Conversa usuario:Estevoaei/arquivo2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007


Índice

Discos e cancións[editar a fonte]

Saúdos Estevoaei. Ante todo parabéns polo traballo que andas a facer en artigos de música. Estes días andiven revisando algún e vin que en moitos estiveche cambiando cousas nos títulos de discos e de cancións, cambiando os formatos con respecto ás cursivas e ás aspas. Segundo o [de estilo], usaranse as cursivas para composicións musicais longas (álbumes e EPs) e as aspas para composicións máis breves (cancións). Se tes algunha cuestión ao respecto non dubides en poñerte en contacto comigo. --Beninho 20:17, 2 xaneiro 2008 (UTC)

  • Pois non o sabía, procuparei telo en conta e grazas polo consello, ben o mellor penso que será mellor que me rexistre na wiki inglesa e quizais nalgunha outra.--Biógrafo 22:59, 8 xaneiro 2008 (UTC)

O Grove[editar a fonte]

Xa vira, naturalmente, o noso artigo sobre O Grove a necesidade de amplialo. Era unha das miñas mil tarefas pendentes que teño aí anotadas enriba da mesa e coa que nunca me sentía con forzas. Pero vexo que non podo deixalo para outro momento, así que de acordo. A verdade é que nin se me ocorrera ver como o trataban na es, e como punto de partida non está mal. Métome con el e faremos un bo articuliño. Dáme uns días. Pedro --Lameiro (conversa) 20:22, 9 xaneiro 2008 (UTC)

re[editar a fonte]

Boas, o de petróglifo non recordo quen mo correxiu noutros artigos e desde aquela utilicei só esa forma. No Cumio só recolle petróglifo e o Volga [[1] o mesmo.

No da tradución. levas razón. non tiña pensado traducir, pero estos, para os artigos que edito non, lles veñen nada mal esas ligazóns. Corrixe con libertade e a pracer, que todo será benvido. De momento tratoas como plantillas que completar, incluindo exemplos galegos e ampliando desde outras wikis na medida do meu coñecemento. Asín que se botas unha man as túas son moi benvidas.

Quedanos ademais da cea programar un safari fotográfico (por exemplo a Carboeiro que era a onde Cunqueiro levaba aos amigos para convencelos para montar unha asociación de amigos do mosteiro) a onde sexa, e embarcar a máis galipedeadores, o caso é que ando algo malo, espero poñerme bo en breve. Non te faría? Lansbricae (Ti dirás) 15:02, 23 xaneiro 2008 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas, pero ben lle viña unha imaxe e o 27 hai concentración en Portomarín contra a caza de raposos, e como non me podo pasar eu, se che cae, xa o sabes, ;). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:44, 25 xaneiro 2008 (UTC)

Categorías de música[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Ben estivo que unificases os criterios da denominación de Música galega, pero creo que borraches ao mesmo tempo algunha categorización que non era mala. Por exemplo, por que prescindimos de dicir que Luz Casal sexa unha vocalista só porque sexa galega? As súas formas de clasificar, por orixe e por "instrumento", deberían ser posibles, non? --Xabier Cid 08:08, 29 xaneiro 2008 (UTC)

Podes consultar tamén, como guía, o inxente traballo de Gallaecio sobre as categorías musicais:Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música. --Xabier Cid 08:11, 29 xaneiro 2008 (UTC)

Ceaa[editar a fonte]

Enteroume Lansbricae do tema. Téñoo apuntado, aínda dubido que ese día percorra os 250km necesarios. Espero que sexa para ben e que o pasedes idem. En breve avisarei doutro tema relativamente parello. Saúdos.--Agremon(contacto) 05:45, 30 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

Ola Estevoaei, a tua idea est maravillosa, mais para min resultame casi imposibel, dado que Lyon (Francia) esta moi lonxe para poder asistir ese dia.Un forte abrazo a todos ---Padin 11:50, 30 xaneiro 2008 (UTC)

  • Síntoo eu tamén, nesas datas non podo achegarme a Pontevedra. Agardo que os que vaiades vos divirtades. Saúdos. AlberteSi, digame? 13:04, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • Grazas por convidáresme máis eu tamén estou no estranxeiro e nesas datas no estarei por aí. Conste que me parece unha excelente idea. Un saúdo.--Manudosde 16:26, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • Eu non estarei. Que a festa sexa alegre e que o pasen ben ElviraConversa con mi 18:25, 30 xaneiro 2008 (UTC)
  • concordaría!. A idea é mais que boa boisima. A data mais que mala malísima: non me encontrarei pola gallaecia/galiza/galicia. Desexovos outra boa cea ceisima---- Maañón00 (o que?) 22:28, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Re: xuntanza[editar a fonte]

Encantaríame acudir, pero o sábado 9 debo de estar a pé ás 7:30 da mañá e andar espilido todo o día. Espero que nos poidamos ver noutra--Lmbuga Commons - Galipedia 15:36, 31 xaneiro 2008 (UTC)

  • As boas compañeiro.Aínda que me parece unha idea estupenda,sinto non poder estar(como sabes vivo en Aran). Deséxovos que o pasedes como se ten que pasar , con harmonía.Unha aperta.--Pelos 19:01, 31 xaneiro 2008 (UTC)
  • Amólame ser outro dos que digan "si pero non", xa que a idea paréceme boa, e considero positivo que nos coñezamos en persoa, pero eu teño unha cea acordada anteriormente á que non sei se poderei ir. Se estoutra cea que digo cambia de día (cousa probable), e podo ir finalmente á xuntanza que propós, coméntocho por aquí, Estevo. Ademáis nunca fun ao enterro do Ravachol, e sería interesante podelo ver. En calquera caso, que todo saia ben. Un abrazo.--Uxío 12:06, 1 febreiro 2008 (UTC)
  • Pois a min tanto a data como o lugar véñenme ben, pero creo que son o único polo de agora. Un saúdo. --Beninho 19:29, 1 febreiro 2008 (UTC)
  • Grazas pola invitación. Non podo asistir. Un saúdo. --PortoFaládeme aquí 17:55, 6 febreiro 2008 (UTC)
  • Eu creo que poderei atopala, pero aínda non dixeches o máis importante, onde imos cear e o menú??, porque como me leves ao Telepizza, levas. :).Alma (fálame eiquí) 18:58, 6 febreiro 2008 (UTC)

Re: David Cronenberg[editar a fonte]

Ola, Estevo. De pesado, nada. Así sei que, como mínimo, hai un membro da Galipedia amante da sétima arte, coma min. Xa está revisado. Só che podo confirmar que hai versión galega dunha película (A mosca), que se emitiu hai xa bastantes anos. Estou por xurar de que se dobraron máis, pero xa sabes que só poño datos dos que estou seguro ao cen por cento. Tamén corrixin algún detalliño que se che escapou na filmografía e engadín títulos que che faltaban. Saúdos. --Uxío 22:55, 6 febreiro 2008 (UTC)

xuntanza[editar a fonte]

Que se sabe do noso encontro con Ravachol? Mañá estou libre, así que aínda podemos vernos. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 15:58, 7 febreiro 2008 (UTC)

cita a cegas[editar a fonte]

Como xa dixen na convocatoria, non podo quedar despois, pero para a cea contade comigo. Ás oito espero estar na caseta de información turística xunto á igrexa da Peregrina. Pola miña banda non teño problema co lugar ou o menú que se escolla. Saúdos --Furado 16:14, 7 febreiro 2008 (UTC)

Replantexamento da votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola,

Fixen un cambio nunha votación na que participaches, Conversa_Wikipedia:Toponimia#Uso_do_termo_dentro_do_artigo, para resolver unha ambigüidade. En fin, é un pouco lioso, está explicado na propia paxina. Saudos Miguel.lima 22:27, 7 febreiro 2008 (UTC)

Oops[editar a fonte]

Non pensaba que fose ser tan cedo. Ás 6:30 saio de clase e ás 7 teño que estar aínda en Santiago, así que non vou podervos ver. Pasádeo ben. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 10:58, 8 febreiro 2008 (UTC)

Fusión Galicia e Galiza[editar a fonte]

Hola

Coma outros usuarios, participaches dun debate sobre a fusión destes dous artigos na páxina Conversa_Wikipedia:Toponimia. Unha vez compartidas as opinións, e chegados a un punto no que parece haber bastante consenso, abrín a votación oficial en Wikipedia:Votacións/Fusión_dos_artigos_Galiza_e_Galicia.

Saudos Miguel.lima 16:34, 9 febreiro 2008 (UTC)

Crónica oficial[editar a fonte]

Por se non te decataches, Furado cumpriu coa súa parte do trato: Fixo unha marabillosa crónica do noso encontro e non me quedou outra que cumprir co que me tocaba a min, así que xa temos a crónica completa cunha imaxe (non moi boa por culpa do exceso no punto 2) da orde do día, :), xa que non se nos/me ocorreu poñerlle flash), polo que fixen o que puiden con ela. O resto mandareinas por correo en canto as amañe un pouco. Por certo, a ver se con tempo facemos o artigo do entroido pontevedrés. Saúdos e polo sol. Alma (fálame eiquí) 15:15, 10 febreiro 2008 (UTC)

Re: xuntaza-ceanza[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Tiña pendente responder á tua mensaxe, grazas por incluírme na lista de candidatos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:42, 10 febreiro 2008 (UTC)

Perfecto Feijoo[editar a fonte]

  • Bravo polo artigo!!!! A ver se atopo algo máis para lle engadir. Saúdos.--Alma (fálame eiquí) 19:48, 10 febreiro 2008 (UTC)

Ola Estevo. Gústanme as críticas, así que non te preocupes por iso. Si, efectivamente tes razón en que moitos artigos tradúcense da wiki española, mais iso non é motivo para fomentalo aínda máis e menos ligando cara artigos mediocres ou malos (ou cando menos non demasiado bos). Cando se pon un link na páxina adoita ser cara unha páxina que ten moita e boa información da que tirar un bo artigo. Ese non era o caso, creo, dos artigos dos que eliminei a ligazón. E o de Anatoli Karpov non sabía que existía o artigo, simplemente mudara o y polo i sen saber que xa existía, a cadrou a coincidencia. Un saúdo. AlberteSi, digame? 21:11, 10 febreiro 2008 (UTC)

Anulación de votos[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Recuperei a anulación de voto da votación sobre Wikipedia:Normas antimonicreques. Non é un caso de vandalismo, porque con iso non se está danando a integridade da wikipedia, senón precisamente protexéndoa conforme o que sinalan as regras de Wikipedia. Non se está con iso excluíndo ningunha edición, ningún traballo nin ningunha persoa. Só corrixín e reencamiñei un comportamento que non é ético nos procesos de consenso e votación, e que está perfectamente tipificado nas normas wiki. Agardo que entendas a decisión. Creo que se a analizas con calma te decatarás de que é a correcta. Un saudiño. --Xabier Cid 08:21, 12 febreiro 2008 (UTC)

Ola, Estevoaei. Agardo que coas miñas últimas explicacións se aclarasen algo máis as cousas. Pero quero comentarche ademais algúns detalles a teor do que dixeches na páxina de Bloqueos e proteccións. En primeiro lugar, e como xa expliquei, non lle chamei nada a ninguén, senón que tentei corrixir un comportamento que está perfectamente tipificado nas normas da wikipedia. Levar unha acción sobre unha edición (neste caso sobre un voto) ao terreo persoal non parece axeitado. Por outra parte, non desviei comentarios: un editor estaba facendo inadvertidamente edicións nunha páxina pechada, o que é incorrecto. Non estaba votando, estaba comentando esa votación. Pola mesma razón, non trasladei a explicación que fixeches da reversión da anulación. Actuei correctamente conforme as normas do wiki e non se lle causou ningún dano ao proxecto, posto que todos os comentarios están aí. Finalmente, creo que existe unha sutil diferenza entre unha advertencia e unha ameaza. Parte da función dos administradores (así o entendo eu) é actuar de maneira que se reduzan ao mínimo posible os bloqueos e outro tipo de sancións. Quizais outra xente crea que o que ten que facer un administrador é aplicar as normas do wiki; porén, creo que hai marxe pra intentar corrixir os erros antes de que estes sexan irresolubles. Lamento fondamente que non se entenda así. Agardo tamén que comprendas o erróneo de determinados comportamentos relacionados co consenso e as votacións. En todo caso, é parte do meu labor darche calquera tipo de explicación que me solicites. Un saudiño. --Xabier Cid 17:44, 12 febreiro 2008 (UTC)

cea[editar a fonte]

