Conversa usuario:Estevoaei/arquivo14

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Estevoaei☛ ☏ pa o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Hola[editar a fonte]

Son Neto de ana Dani Bergantiños (conversa) 25 de xaneiro de 2020 ás 12:57 (UTC)

Sanxenxo[editar a fonte]

En ningún momento substituín o topónimo oficial contido no Nomenclátor de Galicia, senón que engadín información sobre outras maneiras de dicilo en galego. Nin sequera está no inicio do artigo. Motxo98 (conversa

Desmodium[editar a fonte]

Hola Estevoaei, disculpa mi castellano por favor. En realidad no traduje de ninguna Wikipedia externa, revisé otras páginas de esta misma Wiki, copié, pegué y adapté sin necesidad de traducir. Cordialmente, --Cbrescia (conversa) 16 de marzo de 2020 ás 23:47 (UTC)

fotógrafos galegos do s. XIX[editar a fonte]

Bos días, Estevo(aei). De Castuera non podo axudar moito porque está fóra do ámbito temporal no que me movo. Eu investigo ata 1939 e só fotógrafos composteláns posteriores a este ano. En canto a Cisneros, teño que remitir aos datos biográficos que están no meu libro As orixes da fotografía en Galicia, que é un resumo das miñas publicacións. O certo é que non escribín eu o artigo de Cisneros, así como o de María Cardarelly ou o de tantos outros, porque non o encontraba moi ético, tendo como teño publicacións sobre o tema. Así que me limito a complementar os que vexo escritos e que teñen erros ou fallas.

Estou tentando ampliar os datos que puxeches na Wikidata, pero non me deja introducir o aval da publicación. Os que están postos, están ben, iso si. Cando estea escrito o artigo de Cisneros, farei as aportacións referenciadas que poda e, desde aquí, completarei a Wikidata. Grazas de veras por pensar en min, Estevo. Unha grande aperta nestes tremendos días!--Castelao (conversa) 18 de marzo de 2020 ás 09:39 (UTC)

N-VI[editar a fonte]

Boas Estevo, non coñecía nin o filme nin o director. Grazas pola recomendación. Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 28 de marzo de 2020 ás 11:00 (UTC)


LIGAZONS A PAXINAS DE AUTORIDADES[editar a fonte]

Boas: Falasme de que as ligazóns ás páxinas de autoridades xa aparecen no Control de Autoridades e que engádense no elemento correspondente de Wikidata. Onde teño que facelo?. Grazas e saúdos --Urco65 (conversa) 30 de marzo de 2020 ás 14:12 (UTC)Urco65Urco65 (conversa) 30 de marzo de 2020 ás 14:12 (UTC)

Versión antiga[editar a fonte]

Boas Estevo. Non, non é iso. Borrei caché, borrei cookies e nada, continúa aparecéndome sen as últimas edicións. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Nonsonninguen (conversacontribucións) 1 de abril de 2020 ás 21:03‎

Ficheiros borrados[editar a fonte]

Ola Estevo, os últimos borrados que realizaches deixaron 3 páxinas con ligazóns rotas, poderías botarlles un vistazo? Grazas. Banjo tell me 1 de abril de 2020 ás 21:35 (UTC)

Feito! Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 1 de abril de 2020 ás 23:22 (UTC)

Revisión de artigo[editar a fonte]

Olá Estevoaei! Na Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Trofeo Jari Kurri apareceu unha dúbida respecto da colocación dos artigos, poderías darlle unha pasada a ese aspecto e a outros erros que poidas atopar? Non te levará moito tempo, o artigo non é moi extenso. Se non podes avísame e consult con outra persoa. Graciñas! Piquito (conversa) 4 de abril de 2020 ás 15:51 (UTC)

Grazas Estevoaei, tentarei ter en conta as túas anotacións para o futuro. Piquito (conversa) 4 de abril de 2020 ás 19:52 (UTC)

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra[editar a fonte]

Boas, o artigo Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2020 ás 16:37 (UTC)

Roquia Sakhawat Hussain[editar a fonte]

Ola, Estevo. Como ves esta explicación que achega Norrin sobre o nome da autora? Facemos logo a mudanza cara a Roqeyya Sakhāwat Hussain e deixamos quedar a denominación Roquia Sakhawat Hussain como redirección ou opinas distinto? Grazas e saúde. --Atobar (conversa comigo) 13 de abril de 2020 ás 10:12 (UTC)

@Atobar: Ola! Pois non teño a menor idea ao respecto, fieime da transliteración empregada nos artigos en inglés e portugués (por aquilo de seren linguas empregadas na India), pero dádelle como consideredes. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de abril de 2020 ás 10:55 (UTC)

Formato dos artigos[editar a fonte]

Bo día Estevoaei. Creeme que tento seguir o libro de estilos. No dos artigos da defunción, estiven vendo como colocalo en Notas, pero non fun capaz, sintoo. Moitas grazas polo ofrecemento de axuda e as correcións. Un saúdo --Urco65 (conversa) 14 de abril de 2020 ás 11:03 (UTC)Urco65

Vandalismo[editar a fonte]

¡Hola! ¿Puedes bloquear a esta IP? Gracias. Saludos. —Hasley (conversa) 17 de abril de 2020 ás 16:46 (UTC)

Coordenadas[editar a fonte]

Ola. Non sei como poñer as coordenadas que me indicas nas fotos de Lois Antón. Nin siquera sei se así e como podo cuminicar contigo. Desculpa. Foto LoisAnton3.jpg feita no Forriolo: 42.119515, -7.896662

Debate na taberna[editar a fonte]

Boas! Veño de iniciar un fío na Taberna que creo que é de interese para toda a comunidade e gostaria de coñecer a túa opinión. Aquí está!. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de abril de 2020 ás 23:27 (UTC)

Cesante[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Canto teñas un momentiño, poderíaslle botar un ollo a Cesante (funcionario)?. Non teño moi claro se debería levar o de "Homónimos" e tampouco se as notas lle cómpren ou hai que llas quitar. Graciñas.--MAGHOI (conversa) 22 de abril de 2020 ás 18:22 (UTC)

Pregunta[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Estou tratando de actualizar un pouco a parte ciclista de Galipedia e en concreto o ciclismo feminino que é praticamente inexistente. No apartado de categorías non hai ningunha referida a ciclismo femenino e tampoco sei si e convite crear un que sexa "ciclismo feminino" se non existe un de "ciclismo masculino". Se me dis como proceder poñome con iso. Saludos de GZKZ

