Conversa usuario:El refugio de la Cultura~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antes de nada benvido á Galipedia El refugio de la Cultura. Non marquei o artigo Manuel Comellas Coímbra coa intención de borralo, o aviso débese á controversia sobre a dimensión da biografía tamén a certos aspectos da redacción. Retirarei a mensaxe de aviso unha vez que outros usuarios do wiki revisen o artigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:20, 27 abril 2007 (UTC)

Aínda faltan algunhas cousas por corrixir. Agora só entrei un momento e non podo facelo, cando volva farei unha relación do que falta por revisar. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:06, 6 maio 2007 (UTC)

O problema fundamental ten que ver con que a Wikipedia non pode ser fonte primaria. As referencias a Manuel Comellas Coímbra remiten á propia Wikipedia en primeiro lugar, ao seu blog elrefugiodelacultura e ao foro da Real Academia Galega (onde as intervencións semellan ter a mesma orixe). Nese sentido o artigo debe sinalar as fontes de orixe das afirmacións que contén. Mesmo hai cousas que non concordan, un exemplo é a data de nacemento, aquí pon 1857 e Ricardo Carvalho Calero na súa Historia da Literatura Galega Contemporánea escribe "Don Manuel Comellas Coímbra nacéu en Ferrol o 30 de abril de 1853, na casa número 6 da rúa de Sánchez Barcáiztegui, en cuio frente o lembra hoxe unha placa como bo ferrolán, bo periodista e mestre de tres xeneracións de estudantes..". Outra das referencias a Manuel Comellas é: O teatro galego. Manuel Lourenzo, Francisco Pillado Mayor. ISBN 8474920132 "Autor dunha soa obra teatral é o ferrolán Manuel Comellas Coímbra. PILARA OU GRANDEZAS DOS HUMILDES (1920), fantasía dramática en tres...".

No artigo fálase da "A ampla obra narrativa de Comellas.." así é todo non se inclúen títulos. Na Bibloteca Nacional de España non hai ningunha entrada relacionada con Comellas, e na Rede de Bibliotecas Universitarias só aparecen dúas: Catecismo Social según las enseñanzas de la inmortal Encíclica de la Santidad de León XIII "Rerum Novarum" extractadas y expuestas conforme al plan y método de la obra "Socialismo y Anarquismo" del P. Vicent S.J... e Pilara ou Grandezas d'os humildes: fantesía dramáteca en tres partes (eles tamén poñen 1853 como data de nacemento). Este dato é o mesmo que suministra Gooogle na busca de libros. Por outra banda no capítulo "O teatro das Irmandades da Fala" de Emílio Xosé Insúa incluído na Historia da Literatura Galega, A Nosa Terra hai este texto: "Manuel Comellas Coímbra.— Este ferrolán, que abandonou moi cedo as Irmandades (1920), é autor de Pilara ou grandezas dos humildes (Ferrol, 1919) e Redención por amor (1920), peza protagonizada un 'indiano' rico que axuda economicamente aos veciños".

A afirmación "Os poemas de Comellas, seguen estando considerados coma os de maior beleza do declive do XIX, xunto aos de Pondal" que quedou como "Hai quen considera os poemas de Comellas entre os de maior beleza do declive do XIX, xunto aos de Pondal" debe indicar unha fonte relevante que a sustente senón haberá que reescribila ou retirala. Non poño en dúbida que o resto dos datos sexan certos pero non atopei ningunha fonte independente na que basearnos.

Admito a dificultade de documentar artigos sobre autores pouco estudados (?) pero hai que continuar traballando para incluír unicamente aqueles datos que poidan ser comprobados por calquera usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:07, 8 maio 2007 (UTC)