Non puiden ir á cea porque fun con miña nai e meu irmán a Vigo e pasamos alí toda a tarde (espero que outra vez poida ser). Teño ganas de seguir cooperando pero agora estou en época de exames e teño que estudiar, gustaríame facer artículos sobre o manga e anime Naruto, pero non sei alguén o leerá en Galego en vez de ir a outra Wikipedia, crees que sería unha boa idea facelo?--Kekoroto 15:19, 12 febreiro 2008 (UTC)

Ramón Valcarce[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Pechei a votación sobre este artigo porque existen determinados casos onde non procede votar o borrado. Hai casos nos que se debe optar polo borrado rápido (insultos, textos noutros idiomas, autopromoción, etc.). E hai outros casos onde hai que optar pola fusión. Existen dous artigos sobre o mesmo, e o que hai que facer é aproveitar os contidos dos dous e manter os historiais dos dous. Bótalle un ollo. Un saudiño. --Xabier Cid 09:36, 13 febreiro 2008 (UTC)

Desculpa. Nin sequera o que dixen antes era certo. O artigo que sinalabas ti para marcar debe ser borrado directamente, por ser un duplicado exacto de outro e un título erróneo. Pero é que ademais Ramón Valcarce tamén debía ser fusionado con Moncho Valcarce, que tamén existía. Fixen todo isto, pois. Parabéns polo curre, en todo caso. Un saudiño --Xabier Cid 09:47, 13 febreiro 2008 (UTC)

Cangas[editar a fonte]

Pola miña parte non hai problema, estou de acordo contigo--Hugo22 13:10, 15 febreiro 2008 (UTC)

Re:fotos[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Na Galipedia non se contemplou a posibilidade de crear categorías de imaxes por usuarios. Pero hai outras dúas:

bot[editar a fonte]

Ola Estevoaei ! Veño de ver que lle fixeches a benvida a un bot. Habria que decirlle ao ksh:Metmaacher Klaaf:Purodha (nas suas linguas, ou supoño en ingles onde leva un nivel 3) que ten que propor o seu bot a votacios. Eu non falo ingles. Vin que na wiki francesa estuvo aprobado e pareceme que traballa ben. Saudos e pola sombra, como dis tu ElviraConversa con mi 10:50, 16 febreiro 2008 (UTC)

Amañado, ;) --Xabier Cid 19:30, 16 febreiro 2008 (UTC)

Taboleiro[editar a fonte]

A páxina Wikipedia:Taboleiro dos administradores non é para editar, aí simplemente aparece o texto das subseccións que ten á súa vez. O teu comentario de fusión dos artigos do Camiño de Santiago paseino á sección correspondente, ou sexa, Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios. O taboleiro funciona de xeito parecido á Taberna: en Wikipedia:A Taberna aparecen todas as mensaxes de todas as seccións que posúe, mais as devanditas mensaxes deben ir en cadansúa sección: propostas, técnica, axuda, xeral... Non sei se me expliquei, se non entendiches faimo saber e vólvocho explicar mellor. Un saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 18:03, 20 febreiro 2008 (UTC)

Bleach[editar a fonte]

Xa vira o artigo Bleach cando busquei: Naruto por primeira vez para ver se añguén o fixera. Aínda así grazas pola información, pode que o corrixa un pouco, pero de momento teño exames no instituto e teño que estudar.--Kekoroto 16:10, 21 febreiro 2008 (UTC)

Ola! :)[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Thank you so much for your warm welcome! I really appreciate it. Could you please help me make a small expansion to this PIP article's translation? This would really signify so much to me! ;) Thanks again, Estevoaei, all my best, C 06:10, 22 febreiro 2008 (UTC)

Imaxes Igrexafeita[editar a fonte]

Ola Estevoaei. As fotos da igrexa de Igrexafeita son autoría de César Galdo (eu) e quero que calquera as poida utilizar para o que queira. Un saúdo.

Borrados e fusións[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Cando existen dous artigos con títulos distintos sobre o mesmo tema, non se propoñen para borrar. Márcanse coa etiqueta de Fusión, para que se fusionen os contidos (o que pode facer calquera editor) e para que se fusionen os historiais (traballo que lle corresponde a un administrador). Para calquera dúbida que teñas, conta comigo. Un saudiño. --Xabier Cid 12:10, 23 febreiro 2008 (UTC)

Ah, para marcar os artigos como fusión, bótalle un ollo a Wikipedia:Lista_de_mensaxes_predefinidas#Traslado. --Xabier Cid 12:37, 23 febreiro 2008 (UTC)

O nome da rosa[editar a fonte]

Amañado. Saudiños. --Xabier Cid 01:02, 26 febreiro 2008 (UTC)

Sorry. Non é a primeira vez que me queda atrás a páxina de conversa... Moitas grazas! Agora creo que está amañado --Xabier Cid 17:13, 26 febreiro 2008 (UTC)

Nomes de películas[editar a fonte]

Grazas polo consello. Coma me parecía que non había un acordo, pensaba en editar tal e coma se acordou aquí (http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:A_Taberna_%28pol%C3%ADticas%29#T.C3.ADtulos_de_obras_literarias_traducidos_ou_sen_traducir.3F) para as obras literarias, isto é, o título en galego e a continuación, entre parénteses, o título na lingua orixinal, pero se hai outro acordo para as películas, pois logo fágoo así. Saúdos, e grazas. --Iago 16:53, 26 febreiro 2008 (UTC)

Pedidos[editar a fonte]

Como supoño que entenderás que non estou afeito a que se me trate con distingos, bos ou malos, a situación actual fai que non vaia a editar na Galipedia polo que eses encargos van quedar aprazados polo momento sen tempo determinado de entrega. Como non pagaras por adiantado non tes dereito a indemnización algunha. Espero voltar a ser compatible coa crusada. Saúdos e ponte moreno. Lansbricae (Ti dirás) 21:20, 26 febreiro 2008 (UTC)

Mirkwood[editar a fonte]

Si, a min tamén me gusta máis "fraga" que "bosque", mais por desgraza, o señor Moisés R. Barcia, que traduciu a triloxía d'O Señor dos Aneis e mais O Hobbit, empregou consistentemente "Bosque Escuro", así que por coherencia, cómpre deixalo así, que se lle vai facer :). Hai que dicir que de todos os xeitos, a tradución da obra é verdadeiramente excelente, así que se lle perdoa haha.--Manudosde 17:29, 27 febreiro 2008 (UTC)

autovias estradas e demais[editar a fonte]

Moitas gracias Estevoaei ! Saquachemes dun apuro ! Co arranque tamen fun mover as outras wikis que levavan a AP-6 da francesa. Penso que comprendin, si ainda ves erro, non dudes en decirmelo e / ou corrixir. E pola sombra como dis tan ben ! ElviraConversa con mi 21:52, 27 febreiro 2008 (UTC)

RE:Castelo de Pambre[editar a fonte]

Ola, pouco podo aportar xa que pouco aprendín de nobreza... Tampouco son partidario de comentar edicións que incumpren a regra de que non se borren contidos (agás os vandálicos) sen pasar antes pola páxina de conversa xa que ademais de tratarse dunha norma da wiki consideroo unha falta de respeto cara ao traballo do anterior editor.

Neste caso concreto creo ter lido que o propietario do que falas autotitulouse conde e que popularmente era coñecido como tal, pero ise foi un fenómeno bastante habitual entre os nosos caciques de principios do século XX. Da trapallada de dúas guías que teño de castelos de Galicia nada se fala dos propietarios, polo que nada podo aportar a maiores.

Sobre desfacer a edición de borrado ou non creo que é pregunta para os administradores.

Pese a non aportar nada contestei á túa mensaxe na miña páxina de conversa por non ser descortés. Saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:38, 28 febreiro 2008 (UTC)

arredor da cuestión nacional[editar a fonte]

Empregar a etiqueta de discordo na miña páxina de usuario para chamar a atención é unha falta de respecto. Rógolle se quere dialogar comigo que a retire. Despois procedetremos ó diálogo. se o diálogo cabe.--Lmbuga Commons - Galipedia 17:24, 28 febreiro 2008 (UTC)

  • Compréndote perfectamente. As nosas perspectivas e espectativas son diferentes como diferente é a nosa experiencia. Mais iso non é discutible, simplemente é a miña opinión e a túa opinión. O único discutible é se o bloqueo procede segundo as políticas, políticas que nin nomeei por evidentes. Se queres saber por min da miña visión da miña estadía na Galipedia (2 anos e medio -creo-) fágoo por correo, pero non vou intentar convencerte de nada, só comentarche as miñas experiencias. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:38, 28 febreiro 2008 (UTC)
  • Pois como ves, entendo que o diálogo sobre as miñas experiencias na Galipedia non cabe aquí (cousa que xa entrevía antes), son miñas e non quero publicalas, iso si, estou disposto a comentarchas por correo. Rógoche maior respecto--Lmbuga Commons - Galipedia 17:41, 28 febreiro 2008 (UTC)
Vou serche sincero (estou facendo 2 cousas a un tempo no ordenador, por necesidade laboral, e poida que ás veces tarde en responder), son habitualmente moi sincero. O que máis me molestou da túa primeira mensaxe non foi o marcador. O do marcador (a explicación que dás) comprendino á primeira, xa sabía que moi probablemente escribiras o marcador por hábito. O que me molestou en realidade foi o título da mensaxe, porque entendo que con apreciacións coma esa non lle fas precisamente un favor a Lansbricae nin á Galipedia. Lansbricae sabe -creo- a opinión que eu teño del. Si estou disposto a dicir aquí que o coñecín persoalmente e que podo argumentar que é unha excelente persoa (non digo que podo dicilo, digo que podo argumentalo, que é moito máis). Mesmo -e non pretendo ser irónico senón rirme un pouco de min mesmo e relativizar o que acontece na wiki- creo que actualmente ten máis posibilidades de ir ó ceo das que teño eu, pois eu case o duplico en idade e, ademais de ter tempo para cometer moitos erros, cometín moitos erros.
Quero dicir con isto que unha cousa é unha excelente persoa e outra que as actitudes e procedementos que esa persoa teña en contextos concretos sexan válidos. Ó bloquear na wiki non xulgamos as persoas, iso si, facemos unha valoración do proceder do usuario.
O bloqueo, evidentemente, téñoo moi claro. Como teño claro que se non retira a etiqueta da súa páxina de usuario entre hoxe e mañá lle cae outro (pois el xa está ó tanto do que ocorre). Iso si, estou disposto a escoitar e é posible que cambie de opinión se alguén me convence de que o mellor para a galipedia é actuar doutro xeito.
Antes de bloquealo por 2 horas -cousa que acabo de facer-, inda que non é preciso, pedinlle explicacións. se chega a dicir que o sentía e retirar as súas palabras, o bloqueo non tiña sentido, non o tería feito; pero non foi así e as explicacións foron totalmente insuficientes.
Coma ti, creo que é un usuario importante ou importantísimo na Galipedia. Ten moito que aportar e pode aportar moito, pero...(deixo sen rematar esta secuencia: non expreso en público a crítica por respecto, inda que o que ía dicir non afecta para nada á súa calidade persoal).
Desculpa se tardo en contactar contigo por correo, fareino, pero teño moito traballo, a 2ª avaliación está aí e ademais de corrixir teño deberes que facer en Cmmons e na Galipedia. Iso si, non o esquezo.
Grazas por desculparte, pero desculpa ti tamén a miña brusquidade (o terte tratado de vostede,...). A verdade é que odio establecer unha conversa cando o ton non é adecuado: encántame dialogar, pero non soporto discutir. Estou convencido de que se alguén cambiou de opinión algunha vez oíndome a min, cambiou por si só (o que máis mérito ten é o acto en si de cambiar), eu só puxen -se algunha vez alguén cambiou de postura ante algo-, como moito, unha pequena pedra no camiño das ideas: o protagonista, o que a min me impacta, é -para min- aquel que é capaz de cambiar e non o que convence.

por outra banda, encantado de que non esteamos de acordo, así se fai mundo: estou disposto a aprender. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:50, 28 febreiro 2008 (UTC)

Memoria e pasado[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Quería facerche un par de comentarios sobre a xestión da memoria. Non creo que ninguén queira agochar o que pasou en todos os meses anteriores. De feito hai un arquivo que se pode consultar, porque grazas ao sistema, nada do que se di se perde. Pero se un ten unha visión algo global da wikipedia sabe que as discusións entre colaboradores conseguen facer que outros editores, que podían ser valiosos ou mesmo fundamentais, se desanimen. Seguir a debater sobre cuestións do pasado só causa satisfacción parcial para o editor afectado, fastío no asministrador e, o que é máis importante, un rexeitamento fondo por parte do rest dos usuarios. Comentarios como eses vémolos, por desgraza, moi a miúdo. Por último, na wikipedia está recomendado o bo humor, a empatía, a calidez... pero non é a barra dun bar. A wikipedia é un traballo serio e entre persoas adultas, e a ironía e o sarcasmo non teñen lugar, ao igual que non o teñen no consello de administración dunha empresa ou no texto dunha enciclopedia en papel. Pero non é que o diga Lmbuga: eses son os principios da convivencia que rexen todos os proxectos de wikipedia. Un saudiño --Xabier Cid 17:54, 28 febreiro 2008 (UTC)