Cuestións gramática[editar a fonte]

Saúde Estevoaei, unha sinxela dúbida de gramática. O normal é contraer "de algunhas" en dangunhas, e "de acordo" en dacordo. A frase é esta: "Monteverdi escribiu versións simples e adornadas de algunhas arias, como "Possente spirto" de Orfeo,[24] mais de acordo con Harnoncourt "é obvio que onde non escribiu ningún adorno non quería ningún canto"". Confirma cando podas. Grazas. --Viascos (conversa) 27 de abril de 2020 ás 00:28 (UTC)

Demografía e consulta[editar a fonte]

Grazas Estevoaei polas indicacións. Teño pa' un rato de confimamento na casa, así que estou preparando artigos para os lugares da parroquia de Mañufe que están en vermello. A idea é que ademais da poboación teñan seccións de patrimonio e arquivos multimedia que ilustren os textos. Como trátase de lugares pequenos, moitos deles non teñen bibliografía editada. Neste caso debo recurrir a investigadores locais (por sorte sí hai), mais teño a dúbida de como referenciar esas achegas. Podes indicarme algo? Graciñas e apertas, Varperalta.

Artigo Pazo de Fontán na parroquia de Mañufe[editar a fonte]

Boas, Estevo! Acabo de publicar o primeiro artigo dos falados sobre a parroquia de Mañufe, é sobre o Pazo de fontán. Teño fotos xeolocalizadas pero non son capaz de subilas. Xa teño pronto tamén o artigo sobre O Lugar de Fontán, onde se atopa este pazo e outros puntos patrimoniais de interese. Puxen o artigo na categoría Pazos de Pontevedra. En canto teña subido o artigo de O Lugar de Fontán o vou ligar a este. Coma sempre calquera indicación, crítica e axuda é benvida. Apertas!

Gracias pola paciencia[editar a fonte]

Ante todo gracias por barrer as niñas desfeitas sempre dun xeito constructivo, prometo aprender. No caso de Nike Terpstra tratei varias veces de incluír as fichas da Wikidata, fun capaz de unidos con algunhas bases de datos, pero non de facer que aparece a ficha. Podriasme dicid que estou facendo mal? Gracias, admito calquera tipo de consello ou correción.

Marc Quinn[editar a fonte]

Ola. Poderías arranxar o artigo de Marc Quinn? Saúdos.Mistico Dois (conversa) 6 de maio de 2020 ás 23:09 (UTC)

Xeorreferencias[editar a fonte]

Ola, Estevo! Como sempre graciñas polas indicacións, vou aprendendo día a día. Interésame colocar coordenadas que acompañen os lugares naturais e patrimoniais que vou mencionando nos artigos dos lugares de Mañufe. Gustaríame facer algo como a xeorreferencia que colocaches no artigo do Pazo de Fontán arriba á dereita. Pero de xeito que poda ir a carón de cada topónimo de interese, intercalado co texto. É posible? Dese xeito as persoas poden premer nel e velo nun mapa na mesma páxina. Un saúdo. Por certo, estou a anos luz de entender a Wikidata, ja ja.

Artigos de lugares[editar a fonte]

Bos días. Todo ben por aquí, espero que ti tamén. Grazas polas indicacións. Vounos crear agora e tereino en conta para novos artigos. Saúdos! Imxavitooh (conversa) 12 de maio de 2020 ás 09:50 (UTC)

Recoñecemento[editar a fonte]

Ola. Grazas por avisar pero xa sei iso, tiña pensado pór un modelo cando remate o texto. --Mark Gasoline (conversa) 19 de maio de 2020 ás 16:04 (UTC)

RE: Pura Lago[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Por aquí todo ben, que tal ti?

O certo é que non teño ningunha información de Pura Lago, non teño aquí ningún libro de música galega máis que a biografía de Osterberger. Mirando rapidamente na rede tampouco vin moita cousa, a verdade. Non me vou poñer con ese traballo agora, o certo é que ando agora con varios artigos "en uso" (retirarei algúns porque non dos feito) e estou sobre todo co de Xosé Baldomir, así que a curto prazo non creo que faga nada ao respecto, entre Baldomir, que teño pendentes dous ou tres artigos de óperas galegas e Courtier creo que me vai chegar de rebuscar información de tempos antergos, facer artigos como o do trofeo Jari Kurri ou a Filharmónica Coruñesa danme moito choio e seguramente cando acabe con estes cos que estou agora andarei unha tempada a traducir (ou non).

Unha aperta! Piquito (conversa) 19 de maio de 2020 ás 20:59 (UTC)

Borrado de redirección[editar a fonte]

Ola Estevoaei, poderías encargarte de borrar esta redirección? Hai que mover a páxina hipopótamo común. --Mark Gasoline (conversa) 21 de maio de 2020 ás 09:22 (UTC)

Deixa, xa está feito. --Mark Gasoline (conversa) 21 de maio de 2020 ás 18:46 (UTC)
Se ves que está incorrecto, mellor corríxeo. Agora mesmo estou procurando algo máis de información sobre as mortes que causan os hipopótamos cada ano. Xa lle puxen unha fonte, pero outra máis non creo que lle sobre. --Mark Gasoline (conversa) 22 de maio de 2020 ás 17:05 (UTC)

Posible copyvío[editar a fonte]

Estevo, bota un vistazo ó artigo Amorín, Tomiño e ó que digo na conversa. Grazas, Pedro

Estropallo[editar a fonte]

Ola Estevo. Púxenlle a categoría de materiais, non atopei outra. --Mark Gasoline (conversa) 26 de maio de 2020 ás 15:49 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Grazas polo ánimo.

