais fose un pouco brusco, pero é que me deu mala espiña; con todo, non creo ter metido a pata.

Ánimo, e máis. Moitos disfrutamos coas imaxes que sobes-- Lmbuga / Conversa comigo  23:38, 18 decembro 2009 (UTC)

Volvín ter que reparar no usuario que che comentaba pois respondeu. Xa non teño que facer edicións na miña páxina de conversa por parecerme clara a miña actitude tras o último comentario. Xa non me dá mala espiña o usuario, poida que me confundise. Póñome, se nada muda a miña intención, coas imaxes de personalidades e coa súa categorización-- Lmbuga / Conversa comigo  00:12, 19 decembro 2009 (UTC)
Teño un problema. É un problema que ralentiza moito o meu traballo, pois faime ter que recorrer a outros medios. Un exemplo: A imaxe Ficheiro:Fernando Venâncio.jpg non ten páxina na Galipedia. Para eu categorizala teño que recorrer a google e pódome confundir. Rogaríache que nos datos da imaxe, se non hai páxina na Galipedia, poñas máis datos sobre os individuos, sempre que fose posible. Eu supoño que neste caso estamos a falar do escritor e lingüista portugués, pero non estou seguro.-- Lmbuga / Conversa comigo  00:41, 19 decembro 2009 (UTC)
Outro exemplo. A imaxe Ficheiro:Gerald Larose.jpg non sei categorizala. Eu crearía unha categoría Categoría:Imaxes de Canadá, dentro desa Categoría:Imaxes de persoas de Canadá e dentro desa Categoría:Imaxes de personalidades da política de Canadá, pero non estou seguro pois non coñezo -recoñezo a miña ignorancia- ese persoeiro. Espero a túa resposta para crealas se é preciso-- Lmbuga / Conversa comigo  01:00, 19 decembro 2009 (UTC)

Graciñas. Sobre o de creares categorías, fai como desexes. Se estás máis cómodo deixando que me encargue eu, non hai problema. Tampouco o habería se decidises crealas ti. O normal sería que tiveses mellor criterio, pero ó incorporares datos nas imaxes, malo será que eu meta a pata.

A verdade é que os nomes das categorías das imaxes precisan unha seria revisión e seren aprobados. Polo de agora, creo que podemos tirar sen o facer, pois aínda hai que crear máis categorías. Calquera axuda é benvida. Doume conta de que para quen non teña as categorías xa creadas en mente é complicado poñerse a iso pois tería que mirar o esquema da categoría superior para ver como son os nomes. Mesmo a min me ocorre ás veces que sei que creei unha categoría e non sei onde está.

É un traballo mecánico, pouco creativo, pero que estrañamente me resulta agradable. Non me importa facerme cargo dese labor. O que si me importa é que non consideredes que eu son unha autoridade niso, é evidente que podo ter máis experiencia, pero non a verdade. Calquera que queira crear unha categoría pode facelo.

Fai uns seis meses ou máis un usuario habitual (non lembro quen) creou unha categoría que rachou os meus esquemas mentais. Está dentro de Categoría:Imaxes de edificios e estruturas de Galicia, non lembro o nome. Non lle comentei nada ó usuario porque inda agora non teño claro cal é o esquema mellor, se o que el propón ou o que había e eu tiña en mente. Só sei que nesa categoría pode haber unha incongruencia por haber dous esquemas contraditorios.

Quero dicir con isto que non é malo que nos contradigamos, pois fainos pensar. É certo que se crean pequenos problemas, pero non son urxentes.

É dicir, doume conta de que estás metido noutros labores e debes ti decidir onde queres estar. A miña colaboración tela e terala sempre inda que quizais debas desculpar algunhas veces o meu carácter. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  13:38, 19 decembro 2009 (UTC)

Estou categorizando imaxes de personalidades. Como é un traballo que non esixe prontitude, ando a tomalo con calma, pero farei o labor con todas as imaxes antes ou despois.
Diríxome agora a ti por unha dúbida. Ti clasificabas nas categorías as imaxes polo apelido, por exemplo [[Categoría:Imaxes de persoas|Cervino]]; eu, non o fago. ¿Cres que será conveniente facelo, ou será mellor deixalas sen clasificar pois teñen a mesma orde alfabética cós artigos da Wikipedia? Non sei, a min a verdade dáme igual, só que, se as clasificamos coma ti semellas considerar mellor, temos que revisar tódalas imaxes presentes, pero non pasa nada, fágoo, antes ou despois fareino-- Lmbuga / Conversa comigo  23:05, 21 decembro 2009 (UTC)
Seguín pensando no asunto e creo que tes razón inda antes de responderes, pero agora a miña dúbida é outra. É evidente que se clasifican por nome de imaxe, non por nome do persoeiro, ¿pero deben de clasificarse polo nome que tería o artigo na Galipedia ou polo apelido? Eu diría que polo primeiro. ¿Que pensas?-- Lmbuga / Conversa comigo  23:20, 21 decembro 2009 (UTC)
Categoricei as imaxes por apelidos (case todas, non todas, houbo un par de feudos nos que non ousei entrar). Ó final estou convencido de que tiñas rtazón co que facías. Un crdial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:02, 23 decembro 2009 (UTC)
Ola de novo. É realmente difícil clasificar imaxes de persoas. O problema está en se o clasificalas estás a facer unha valoración das mesmas. Estou a clasificar as máis das que subiches como personalidades (Categoría:Imaxes de personalidades de Galicia ou subcategorías). Algunhas delas (Suso de Toro, por exemplo) teño claro que poden estar aí; outras, non sei; outras coloqueinas en Categoría:Imaxes de persoas segundo o seu traballo (por exemplo ós responsables de marketing coloqueinos nunha subcategoría).
Dígoche todo isto porque se algunha vez reparas en algo que non che guste, sintas que tes liberdade plena a facer variacións mesmo sen mo comunicar.
A min paréceme demasiado complicado como estou categorizando as persoas, pero non dou con mellor xeito. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  19:10, 26 decembro 2009 (UTC)

