Conversa usuario:Born2bgratis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Fitoschido!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 22 de maio de 2015 ás 05:52 (UTC)

Lingua casaca 2018[editar a fonte]

Ola, veño de revisar a redirección que fixeches para Meniń Qazaqstanym e preguntábame se saberías casaco e/ou se terías acceso á norma que citas no resumo de edición ("grafía oficial 2018 da lingua casaca"). Se é así, animaríaste a corrixir o apartado de transliteración desta lingua na Wikipedia?. O apartado sería este:Casaco. Como é unha política, as achegas sería mellor que as fixeras na páxina de conversa desa mesma páxina. É que, segundo a túa edición vexo que Ң ң xa non se transcribe como ñ (?) nin a Ы ы como i (?). Agradeceríache tamén se me poideses achegar a referencia da norma para botarlle unha ollada tamén eu. Moitas grazas. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 00:11 (UTC)

Non estou moi segura do cambio, xa que hai moitas wikis noutras linguas que manteñen ñ e i na transliteración. Podes consultalo acó.Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 00:19 (UTC)
@Maria zaos: Ola!, como vai? Si, a norma cambiou e o alfabeto latino é agora o oficial (hai un período de transición oficial ao latino para o 2025); polo tanto, xa non hai necesidade de transliterar o cirílico. Bótalle un ollo a https://astanatimes.com/2018/02/kazakhstan-adopts-new-version-of-latin-based-kazakh-alphabet/ e en:Kazakh_alphabets#Correspondence_chart. Mirarei de actualizar o apartado que mencionaches. —Born2bgratis (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)
Xenial!. Vou abrir un apartado na conversa da páxina que che comentaba e inclúo a referencia. Logo xa con calma, se podes facer os cambios (na páxina de conversa, logo haberá que indicalo para incluílo na poítica) na tabla tí, sería estupendo, se non, fareino eu cando poida. Pois moitas grazas polos cambios, eu de casaco pois a verdade é que non sei nada. Graciñas! :) Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 00:32 (UTC)