Claro, non estaba a falar de discusións xenéricas, senón de volver sempre a unha cuestión que está pasada. É aí onde se desanima a xente, sobre todo cando se berra, se insulta e se empregan as malas formas, que é cando os debates, en vez de ser ilustrativos e servir de aprendizaxe colectiva, se convirten en pelexas cíclicas sen saída. É verdade que discutir forma parte do traballo dos administradores, pero iso non quere dicir que se faga con gusto. Creo que os dous coincidimos sobre cando e como se debe usar o humor, :) --Xabier Cid 22:19, 28 febreiro 2008 (UTC)

"Os Atlánticos"[editar a fonte]

Da serie "Os Atlánticos" controlo bastante. Estiven a piques de crear un artigo cando se estreou (de feito, enviei unha ficha da serie a IMDb). Teño pensado crear artigos de todas as series de ficción galegas (teño en mente propoñer un redeseño das plantillas para as prducións audiovisuais e teatrais, fichas dos actores, etc.). "Pratos combinados" é a primeira serie destas características (anterior é "Os outros feirantes", pero é outro tipo de produción), a segunda é "A familia Pita", a terceira é "Mareas vivas", etc. Seguirei, máis ou menos unha orde. Se cadra, creo os artigos de todas as series que faltan e logo xa se irán ampliando. Iso si, do actor Xoel Fernández en concreto non teño moita información, pero da serie teño bastante. Un saúdo. --Uxío 21:30, 29 febreiro 2008 (UTC)

Urania Mella[editar a fonte]

Erro meu claro e absoluto. Esas cousas non é necesario que as comentes. Restaura directamente, e se tal di por que no resumo e ben chega. En fin, creo que vai sendo hora de ir prá cama... Un saudiño. --Xabier Cid 00:55, 2 marzo 2008 (UTC)

Como prefiras. Todo perfecto. Pero ao meu ver non hai ningunha situación enrarecida. Sobre algúns temas ti tes unha opinión e eu teño outra, pero iso non debe afectar o traballo normal da wikipedia, non? Un saudiño. --Xabier Cid 11:33, 2 marzo 2008 (UTC)

Vandalismo[editar a fonte]

Parabéns polo traballo que estás a facer contra o vandalismo! --Xabier Cid 13:29, 5 marzo 2008 (UTC)

Editar efemérides[editar a fonte]

Hola Estevoaei.

Podes engadir o que consideres oportuno dende a páxina Wikipedia:Efemérides Destacadas/5 de marzo. Tamén podes revisar as que están por chegar en Wikipedia:Efemérides Destacadas, non vaia a ser que se nos escapase algunha máis.

Saudos, e grazas polo aviso Miguel.lima 16:56, 5 marzo 2008 (UTC)

aaaaaamigo. Pois non o sabía. Resulta que estabas máis enterado ti ca min. :P Miguel.lima 17:04, 5 marzo 2008 (UTC)
ben... parece que cheguei tarde. De feito, xa nin sequera é mércores... :) Un saúdo.--Xabier Cid 00:46, 6 marzo 2008 (UTC)

Soñeiro[editar a fonte]

Estevevoaei: Grazas polas modificiacións, está todo ben. Corrixirei outros artigos en base ao mesmo esquema. Usuario:Manuel Pérez Lorenzo

  • Grazas polos parabéns, a verdade é que cando comecei a colaborar pensaba que era importante ter moitos artigos o máis rapidamente posible, agora doume de conta que non serve de nada chegar a por exemplo 100.000 artigos se estes non teñen unha calidade mínima, non axuda para nada a propagar o interese na Galipedia pero ter 100.000 artigos cunha calidade comparable ou mellor que as principais wikipedias iso é facer da Galipedia un instrumento útil para o galego e para os que a consulten. O reto é difícil pero paga a pena. --Arco de Rayne 12:01, 8 marzo 2008 (UTC)

Nájera[editar a fonte]

Vou empezar a facer os artigos relacionaados coa páxina que me dixeches, pero, por favor, pídoche que os botes unha ollada, porque o meu galego é moi malo. --Chabi 15:25, 10 marzo 2008 (UTC)

Parroquias de Narón[editar a fonte]

Grazas Estevoaei, gustoume a parroquia á que me dirixiches. Agora mesmo teño a cámara estragada, creo que caeu, non sei se amañala ou mercar unha mellor.--PepedoCouto 16:26, 10 marzo 2008 (UTC)

Karpin[editar a fonte]

Pois non estou moi de acordo. As altas e baixas perpoden ser cómodas cando levas dúas temporadas, pero cando leves sete xa se perde a lista de ciclistas, e hai que buscar quen foi alta en 2007 que non se deu de baixa en 2009. :) Quizais de poida crear un artigo coas temporadas pasadas, pero creo que polo de agora non é moi necesario. Un saudiño. --Xabier Cid 23:24, 12 marzo 2008 (UTC)

Semana da Calidade[editar a fonte]

  • Fixeches un traballo caralludo, moi bo. Eu esta semana non puiden facer o que me propuxera xa que estiven enfermo e aínda non estou ao 100‰. --Arco de Rayne 16:11, 13 marzo 2008 (UTC)

Vandalismos reiterados[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Penso que os vandalismos foron o suficientemente reiterados e ademais foi suficientemente consciente de ir recuperando o texto a canda se desfacía a edición que considerei un mes como unha opcón válida (creo que non é ningunha esaxeración, certamente). Para aclarar aínda máis a idoneidade do bloqueo aínda foi quen de rexistrarse e seguir co teima. Por certo, que o texto non ten por que ser verdade, e se o fora sería grave posto que dá un nome e o alcume dunha familia e o lugar onde viven, o texto é claramente inapropiado e aínda por riba... está en castelán :) Agardo terche aclarado a dúbida sobre o bloqueo. AlberteSi, digame? 21:01, 14 marzo 2008 (UTC)

Álvar Páez[editar a fonte]

Por agora fixen a desambiguación, vai ser difícil atopar algo destes dous se non é en monografías, se podo paso pola biblioteca e vexo que podo encontrar. Un saúdo e agardo volver a colaborar como antes, pero entre o pouco tempo que teño e que cada vez que paso por aquí hai unha nova pelexa...

--emilio juanatey(talk) 16:06, 17 marzo 2008 (UTC)

Lugares das Parroquias de Narón[editar a fonte]

Grazas Estevoaei, xa empecei coas caixas. Ainda dan choio! Sobre todo transformar a primeira.--PepedoCouto 18:00, 26 marzo 2008 (UTC)

Listas de vexiloloxía Pois si, desde aquela explicación está aí. Mais non sei como quitala.--PepedoCouto 19:40, 28 marzo 2008 (UTC)

Commons:Image:Hantelac.jpg[editar a fonte]

Ola Estevo. Marcáronche esta imaxe para borrar, pois nun despiste retirácheslle a licenza. É preferible que lla coloques ti de novo e non que o faga eu. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 18:46, 27 marzo 2008 (UTC)

Imaxe e triatlón[editar a fonte]

A imaxe está borrada. O dos triatletas, xa veremos a ver que fotos fas. Eu estiven no debú da selección galega en Estoril, pero todas as fotos que fixen foron prá miña empresa, damn it! Que envexa estares en Pontevedra! --Xabier Cid 20:24, 5 abril 2008 (UTC)

Re:Kim Ki-duk[editar a fonte]

Ola, Estevo! Que tal? Boteille un ollo ao teu artigo (por certo, vin que hai uns detalliños sen traducir do castelán, non toquei nada por se o tes da túa man así). Non me consta ningún título con estrea en galego (o que, como sempre digo, non garante que non exista tal). Pero fixeime que ti traduciches os títulos das películas como Primavera, verano, otoño, invierno... y primavera ou Hierro 3. O máis probable é que se esas películas chegan a ter a súa versión en galego -oxalá que así sexa-, é que eses sexan os títulos que teñan (sobre todo se a dobraxe ou o subtitulado está encargado pola TVG), pero non é seguro nin que se cheguen a existir esas versións no noso idioma e, de facerse, que eses sexan os títulos. Eu considero que os títulos, se non existen en galego, non deben figurar así, xa que leva a confusións. Tomo como exemplo a película pola que querías empezar, Hierro 3 (Bin-jip): O título do artigo sería Bin-jip, ata non dispoñer dun título oficial en galego. Logo, no artigo, especificaría o significado do título orixinal (creo que este vén sendo "Casas baleiras") e, tamén apuntaría o título co que se estreou a película oficialmente en Galicia, que non é outro que o título en castelán, Hierro 3. O día en que se faga unha versión oficial en galego o título do artigo pasaría a ser o do título galego, a especificación sobre o significado do título orixinal manteríase sempre que o significado do título galego non se correspondese co título orixinal e o apunte do título en castelán podería desaparecer ao existir un título oficial en galego. Isto, máis ou menos, é o que eu vexo máis correcto. Lamento, unha vez máis, non ser de máis axuda co dos títulos, pero agardo que atopases interesante este parágrafo. Para calquera cousa, aquí estou. Un saúdo.--Uxío 22:14, 6 abril 2008 (UTC)

Re: Lista de estreas de cine en lingua galega[editar a fonte]

Ola! O tipo de táboa que suxires paréceme moito máis práctico có que se vén empregando no artigo do que estamos a falar. De feito, hoxe mesmo hoxe púxenme a barrenar en como se podería distinguir mellor a versión de cada filme en galego (dobrada, orixinal ou subtitulada), e non daba con ningunha solución que me convencese: Ti acabas de facelo. Moitas grazas. Xa fixen unha proba para aprender a usar este novo modelo de táboa correctamente. En canto poida, comezo o traslado do artigo a este novo estilo. Tamén teño pensado mudar o artigo a un novo título, xa que no artigo inclúo varios telefilmes, nunca emitidos en cines. Vou recorrer ao Dicionario e á Gramática para dar coa opción máis correcta posible. Se cadra, creo o novo título e vou pasando os datos que hai agora ao novo formato e manteño o título vello coa táboa tal e como está ata que o teña trasladado por completo e xa se poida borrar todo. Grazas. Xa sabes, calquera comentario ao respecto, aquí hei estar para ler. Un saúdo. --Uxío 18:09, 13 abril 2008 (UTC)

  • PD: Esquecíame dunha cousa: Xa ves que no artigo, tal e como está agora, hai unha táboa para cada inicial, para así, poder seguir desde o indice un determinado grupo de películas; isto queda bastante mal para o artigo completo. Hai algunha forma de crear unha soa táboa e marcar, aínda así, un índice alfabético? Se non, penso que tampouco é moi importante manter o índice, xa que a lista componse alfabéticamente. Que che parece?--Uxío 18:19, 13 abril 2008 (UTC)
    • PD2: Outra cousa: Que se pode facer coas producións que teñen varios directores? Porque, tal e como está redactada agora esa sección, na nova táboa só atoparía o primeiro director acreditado, se se queren buscar os películas a través da categoría "Dirección"...--Uxío 18:38, 13 abril 2008 (UTC)
  • Ola, Estevo!

Pois, en principio, para os títulos que teñan máis dun director, poñerei todos os directores na orde na que aparecen en IMDb e, se se queren buscar alfabéticamente por director, detectarán o primeiro, que adoita ser o director de referencia (como ocorre, por exemplo, en Foise co vento) aínda que non sempre é asi. Un saúdo.--Uxío 11:40, 15 abril 2008 (UTC)

  • Grazas, Estevo. A ver se me poño a fozar nese programa que me recomendas. Saúdos.

--Uxío 09:05, 18 abril 2008 (UTC)

    • Outra cousa, un pouco máis á marxe do tema pero a raíz del:

Saberías dunha táboa das características desta que me amosaches para mudar os datos das películas pero fóra da Wikipedia? É que me viña de marabilla para organizar certos datos meus: Organizar as miñas películas, discos, libros... e outras cousas, todas elas, asuntos persoais. Sexa cal sexa a resposta, grazas por anticipado.--Uxío 21:11, 15 abril 2008 (UTC)

Novela Negra[editar a fonte]

Ola!