Tes razón no da Galería de imaxes da praza da leña, Pontevedra. Ademais do que dis, non mirei como creara as categorías das outras prazas, pois a palabra "praza" tamén a colocamos con maiúsculas (do mesmo xeito ca "Igrexa", "Mosteiro",...) pois forma parte do nome propio (inda que non actuei así coa palabra "río" e son cousas que se discutirán algún día). Supoño que me despistei, inda que creo que máis ben é un erro producido por inseguridade e mais por tirar para adiante.

Sobre o que dis da relación entre categorías de artigos e categorías de imaxe, eu estou fundamentalmente de acordo, é algo que procurei ter en mente; mesmo houbo un tempo en que me preocupaba por categorizar as categorías de imaxe nas categorías de artigos. Ó final tiven que deixar de facer ese labor, tiven que adialo, porque non daba atendido a tantas cousas. Con todo, creo que non debe ser un paralelismo redutor por dous motivos: a finalidade das categorías de imaxes pode ser moi frecuentemente diferente á finalidade da estrutura dos artigos e, por outra banda, a Galipedia non ten un millón de artigos e tódalas categorías de artigos desenvolvidas e decididas.

Por exemplo e indo a casos concretos, a Galipedia non vai ter probablemente unha categoría de artigos paralela a Categoría:Imaxes de animacións sobre Galicia, Categoría:Imaxes sobre o léxico da lingua galega (inda que si relacionada coa categoría superior a esta) ou a Categoría:Imaxes de obxectos de Galicia (inda que si as terá relacionadas coas subcategorías desta, pero non con todas). As categorías de imaxes, ademais de servir para localizar imaxes para os artigos, poden ser un outro xeito de atopar información.

É por iso que eu, ademais de ter en mente a estrutura das categorías dos artigos, teño tamén en mente a estrutura de Commons.

O nome dos artigos e categorías principais debe ser prioritario á hora de dar nome ás categorías de imaxes e mesmo á hora de crear a estrutura de categorías de imaxes, pero non definitivo no que ó segundo destes aspectos respecta (ou iso creo eu).

Son consciente de que cometín moitos erros e de que hai inda erros sen corrixir. Pésame que maiormente sexa toda esta zona da Galipedia e os erros que nela hai responsabilidade miña. Espero que cheguen tempos mellores-- Lmbuga / Conversa comigo  22:26, 27 decembro 2009 (UTC)

RE: Caixa[editar a fonte]

Non paro de sorprenderme cada día. Parecerá unha parvada, pero o corchete sen pechar dunha ligazón era o culpable. Non me preguntes o por que. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 20:29, 22 decembro 2009 (UTC)

Desacordo sobre o Diario de Operacións[editar a fonte]

Valeeeeeeeeeeeee: tiña que ter feito primeiro a páxina e despois, a Redirección. Pero xa creei a páxina de Diario de Operaciones del Sexto Cuerpo del Ejército e xa está ben a redirección de Diario de Operacións do Sexto Corpo do Exército. Para unha vez que me dá por facer a redirección antes que o artigo... :-)

Podes retirar o aviso, plis?

--(XurxoLois) (fálame) 23:41, 27 decembro 2009 (UTC)

sinónimos e variantes[editar a fonte]

Bos días. Vexo que marcaches para borrar eucalito, alcolitro e mancontro. Hai un anaco borrei outras formas que creara o mesmo usuario -non sei se xogando- por seren simples barbarismos: teláfano, taléfano, semáfaro e semófaro (de verdade, non mos estou inventando). Deixes estes tres (eucalito, alcolitro e mancontro) porque os consideraba variantes ou sinónimos usados e que aparecen abondo na literatura (os dous primeiros, na antiga e máis local; o terceiro, por exemplo, en Paco Rivas). Pensa neste argumento e decide se mantés ou non a marca de lixo para estes casos. Agora non lembro, pero temos moitos máis exemplos de sinónimos que redireccionan á entrada principal (normativa). Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:17, 29 decembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mina das Pontes o 13-set-09.JPG[editar a fonte]

Ola de novo Estevo.

Diríxome agora a ti para que revises a nova imaxe que propuxen, pois xa votaras nesa páxina. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:19, 30 decembro 2009 (UTC)