Este é un comezo, e intentaremos corrixir erros o máis posible.Jemo2200 (conversa) 29 de maio de 2020 ás 15:49 (UTC)

Categoría Gondomar / Mañufe, Gondomar[editar a fonte]

Ola, Estovarei. Decátome que temos algúns elementos patrimonias de Mañufe catalogados como Gondomar e outros como Mañufe, Gondomar. Supoño que esta última é máis nova e segundo quen fai o choio coloca a que coñece. Como eu non teño nin idea de cómo se fai, vos pido axuda para unificar, tal vez colocando as dúas ou non sei dalgún xeito que queden todas iguais. O que mellor entendas para mellor criterio da Galipedia. Graciñas polo teu traballo na Wikidata (tampouco entendo nada, meu deus!), intentarei ir collendo algo neses eidos. Apertas! Varperalta (conversa) 14 de xuño de 2020 ás 18:36 (UTC)

variacións en parroquias[editar a fonte]

Si, estaría ben facelo; creo, de feito, que xa mo dixeras anteriormente. A verdade é que teño o tema das parroquias moi abandonado mais si que gustaría de o facer. One2 (conversa) 17 de xuño de 2020 ás 18:27 (UTC)

Consulta Categorías[editar a fonte]

Ola, Estevoaei, nestes días fixen un artigo sobre O Cruceiro de Piquetes, A Casa Fundación e outro sobre os Birlos Celtas. Nos tres casos, coloquei categorías seguindo os códigos das páxinas que xa tiña creadas. Mais non teño certeza si eso o debo facer eu ou coma até agora, deixar que o fagan outros usuarios que traballan nese eido?Varperalta (conversa) 19 de xuño de 2020 ás 11:42 (UTC)

Madison Beer cambios[editar a fonte]

Boas! Acabo de ver que engadiches unhas correcións á esta páxina e como son nova quería saber a que té refires con "sen categoria" e o demáis que puxeches. Moitas grazas pola túa aportación e espero a túa resposta! CGA22 CGA22 (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 21:42 (UTC)

Boas de novo! Quería debatir contigo unha cousa para ver cal sería a opción correcta. Penso que pode ser de axuda para unha persoa que non coñeza o inglés e que acuda á Galipedia por información, deixar ao carón dos títulos en inglés unha tradución, para poder entender do que falan. Que é o que pensas ti? e que as traducións que fixen foron borradas da páxina e quería saber que opinarías. Moitas gracias por toda a túa atención e axuda!

Consulta ligazón entre Wikis[editar a fonte]

Ola novamente Estevoaei! Intentei ligar os artigos Birlos celtas da Galipedia co Bolos celtas que fixen despois na Wiki en español. Intentei facelo co comando de linguas localizado no menú da esquerda da páxina, mais me di que na wiki en español non existe o artigo Bolos celtas (que sí está), e intentei ligar ao revés dende español a galego e tampouco. Podes botarme nalgún momento unha man con isto? Moitísimas grazas coma sempre. Saúdos, Varperalta (conversa) 21 de xuño de 2020 ás 22:13 (UTC)

Mover Celsius a Grao Celsius[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Viña a preguntar se sería máis axeitado mover esta páxina. Non lle vexo moito sentido que non teña diante o termo grao no título. Grao Fahrenheit sí o ten. Non sería mellor borrar a redirección e movelo? --Mark Gasoline (conversa) 5 de xullo de 2020 ás 09:50 (UTC)

Citas no Mosteiro de Oseira[editar a fonte]

Ola, ! Estiven colocando citas bibliográficas no artigo do Mosteiro de Santa María de Oseira que non tiña ningunha. Pero quedáronme por baixo do control de autoridades e non quero deturpar que de código vou co xusto. Podes ti facelo? Espero non molestar, forte aperta!Varperalta (conversa) 7 de xullo de 2020 ás 19:11 (UTC) Ola, Estevoaei! Xa rematei o engadido de citas no artigo do Mosteiro de Santa María de Oseira cuns pequenos engadidos de información (creación da Sección Toponimia, e na de Historia referencias a San Famiano, territorios do mosteiro e incendio de 1552) que penso cobren unha información básica. Agora vou co de Turonio. Se no proceso de citas atopo información non contrastable ou diferente a das bibliografías que eu dispoño: deixo o texto orixinal ou cambio polo que eu teña con citas bibliográficas? É dicir, cal é o uso neste tipo de casos? coma sempre moitas grazas polo teu tempo e boa disposición. Apertas Varperalta (conversa) 8 de xullo de 2020 ás 11:06 (UTC). Boas, Estevoaei! Quedou rematada a edición de citas no artigo Turonio. Se atopas todo ben poderíase quitar os carteis cos reclamos de citas e mellora pois creo que información básica sobre o tema está agora correcta. Calquera cousa avísame. Bou na procura doutros artigos para estes días. Estamos en contacto. Apertas! Varperalta (conversa) 9 de xullo de 2020 ás 19:07 (UTC)

Celtic Knot[editar a fonte]

Hola, company. Com anem? He visto que estarás en el Celtic Knot y el @Paucabot: hace una presentación de les infotaules. Presentará una nueva versión de la infobox persona que permite una parametrización, externa al código, para indicarle cual es el nombre de los parámetros locales y los textos de las etiquetas, entre otras cosas. Si le da tiempo y yo arreglo un temilla que tengo pendiente, presentará el caso real de parametrización que he preparado, para que la infobox entienda los parámetros que usáis a Modelo:Biografía y una buena parte de las que tenéis a Categoría:Caixas de información sobre personalidades. Si lo puedes ver y te gusta, hablamos; y si no lo puedes ver, hablamos igualmente. Salut! --Amadalvarez (conversa) 7 de xullo de 2020 ás 21:14 (UTC)

@Amadalvarez: Moltes grácies, mestre! Espero que vagi tot bé. N'Elisardo és el conseller en cap de les infotaules a la Galipedia, potser pugui botar un ollo. Na Maria zaos estarà també pendent. Abraçades! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de xullo de 2020 ás 21:32 (UTC)
Pues desde aquí emplazo al Elisardo a que bote un ollo o no, nos hemos de poner en contacto porque tengo una oferta irresistible !!. Si mirais ca:Plantilla:Proves persona/ús veréis que el milagro es posible. Ja direu. Per cert, el teu català progressa molt millor que el meu galego. Et felicito !. --Amadalvarez (conversa) 8 de xullo de 2020 ás 09:15 (UTC)

Orde alfabética en categorías[editar a fonte]

Boas! Grazas polas melloras no artigo de Luis Quintas Goyanes. Vin que engadiches á Categoría:Pintores de Galicia; eu tamén puxen agora a Categoría:Pintores de Galicia do século XX. O que pasa en ambas é que o pintor aparece listado na letra A, cando nin o seu nome nin ningún dos apelidos comezan por esta letra. Probei a quitarlle as categorías e poñelas de novo pero segue igual. Non sei a que se pode deber. Bótalle un ollo a ver se ti sabes solucionalo. Moitas grazas!--Ogaiago (conversa) 8 de xullo de 2020 ás 12:21 (UTC)

Mellor "apelidos" e "nome" que "autor"[editar a fonte]

Ola Adrián.

Vexo que, de cando en vez, nos modelos de citas, mudas "|apelidos= |nome=" por "|autor=". Non é unha mellora, ao contrario.