Vexo que estás traballando neste artigo. Non tés a sensación de que se confundíu con novela policíaca? Ao inicio descríbese en que se distingue da policíaca convencional e , non sei, acabo de engadir a Domingo Villar na lista de novela negra galega e de paso iniciar o artigo de Camilleri, e teño a sensación que nin un nin outro son novela negra. A lectura fáiseme moi divertida con detalles humorísticos (sobre todo en Camilleri) e os protagonistas non parecen derrotados. Un saúdo. Súalaxe 21:25, 15 abril 2008 (UTC)

Charlas en Ordes[editar a fonte]

Hai novidades sobre o tema das charlas en Ordes. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 21:57, 15 abril 2008 (UTC)

Hola Estevoaei,

Perdona por no escribir en galego, desgraciadamente no sé :-( Soy el autor de la página en castellano Luis Sánchez-Harguindey. Acabo de descubrir con inmenso agrado que has traducido esta página al gallego y solamente quería agradecertelo enormemente, por tu trabajo y por tu enorme ayuda. Él estaba orgullosísimo de su tierra y él te lo habría agradecido tanto o más que yo mismo.

¡Gracias infinitas por tu trabajo!. Me he permitido añadir algunos datos más para que estuviera en consonancia con la página en castellano.

Manuel.

Imaxe:Galiciamierda.jpg[editar a fonte]

Borrei esta imaxe por copyvio. A licenza da páxina http://aregueifa.net/index.php?option=com_content&task=view&id=84 é http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/deed.gl, polo que non é compatible coa Galipedia, nin con Commons. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:48, 15 abril 2008 (UTC)

proposta de borrado[editar a fonte]

Ola Estevoaei ! Perdoa pero non dou comprendido o que propos eiqui : Wikipedia:Votacións para borrar#15 de abril de 2008 ¿?. A ver si podes aclararme ? Gracias e ... pola sombra ! ElviraConversa con mi 11:02, 16 abril 2008 (UTC)

Non sei que chapuza fixeches (lol). Vale, gracias ElviraConversa con mi 16:04, 16 abril 2008 (UTC)

Wade Matthews[editar a fonte]

Algo fixen, da para comezar e pouco mais. Ultimamente non é que non queira colaborar, é que paso demasiadas horas diante do computador traballando e cando teño tempo libre non me apetece nen ler o correo. Cando estexa mais libre teño xa alguns proxectos de artigos, a verse coincidimos. Un saúdo!

P.D. E a ver se podo ir á próxima xuntanza e tomamos unha caña! --emilio juanatey(talk) 22:18, 19 abril 2008 (UTC)

Imaxe Wm.jpg[editar a fonte]

Ola Estevoaei/arquivo2. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento. Antes de ser borrada, agradeceríamosche que renomees esta imaxe  a "Image:Wade Matthews. Sala Nasa de Santiago de Compostela" ou a un outro nome máis adecuado.

Para renomeala:

  1. carga a imaxe co nome novo,
  2. fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros arquivos e substitúe en ditos arquivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
  3. edita a imaxe e substitúe o marcador {{NomeIncorrecto|...}} por {{BorrarImaxeDuplicada|Imaxe:Nome da imaxe nova que se vai manter}}.

Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 19:51, 21 abril 2008 (UTC)


85.91.81.188[editar a fonte]

Se non me engano esa IP é a que utilizades no voso instituto parece que un dos teus alumnos aprovéitaa para realizar vandalismos [2]. Nada grave, ao ser detectado xa se corrixiron e se a cousa non vai a máis non ten importancia pero tampouco se pode permitir que se desmanden. Se estou nun erro e non tes nada que ver coa IP perdoa polo erro.--Arco de Rayne 13:56, 23 abril 2008 (UTC)

Vaia, entón é imposible saber desde onde se fixo, pero tes razón que no conxunto desa IP os vandalismos son casos illados mentres son abondosas as edicións boas. --Arco de Rayne 15:02, 23 abril 2008 (UTC)

fotos[editar a fonte]

Ola Estevoaei, grazas polo teu alento, aínda que ultimamente semella que andamos á competición. Aproveitei o bo tempo e saín coa moto. O que colgue hoxe é o resultado desta saída.Pa o que queiras como ti dis.--PepedoCouto 20:59, 25 abril 2008 (UTC)

Aclaración[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas polas aclaracións, así poñerei todo seguindo unha orde. O tema das portadas que me comentas penseino, pero ao estaren na Wikipedia inglesa supuxen que non habería problema. Pequei de confiado.

  • De nada, nin sequera vira que o comentaras, nada máis conectar e entrar na portada e ver a ligazón vermella fíxeno. Hai máis imaxes con votos dabondo, vou pechalas e adiantar traballo para que non suceda de novo. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:25, 28 abril 2008 (UTC)


Manifestación anarquista[editar a fonte]

Ola! Grazas por avisar, máis vaime a ser imposible achegarme a Pontevedra ese día. O que si vou a facer vai a ser sacarlle unha foto de máis calidade á pintada anarquista, se teño tempo hoxe á tarde. Apertas. --Iago 09:32, 30 abril 2008 (UTC)

Modelo:And[editar a fonte]

Ok, xa está arranxado. O problema estaba en que os interwikis do modelo non estaban pechados entre os . Por certo, non subín eu o dos vandalismos a Chuza! Por incrible que pareza alguén leu o meu blog e decidiu que era o suficientemente interesante como para ir a chuza :) Un saúdo. AlberteSi, digame? 14:26, 2 maio 2008 (UTC)

Boxeo[editar a fonte]

Eu quería ver o combate por internet pero o da TVG é cousa seria... Grazas por actualizares o resultado! Con todo, [ aquí din que foi no 8º asalto... --Xabier Cid 00:17, 10 maio 2008 (UTC)

  • Ola Estevoaei, non sabía que a crearas ti. Entón mentres se averigua se ten dereitos ou non, vou restaurar a imaxe, á espera de que saquemos algo en claro. Grazas por avisar. un saúdo. AlberteSi, digame? 14:38, 10 maio 2008 (UTC)

Xosé María Cao[editar a fonte]

Puxeches o marcador de enuso a ese artigo feito por unha IP pero desgrazadamente está copiado dunha web polo que ou ben ten que ser totalmente reformado ou hai que marcalo como lixo. A ligazón do artigo orixinal é [3]--Arco de Rayne 16:21, 13 maio 2008 (UTC)

  • O personaxe é interesante, se tes tempo e ganas podes tirar algúns datos da biografía da CIGA para facer un artigo propio para a Galipedia.--Arco de Rayne 16:30, 13 maio 2008 (UTC)

Lixo[editar a fonte]

Ola, Estevoaei: un par de detalliños breves, que non me estendo que é moi tarde e estou sen azos. En primeiro lugar, é mellor que non borres os contidos cando poñas un marcador de 'lixo', a non ser que estes fosen incribelmente insultantes. Cando os administradores repasamos a categoría de artigos para borrar e vemos que efectivamente teñen lixo, chimpámolos rapidamente. Se non hai ningún motivo aparente, temos que entrar ao historial, ver que pasou, etc. Pero incluso podería ser (non é o caso nas veces que che vin facelo, abofé) que houbese quen discutise se iso é lixo ou non, e polo tanto non deberiamos agochar esa información. Por outra parte, non se pode marcar como lixo un artigo como Principios de Newton. É un artigo correcto, hiperbreve (iso si), so ano 2004 e no que interviñeron outros usuarios rexistrados. O que hai que facer neses casos é propoñer a páxina para a súa fusión, o que nos permitirá conservarmos a información das súas edicións anteriores. Un saudiño, e parabéns polo traballo --Xabier Cid 00:00, 14 maio 2008 (UTC)

aha... bueno, independentemente dos contidos que se ven, e que no caso das Leis de Newton poden parecer insignificantes, hai un historial de edicións, é dicir, gardar todos os trocos que se foran producindo, aínda que fosen parvos. No momento en que, como no de Newton, hai varias edicións, e ademais de usuarios rexistrados, non unicamente bots, pois débese tentar salvar esa memoria. ;) --Xabier Cid 09:14, 14 maio 2008 (UTC)

Biografias Anarquistas[editar a fonte]

Agradecido pelo reconhecimento! Continuarei traduzindo e compilando biografias anarquistas de todo o mundo para o português na Wikipédia Lusa. Parabéns pelo esforço na tradução! Salutações Libertárias e fraternos abraços desde o Brasil!

AltCtrlDel 08:29, 18 de maio 2008 (UTC).

Lugares de Abelenda[editar a fonte]

Non, polo que estou vendo, ten as entidades de poboación (non sei se serán todos os lugares) de: Abelenda, Boeixos, A Carixa, Casar do Nabo, Mangoeiro, Mouriscados, Pordelapa e Rodeiro. É dos primeiros "artigos" que fixen, non sabía moito que facer xD. Saúdos, Meu rei

Lugares de Narón[editar a fonte]

Non te preocupes, así o farei. Grazas polos teus consellos.--PepedoCouto 18:16, 21 maio 2008 (UTC)

Oe, Estevoaei, parabéns polo teu traballo de catalogación gráfica. É xenial! --Xabier Cid 11:51, 22 maio 2008 (UTC)

Esas son as parroquias, pero inda quedan os lugares todos... :D :D --Xabier Cid 11:58, 22 maio 2008 (UTC)

mata vs. matanza[editar a fonte]

Estevo, bota un vistazo á páxina de Xabier, na que opino sobre este tema. Pedro --Lameiro (conversa) 14:51, 23 maio 2008 (UTC)

Coordenadas[editar a fonte]

Grazss, pero en que lugar de paxina aparecen as coordenadas pois ue non as vexo.--PepedoCouto 20:04, 23 maio 2008 (UTC)

IGE[editar a fonte]

Grazas pola túa revisión Estevo, pasouseme. Si atopei varios problemas con respecto ó IGE e son os seguintes:

  • Algún dos lugares non teñen habitantes.
  • Coidado, pois algún lugar só ten un habitante(polo de homes e mulleres).
  • Hai lugares do Nomenclator que non aparecen no IGE.
  • Hai lugares que son claramente rúas como Xerardo Luaces en Neda.

Por certo, para aumentar a información, eu dín unha definición do topónimo, si teño probas ou documentación de especialistas en toponimia, como en A Borrallada. Non sei en Pontevedra, máis hoxe en Narón non temos nin sol nin sombra. Un saúdo.--PepedoCouto 14:24, 27 maio 2008 (UTC) Por certo que facemos cando unha parroquia ten unha soa entidade de poboación?--PepedoCouto 14:53, 27 maio 2008 (UTC)

Metz[editar a fonte]

Ola Estevoaei ! Dín unha volta por Metz (lol). Non podo facer moito, en seguida que atropezo cun pequeno problema, pideme moita busqueda e ando sempre de presa. Por eso non podo porme en traballos profundos, xa verei dentro dus anos cando me xubile ! Pero encantame colaborar e nunca dudes en pedirme. Non vou moito falar cós novos para non espantalos co meu galego, pero vexo que ti o fas e eso esta mui ben, cando ves que eu pode ser de algunha axuda falamo. O de non sempre concordar tamén e mui boa cousa cando todo vai con respeto e desexo de colaborar, e penso que estamos os dous niste caso. No de Mahoma e da montaña poís eu penso que a Galipedia é a montaña (lol) Saúdos ... e pola sombra Estevoaei D: ElviraConversa comigo 21:47, 27 maio 2008 (UTC)

Ola Estevoaei! Se puideras pór a categoría nas páxinas de lugares de Cotobade que estás creando sería xenial. Chegaría con pór Categoría:Cotobade. Un saúdo. AlberteSi, digame? 12:05, 28 maio 2008 (UTC)

Aviso de eliminación de Imaxe:Escultura Leiro.JPG[editar a fonte]

Warning sign Aviso de eliminación de imaxe.
A imaxe Imaxe:Escultura Leiro.JPG está na lista de Imaxes para borrar. Se vostede pensa que non debe eliminarse, expoña as súas razóns nesta entrada onde se está decidindo que facer coa imaxe. --Xabier Cid Conversa 14:17, 28 maio 2008 (UTC)

Pregunta sobre as categorías[editar a fonte]

Ola buenas! Ando a vixiar un pouco os traballos dos usuarios Somos nós, e vín as observacións sobre o tema das categorías, e buceando nas mesmas para atoparlle algunha a certas contribucións deles, cal non sería a miña sorpresa de ver as seguintes categorías:

  • Categoría:Mitoloxía ecipcia: (1 artigo)
  • Categoría:Mitoloxía egipcia: (1 artigo)
  • Categoría:Mitoloxía exipcia: (4 artigos)

... a quen se lle pode comunicar este "desacordo"? Cóntocho a tí, porque xa que lles fixeras esa observacións ós rapaces... É que, non é por nada, pero o de "egipcia" vale que estea mal, pero "eCipcia"... (lol) Un saúdo. Skulda 22:14, 29 maio 2008 (UTC)

