Conversa usuario:Beninho/Arquivo 7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

The Beatles[editar a fonte]

Moi boas Beninho!! Propuxen The Beatles para artigo de calidade, hai algunhas eivas pequenas (vou coller a bibliografía que hai noutras wikis para crear ese apartado, se non coñeces nada máis), o problema máis serio que ten o artigo é a gran cantidade de ligazóns en vermello, algo que non é requisito pero que varios usuarios consideran fundamental para a calidade. Penso que o artigo é o suficientemente completo como para ser de calidade, se podes vótalle un ollo ti que entendes máis da materia (eu son máis de clásica), e se hai algunha eiva razoable que lle vexas expona na votación para tentar solventala. Para rematar, e se non é moito pedir, poderías crear algún artigo dos moitos que hai en vermello, a verdade é que eu me canso de crear artigos cada vez que hai unha candidatura para calidade e concretamente nesto sei que ti o podes facer moito mellor ca min. Unha aperta meu!!! Piquito (conversa) 3 de xaneiro de 2013 ás 20:48 (UTC)

Jürgen Untermann suízo[editar a fonte]

Vexo que mudaches a categoría de nado en Alemaña pola de nado en Suíza. Ata onde eu sei era alemán; é por algún dato concreto que tes ou porque te confundes coa cidade homónima e contigua deste país? Un saúdo --Servando2 (Dime) 11 de febreiro de 2013 ás 01:48 (UTC)

petición[editar a fonte]

seguindo coas solicitudes de artigos musicais... anímaste?
Por certo, vai o sábado polo Liceo, desfruta o concerto ti que eu non podo. Vémonos o día 9 en Compos polo décimo aniversario?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de febreiro de 2013 ás 00:18 (UTC)

invadindo competencias[editar a fonte]

Ten sentido falar tanto da invasión alemá cando o artigo é da soviética? Sería mellor separalas? Simplificar título a Invasión de Polonia? ※ Sobreira ►〓 parlez 19 de febreiro de 2013 ás 17:21 (UTC)

RE: Obradoiro[editar a fonte]

Si, o concello é un bo sitio para comezar os contactos, se non che responden entón, se tedes en Marín, podes falar coa xente da aula CEMIT. Na páxina do proxecto hai unha Wikipedia:Participación_activa#Proposta_de_comunicaci.C3.B3n_cos_concellos que podes usar de base se che apetece. Nesa páxina hai tamén un esquema para o obradoiro e tamén hai ligazóns a material para usar, pero cada un organiza a actividade como mellor vexa por suposto. Tamén hai un cartel, pachangueiro fíxeno ás presas se houbese tempo podería mellorarse, do anuncio do obradoiro de Narón que pode modificarse para dar a información doutos obradoiros. En canto teñas o obradoiro organizado o que hai que facer é darlle difusión para que a xente se entere e poidan asistir o maior número posible de persoas. Se precisas calquera cousa estou aquí para o que che poida axudar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de febreiro de 2013 ás 09:14 (UTC)

Saúdos e mapas[editar a fonte]

Ola Beninho. Vexo que estades traballando arreo para o décimo aniversario. Beizón. Vin que inseriches mapas nas parroquias de Marín, vounos pasar a caixa de información para que as categorías ocultas non clasifiquen o artigo como sen mapas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de febreiro de 2013 ás 14:36 (UTC)

Quedada[editar a fonte]

Ok. Propoño o sábado ás 11:00 na cafetería "Dulce de leche" da rúa Peregrina. Se vos vén mellor outra hora ou sitio dicídemo. Un saúdo! --Chairego_apc (si) 28 de febreiro de 2013 ás 19:35 (UTC)

cartografía[editar a fonte]

Ola, Beninho! Se te animas a seguir facendo mapas distinguindo cada parroquia dos concellos, anímote a seguir colonizando Galiza cara ao leste, seguindo desde Marín cara a Pontevedra e Cotobade. Deste último concello eu fixera este mapiña, que se podería categorizar xunto cos outros.