Cando o fas deixan de funcionar correctamente os modelos {{Sfn}}, {{Cita Harvard}}, {{Cita Harvard sen parénteses}} etc. Non o fagas máis, porfa.

Graciñas, un abrazo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de xullo de 2020 ás 21:35 (UTC)

Sistema Brasileiro de Televisão[editar a fonte]

Só para informar de que destacando a historia do artigo, todas as edicións feitas por este Rogério da Silva Santana son vandalizacións onde puxo o seu propio nome. Suxiro bloquear a conta. MarceloRenard2, o raposo preppie Arranxos e corretixos 14 de xullo de 2020 ás 16:17 (UTC)

Autorizacións para subir imaxes, gráficas e ilustracións[editar a fonte]

Hola, Estevo(aei)! Estou traballando no artigo Prehistoria en Galicia co mesmo obxectivo de colocar citas aos textos á vez que actualizar e ampliar a información contida. Pregunto: de conseguir autorización de algún dos investigadores para incluír no artigo gráficas, imaxes e ilustracións das pescudas que se están a facer en Galicia neste período histórico, como debería proceder?Varperalta (conversa) 16 de xullo de 2020 ás 00:33 (UTC)

Carlos Castaño Panadero[editar a fonte]

Boas, o artigo Carlos Castaño Panadero, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 17 de xullo de 2020 ás 21:12 (UTC)

Uso de Wikidata[editar a fonte]

Ola, Estevo. Grazas polo teu comentario sobre o uso de wikidata. Creo que capto a idea do que me dis e soa moi interesante e necesario. Verei de botarlle un ollo; a ver se son capaz de manexar o asunto. Fedellarei onde me dis que ti xa amañaches o asunto (no lugar de Ribó). Grazas por estar sempre atento. Unha aperta Satna (Ti dirás) 21 de xullo de 2020 ás 21:42 (UTC)

Museo do Ferrocarril no Carril (Vilagarcía)[editar a fonte]

Boas noites, Estevo. Hai tempo pedías unha foto do Museo do Ferrocarril. Con moito retraso, hoxe as busquei e xa están subidas dúas en Commons: "Vilagarcia, Museo ferrocarril 23032010 02-03.jpg" e "Vilagarcia, Museo ferrocarril 23032010 02-03.jpg". A mandar cando queiras outra cousa. Un saúdo, Pedro --Lameiro (conversa) 22 de xullo de 2020 ás 22:28 (UTC)

Chairebot[editar a fonte]

Ola! Moitas grazas a ti por activar os botóns para o Chairebot. Saúdos! --Chairego apc (conversa) 28 de xullo de 2020 ás 21:27 (UTC)

Wikidata[editar a fonte]

Ola, Estevoaei, un pracer escribirmos de novo! Agradézoche un montón o teu traballo con estes artigos. Estou traballando agora en Turismo do Pino e pensei en actualizar e crear artigos relacionados con este concello. A información sempre é promoción. Estou comezando a tirar fotos e dentro de pouco comezarei a subir imaxes, así que estou de acordo contigo neste tema. Grazas outra vez polo teu apoio e unha aperta!--Castelao (conversa) 31 de xullo de 2020 ás 18:12 (UTC)

Pór 2 ligazóns[editar a fonte]

Boas: Poderías pór as dúas ligazóns que indico aquí Conversa_Wikipedia:Sobre_Galicia/agosto_2020? Grazas. One2 (conversa) 3 de agosto de 2020 ás 19:39 (UTC)

Imaxes para eliminar[editar a fonte]

Ola, Estevo. Moitas grazas pola revisión. Pola data (marzo de 2009), estou case seguro de que as debín de sacar de Flickr (no repositorio que teñen ou tiñan para o dominio público) e que lles atribuín mal a licenza e mais a autoría. Deben polo tanto ser eliminadas. Miñas seguro que non son, porque nunca estiven nin na China nin en Venezuela. De novo grazas pola revisión e se topas con algunha outra polo estilo cargada por min, non dubides en borrala directamente; eu daquela estaba empezando a colaborar coa Wikipedia e cometía non poucos erros de vulto. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 4 de agosto de 2020 ás 09:54 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola Estevoaei! O outro día creei o artigo de Särkänniemi e, se non lembro mal incluín as ligazóns interlingüísticas dende a Wikipedia finlandesa, o caso é que non aparecen na Galipedia e cando tentei engadilo en WikiData apareceume repetidas veces un erro, poderías mirar se o podes solucionar? Eu non teño nin idea desa ferramenta. Graciñas, Piquito ([[Conversa:Usuario:Piquito|conversa]]) 8 de agosto de 2020 ás 13:19 (UTC)

Ola, @Piquito:; polo que vexo solucionouno a Usuaria:Maria zaos, que fusionou os elementos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 8 de agosto de 2020 ás 23:32 (UTC)

Metedura de zoca[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Acabo de meter a pata creando un artigo co propio nome da entrada cunah falta grabe de ortografía, podes votarme unha man para arranxalo? Grazas, comenteicho a ti porque falaramos noutras ocasións e axudárasme moito, desculpa se che causei trastorno algún. Sobre o corrector, so podo dicir "Que mais quixera eu"

    Conseguín amañalo, grazas polo tempo, tratarei de arranxar o tema da ortografía. Dende o meu equipo as cousas non funcionan como deberían.

Un saudo. —o anterior comentario sen asinar foi feito por GZKZ (conversacontribucións) 18 de agosto de 2020 ás 20:02

Imaxes lugares de Antas de Ulla[editar a fonte]

Ola de novo Estevo. Se non estou errado, hoxe rematei coa incorporación de imaxes a todos os núcleos de poboación do Concello de Antas de Ulla. Non sei se dispoñemos deste dato a nivel Galiza (de cales son os Concellos con esta tarefa rematada), pero se fose así gustaríame coñecelo. Observo tamén que hai Concellos que non teñen feitas as páxinas das súas localidades ("sub-parroquias"). Non sei se serei capaz de meterme con esa tarefa, pero se me dás unhas liñas de como se fai... podo tentalo. Graciñas e unha aperta ullá --Satna (Ti dirás) 20 de agosto de 2020 ás 11:48 (UTC)

