Conversa usuario:Cleoninha

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ola Benvida á Galipedia ^^--Hugo22 19:18, 1 setembro 2007 (UTC)

Ola, Cleoninha, benvida!! Parabéns por crear o teu primeiro artigo, pero... xa existía, ;) O nome correcto é aguia, sen til. Vouno marcar como artigo duplicado, por cuestións de administración, pero se che apetece, aconsellaríache que pasases a información que engadiches en águia a aguia, para oder depois borrar o que ten acento. Encantado de saudarte. --Xabier Cid 23:00, 1 setembro 2007 (UTC)

Benvido(a) á Galipedia, Cleoninha!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.. Quería darte a benvida "oficial". Agardo que te atopes ben entre nós. Un saúdo. AlberteSi, digame? 19:06, 2 setembro 2007 (UTC)

Olá , primeiro saudar e como parece que levas pouco por aqui dar-che a benvida, sobre o artigo:

  • o falliño ao que te referias supoño que era que ao traducires o artigo do portugués non eliminache o interwiki (link a outra wikipedia) referida ao artigo en galego, e como non podes facer interwiki á propia wikipedia na que escrebes pois o software tratou o código como un link normal.
  • O artigo que escrebeches coincide con outro raiña de Sabá, o que se fai nestes casos e incluir un artigo noutro e redireccionar o que se elimina. Ainda que se ti pensas que é mellor ter dous artigos separados, argumenta-o.

un saúdo e ánimo, cando comezamos todos facemos cousas destas, se tes algun outro problema consulta. Até logo! --Emilio juanatey 23:43, 3 setembro 2007 (UTC)

Benvida a galipedia, vin que estabas a traducir artigos e só queriache comentar que si son traducidos doutras wikis tes que facer referencia á orixe para respetar a licenza GFDL que obriga a mencionar a fonte orixinaria. Para elo só fai falta que cando fagas unha edición no artigo, preferiblemente a primeira mencines no campo de resumo: traducido desde o artigo xxxx da wiki que sexa, e con isto tamén se facilita as comprobacións dos contidos. Espero non te teña molestado e parabéns polo teu traballo. Lansbricae (Ti dirás) 21:52, 9 setembro 2007 (UTC)

Ola Cleoninha! A imaxe do brasón de Bande, que está na wiki española, pertence a Commons ([1] véxase onde pon Éste es un fichero de Wikimedia commons...]). As imaxes que están en Commons xa non fai falla cargalas na Galipedia, senón que se actúa como se xa estiveran carregadas. Deste xeito pódense utilizar na Galipedia as imaxes de Commons sen necesidade de subilas. Un saúdo, grazas por colaborares e parabéns polo traballo. AlberteSi, digame? 17:43, 26 setembro 2007 (UTC)

  • Non pasa nada, ho. Isto vai por ensaio-erro, dígocho por experiencia ;) AlberteSi, digame? 17:47, 26 setembro 2007 (UTC)
    • Visto o dito por Lmbuga, só me queda retira-las miñas sospeitas e pedirche disculpas por portarme coma un falabarato. Como di Alberte, algunhas veces acertamos e moitas me equivoco (e uso conscientemente o plural e o singular). Unha aperta. Pedro --Lameiro 19:24, 26 setembro 2007 (UTC)

Ola. Por un erro cambiaches a lingua frisoa pola lingua frixia, son dúas linguas diferentes aínda que teñen un nome parecido. Alégrome de te ver outra vez por aquí.--Arco de Rayne 21:56, 7 xullo 2008 (UTC)