Amañado --Xabier Cid Conversa 22:28, 29 maio 2008 (UTC)

Paio[editar a fonte]

Polo que eu sei o nome é Paio, pero se hai dúbidas habería que procurar algunha referencia, a ver se podo consultar algo esta semana. Até logo --emilio juanatey(talk) 23:19, 1 xuño 2008 (UTC)

Vandalismos[editar a fonte]

Vaia traballazo estás facendo contra os vandalismos... Parabéns! --Xabier Cid Conversa 13:59, 2 xuño 2008 (UTC)

Re: DVDs en galego[editar a fonte]

Ola, Estevo. Como vai? Estou traballando no artigo "en privado" para publicalo xa renovado con todos os títulos que había e máis na listaxe mellorada. Grazas pola ligazón, za coñecía esa páxina, teño pensado engadila como "extra" ao final do artigo. Serve como guía de compra, para favorecer as vendas do vídeo doméstico en galego, e que as produtoras se animen máis a incluir o noso idioma entre os seus títulos. De todos os xeitos, hai títulos aí que están errados, o que pode dar pé á confusións. Moitas grazas. PD: Para que a espera non se fixera tan longa, o día do centenario do nacemento de Ian Fleming publiquei unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán, o referente a James Bond. Tamén teño pensado (se ninguén o fai antes, claro) ir traducindo os seus "anexos" e, por suposto, as películas de Bond das que me conste o título galego oficial, tamén aparecerán na devandita listaxe. Saúdos. --Uxío 08:49, 4 xuño 2008 (UTC)

Redireccións de lugares[editar a fonte]

Ola Estevoaei. A función dos resumos non e facer valoracións sobre o traballo dos colaboradores deste wiki. Como sabes nos wikis, nos que o modo de comunicación son textos, é moi fácil xerar malentendidos cando se entra no campo das valoracións. Polo tanto é unha regra común da Wikipedia redactar os resumos do xeito máis neutro posible. Neste caso concreto se non consideras axeitada a solución vixente sempre podes facer unha proposta para mudalo, ou traballar directamente no cambio e proceder a aplicalo nas 315 páxinas correspondentes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:00, 7 xuño 2008 (UTC)

Ola Estevoaei. Pola túa resposta creo que concordas en que a redacción do resumo debe coidarse para evitar calquera tipo de imprecisións. Hai outra función desas redireccións, que non citei na miña primeira mensaxe, que é evitar que se creen por erro. De feito independentmente do caso deste modelo teñense usado con ese propósito. Con respecto a mudar o recadro se queres non teño incoveniente en corrixir o modelo e cambiar as ligazóns nuns cantos concellos sempre e cando ti te comprometas a corrixir o resto (por certo, se se fai habería que aproveitar para mudar o enlace das eleccións ao mesmo tempo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:05, 10 xuño 2008 (UTC)
Ola Estevoaei. Como sabes recollendo o teu interese por corrixir os enlaces da caixa de información dos concellos puxenme a facelo eu mesmo. Aproveitando iso unha das correccións consiste en eliminar o marcador {{Eleccións en progreso}}, era un marcador provisorio que xa caducou —xa pasou máis dun ano de ditas eleccións—. Como podes comprobar o artigo Cangas é un dos que xa revisei, por favor tenta non desfacer o traballo de revisión que vou facendo, un traballo que non resulta moi agradecido xa que son verificacións tediosas. No caso de que precises os enlaces do marcador unha posibilidade é poñer un enlace na túa páxina de usuario ou nunha subpáxina dentro do espazo de usuario. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:29, 17 xuño 2008 (UTC)
Moitas grazas. Elimineino en todos os que revisei e o tiñan, tiveran os datos ou non. É un marcador que ocupa demasiado espazo para ser provisorio sexa ou non de mantemento. O que se pode facer é crear unha categoría oculta para indicar que falta esa información (non o pensara pero quizais sexa boa idea). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:40, 17 xuño 2008 (UTC)
Xa está creada a categoría (Categoría:Faltan datos das eleccións muncipais 2007), se consideras que é precisa algunha outra faimo saber (xa que se pasa o traballo é preferible facer aqueles que sexan posibles na mesma edición). Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:51, 17 xuño 2008 (UTC)
Engadín o marcador na categoría, agora seguindo é ligazón da categoría xa tes os enlaces, confío en que iso solucione a falta de marcador no artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:01, 17 xuño 2008 (UTC)
Hai varios problemas diferentes para conseguir que todo se visualice correctamente. Un deles é que nas caixas de información faltan campos ou están mal cubertos iso fai que se visualicen códigos, no caso particular de eleccións hase visualizar ata que repase todas as caixas e vaia engadindo ese campo, mentres para que non desapareza a información non retirei o enlace incorrecto. Outro problema é que se fixeron algunhas modificacións no modelo (antes de comezar esta revisión) sen mudar os campos nos concellos por iso quedan outros campos soltos. En canto ao tema dos orzamentos fáltame por corrixir algo aínda así na caixa de Cotobade o campo estaba mal cuberto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:07, 17 xuño 2008 (UTC)

Agora xa se visualiza o modelo de Cotobade correctamente. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:10, 17 xuño 2008 (UTC)

Carlos Solla ou Calros Solla[editar a fonte]

Con respecto ao artgo sobre Carlos Solla Varela. ¿Como sabe vostede que él firma libros e artigos como Calros Solla?

Grazas

Calros Solla[editar a fonte]

Vale, gustaríame ver a portada escaneada, pero non corre presa, cando teña tempo.

Eu pensei que cada vez que atopaba en Google algún resultado no cal puña "Calros", era porque a persoa que o escribiu trabucárase, xa que hay 937 resultados de "Carlos Solla" e só 85 de "Calros Solla".

Vasco da Ponte[editar a fonte]

Vaia coincidencia! Desde que souben da nova edición eu tamén tiña a intención de facerme con ese libro, a ver se un día destes o encargo. O nome parece evidente que é un topónimo das ducias (ou mais) de sitios en Galiza que se chaman Ponte, polo que eu sempre poño da Ponte, pero cando se trata de decidir o nome dun artigo no que hai varias opcións utilizadas na bibliografía, eu o que fago é unha pequena estatística, miro o nome que aparece mais veces na bibliografía e se están mais ou menos igualados o que parece mais correcto (etimolóxico).

Un saúdo e até a próxima! --emilio juanatey(talk) 12:02, 11 xuño 2008 (UTC)

Ola![editar a fonte]

poderíasme dicir como se sobe unha imaxe??

Eleccións Pontevedra[editar a fonte]

Case me saio coa miña, é broma, esquecinme de cambiar a cifra anterior xa que estou copiando o pegando o modelo. Por certo creo que queda moi ben, se queres emprégao pra poñe-lo nalgún outro concello--Hugo22 23:45, 17 xuño 2008 (UTC).

Eleccións no Porriño[editar a fonte]

Grazas por avisar, menos mal que sempre hai xente vixiando hehe--Hugo22 13:40, 19 xuño 2008 (UTC).

OK, alá vou. AlberteSi, digame? 16:21, 19 xuño 2008 (UTC)
  • Montes

Gracias sr. Estevoaoai; poña o que queira que mellore. A ver cando sae o sr. Eliseo Fernández e a foto do Seixo. Saúde - Montes, 25 de xuño 2008, 17:27

María Balteira[editar a fonte]

a ver que che parece, dados biográficos non hai mais, a ver se encontramos algunha ilustración. Até logo! María Balteira

--emilio juanatey(talk) 12:09, 28 xuño 2008 (UTC)

USA[editar a fonte]

Pois si que queda moito por facer, e dame coraxe non poder facelo, pero non dou feito. Tiña que decidirme por unha das dúas wikis, e "tocoulle" a española.

Penso que meu fillo seguirá meténdolle man a Naruto, pois é un fan incondicional do personaxe, e, sen dúbida, si queda el no meu lugar a Galipedia sae gañando.

O de Galizaplus paréceme interesante, pero o portugués está moi lonxe das miñas posibilidades (a parte de xa optei por unha sola wiki), e espero que disfrutedes co proxecto.

Un forte abrazo, --Furado 11:51, 30 xuño 2008 (UTC)

Uxía Senlle[editar a fonte]

fectivamente, foi un erro ao teclear. Grazas pola corrección. Saúdos. --Xas (fálame) 15:53, 1 xullo 2008 (UTC)

Autores medievais[editar a fonte]

Ola Os nomes están tal cal aparecen n´A poesía lírica galego-portuguesa de Tavani. Tamén cotexei os nomes con Resende de Oliveira e non presenta diferenzas con Tavani. No caso de Johan Garcia Guilhade, supoño que Joao é unha modernización ( a nivelación desa terminación en -ao é posterior á escola trobadoresca) e tamén supoño que se o mencionan así é porque eles o estudan xa con ese nome, pero eu polo menos nunca escoite falar de João Garcia de Guilhade. A min non me parece operativo adaptar os nomes ás grafías modernas e moito menos facer distincións entre autores galegos e portugueses. Aínda que si teríamos que chegar a un acordo sobre as grafías a seguir se respectamos as medievais ou as modernizamos. Non pode ser que alternen os "ñ" e os "nh". Alternan Mendinho e Chariño. Un saúdo e boas noites --mariquinhagz 22:42, 1 xullo 2008 (UTC)

Ocupación militar ;-)[editar a fonte]

Fíxaste en todo, Estevo!. No Grove, no punto máis oeste, hai unha zona militar daquelas que bordeaban a costa para defenderse Dios sabe de quen, con cañóns e toda a vaina. Agora non ten uso ningún pero segue sendo de uso restrinxido para os milicos (serveu de base de operacións para os soldaditos que viñeron a limpar chapapote no Grove). De cando en vez, os soldaditos veñen ó Grove facer prácticas (ou para ocupa-lo tempo) e podes velos por aí todos camuflados e cargados con mochilas inmensas, como se estivesen conquistando un país inimigo. Ás veces mesmo fan "invasións" desde o mar, como nas pelis. Supoño que nesa ocasión estaba chegando un convoy militar para unha destas historias. A verdade é que, agora que o dis, ¿compriría recorta-la foto para sacalos do encadre? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:03, 2 xullo 2008 (UTC)

  • Oscar Pereiro, o caso é que si asinou, díxoo hoxe nunha entrevista na Radio Galega.--Arco de Rayne 16:01, 2 xullo 2008 (UTC)

Autores medievais 2[editar a fonte]

Ola, Quería rematar coa literatura medieval introducindo trobadores medievais. Mentres non teñamos claros os criterios de transcrición dos nomes (eu polo menos non os teño) vou seguir a Tavani. No caso de que despois consideremos oportuno cambiar de criterios, pódense alterar. --mariquinhagz 17:13, 4 xullo 2008 (UTC)

  • Grazas. Non daba feito coa cantiga de escarnio e non sabía que pasaba. --mariquinhagz 18:02, 4 xullo 2008 (UTC)

Cantiga[editar a fonte]

Estevo e Mariquinhagz, parece que entendedes de cantigas medievais e dou por suposto que tamén das "modernas". Botade un vistazo ó artigo "cantiga" e á súa conversa, porque cómpre redefini-lo título ou o artigo. Eu só coñezo as cantigas "modernas" e insisto en que o que se describe nese artigo non ten (casi) nada que ver con elas e si cos trobadores medievais (de amigo, escarnio, meldizer e todo iso). A ver como o arranxades. Pedro --Lameiro (conversa) 18:44, 4 xullo 2008 (UTC)

Títulos orixinais[editar a fonte]

Estiven dándolle un par de voltas na cabeza ao do título. É verdade que a regra di que as obras que non teñen tradución ao galego deben deixarse na lingua orixinal, pero o problema é que a lingua orixinal non é "escribíbel". De feito, se furaches algo polos iws de Dostoievsqui xa te decatarías de que cada lingua transcribe os orixinais rusos en alfabeto latino como lle cadra. Trátase de que o artigo sexa útil, e dende logo, pouco útil vai ser se o título é aleatorio ou cirílico. Eu, con esta excepción, deixaríao así. Ademais, as demais linguas do contorno coinciden na tradución, co cal este podería ser un nome buscábel. É, por outra parte, o mellor artigo de toda a wikipedia sobre esa obra. :)

Teño pendente un artigo sobre unha illa escocesa. Téñoo a medias, porque andei facendo outras cousas, pero a ver se o remato entre hoxe e mañá. :) --Xabier Cid Conversa 08:23, 5 xullo 2008 (UTC)

Mina das Pontes[editar a fonte]