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de marzo de 2013 ás 10:09 (UTC)

novas categorías[editar a fonte]

Ola, Beninho; por favor, ao creares unha nova categoría, procura incluírlle as interwikis; podes mirar, por exemplo, as mudanzas que fixen en Categoría:Nados en Trieste. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de marzo de 2013 ás 09:09 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, fixen unha proposta urxente na taberna, se tes un momento bótalle un ollo a ver que che parece. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 09:48 (UTC)

Fixen tamén unha especie de nota de prensa polos dez anos e os 100 M artigos, mételle man todo o que queras. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de marzo de 2013 ás 13:23 (UTC)

Fotos aniversario[editar a fonte]

Boas, cando podas, subes as fotos do aniversario a esta categoría?, eu puxen as miñas alí. Outra cousa que poderías facer é unha foto dun grupo de xente coas camisetas cando fagas o obradoiro, esquecéuseme facer algunha foto delas e sería interesante ter algunha. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 01:59 (UTC)

Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2013 ás 08:31 (UTC)

Traslado[editar a fonte]

Ola Beninho. Por favor traslada Casteláns, a Casteláns sen deixar redirección. Grazas e saúdos. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de marzo de 2013 ás 16:52 (UTC)

Non podes copiar o contido a man porque se perde o historial. Así que por favor, restaura Casteláns,, borra Casteláns, Covelo e despois traslada (coa opción de trasladar) a páxina Casteláns, a Casteláns, Covelo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de marzo de 2013 ás 17:05 (UTC)
E non cres que Casteláns, Covelo deberíase trasladar a Casteláns? Xa que Casteláns está baleira e redirixe a Casteláns, Covelo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de marzo de 2013 ás 17:13 (UTC)
OK Vale. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de marzo de 2013 ás 17:22 (UTC)

Vivian Girls[editar a fonte]

Ola, Beninho! Anímaste a traducir do inglés o artigo das Vivian Girls? Noutra orde de cousas, para cando queda o obradoiro de Marín? Avisa, que igual podo ir á nova data.

Todo ben? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de marzo de 2013 ás 12:34 (UTC)

Portal:Música galega[editar a fonte]

Ola Beninho, anímaste a actualizar e darlle un lavado de imaxe ao portal sobre a música galega, agora que aparece na portada. Saúdos. --JaviP96 2 de abril de 2013 ás 13:44 (UTC)

Vale, vai facendo segundo poidas, e co de música rock... Adiante!!!, non hai ningún problema en que o crees, por certo, na túa páxina de usuario tés xa a ligazón, pero no canto de crealo como Usuario:... faino como Portal:...
Os portais penso que se estaban a desaproveitar ata agora, xa que teñen un gran potencial, pero parece que isto está a cambiar.
Por certo, estache a quedar moi ben a Batalla de Xutlandia, cando remates avisa que a poño como artigo destacado no portal historia Saúdos!. --JaviP96 4 de abril de 2013 ás 13:19 (UTC)

Portal:Música rock[editar a fonte]

Ola de novo! Alégrome de que xa crearas o portal, estache a quedar ben, se che parece inclúe este código, mira como che queda e se queres pono:

{| width="100%" cellpadding="5" cellspacing="10" style="border-style:solid; border-width:4px; background: #3399FF; border-color: #FFEC12;"
<div style="width: 100%; background: #3399FF;">
<span style="position:absolute; float:none; z-index:0"><imagemap>
Image:Black guitar.png
desc none
</imagemap></span>
| width="55%" valign="top" style="padding: 0; margin:0;" | 

Se decides incluílo terías que poñelo despois de Portal:índice e antes de Presentación. Por outra parte na presentación penso que en lugar do que pon no portal historia de temos x artigos... che quedaría mellor facer unha pequena introdución ao que é a música rock. Saúdos. --JaviP96 4 de abril de 2013 ás 17:07 (UTC)

Boas, fágoche un par de suxerencias para o portal, quitar artigo destacado sobre Galicia (que poderías poñer no portal música galega), poñer o de como colaborar ocupando todo o ancho do portal na parte de abaixo, facer un apartado de categorías ao estilo deste, nas efemérides ao mellor poderías poñer semanais en vez de diarias... Se creas a música rock noutros proxectos, en lugar de poñer Portal:Música rock/Wikiproxecto (eu púxenllo ao de historia porque ao principio só incluía o wikiproxecto), pon mellor algo como Portal:Música rock/Irmáns ou Noutros proxectos. Estas son só algunhas ideas que che dou, como aínda estás a traballar nel, escolle se queres algunha ou senón non pas nada :), por certo mira aquí a imaxe que lle puxen para que os artigos liguen co portal (cando atopes un artigo relacionado cun portal engádelle ese modelo), se che parece mellor outra cámbiaa. Un saúdo. --JaviP96 5 de abril de 2013 ás 16:32 (UTC)

Crónica do encontro[editar a fonte]

Boas, fixen unha pequena crónica do encontro de Santiago, se podes bótalle un ollo e engade o que falte. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2013 ás 22:19 (UTC)

Interwikis[editar a fonte]

Ola Beninho.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.