A cuestión fundamental e dispor de fontes que refrenden cada unha das afirmacións que se fan no artigo, se o material que recolleu dos herdeiros permite iso pódense solucionar os problemas que presenta esta entrada. Como o autor moreu hai máis de 80 as imaxes das obras (as que foran publicadas naquela época, no caso de reedicións habería que comprobar as datas) e as propias obras pasaron ao dominio, iso pode ser moi útil para completar a páxina. Se considera preciso porse en contacto comigo directamente pode facelo seguindo estes pasos:
  • Unha vez que se rexistra na Galipedia, prema no enlace as miñas preferencias que está na parte superior
  • Na pestana Información do usuario e no campo O seu correo-e* ten que poñer un correo electrónico válido (tamén ten que marcar a casiña Admitir mensaxes de correo electrónico doutros usuarios)
  • Recibirá nese correo unha mensaxe do sistema pedindo a confirmación do correo na conta que escribiu alí, esa mensaxe contén un enlace que debe seguir para activar o correo
  • Unha vez feito iso poderá comunicarse comigo por correo indo a miña páxina de usuario e premendo en Envíar un correo-e a este usuario (ou desde este mesmo enlace) que está no lateral esquerdo. A continuación ábrese un formulario desde o que me pode enviar correo.
O de que Carballo Calero foi alumno de Comellas retireino eu non porque non fora certo senón porque na posición que estaba dáballe demasiada presenza a ese dato en relación coa propia biografía. Para finalizar, confio en que o seu contacto coa neta de Manuel Comellas Coímbra axude a atopar as referencias externas onde se cita a este autor e xunto coas obras orixinais establecer unha bibliografía exacta e completa (mesmo pode ser valioso para conseguir unha fotografía de Manuel Comellas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:28, 11 maio 2007 (UTC)

Manuel Comellas[editar a fonte]

Ola, o artigo por ti creado segue a adolecer dos mesmos problemas que produciron a súa marcaxe co template atención. O mellor sería que lle dese unha revisión para que a información sobre o autor permaneza e esté a disposición de todos. Se permanece mais tempo así rematará por ser marcada para votación para a súa eliminación e iso non estaría ben. Espero non o tomes a mal e sigas a colaborar no proxecto pero todos nos debemos axustar aos criterios de obxectividade para facer da Galipedia un proxecto serio e que valga de referencia, e ainda mais en temática galega que é a nosa cultura. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 20:08, 28 xuño 2007 (UTC)

Situación actual do artigo Manuel Comellas Coímbra[editar a fonte]

Ola 'El refugio de la Cultura'. Non tiven tempo de responder antes á súa mensaxe. Marquei o artigo como pendente de confirmar con referencias independentes á familia. Iso fíxeno porque os artigos publicados en Wikipedia non poden ser investigacións inéditas, deben estar baseados en fontes accesibles e fiables. Quizais na súa procura de datos coa familia lle indicaron onde atopar esas fontes para refrendar o que se afirma no artigo. Por outra banda desfixen as súas edicións en Literatura galega do período intersecular e Literatura galega do Rexurdimento por dous motivos principais, o primeiro porque polo de agora a efectos de Wikipedia non está acredita a importancia real de Manuel Comellas Coímbra na Literatura do Rexurdimento (isto que estou dicindo non implica que estea prexulgando o resultado final) e o segundo ao ser vostede parte implicada (digoo co máximo respecto cara vostede e sen que isto signifique ningunha valoración negativa pola miña parte) a súa edición non ten o grao de imparcialidade necesario para considerarse lexítima. Para finalizar quero engadir que dito procedemento é o que seguimos en todos os casos e non podemos actuar dun xeito distinto neste. Así mesmo independetemente da cuestión das regras de funcionamento de Wikipedia teño que dicir que o artigo mellorou moito, parabéns pola súa investigación. Confio en que coas debidas referencias externas poida manterse, se non todo polo menos na súa maior parte como está agora. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:29, 14 xullo 2007 (UTC)

Ola. Levo uns día ausente, en canto volva revisarei as referencias. Grazas polo esforzo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:56, 23 xullo 2007 (UTC)

Rógolle teña en conta as indicacións de Prevert[editar a fonte]

Ola, rógolle teña en conta as indicacións que lle fixera Prevert e as aplicase ao artigo José Luis Comellas xa que creo a redación incumple o necesario punto de vista neutral. Grazas e un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:33, 26 setembro 2007 (UTC)

Non pretendía desquitar a importancia ao personaxe pero tildalo como "grande historiador" ou usar na introdución "historiador e astrónomo de recoñecido prestixio internacional." poden facer que lector sospeite da neutralidade do narrador. Creo que neste caso non se trata tanto de fontes e referencias (que cantas máis mellor sobre todo nos datos que poidan ser controvertidos) senón da falta de narración obxectiva desde o punto de vista estilístico. Eu non me decatara do artigo, pero podes ver na súa páxina de discusión do artigo Talk:José Luis Comellas que un lector xa tivo as súas dúbidas. Como compartía parte do exposto por eso lle puxen o marcador de atención e che escribín. Espero non terte ofendido e que sigas a colaborar con nós. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 19:58, 26 setembro 2007 (UTC)