 Ola outra vez, Estevo. Pois si que é un pracer aportar a todos os lugares a súa imaxe, pero é certo que require bastante choio e sobre todo moito coñecemento da zona, e aínda así en moitos casos cómpre      falar con persoas (eu elixo case sempre persoas maiores, que son a memoria viva das nosas aldeas), para aclarar detalles de ubicación. Hai algúns lugares totalmente deshabitados e incluso coas antigas construcións en estado de total ruína... 
 Tentarei ir facendo algo coas de Monterroso, que o teño máis á man; pero tal como che comentaba no comentario anterior, das 28 parroquias únicamente os lugares de catro teñen artigo na Galipedia. E era niso onde preguntaba se hai un formato estandarizado para crealas...
 Un saúdo.--Satna (Ti dirás) 20 de agosto de 2020 ás 18:39 (UTC)

Re: Lugares en Wikidata[editar a fonte]

Grazas pola suxestión de facer o elemento en Wikidata, a verdade é que non se me ocorrera que podían non existir. Creei o elemento d:Q98556622 correspondente ao [[Quinto Pino e mais liguei o artigo da Maceira co seu correspondente elemento de Wikidata. Un saúdo--Jglamela (conversa) 22 de agosto de 2020 ás 13:00 (UTC)

Fao, Touro[editar a fonte]

Bos días, Estevoaei. Agora non me pilla de paso, xa que todas as fotos que estou tomando son de lugares polos que todos os días vou de camiño ao traballo. Cando faga a reportaxe sobre a Mina de Touro, tentarei pasarme, aínda que só sexa porque hai un furancho ao lado ;) . Apertas!--Castelao (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 06:52 (UTC)

Tradutor automático[editar a fonte]

Ola! Gracias polo aviso. Repasarei os artigos e farei o que poida. Mike dime 6 de setembro de 2020 ás 11:30 (UTC)

Estiven repasando e mellorando os artigos pero non retirei os avisos de autotrad, preferín preguntar antes. Por outra banda, acéptase o uso das segundas formas do artigo? Se non é así teño moito que corrixir, non atopei solución na guía de estilo. Graciñas! Mike dime 6 de setembro de 2020 ás 12:30 (UTC)

Luiz Carlos Prates[editar a fonte]

Buenas dias, querido Estevoaei, como estàs?

He colocado en la Discusiòn el aviso de traduciòn. Podrias por favor controlar se està bien? Muchas gracias por todo!!!

Rei Momo (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 06:51 (UTC)

Hidra (homónimos)[editar a fonte]

Ola Estevoaei. Quizais fose conveniente modificar esta páxina de homónimos, cambiado Hidra (homónimos), por Hidra, referida aquí como illa grega do mar Exeo, cambiando a Hidra (illa), como adoita facerse na Galipedia noutros casos. Que pensas ti? --XoioÉche o que hai 7 de setembro de 2020 ás 11:26 (UTC)

Podes mover tamén Conversa:Hidra (homónimos) a Conversa:Hidra? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de setembro de 2020 ás 17:26 (UTC)

Toponimia antigua e datos enlazados baixo ccommons[editar a fonte]

Ola! como vai? Cando teñas un tempiño, bótalle un ollo a rexistros coma este. Penso que se podería exportar un listado de Toponimia antiga para o seu uso en wikipedia e probablemente en WD. Pero precisaría alguén que se sentase comigo a verificar que estes descritores non teñan moitas eivas, porque os topónimos da Biblioteca, non do Arquivo Dixital de Galicia teñen bastantes problemas de coherencia/granularidade para pensar en reutilizalos. Cando sexa, con calma. Grazas!.--Maria zaos (conversa) 9 de setembro de 2020 ás 18:21 (UTC)

Ola! podes por favor escribirme na miña páxina de conversa para probar un trebello novo de conversa? Grazas!.-- Maria zaos (conversa) 4 de decembro de 2020 ás 13:46 (UTC)

Votación á administración[editar a fonte]

Ola Estevoaei! Vin o teu anuncio da votación para a administración. Grazas pola proposta, con todo creo que poñer o anuncio nese fío non é o lugar, de feito nin sequera lembro que se anunciaran ese tipo de votacións en ningún fío da taberna (pode que me engañe ou lembre mal). A mensaxe non ten nada que ver co tema que trata ese fío, non achega nada nin é de interese para esa proposta, e creo que desvía a atención da mesma. Na miña opinión o seu tería sido ou non anunciar esa votación (esas votacións nunca tiveron problema de votos) ou poñer ese anuncio noutro fío novo. Un saúdo, Piquito (conversa) 12 de setembro de 2020 ás 21:42 (UTC)

Grazas pola aclaración Estevoaei, é que como non puxeras título na nova sección semellaba un comentario no fío que estaba aberto e non entendía a que viña a conto. Un saúdo, Piquito (conversa) 18 de setembro de 2020 ás 20:38 (UTC)

Sobre a modificación en Francisco A. Vidal[editar a fonte]

Hola, Acabo de ver que eliminaron o enlace engadido no tocante á páxina da referencia "El Periódico de Arteixo". ¿pode indicarme porqué? Graciñas

Trebellos[editar a fonte]

Grazas por comentarmo, é algo que descoñecía por completo, probareina. Por certo, aproveitando que case toleo na procura dunha palabra, quizais ti si que o saibas. No DRAG non aparece repesca, falo de competicións deportivas, e non atopo unha palabra equivalente que se axeite ben. Se o sabes por casualidade ben, caso contrario non ten tampouco maior importancia.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2020 ás 18:26 (UTC)

Grazas, ás veces o máis fácil non sae. En Commons puiden elixir o trebello sen problemas pero na wikipedia en galego non atopo ese trebello entre as opcións que me aparecen.--HacheDous=0 (conversa) 16 de setembro de 2020 ás 18:37 (UTC)

Fotos de Ksado[editar a fonte]

Q tal Estevo. Non hai problema en borrar a imaxe. Tiña as miñas dúbidas sobre o uso das imaxes que se poden atopar en Galiciana pero queda claro. Un saúdo. JonnyJonny (conversa) 16 de setembro de 2020 ás 21:02 (UTC)

Estación da Alberguería-Prado[editar a fonte]

Ola Estevo, moi boas! Si, fixen esa edición precisamente despois de mirar en Galicia Nomeada. Aí podes ver os límites entre parroquias, mentres que no IGN só entre concellos. Acabo de consultar tamén a cartografía da Xunta (por certo, non coñecía esa páxina así que grazas) e efectivamente aí o límite está trazado un pouco máis ao norte, pero só se te achegas moito. A escala 1:144.448 cambia a fronteira e xa se ve como igual ca en Galicia Nomeada e no IGN. Por iso cambiei o artigo e ademais pareceume conveniente engadir as distancias á Alberguería e Prado, que é como se chama a estación e penso que con bo criterio, porque o núcleo da Alberguería está case que ao lado, mentres que O Castro 'capital' da parroquia queda moito máis lonxe. Paréceche ben? ;) --Ogaiago (conversa) 17 de setembro de 2020 ás 17:05 (UTC)

pra[editar a fonte]