Para iso vai a ese artigo noutro idioma.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento de Wikidata que contén os interwikis.
Premes no botón "Engadir".
En Sitio pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en artigo introduces o título do artigo.
Quedando así e premes en Gardar

Un saúdo e a seguir! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 10:40 (UTC)

Xa, pero na Galipedia os bots tardan moito tempo en importan o noso artigo no Wikidata, e en borrar o interwiki aquí, moito máis, e se despois modifican o título inglés os bots non van a eliminar o interwiki, por ser distinto, e haberá que facelo manualmente. Así que é mellor que uses o Wikidata.
Para que aparecen os intewikis no artigo, despois de engadilos, hai que purgar a páxina, para purgala usa calquera dos trebellos da aparencia, e isto mesmo faino para que che apareza a ligazón Editar as ligazóns.
Se na Wikipedia en inglés existe un artigo sen interwikis, a ligazón Editar as ligazóns non aparece (si, unha porquería), así que hai que buscalo en Wikidata. Para iso vai a d:Special:ItemByTitle (aparece na barra lateral esquerda), buscas o artigo inglés e xa te leva a el. NOTA: Os artigo galegos sen interwikis non están importados, isto só pasa coas Wikipedia máis importantes.
E no Wikidata tamén hai trebellos moi útiles, como para importar interwikis, actualizar as etiquetas... Se tes dúbidas, fainas chegar. Saúdos! --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 11:40 (UTC)

Modelos[editar a fonte]

O modelo {{Título de barco en cursiva}} é igual a creo que hai que fusionalo con {{Título en cursiva}}. A ver se o fago eu ou llo digo a Toliño. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 09:47 (UTC) Vale. Sobre os interwikis xa cho ía dicir eu. Se non aparece poder se porque aínda non exista elemento. Dime cal é o modelo inglés e xa o creo eu. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 10:30 (UTC)

Feito! Feito! d:Q10859543. E Wikidata creo que non fundiona en Internet Explorer. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 11:10 (UTC)

Modificación[editar a fonte]

Podes borrar a categoría do modelo {{Fusióndesde}}? Xa que o puxen na documentación. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de abril de 2013 ás 11:35 (UTC)

This Was[editar a fonte]

Beninho no artigo This Was puxeches o modelo inexistente {{Track listing}}. Vas a crealo? --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de abril de 2013 ás 14:16 (UTC)

Proposta[editar a fonte]

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 16:59 (UTC)

Ola, Beni. Recoloquei as túas opinións en Wikipedia:Cambios nas políticas sobre artigos de calidade. Un saúdo. --Paradanta (Cóntame) 24 de abril de 2013 ás 11:13 (UTC)

Modelo:Campaña militar[editar a fonte]

Ola Beninho, creei este modelo, da wiki inglesa, dígocho por se o queres utilizar nalgún dos teus artigos (tés aquí un exemplo, de todas formas xa creo agora as instrucións). Por certo, cando crees un artigo, é mellor que no canto de poñerlle o ficheiro para as bandeiras dos países, crees o marcador de bandeira, se aínda non existe, xa que así pódese utilizar noutra ocasión, iso si, non te esquezas de incluílo aquí. Saúdos! --JaviP96 28 de abril de 2013 ás 09:51 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter[editar a fonte]

Benvido ao wikiproxecto Beninho!! Calquera obxectivo ou traballo a realizar que se che ocorra, non dubides en incluílo. Saúdos! --JaviP96 9 de maio de 2013 ás 20:00 (UTC)

Beethoven[editar a fonte]

Boas Beninho!! Vin que estás a traballar no artigo de Beethoven, deixei un comentario na páxina de conversa, se queres leo e opina. Unha aperta!! Piquito (conversa) 16 de maio de 2013 ás 10:50 (UTC)

The Who Sings My Generation[editar a fonte]

Ola, Bene! Podes botarlle un ollo ao artigo The Who Sings My Generation? Non sei ben se o título é correcto, nin se debería ir en cursivas. Amais, cumpriría categorizalo.

Graciñas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de maio de 2013 ás 13:37 (UTC)

Boas novas[editar a fonte]

Ola Beninho! hai boas novas respecto ao wikiproxecto, subimos 7 postos na clasificación, mira Wikipedia:A Taberna (novas)#Gran avance da Galipedia na medición da lista de artigos que toda Wikipedia debería ter. Saúdos!! --JaviP96 4 de xuño de 2013 ás 20:20 (UTC)

FAVOR GORDO[editar a fonte]

Ola, Beninho! Teño que pedirche un favor gordo; como sabes, estase a levar a cabo o proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras; podes encargarte de xestionar a actualización dos mapas? Non digo que os modifiques ti todos, pero se te encargas de revisar que se poñan ben os datos (mapa de Galiza por concellos, mapa da provincia da Coruña, mapa da comarca de Betanzos...) sería fantástico.