Marquesado de Parabere[editar a fonte]

En Conversa:Marquesado de Parabere expoño unhas dúvidas referentes a este artigo. Podes pasar por ali e resolvelas? --Xosé (✉) 20:38, 9 decembro 2007 (UTC)

Manuel Comellas[editar a fonte]

O problema do artigo é a imposibilidade comprobar as fontes, para empezar non están correctamente dadas, onde se publicaron estes traballos: R.Calvo, Cristina (1996). Comellas, la renovación pedagógica de la enseñanza ferrolana. El gran literato. e Porta, Antonio (1959). El homenaje a don Manuel Comellas., nós non somos adiviños e se quen fai o artigo non o pon e non somos quen de procuralos podemos lexitimante pensar que poden ser inventados, non ten que ser así pero existe esa posibilidade xa que non sabemos se son libros, artigos xornalísticos ou que, polo tanto eu actuei correctamente e manteño o que dixen.--RNC 20:41, 4 decembro 2009 (UTC)

Non te preocupes, desde logo non houbo ofensa persoal, tiñamos puntos de vista diferentes, pero se disto sae que se mellore considerable o artigo con fontes verificables será positivo.--RNC 13:09, 5 decembro 2009 (UTC)
Realicei considerables recortes no artigo Manuel Comellas. Queda pendente a achega de diversas fontes que corroboren esas informacións. --Xabier Cid Conversa 20:34, 6 decembro 2009 (UTC)

Explicacións[editar a fonte]

Ola, Refugio. A wikipedia non é nada permanente nin fixo. O que se retira pódese recuperar, sen dramatismos. As referencias á obra de Insua, que efectivamente están an páxina de conversa, necesitan ser ben referenciadas (ano, páxina, etc.). Obviamente, admito o meu erro, e recuperareinas. Polo resto:

  • por suposto, non hai ningunha persecución nin ataque ao teu traballo. É un pracer saber que haxa xente que lle dedica o seu tempo e o seu coñecemento a mellorar un espazo común, do que todos nos podemos aproveitar.
  • ora ben, o teu historial de traballo na wikipedia galega ao logo destes anos foi editar artigos relativos á familia Comellas, e a uns títulos nobiliarios moi concretos e, diría, descoñecidos. Ao longo de todos estes anos todo o mundo, todo, díxoche que os artigos necesitaban ser ben referenciados. E ao longo deste tempo pasaches das regras que hai na wikipedia, e que son regras que estaban moito antes de que chegaramos nós: referenciación, prevención ante o autobombo, etcétera.
  • non estou dicindo, nin nunca dixen, que as túas edicións fosen promocionais. Se estivese seguro de que son promocionais, xa estarían borradas. Pero o teu "pattern" de edición coincide coa xente que emprega a wikipedia como ferramenta promocional, e iso algo no que ti tamén estarás de acordo. Iso fai que se miren os teus artigos cunha lupa de máis aumentos, pero debes entender que é un dos sistemas que existen para coidar da wikipedia no seu conxunto.
  • as fotos non foron eliminadas. Están en commons. Pero os datos que figuran nelas son incorrectos. En canto os corrixas e os poñas correctamente, poderanse publicar no artigo. Se non tes claro onde está a incorrección dos datos, pregúntame, e imos falando: as fotos é unha cousa bastante complexa e que nos ten sacado dos nervios a moitos, así que non te preocupes, que con tempo e calma levaremos o das fotos a bo porto. :)
  • e máis nada: aquí estamos todos pra axudar, non pra enfadarnos. Apóiate nos demais, e mellora estes artigos e todos os demais. :)

Un saudiño --Xabier Cid Conversa 08:37, 11 decembro 2009 (UTC)

Ah, unha puntualización. A cita coa que respaldabas un dato de 1950 era de 1925, por iso a retirei. É dicir, dicías que unha rúa se inaugurara en 1950 grazas a un artigo pubilicado en 1925. Parece pouco probable. --Xabier Cid Conversa 10:27, 11 decembro 2009 (UTC)
Ola, Refugio. Pra que as citas sexan válidas, ten que ser posible verificalos. Os datos que achegas dese artigo de 1925, que despois foi de 1962, non son suficientes. Por outra parte, que necesitas saber con respecto ás fotografías? Fíxenche uns comentarios nas conversas das fotos, non sei se os verías. --Xabier Cid Conversa 23:25, 11 decembro 2009 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)