Boas Estevoaei. Vendo as túas mudanzas en Cambedo, gostaríame lembrar que a forma «pra» si está admitida pola RAG [1]. Por certo, moi boas e interesantes fotos. One2 (conversa) 20 de setembro de 2020 ás 19:32 (UTC)

Ortografía[editar a fonte]

Ola. Grazas pola axuda. Non coñecía algunhas das ferramentas e vexo que están moi ben. En canto ao artigo Copa España (fútbol), estiven facendo arranxos. Se ves que non hai fallos e xulgas apropiado retirar o aviso de ortografía, por min vale. Saúdos. -- Jorges65 (conversa) 23 de setembro de 2020 ás 05:23 (UTC)

Queres borrar un artigo[editar a fonte]

Hola Estevoaei. Non sei porque a túa insistencia en borrar o artigo David Pérez Doval. Xa que o de Jacobo Vilariño e similar e de feito ti colaborache nese artigo, un saúdo.

We sent you an e-mail[editar a fonte]

Hello Estevoaei/arquivo14,

Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email surveys@wikimedia.org.

You can see my explanation here.

MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)

Cristal Méndez Queizán[editar a fonte]

Boas, o artigo Cristal Méndez Queizán, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Maria zaos (conversa) 5 de outubro de 2020 ás 09:03 (UTC)

Gloria Va[editar a fonte]

Hola, non estou de acordo co aviso Gloria Va no artigo David Pérez Doval. Acaba de salir en Diario As, e en moitos medios. E un xogador relevante en galicia. Hai un artigo acerca Jacobo Vilariño ou Fran Lopez Valcarce e non se pon ese aviso, e coma esos, moitos máis que non son nin a metade de relevantes ca ese. Un saúdo --Rlopglez (conversa) 10 de outubro de 2020 ás 17:07 (UTC)Rlopglez

Mosteiro de Poio[editar a fonte]

Tiñas razón, e a foto estaba mal descrita e mal categorizada. Trátase efectivamente do mosteiro de Poio. Corrixín esa fotografía e outra (do martirio de San Serapio), pero non vin ningunha outra fotografía con erros. Pedro --Lameiro (conversa) 17 de outubro de 2020 ás 19:35 (UTC)

Administrador[editar a fonte]

Moitas grazas pola confianza mais a verdade é que non dispoño de moito tempo para editar na Galipedia, e o pouco que teño prefiro dedicalo a crear ou mellorar artigos. Apenas teño tempo para dedicalo a votacións ou participar en iniciativas ou debates.--HacheDous=0 (conversa) 24 de outubro de 2020 ás 08:03 (UTC)

GFDL-propia[editar a fonte]

Hi! I noticed that FileImporter could not convert GFDL-propia to GFDL-self on Commons (c:File:Pedrouzo33.JPG). I fixed FileImporter so it should work now. If you need help to fix templates just let me know. --MGA73 (conversa) 25 de outubro de 2020 ás 16:09 (UTC)

Licenses[editar a fonte]

I made a suggestion on Conversa MediaWiki:Licenses.

Since GFDL is a bad license I think the best is to ask active users if they would also add Cc-by-sa-4.0 for example. You can click this link to see who uploaded the files the category of GFDL-files. Some are allready licensed cc. To get a better list we need to work a little. to see who uploaded the files with GFDL only. Those that upladed many license should of course not add a license manually. A bot can do that. --MGA73 (conversa) 27 de outubro de 2020 ás 18:18 (UTC)

@MGA73: Thanks! I'll put an advice at Wikipedia:A Taberna (imaxes) (Village pump section for images), and I'll write to those active users who used GFDL. The same bot could change GFDL and incloude the {{Información}} section in those pictures without it. --Estevo(aei)fálame aquí 27 de outubro de 2020 ás 23:11 (UTC)

If you add a category to Modelo:Information so that all files that have this template ends in Category:Files with Information template then you may have many files that are ready to move to Commons.

I'm also moving files from Japanese Wikipedia to Commons and I added many files to Category: "Unidentified subjects in Japan" or "Trains in Japan" so when I move them to Commons they end up in a category related to Japan. From there they are easy to move to other relevant categories. I was lucky to find a Japanese user that liked to categorize stuff so I moved many files and he added categories :-) --MGA73 (conversa) 28 de outubro de 2020 ás 16:07 (UTC)

Deleting files with a bot[editar a fonte]

I see you delete a lot of file pages. I do not know how many pages you plan to delete but if it is many you could use a bot to delete them. --MGA73 (conversa) 3 de novembro de 2020 ás 21:11 (UTC)

I made a list (Usuario:MGA73/Sandbox) and if I made it right then there are 18,741 file pages where there is no file (the file is on Commons). --MGA73 (conversa) 3 de novembro de 2020 ás 21:47 (UTC)
@MGA73: OMG; thanks for the list. So far, I'm deleting each image one by one because I am checking the categories in Commons (actually, I am deleting the pictures according the categories they belong to), if the name of the category in Commons is fine (many categories where created in galician or spanish, not in english, and I am renamig them), and even sorting the pictures by name in the category. I am also checking if there are pictures in the correspondent Qs in Wikidata, specially those pictures related to heritage (churches, bridges...) or territory (maps, coats of arms...). However, your list is really useful, because I can do searches by name.
I really appreciate your supporting with all this stuff. I estimate that in six months it will be ready, which is not too much considering that some photos were uploaded sixteen years ago :D --Estevo(aei)fálame aquí 4 de novembro de 2020 ás 09:26 (UTC)
Thats great that you work so systematic and hard. Yes checking categories on Commons is a good idea. My guess is that Commons could use more categories so if you create them while you work it is perfect :-) --MGA73 (conversa) 4 de novembro de 2020 ás 11:04 (UTC)
Hi, @MGA73:! How are you doing? Could you please refresh your Usuario:MGA73/Sandbox? I would like to know how many file pages without file are there still, three months after. Thanks a lot!! --Estevo(aei)fálame aquí 11 de febreiro de 2021 ás 01:58 (UTC)
Hi Estevo(aei)! Sure... Wow... you have been very busy! The list is updated now. 1004 filepages left. --MGA73 (conversa) 11 de febreiro de 2021 ás 07:21 (UTC)

Proposta de creación de "Gazeta"[editar a fonte]

Feito! Velaquí o artigo Gazeta. Apertas!