Ola Estevo, non te preocupes, en canto teña un vagar tentarei tirarlle unha foto o máis preto posible, aínda que ó estar dentro do recinto da empresa á que pertence, neste caso Endesa, non será doado. Por certo, todos estos marcadores suliñando as palabras non teñen demasiados erros?--PepedoCouto 21:51, 6 xullo 2008 (UTC)

  • Refírome a que cando editas aparecen unhas liñas suliñando as palabras, ó igual que cando editas no Word e tes unha falta ortográfica. A ultima vez que editei non había nada desto. Só me aparecen a min?--PepedoCouto 22:51, 6 xullo 2008 (UTC)

iw[editar a fonte]

Boas Estevo. Vexo que acabas de engadir interwikis no Anel (homónimos). ¿Como se fai iso? Resúltame incrible que ninguén saiba como se di anel en 40 linguas distintas. A verdade é que eu nunca o fixen nin me parei a pensar como nin quen o engadía. Faime o favor de explicarmo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:03, 6 xullo 2008 (UTC)

  • Semella fácil. Tereino presente e fareino no próximo artigo (e avisareite para que mo comprobes). Grazas, saúdos e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 21:53, 7 xullo 2008 (UTC)

gárgolas[editar a fonte]

Amañadas as gárgolas, :) Que todos os erros sexan ese..., que non hai mal ningún. Saudiños :) --Xabier Cid Conversa 10:07, 7 xullo 2008 (UTC)

futsal[editar a fonte]

haberá que facer ese artigo, pois, ;) --Xabier Cid Conversa 22:47, 9 xullo 2008 (UTC)

ah, non vou entrar agora se debe ser Luís Moya ou Luis Moya a entrada principal. Pero as dúas deben ser correctas, porque unha é o nome en español e outra en galego (ben, en realidade, ao revés). Un saudiño, ;) --Xabier Cid Conversa 22:54, 9 xullo 2008 (UTC)

Hola nuevamente,

Ya he subido tres archivos con imágenes de la Parroquia de Santa María de Oza. Pero me gustaría eliminar dos: Parroquia de Santa María de Oza.jpg Parroquia de Santa María de Oza 1.jpg

¿Cómo debo hacerlo?

Además, me gustaría enlazar la imagen Parroquia de Santa María de Oza 2.jpg con el artículo que ya existe sobre esta parroquia. ¿Cómo se hace?

Perdón por tantas preguntas.

Gracias,

María

consulta de Hemoshi sobre imaxes[editar a fonte]

Hola,

Muchas gracias por tu pronta respuesta. Te cuento que ya había intentado ir a la opción Subir archivo dentro de la ventana de herramientas. Pero cuando elijo esa opción me aparce un mensaje que dice lo siguiente:

Error de permisos De Wikipedia Saltar a navegación, búsqueda La acción que ha solicitado está restringida a los usuarios de uno de estos grupos: Usuarios autoconfirmados, Administradores.

He vuelyo a intentar y sucede lo mismo. ¿Qué debo hacer?

Muchas gracias nuevamente.

María

Xa lle contesto eu na súa páxina de conversa. Grazas por poñer a mensaxe no taboleiro de administradores. --Xabier Cid Conversa 09:33, 11 xullo 2008 (UTC)

Muchas gracias a los dos por responderme tan rápido. Esperaré entonces unos 10 días y volveré a intentarlo. Me hace especial ilusión, porque es el sitio donde nació mi abuela y pudimos conocerlo hace un mes.

Gracias otra vez y volveré a consultarlos en caso de nuevas dudas.

Saludos,

María

uso Aceptable?[editar a fonte]

  • Moitas grazas pola resposta,agora faime falta saber que se entende por uso aceptable?--Rafa Salgado 09:15, 14 xullo 2008 (UTC)

Festa Marítima Internacional de Brest[editar a fonte]

Quería aclararche que a goleta Tho Pa Ga non forma parte da delegación, o que non fai menos lamentable a súa perdida, ten base en Eivissa, e fixo escala en Vigo no percorrido cara a Brest. Saúdos.--Súalaxe 15:18, 14 xullo 2008 (UTC)

Venezuela[editar a fonte]

O día do Carme! que cousas tedes por aí... :) Pois ten vostede razón, e é venezolano. Nunca é mal día pra decatarse dun erro que un leva cometendo anos. :) Corrixo de novo. --Xabier Cid Conversa 07:54, 16 xullo 2008 (UTC)

Homónimos[editar a fonte]

Cómo se edita unha páxina de homónimos? Grazas.--PepedoCouto 09:05, 20 xullo 2008 (UTC)

Xa está. Que che parece? Grazas.--PepedoCouto 09:32, 20 xullo 2008 (UTC)

Arre demo que ten choio esto. O de mover, non o ten que facer un administrador? Que función ten engadilo noutra wiki? Non é traballo dos bots?--PepedoCouto 09:45, 20 xullo 2008 (UTC)

(en portugés) Você sabe onde posso encontrar um dicionário de gl-pt na internet? Eu entendo muito bem mas não consigo escrever, preciso de axuda. Gustavo siqueira2230 18:20, 20 xullo 2008 (UTC)
Moitas grazas, agora podo editar. Gustavo siqueira2230 18:54, 20 xullo 2008 (UTC)

Mina de lignito das Pontes en proceso de formación dun lago artificial[editar a fonte]

Xa tes a mina co lago.--PepedoCouto 19:18, 20 xullo 2008 (UTC)

  • Pois si que lles tirei unhas fotos ós de Milladoiro, porén non creo que teñan a calidade suficiente. Respeto á viaxe, a min a chuvia na moto non me fai nengunha graza, non me sinto seguro.--PepedoCouto 18:38, 21 xullo 2008 (UTC)
  • Vou subir unha das fotos. Eu cría que no artigo de Milladoiro habería algunha. Cando suban unha mellor que a borren.--PepedoCouto 20:26, 21 xullo 2008 (UTC)
  • Antón Seoane e Moncho García case non se ven e parece que só toca Ferreirós. Tamén recortei a foto e ten falta de nitidez. Para pasar vale.--PepedoCouto 20:47, 21 xullo 2008 (UTC)

Limpeza[editar a fonte]

Vaia limpeza xeral a que estás a facer!! Estasme volvendo algo toliño borrando todos os artigos que marcaches como lixo,... mais ese labor (o teu e mais o meu) é necesario. Grazas, e a seguir contribuíndo igual de ben! Saúdos. --Toliño Fala aquí comigo 14:55, 23 xullo 2008 (UTC)

Mato Groso do Sur[editar a fonte]

(sei que mesmo eu falando em português você vai me entender) Primeiro desculpa por demorar a responder, e segundo: Obrigado por me avisar, eu não imaginava, achei que foi algum erro na digitação. Grande abraço. Gustavo siqueira2230 01:22, 25 xullo 2008 (UTC)

Na wiki-pt participo do projeto Galizaplus, tenho um projeto dos galipedianos traduzirem td da wiki-pt, assim as duas wikipédias podem se tornar irmãs. Abraço. Gustavo siqueira2230 01:24, 25 xullo 2008 (UTC)

Obrigado[editar a fonte]

Obrigado polas tuas indicaçons. Tentarei seguir colaborando na medida do possível com o projecto wikipedista en galego.

hahhaha sim o The Ex a ver se me animo... teria que investigar um pouco por aí... pouco a pouco. Saúde!--Anti Cristo 17:21, 28 xullo 2008 (UTC)

Bot[editar a fonte]

Olá. Quando termina o pedido de bot (bot request)? Obrigado. Vini 175 18:17, 28 xullo 2008 (UTC)

Carlo Actis Dato[editar a fonte]

Para comezar, vai valendo... :) Até logo! --emilio juanatey(talk) 15:33, 29 xullo 2008 (UTC)

Valentín Paz Andrade[editar a fonte]

Pois a verdade é que esquecera o do marcador en Valentín Paz Andrade. Tiña pensado completalo algo máis, pero ata setembro non vou poder. Así que se queres ir completando, pois adiante... Saúdos. --Xas (fálame) 23:10, 30 xullo 2008 (UTC)

Ola!![editar a fonte]

Mira podiasme dicir como se crea unha categoría nova?? --Martinho12 17:20, 31 xullo 2008 (UTC)

Boas e santas[editar a fonte]

Ola Estevo: graciñas pola rebenvida :D. Non sabedes o ben que ficais aquí sen veros envoltos nas loitas internas dunha wiki grande coma a española. Eu sigo sindo bibliotacario ala, somentes estou nun impasse por diferenzas de opinión cos outros compañeiros. E moi longo de explicar, por ala hai moita xente de moitos países e mais dunha vez semella que falamos idiomas distintos, en vez de facelo todos en castelan.

Se tes curiosidade por saber o que pasou, dareiche explicacios de boa gana, mais en tu e mail, xa que tanto como os amigos me atopan por aca, outros non tan amigos tamen son quen de facelo e eu non quero botar mais leña o lume.

A verdade e que me da vergoña vir eiqui a editar, xa co meu galego e moi malo e sempre teño que estar pedindo axuda e fastidiame, senon traeria todo o que escribo ala, que non e tanto, o meu traballo ala e principalmente de mantenemento, mediacions, etc., istas cousas dos biblios moi pouco agradecidas. Agora que xa ves que coma teño algo de tempo, vou facendo desfeitas cos artígos e traduccions do frances que fixen ali, pra matar o tempo, e mais para darvos traballo, xa fixen outro Ramon Casanellas e cortiño, mais iste tamen e da miña propria colleita :D

Graciñas pola tua axuda e un saudo. --Ensada | Mo dis o mo contas? 14:41, 1 agosto 2008 (UTC)

Borrei o que estaba aqui porque foi un erro meu pensaba que a ti pasabate o dos traductois automaticos sera mellor que sexa a Xavier Cid si é que el sabe algo disto.

Categorías de imaxes[editar a fonte]

Ola Estevo. Vexo que estás categorizando as imaxes nas mesmas categorías en que están os arquivos. Creo que a idea xeral que había e hai na Galipedia é que as imaxes estean categorizadas en subcategorías de Categoría:Imaxes por tema (categoría inda pouco desenvolvida e que conviría ir desenvolvendo). Por mor diso mudei algunha categoría dalgunha das túas imaxes (por exemplo, Imaxe:Baldo Martínez.jpg incluína, ata que haxa unha subcategoría máis precisa, en Categoría:Imaxes de persoas). ¿Cal é a túa opinión? Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 17:24, 5 agosto 2008 (UTC)

Liáns e Redes[editar a fonte]

Non te preocupes Estevo, Redes non queda lonxe e unha vez que hai que ir a Liáns aproveitarei para tirarlle unha foto á controvertida imaxe do Che. De tódolos xeitos esta semana vou andar algo liado e non vai poder ser. Por certo xa vin que onte paseaches toda a tarde, non ía moita calor? Un saúdo.--PepedoCouto 20:43, 5 agosto 2008 (UTC)


Agradecementos[editar a fonte]

Grazas pola rapidez ("de O Vicedo" era provisional, pero sonábame tan mal que quería cambialo xa) e pola resposta. Eu son algo torpe para estas cousas. Un saúdo --mariquinhagz 21:39, 5 agosto 2008 (UTC)

Basse Terre[editar a fonte]

Ola, quiteille o aviso de fusión a Basse-Terre e Illa de Basse-Terre, xa que son dúas cousas diferentes a illa divídese en varios concellos e o de Basse Terre é só un deles.--Arco de Rayne 07:40, 8 agosto 2008 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas polo tirón de orellas, :) Estiven con problemas persoais eses días, apartado da wikipedia. Moi ben, :) fareino axiña. --Xabier Cid Conversa 08:18, 8 agosto 2008 (UTC)

Julio Camba[editar a fonte]

Xa che teño os deberes feitos. Acabo de subir varias imaxes da estatua de Julio Camba (Imaxe:Vilanova Julio Camba 2008 02.jpg ... 05.jpg) e mais doutra do mesmo Camba pero do ano pasado (Imaxe:Vilanova Julio Camba 2007 02.jpg). Agora escolle a que queiras. Un saúdo e a mandar. Pedro --Lameiro (conversa) 21:14, 12 agosto 2008 (UTC)

Caixas de Lugares[editar a fonte]

Moitas grazas Estevo. E --PepedoCouto 18:38, 14 agosto 2008 (UTC)logo Prevert?

Redes e Caamouco[editar a fonte]

Ola Estevo, unha vez que abreu o día e deixou de ventar fun ata Redes que queda preto. Vou subir as fotos, agardo que che sirvan, o de Oleiros deixarémolo para máis adiante. Un Saúdo.--PepedoCouto 20:18, 16 agosto 2008 (UTC). Por certo, a imaxe da igrexa de Caamouco é imposible facer unha mellor xa que está nun pequeno outeiro e non se dá collido o edificio na súa totalidade, salvo que non che importe que non se vexa a fachada.