Vou crear xa a categoría:Imaxes de Oza-Cesuras, e voulle pedir a outras persoas que se encarguen de actualizar esa categoría. A ver se entre todos aquelamos o asunto.

Xa me contarás! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de xuño de 2013 ás 12:57 (UTC)

John Cale[editar a fonte]

Hi, I noticed that you have created article about The Velvet Underground & Nico. Thank you for them. Should I request to you, you would want to create at least a short article for John Cale (endefr) (founding member of The Velvet Underground)? Thank you in advance for any resolution. --Marek Koudelka (conversa) 14 de xuño de 2013 ás 14:57 (UTC)

Death metal[editar a fonte]

Ola, Beninho. Lémbrate do Death metal.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 19 de xuño de 2013 ás 19:30 (UTC)

Cordeiro[editar a fonte]

Ola, meu! Se che cadra, nunha das viaxes a Compostela, poderías parar en Cordeiro (Valga) e buscar xunto á igrexa a sepultura de Xesús Ferro Couselo para tirarlle unha foto?
Grazas mil!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de xullo de 2013 ás 11:09 (UTC)

Outra petición: se vas por Campolongo, podes tomar unha foto da sede de Construcuatro na praza de Galicia, na esquina con Andrés Muruais? --Estevo(aei)pa o que queiras... 19 de xullo de 2013 ás 20:44 (UTC)

Perdón![editar a fonte]

Boas! Perdone vostede a pouca relevancia da miña humilde achega...

Non volverá pasar semellante ousadía. Atentamente...--Herbertjohnson (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 23:02 (UTC)

Gene Trautmann[editar a fonte]

Ola, Bene!

Acabo de dar co artigo de Gene Trautmann, que creaches no 2010, e mirei que aínda queda un anaco por traducir. Anímaste a rematalo, porfi?

Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xullo de 2013 ás 09:55 (UTC)

mapa[editar a fonte]

Ola, cartógrafo! A ver se podes actualizar o Ficheiro:Ferrocarril galicia.jpg, que está desfasadiño e non é correcto de todo (máis que por Vilagarcía parece que vai directamente de Valga a Catoira). Anímaste?

Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 24 de agosto de 2013 ás 16:40 (UTC)

Xuntanza[editar a fonte]

Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:54 (UTC)

Encargo, artigo de avión[editar a fonte]

Beni, un encargo para ti: Short SC.7 Skyvan.

Só si che apetece. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 8 de outubro de 2013 ás 19:20 (UTC)

Xuntanza o sábado día 30[editar a fonte]

Despois de moitas voltas, perdón pola parte que me toca a este respecto, parece que este vindeiro sábado día 30 vai ser cando se faga a xuntanza. Pasa pola conversa da taberna e vota pola cidade na que queres que nos xuntemos. Tamén podes propor co teu voto unha hora de quedada e así imos perfilando os detalles. A ver se nos vemos o sábado! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de novembro de 2013 ás 09:23 (UTC)

Parece que ó final imos quedar en Pontevedra, vai pola taberna para decidir a hora e o sitio! Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2013 ás 09:22 (UTC)
Xa está decidido!, vémonos ás 4 diante do concello de Pontevedra. Se hai que esperar un pouco por alguén estaremos alí ou preto dalí. Se non vas chegar a esa hora avísame e mándoche o meu teléfono para que poidas contactar con nós. Se che apetece tomar unhas tapas polo casco vello antes de quedar avísame tamén. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de novembro de 2013 ás 16:07 (UTC)
Fixen un pequeno resumo da reunión na conversa da taberna, amaña ou comenta o que vexas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2013 ás 02:42 (UTC)

álbums[editar a fonte]

Ola, Beni! Podes botarlle un ollo a Damaged e You're a Woman, I'm a Machine, que teñen as categorías feitas un circo? Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de decembro de 2013 ás 13:02 (UTC)

Bótaslle tamén un ollo ás categorías de Metamorphosis e Merriweather Post Pavilion, porfi? --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de decembro de 2013 ás 12:18 (UTC)

Proposta nova[editar a fonte]

Boas Beninho! Deixei unha proposta na taberna, se podes e queres pásate a opinar e aportar as túas ideas e aportacións sobre os temas que máis controles, chega con que vaias a Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_que_a_Galipedia_debera_ter. Unha aperta!! Piquito (conversa) 12 de decembro de 2013 ás 14:10 (UTC)

Ficheiro:Mapa das Illas Ons.png[editar a fonte]

Ola Beni.

Ficheiro:Mapa das Illas Ons.png é obra túa toda ela? --. HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2013 ás 20:44 (UTC)