Un asunto privado[editar a fonte]

Boas Estevo! Poñereino na miña lista persoal de artigos por facer. Non coñezo moitos detalles da serie así terei que buscar información antes de poñerme con el. Eu non teño Amazon Prime así que non creo que a vexa tampouco. Sabes se é unha serie orixinal en galego? Saúdos. --Breogan2008 (conversa) 9 de novembro de 2020 ás 16:49 (UTC)

Nieto de Ramon F y F-M[editar a fonte]

Hola Adrián, sabes donde puedo encontrar los libros de Ramon Fernandez y Fernandez-Mosquera?. Me gustaria tenerlos. Mi abuela, Esther Eiras Lorenzo nos dijo que Ramón era nuestro abuelo. No reconoció a mi padre, natural de Padrón, en el 50. Mi padre ya falleció en el 92. jeseifer(at)h o t m a i l . c o m

Henoteísmo[editar a fonte]

Non creo que sexa henoteísta, como o son boa parte dos hinduístas (que é unha relixión peculiar onde hai monoteístas, henoteístas, politeístas e non teístas) que cren nun deus principal e noutros secundarios; e na entrevista o único que di é que cre na existencia de Deus, sería entón teísta, nin sequera di que ese deus deba ser un deus creador, único ou non, ou que sexa un deus persoal ao estilo dos xainistas; e fundalmentalmente penso que non debera estar a relixión, neste caso e noutros, ao non ter significado na traxectoria como personaxe enciclopédico e polo tanto non é un dato relevante, o que non quere dicir que na traxectoria persoal vital (privada e non pública) a relixión xogue un papel moi importante. --HacheDous=0 (conversa) 17 de novembro de 2020 ás 19:31 (UTC)

María Cecilia Martín Iglesias-Categorías[editar a fonte]

Ola @Estevoaei! Grazas a ti pola axuda, máis non entendo moi ben, xa que teño o HotCat activado pero non funcionóu. Agora vexo que están as categorías así que ben. Revisarei con outro artigo a ver que foi...misterios da informática hahaha. Bo día!--Moniquiña (conversa) 18 de novembro de 2020 ás 10:20 (UTC)

Un grande actor[editar a fonte]

Buenas noches, querido Estevoaei, y muchas gracias por tu visita.

No hablando Gallego nativo, mis traduciones son un poco erradas. Por favor, por esta pagina nueva, te pido, si no es mucho traballo, un contextito.

Estoy disponible contextar-te en Italiano y Frances. Muchas gracias, y hasta luego!!!

Rei Momo (conversa) 18 de novembro de 2020 ás 22:02 (UTC)

Estava olvidando-me: he procurado escribir en la conversa el modelo {{Traducido de}} mas no consigo. Podrias, por favor, escribirlo por una vez? Por favor.... asì lo pederè copiar para las otras paginas en el futuro! Muchas gracias nuevamente. Rei Momo (conversa) 18 de novembro de 2020 ás 22:10 (UTC)
Desculpas, yo no recuerdava!!! Muchas gracias, pode controlae se està correcto, por favor? Rei Momo (conversa) 18 de novembro de 2020 ás 23:07 (UTC)

Radoje Domanovic article[editar a fonte]

Hello, sorry I don't speak Galician. I noticed that you deleted the article about Radoje Domanovic as cross-spam. I agree that the contents are the same as some other wikipedias, but it is not automatic translation, or at least I hope it is not. I'm the editor of the "Radoje Domanovic" Project, and one part of the activities of the Project is to make the works of Radoje Domanovic more accessible to readers across the world by organizing people to create new translations of his stories, and I always give the same author biography for people to translate, just to make sure the main points about the writer are covered, that's why the contents are identical. The text I submitted for Wikipedia is publicly available on the Project website here: https://domanovic.org/foreign-languages/galego/ so I hope you can review and revert the decision to delete the article. Thank you! Wu (conversa) 21 de novembro de 2020 ás 08:07 (UTC)

Grazas pola benvida![editar a fonte]

Comezo xa a experimentar, a ver que tal! --RutinhaBC (conversa) 29 de novembro de 2020 ás 16:23 (UTC)

Imaxes que xa están en Commons mais con outro nome[editar a fonte]

Ola Estevoaei, non esquezas que se as imaxes teñen outro nome en Commons, para que sigan ligadas, ou se fai alí unha redirección ou se modifican aquí os nomes. Pasaba con Ficheiro:Ponte do Pedrido.JPG ([2]), coa cal me topei, non sei se hai máis casos. Saúdos e sigue así. One2 (conversa) 29 de novembro de 2020 ás 16:46 (UTC)

@One2: ostras, grazas polo aviso. Creo que nese caso concreto o que pasou foi o seguinte: a imaxe fora subida na Galipedia en 2009 como "Ponte do Pedrido.JPG", pero en 2012 foi subida a Commons como "Puente del Pedrido.JPG". Hai un mes pedín que se mudase o nome a "Ponte do Pedrido 2009.JPG" (pois xa había en Commons un arquivo co nome "Ponte do Pedrido.jpg", e non me deixaba solicitar o nome orixinal "Ponte do Pedrido.JPG"). A túa opción de empregar a redirección era a solución máis sinxela, pero nin me pasou pola cabeza (non me apaño ben con algunhas cousas de Commons). Mil grazas de novo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de novembro de 2020 ás 16:56 (UTC)

Refugallo espacial[editar a fonte]

Ola, Estevo. Non ten por que ser órbita xeoestacionaria. de feito, é un nivel menos afectado que as órbitas máis próximas. Saúdos,Agremon(contacto) 1 de decembro de 2020 ás 18:06 (UTC)

Paula Dapena[editar a fonte]

En https://www.lavanguardia.com/vida/20201201/49826087984/homenaje-maradona-futbol-femenino-viajes-interrias.html diː Esta gallega de 24 años y jugadora del Viajes Interrías (Primera División) Lles (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 15:46 (UTC)

@Lles:: non é o mesmo "Primera División" (o nome da categoría, que se corresponde coa terceira división no fútbol feminino español) ca "primeira división" (nome xenérico dado á máxima categoría dunha competición deportiva). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de decembro de 2020 ás 16:15 (UTC)

Criterio[editar a fonte]