  • Vexo que non empregache ningunha das fotos de Redes, non che parecen axeitadas?--PepedoCouto 19:16, 21 agosto 2008 (UTC)

Nova versión (en fase de brobas) da "lista de filmes"[editar a fonte]

Ola, Estevo. Que tal? Bótalle unha ollada ao artigo da "lista de filmes". Aínda non rematei a edición do novo formato, pero como non me vou poder dedicar a el por unha tempada, decidín publicar o que xa teño feito. A ver se che gusta. Saúdos.

--Uxío 19:53, 24 agosto 2008 (UTC)

Re: cinema en galego[editar a fonte]

Grazas polas túas palabras, Estevo; coma sempre, resultan agradables de ler. O que puxen aquí é, por chamalo de algunha maneira, unha maqueta do que estou facendo. Hai temas que hai que pensar e, posiblemente, debater na conversa do artigo. O puntos que creo que non ten moita discusión é o de quitar o código "http://" das ligazóns a IMDb. Outros xa son temas aos que dedicarlle máis tempo. Por exemplo, o de Poñer en cursiva os títulos galegos dos filmes téñoo pendente de consultar se lingüísticamente é o máis correcto. E cando se faga esta edición, poderase revisar (con calma...) título por título, e estudar os casos das etiquetas de "desambiguación". Saúdos. --Uxío 21:22, 24 agosto 2008 (UTC)

ok!![editar a fonte]

Vasme ter que desculpar non me dei de conta. Saudos --Martinho12 18:02, 26 agosto 2008 (UTC)

Burla Negra[editar a fonte]

Pois non, non é o mesmo barco. :) Creei unha páxina de homónimos Black Joke. :) Un saudiño --Xabier Cid Conversa 20:33, 28 agosto 2008 (UTC)

Accidentes[editar a fonte]

Non hai mal, ho. O importante é non mancarse (e menos se un vén en avión). --Xabier Cid Conversa 22:24, 28 agosto 2008 (UTC)

Comas e parénteses[editar a fonte]

Pero, ben, agora que estamos, por que mudas as comas por parénteses? Aínda que polo que respecta á puntuación non hai leis taxativas, as parénteses son máis axeitadas para a inclusión de datos que non forman frase, ou para niveis distintos de plano comunicativo, mentres que para casos coma estes, onde existen dúas frases, o mellor é o emprego das comas. Pero se cadra hai alguha razón que eu non vexo... Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 22:27, 28 agosto 2008 (UTC)

Usuario:Al Lemos[editar a fonte]

Grazas pola acollida! - Al Lemos 23:46, 30 agosto 2008 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

Estou a ter problemas na adaptación de modelos do español para o galego. A opción "crear" non está a funcionar de modo correcto. Podería darme unha axuda? - Al Lemos 15:35, 31 agosto 2008 (UTC)

Seguín o teu consello! - Al Lemos 21:20, 31 agosto 2008 (UTC)

Karpin[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Teño xa tres traballos pendentes urxentes, o do Tour, o do Karpin e o dos Xogos. Pero ando moooi liado, a ver como amaño. Creo que coa Vuelta non me vai dar tempo. Do da Voz, mellor non falar... :) :) --Xabier Cid Conversa 06:41, 1 setembro 2008 (UTC)

Karpin algo amañado. Queda:
  • saber se mudou o código outorgado pola UCI, pero non o atopo na web.
  • actualizar o palmarés de 2008.

Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 07:22, 1 setembro 2008 (UTC)

Ao do código do Marca xa chegara. Pero non estou completamente seguro de que o código que usan os do Marca sexa o mesmo có que usa a UCI. Nin tampouco que a UCI mude os seus códigos a metade de tempada--Xabier Cid Conversa 11:42, 1 setembro 2008 (UTC)

Re:solicitude[editar a fonte]

Ola, Estevo. Eu tamén estou moi enleado neste comezo de setembro e remate do verán. Vou facendo algunha cousiña, pero non será ata a terceira semana do mes cando teña tempo para me "recrear" cos artigos. En canto poida, dedícolle un tempo a "Air Galicia" (a min tamén me gusta, e está moi ben que se poidan ver "á carta" desde o web da TVG; mágoa que a nosta Televisión Pública non poña máis ao dispor do público a súa produción propia...). O mesmo creo o artigo coa información máis básica, segundo o estilo dos artigos sobre audiovisual na Galipedia, e amplíoo cando teña tempo. O que ten este programa é que é "herdeiro" de outro anterior, "Zapping Comando", que ao mesmo tempo é herdeiro do "Zapping Máxima Audiencia", complemento á vez do desaparecido programa de noite "Máxima audiencia"... Polo que tiña pensado traballar nos artigos por orde cronolóxica...

En calquera caso, non dubides en dirixirte a min para calquera dúbida que teñas con respecto ao programa e eu, en canto poida, douche unha resposta.

Saúdos. --Uxío 14:01, 4 setembro 2008 (UTC)

Wikipedia:Imaxes para borrar/Imaxe:Escultura Leiro.JPG[editar a fonte]

Borrei esta imaxe pois por desgraza en Francia non hai liberdade de panorama. Quero de tódolos xeitos manifestar que o teu labor á hora de incorporar imaxes á Galipedia e Commons é encomiable. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 17:49, 12 setembro 2008 (UTC)

  • Estiven ollando as imaxes que indicaches. En Francia se o autor dunha obra morreu hai máis de 70 anos -creo, non estou seguro (en Italia son 20 ou 25 anos)-, as súas obras están no dominio público. Supoño que é polo que Imaxe:Palais Garnier bordercropped.jpg non é un copyvio. No caso de Imaxe:Cholet.jpg, non observo que a imaxe se centre en ningún elemento artístico que poida ter copyright (diso saberán os franceses de Commons).

O caso desa estatua é diferente: Francisco Leiro inda está vivo. As súas estatuas en Francia, inda que estean en espazos públicos teñen copyright, pois en Francia non hai liberdade de panorama.

A verdade é que non coñezo moi ben a lexislación francesa. Sempre pensei que non se podían publicar imaxes nocturnas da Torre Eiffel pois, inda que a torre está no dominio público, a luminotecnia ten dereitos de autor; e acabo de encontrarme, ó comprobar máis imaxes, con Commons:Category:Tour Eiffel at night. Quizais sexa que a que ten dereitos de autor sexa a luminotecnia actual e non a que había antes, quizais esas fotos non sexan actuais, ou quizais estivese eu confundido.

A verdade é que a liberdade de panorama é un dereito que valoramos pouco. O ano pasado, ou quizais fai dous anos, houbo unha manifestación de artistas en Canarias en contra da liberdade de panorama. Ó oír a noticia quedei sorprendido: ¡Como varía a lectura da realidade segundo a perspectiva con que se olle!

Borrar esa imaxe non é un pracer para ninguén, pero debemos de ter ollo e non poñer en perigo o proxecto. Sei que probablemente na Galipedia haxa imaxes que sexan copyvio, pero iso se debe a que non damos atendido a todo e a que non o coñecemos todo. Algúns outros proxectos, coma o español, decidiron inhabilitrar a subida de imaxes por non dar feito: Se queres subir unha imaxe á wp.es tes que subila a Commons (e alí hai múltiplos administradores e uns criterios estritos). Eu considero relevante que a Galipedia sexa unha fonte dispensadora de imaxes no dominio público, e que sexa fonte para Commons, pois ese feito dálle maior peso ó noso proxecto; agora ben, quizais algún día, por comodidade e eficiencia, subamos todas as nosas fotos a Commons e eliminemos do proxecto a alternativa de subir imaxes como fixeron eles. Para min, é preferible non facelo debido, ademais de ó xa dito, a que en Commons o trato é moito máis brusco -é o meu parecer- do que nós dispensamos: Teño visto xente bloqueada por non saber ou porque ninguén dialoga con eles na súa lingua e -penso eu- non entenden.

Espero que che sirvan as explicacións que pretendo darche. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:25, 13 setembro 2008 (UTC)

Home, podo ter moi boa fe, pero non chega a tanta como para pensar que en idioma híbrido descoñecido pretendera ser unha edición construtiva. De todos xeitos o bloqueo foi só por 3 días, tendo en conta ese vandalismo, e unha vez desfeito, unha edición incorrecta dun iw inexistente. Dous edicións desfeitas de dous feitas, e en moi pouco tempo, fai actuar en consecuencia, para qyue non se produzan máis estragos. Por iso penso que o bloqueo era pertinente, para evitar a repetición de vandalismos por parte da ip. Un saúdo, e grazas polos parabéns, non se merecen. --Alberte (Si, dígame?) 16:50, 14 setembro 2008 (UTC)

Ría de Abres[editar a fonte]

Grazas, Estevoaei, és rápido coma un raio!--Agremon(contacto) 09:04, 15 setembro 2008 (UTC)

Praia de Bastiagueiro[editar a fonte]

Ola Estevo, sinto respostarche tan tarde, mais non o fixen antes porque a tormenta pasada fíxome unha desfeita no ordenador. Procurarei atender as túas peticións decontado. Grazas.--PepedoCouto 15:07, 16 setembro 2008 (UTC)

Miguel Anxo Fernandez Lores[editar a fonte]

Boas noites, Estevoarei, grazas por traducir o artículo Miguel Anxo Fernández Lores, eu son o seu creador na versión en castelá, chámome Pontevedra78, e estou encantado de coñecerte, agora voume adicar especialmente a Galipedia, xa que na versión en castelá estou bloqueado por un malentendido.Galiza por sempre e para sempre 19:54, 20 setembro 2008 (UTC)

Perdoa, estou intentando por o escudo en .svg de Pontevedra no artigo do mesmo nome, puxeno na galería na que aparecen todos os escudos de Galiza, o que che pido e que me ensines, xa que quero poñer os millores escudos que teñamos en commons.Galiza por sempre e para sempre 20:13, 20 setembro 2008 (UTC)

A Regueifa[editar a fonte]

Así coma acabei de escribir o artigo, fun ao de Fanny + Alexander e vin que redirixía a outro sobre o mesmo. Ía a pedir que o borraran, pero vexo que estabas ao loro ;) Saúdos! --Iago 20:30, 1 outubro 2008 (UTC)

Vandalismo USA[editar a fonte]

Certo, este vandalismo foi certamente incrible, entre outras cousas polo traballo que leva meter faltas de ortografía en todas e cada unha das palabras que había. Recompilareina, o problema é que é moi longo. Un saúdo. --Alberte (Si, dígame?) 14:10, 6 outubro 2008 (UTC)

Être et avoir[editar a fonte]

Boas Estevo !
Só pasei dar unha volta. Entre mañá e mércores, xa vexo como botar unha man. Saúdos e sempre pola sombra ! ElviraConversa comigo 22:11, 13 outubro 2008 (UTC)

Vou intentar volver esta noite, senon remato maña. En certos casos mudei a túa palabra por non estar segura do sentido (po exemplo porén gostame moito, mais non sei o que dí esatamente, sintóo, pero é esi). Por decirche que eu intento darlle o sentido que penso ser o maís xusto e adaptado e logo ti amañaras ao bóo e bonito galego ! Se non entendes ben, non dubides en preguntarme, xa sabés o importante é que o resultado para o lector galeofalante sexa boó e non te preocupes de decirme e corrirxirme con esa meta. Saúdos e sempre pola sombra !ElviraConversa comigo 18:20, 15 outubro 2008 (UTC)
Boas Estevo !
Deixote rematar. Non esquezas de pedirme o que necesitas para eso. Saúdos e sempre pola sombra !ElviraConversa comigo 19:54, 16 outubro 2008 (UTC)

Modelo parroquias en lugares[editar a fonte]

Tiña entendido que o criterio xeral da Galipedia era o de non poñer nas páxinas de lugares o modelo (parroquias do concello). Por iso suprimín en Vilar de Mouros, Cabalar, A Capela o

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Capela

Caaveiro (San Boulo) | Cabalar (Santa María) | A Capela (Santiago)

, cousa que tamén fixen noutros lugares. Podes indicarme se isto é así como digo, ou compre poñer sempre nas páxinas dos lugares o modelo (parroquias do concello), porque entón hai que empezar a facelo en todas. Saúdos. --Xas (fálame) 22:35, 14 outubro 2008 (UTC)

Eu novamente[editar a fonte]

Sei que você deve odiar eu vir na galipédia e falar em português, prometo que estudarei o galego. Mas indo direto ao assunto, vocês aceitam a criação de artigos mínimos e/ou esboços? porque na wikipédia espanhola além de não aceitarem ainda criticam, ao contrário das outras wikis. Saudações. Gustavo Siqueira 08:04, 15 outubro 2008 (UTC)

A sim, muito obrigado. Gustavo Siqueira 18:33, 15 outubro 2008 (UTC)

AB Doradus[editar a fonte]

Creo que o final o modelo que se esta a usar é o de Ficha Bonita, xa que con Táboabonita a ficha non se sitúa a dereita.

Un saudo. --Jordav 22:04, 19 outubro 2008 (UTC)

Re: Cite journal[editar a fonte]

Paréceme ben, non me decatara de que o tiñamos xa en galego cando o creei. Encárgome eu mesmo de trocar todos os artigos que usan o Cite journal. Grazas polo aviso. Deica logo! --Toliño Fala aquí comigo 12:53, 20 outubro 2008 (UTC)

Problema cos modelos[editar a fonte]

O cambiar o modelo Táboabonita, os artigos A (álbum), A (single) e AB18 descolocáronse e vense mal (aínda que estan a usar o modelo Tablabonita). Non sei como solucionalo. ¿Podes botarme unha man? --Jordav 17:29, 20 outubro 2008 (UTC)

Redirecciones e interwikis[editar a fonte]

Primero, Estevoaei pido disculpas por no hablar gallego. Soy usuario de la Wikipedia en español y mi participación aquí se reduce mayormente a interwikis. Para ello uso las muy buenas herramientas http://vs.aka-online.de/globalwpsearch/ y http://tools.wikimedia.de/~flacus/IWLC/start.php . Con la primera, Global Wikipedia Article Search, se pueden hallar las wikipedias de todos (bueno, muchas) idiomas con un artículo con un nombre dado. La segunda herramienta, Wikipedia_Interwiki-Link-Checker (IWLC), es la que más he usado en conexión a la gl. Empleo por supuesto la lista esgl (sin ninguna implicación acerca del orden), que es una lista con todas los artículos tanto en la gl como en la es que tienen el mismo nombre y no tienen interwikis entre ellas.

Las redirecciones que he hecho han surgido de ver artículos en la es y en la gl con el mismo nombre que se refieren a personas o cosas distintas. Los casos que citas "Carlos Varela" y "John Abercrombie", los he movido porque si bien en la Galipedia no existen otros artículos de personas del mismo nombre es muy probable que en un futuro cercano sí los haya. Ver por ejemplo en:John Abercrombie.


En el caso de "Avram Iancu" fíjate que todos los demás interwikis se refieren a "Avram Iancu (Bihor)"

[[en:Avram Iancu, Bihor]] [[eo:Avram Iancu (Bihor)]] [[it:Avram Iancu (Bihor)]] [[ro:Avram Iancu, Bihor]] [[vo:Avram Iancu (Bihor)]]

Asimismo, el artículo "Avram Iancu" (en:Avram Iancu) en general se refiere al abogado del mismo nombre: [[de:Avram Iancu]] [[en:Avram Iancu]] [[es:Avram Iancu]] [[fr:Avram Iancu]] [[he:אברם ינקו]] [[hu:Avram Iancu]] [[nl:Avram Iancu (advocaat)]] [[ro:Avram Iancu]] [[ru:Янку, Аврам]]


Saludos, Elwikipedista. --Elwikipedista 14:03, 2 novembro 2008 (UTC)


Lexionario[editar a fonte]

Boas ! Non sei si deches te conta co titulo non concorda co contido (mira esto) ou si é que contas movelo artigo. Por mín pidiria lixo, pero como non sei si contas salvar algo ... Fai como vexas mellor, eu é só por si non te deras conta. E ando sempre pola sombra (de inverso tamén !) Saúdos ElviraConversa comigo 21:26, 2 novembro 2008 (UTC)

Imaxe da CNT[editar a fonte]

Saúdos. Veño de subir unha imaxe da sede compostelana da CNT para o artigo do sindicato. Púxenna na sección da Guerra Civil porque esa parte do artigo estaba sen imaxes, anque non coincida xusto co tema. Posto que o artigo é na maior parte obra túa, avísoche para que lle bótes un ollo a ver se che convence alí, e se non múdaa de sitio. Apetas. --Iago 16:14, 7 novembro 2008 (UTC)

Toribio de Liébana[editar a fonte]

Boa noite sr. Estovoai: A propósito do artigo que dá título a isto, vde traducíuno do artigo de wiki correspondente en castelán, que mete información bastante confusa; pode comparar o artigo en inglés muito máis cauteloso; este Toribio (ou Turubio como lle chamaban no pobo do meu pai, do que era padroeiro) foi un dos que actuou contra o priscilianismo, como bispo de Astorga (asunto sobre o que hai bibliografía de arreo, aínda que non toda de boa calidade), en fin para non extenderme máis..., coido que xa dixen o que quería dicer. Saúde, vde sabe como -- Montes, 3:10, 8 novembro 2008

correo[editar a fonte]

  • Na columna lateral esquerda da páxina do usuario... En que usuario non a atopas? (se se pode saber). --Xabier Cid Conversa 10:59, 8 novembro 2008 (UTC)

Colección Documentos de Ediciós do Castro[editar a fonte]

Desculpa, pero acabo de facer unhas correccións pa páxina da Colección Documentos de Ediciós do Castro, sen darme conta en principio de que tiña o marcador Enuso posto por ti. Cando me dei conta xa parei. Espero que polo menos o fixera ben. Saúdos--Xas (fálame) 21:05, 15 novembro 2008 (UTC)


Novas creacións[editar a fonte]

Ola, sr. Estovoai: Obrigado pola creación do artigo sobre o sr. Eliseo Fernández. En canto ao de Lis Quibén, a verdade que non o criei, porque estaba na wiki en catalán; estaba tras del, porque coidaba que había máis documentación, pero a verdade que polo de agora só achaba notas moi xenéricas, mesmo algunha sen dar o nome. Saúde e pola fresca - Montes, 17 novembro 2008, 11:45.

Tour[editar a fonte]

Ola, Estevoaei, :) Despois de todo este tempo apartado, estes días estoulle dedicando máis tempo á wiki. Por exemplo, completei as páxinas referentes ao Tour 2008, polas que me berraches con toda a razón. Quédame algo por aí que lembres? Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 18:11, 24 novembro 2008 (UTC)

Explicacións e códigos[editar a fonte]

Ola, Estevoaei. Sinto que teñas esa mala imaxe dos administradores en xeral. Creo que, a pesar de que algúns poidamos ter fallos graves —e falo fundamentalmente de min— hai outros administradores que fixeron e fan un gran traballo. Por suposto, tamén hai usuarios que non son administradores —e entre eles están eses que mencionas e outros moitos, coma ti— sen os que este proxecto non podería ir adiante.

Como me pides explicacións, douchas:

  1. Hai un par de semanas, algúns administradores activos e outras persoas menos activas pero con longa experiencia na administración, comezamos a intercambiar correos. A idea é mellorar e sobre todo coordinar os traballos de administración. Todas as decisións tómanse á vista e con transparencia, pero crimos que podiamos axilizar as cousas, e sobre todo, que funcionasen mellor, se as debatiamos antes un pouco. Polo tanto, ese correo non era un recordatorio de que había discusións abertas (iso non fai falla lembralo), senón unha pregunta a persoas cunha longa experiencia sobre que solución de procedemento se lle debe dar a cada unha desas discusións. Esas persoas opinaron, e agora cadaquén actuará como lle pete. Iso si, os debates sobre normas e decisións, cando haxa que facelos, faranse en público e á vista de todo o mundo, porque todos os usuarios somos iguais. E sempre fomos iguais.
  2. Ese correo foi enviado, por erro, a un antigo usuario desta wikipedia, agora bloqueado. Ese usuario, ou alguén mandado por el, borrou o seu enderezo de correo e publicou a mensaxe cunha IP, saltando o bloqueo. Esa mensaxe incluía datos persoais de terceiros. Esa práctica é delito, pero ademais está recollida na regra Oversight, que regula qué mensaxes poden ser suprimidas da base de datos. Cito: "Removal of non-public personal information such as phone numbers, home addresses, workplaces or identities of pseudonymous or anonymous individuals who have not made their identity public, or of public individuals who have not made that personal information public".
  3. Esa "removal" non a pode facer un administrador; ten que facela un steward, así que podes estar tranquilo: ademais de que non poden tecnicamente, ningún administrador que eu coñeza borraría unha mensaxe crítica contra el mesmo, e dende logo eu non o permitiría. Pero debemos discerner a crítica, da publicación de datos e conversas persoais.

Se tes algunha dúbida máis, pregunta, que na medida en que saiba che responderei. Un saudiño --Xabier Cid Conversa 16:35, 25 novembro 2008 (UTC)

Pazo[editar a fonte]

Decontado Sire, ala vou. Un saúdo.--PepedoCouto 15:12, 27 novembro 2008 (UTC)

Dios ke te Crew[editar a fonte]

Non sei moito de editar imaxes, pero consigo recuperar a versión anterior. O que non consigo é renomear a que subiches. Tería que descargala no meu ordena e logo subila de novo, pero por cuestións de licenzas é mellor que o fagas ti. Pero non quero pisalo sen asegurarme de que ti tes unha copia desa imaxe. É así?--Xabier Cid Conversa 01:42, 7 decembro 2008 (UTC)

Por certo, supergrantraballo de fotógrafo de VIPs galegos... Moi ben!
  • Parabéns polas imaxes subidas. Un saúdo. --PepedoCouto 10:26, 7 decembro 2008 (UTC)

Yolanda Castaño[editar a fonte]

Ola Estevo! Non podo subir a commons a Imaxe:Yolanda Castaño.jpg para levala a wiki es por falla de licenza. A ver se podes axeitar eso. Aproveito para pedirche, se non che parece mal, que poñas máis datos cando os sabes claro, na descripción das imaxes que subes, por exemplo a de Manuel Rivas gostariame pór nas lendas dos artigos que é unha foto de 2008 (o que supoño ben) máis eu non podo "inventar" cousas que o autor da foto non di. Saúdos ElviraConversa comigo 19:49, 7 decembro 2008 (UTC)

Efemérides[editar a fonte]

Vou mirar o tema. Non sei quen a bloqueou nin como, porque se fixo un bloqueo en serie que é novo pra min. Polo tanto, habería que desbloquear todas. Vai levar un pouco investigar, pero cóntoche. :) Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 11:38, 9 decembro 2008 (UTC)

É o río Verducido?[editar a fonte]

Poderías dicirme se esta imaxe é do río Verducido? Graciñas--Xan de ningures 20:22, 13 decembro 2008 (UTC)

Elementos químicos[editar a fonte]

Pódelo atopar como ficheiro PDF, saúdos.--RNC 14:44, 16 decembro 2008 (UTC)

Vilaxoán[editar a fonte]

Boas Estevo. Estiven vento o artigo sobre Vilaxoán e sorprendeume moito ver que, sendo ti o autor e coa túa experiencia, estea case sen formato wiki, sen referencias. Tamén que, aínda así, ti mesmo colocaras esa mensaxe de atención. Para intentar arranxa-las cousas, ¿podes explicarme que pasou? Mesmo ese "(San Martiño)" no título semella extraño ás normas da toponimia na wiki. Bueno, xa me contarás e verémo-lo que facemos. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:08, 20 decembro 2008 (UTC)

  • Entón, asumo que non tes problemas en que lle meta man. Outro problema é que me semellaba copiado dalgunha parte (o texto ten o ton de artigo periodístico ou así, que non lle damos os galipedistas), pero por máis que busquei algunhas frases, en galego e en castelán, non atopei nada que me permita aseguralo. Bueno, pois ó chollo. Saúdos e grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 17:39, 20 decembro 2008 (UTC)

Estilo e sobre artigos solicitados[editar a fonte]

Terei en conta o tema dos estilos, se ben me temo que nalgún se me pasará (sobre todo porque tendo a poñer as comillas tamén nos discos para diferencialos dos textos), pero intentarei que sexan as menos veces posibles. Aproveitando que vexo que eres ti o que "levo" o dos artigos solicitados, te deixo aquí o que escribín na taberna:

Ola a todos. Levo uns días a realizar os artigos solicitados sobre a música (a que me estou dedicando case en exclusiva dende que comencei na Galipedia) que podo ver no portal da comunidade. Como non sei como ni quen escolle estos artigos viña a preguntar aquí (¿é o lugar correcto?) se o artigo que se pide baixo o nome Liet-Laviut se refire a en:Liet-Lavlut, xa que é o unico artigo o que atopei que podería referirse nos outros idiomas. De ser así, habería que cambialo nome (cousa que a día de hoxe non sei como facer).

Realmente, si sabes se ese é o artigo o que fai referencia, ¿poderías cambialo nome do artigo? Un saúdo--Jordav 20:53, 27 decembro 2008 (UTC)