Un criterio que non está no Libro de estilo hai que refrendalo coa comunidade se non ten base e está errado? Lles (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 16:07 (UTC)

@Lles:: coido que calquera cambio de gran magnitude que se leve a cabo debe ser referendado pola comunidade. Neste caso concreto, o uso do masculino xenérico no título de artigos de profesións si ten base (o seu uso durante 16 anos e medio), é o de que está errado é unha opinión persoal. Pode modificarse, abofé, pero debe concretarse o modo e a forma antes de comezar a facelo. --Estevo(aei)fálame aquí 3 de decembro de 2020 ás 16:13 (UTC)
Un artigo que fala de persoas entrando no seu título en masculino é un erro, non é unha opinión persoal. Lles (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 16:18 (UTC)

Administrar[editar a fonte]

Administrar, tamén é administrar as críticas. É moi importante. Tamén moi difícil. Cando te queimas cunha persoa é fácil que aproveites para dicirlle todo o que non che gusta do seu xeito de traballar, mais... Somos poucas as persoas que editamos, temos que coidarnos. Para min é máis importante que haxa un artigo con pouca información a que non o haxa, eu fago moitas veces artigos curtos para que sexan entrada a outros artigos amplos noutras Wikipedias para que, polo menos, haxa esa porta de entrada, porque ás veces creo que é máis importante que haxa o acceso. Sen ter que ver co anterior, no artigo de Paula Dapena agradezo moito a túa administración porque me confundín no nomeǃ Lles (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 16:36 (UTC)

Desculpa se parecín borde, non pretendía; simplemente aproveitei o momento para comentar varios aspectos. Ao respecto do tamaño dos artigos, coido que unha mínima entrada sen desenvolver desvirtúa o propio artigo. No caso concreto de Paula Dapena (aínda onte mesmo a incluín en Wikipedia:Artigos solicitados), non me levou máis de dez minutos googlear e atopar información sobre o lugar e a data de nacemento, por exemplo. Ademais, coido que se ten relevancia debe ser polo seu rol de futbolista (posición na que xoga, equipos nos que estivo, competición que desputa...), non por un acto puntual. En relación con iso, dubido da relevancia do artigo. Eu son bastante inclusivista, por iso considero que si debe telo; pero a relevancia mediática non é un criterio para ter artigo (véxase Wikipedia:Votacións para borrar/Biografías do caso Asunta), e antes de facer un artigo sobre unha futbolista de terceiro nivel, quizais cumpriría facer doutras deportistas galegas de primeiro nivel que aínda non o teñen. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de decembro de 2020 ás 16:46 (UTC)
Para min non ten nada que ver coa votación que anexas. A transcendencia dun xesto ás veces converte un xesto en moi relevante e unha persoa colle moita relevancia por el. Agora mesmo estou pensando en Rosa Parks, que é o que lle dá relevancia enciclopédica? A transcendencia do seu xesto. De momento o xesto de Paula Dapena non acabou co machismo no fútbol pero tivo unha repercusión enorme para o escenario no que se produciu. Lles (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 17:08 (UTC)

De Ramonandi[editar a fonte]

Benquerido Estevoaei: O artigo "Atlas lingüístico ETLEN" escribino eu directamente en galego. Eu mesmo redactei as versións en castelán, asturiano, catalán e galego. Pódese considerar, entón, un texto orixinal nas catro versións. Saúdos, Ramonandi

Terra Chá[editar a fonte]

Boas Estevo, encantaríame poder axudarche pero eu estou vivindo en Barcelona dende hai xa uns aniños. Este ano co conto da COVID fíxose moi difícil ir á casa e non creo que poida ir nun tempo. Pero bueno igual o meu irmán, que o ten máis doado, pode cumprirche. Respecto do Wikidata, irei facendo aos poucos seguindo o exemplo do Alcouce. Grazas por compartilo, faino todo máis fácil. Un saúdo.--Breogan2008 (conversa) 9 de decembro de 2020 ás 21:06 (UTC)

Boas. Eu polo momento tampouco me podo achegar para facer fotos. Síntoo. --Chairego apc (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 19:59 (UTC)

Pión (física)[editar a fonte]

Ola Estevo. Veño de traer o contido de Pión (Física) a Pión (física). Estiven mirando o procedemento para fusionar os historiais pero dado que o artigo final xa estaba creado non habería que fusionar os historiais e chegaría con deixalo como está e borrar o contido de Pión (Física) e deixándoo como redirección. É correcto? Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 15:08 (UTC)

@MAGHOI: Ola! Si, coido que neste caso pode facerse así. Graciñas! :) --Estevo(aei)fálame aquí 14 de decembro de 2020 ás 17:54 (UTC)

Modelo[editar a fonte]

Ola, Estevo. Un par de preguntiñas. A primeira máis sinxela: hai algún problema para lle retira-lo marcador de "Fusión" ao Modelo:Batalla?. Alí aparece indicado que se suxerira fusionar con Modelo:Conflito militar e penso que son cousas diferentes. Un sería para Batalla e o outro para a guerra (Conflito Militar). A segunda, é que estaba pensando modificar algo o Modelo:Batalla. Pódese facer sen problema, ou de modificalo podería causar problemas naqueles artigos onde xa estivese colocado? Como é un asunto máis técnico, non quería fedellar sen control. Saúdos, e felices festas, de paso.--MAGHOI (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 19:51 (UTC)

@MAGHOI:. Ola! A fusión de Modelo:Batalla e Modelo:Conflito militar propúxoa en 2016 Usuario:Banjo, mais efectivamente son para elementos diferentes. En calquera caso, a miña opinión respecto aos modelos é que deberían fusionarse (igual que se tende a fusionar en Modelo:Biografía os numerosos modelos que había para persoas), para rematar cun número total de dez, ou unha cifra similar. Na Wikipedia en catalán están a acometer esa tarefa; para o caso que nos ocupa, nesa Wikipedia teñen ca:Infotaula conflicte militar, que abrangue batallas e guerras, pero como se explica no cabezallo de ca:Categoria:Infotaules d'esdeveniments, están a fusionar modelos en ca:Infotaula esdeveniment ("Modelo acontecemento"), .
Se queres podes facer probas nunha subpáxina de usuario (Usuario:MAGHOI/proba modelos, por exemplo) para evitar conflitos, e unha vez comprobes que funcione ben, pois podes modificar o propio modelo. En calquera caso, fedella sen medio, que todas metemos a zoca, e para reverter sempre hai tempo :) Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de decembro de 2020 ás 20:05 (UTC)