Conversa usuario:BR64

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Corinthians[editar a fonte]

Ola, Renato. Benvido á Galipedia. Aínda que dis no teu perfil que prefires as mensaxes en castelán ou en portugués, estou seguro que se es quen de dominar esas dúas linguas, non che vai custar comprender e mesmo expresarte nesta que les, o galego. Coméntoche: no artigo do Corinthias había moreas de erros. Supoño que traduciches canto puideches mais con todo ficaron moitas palabras mal postas, sobre todo as castelás, porque imaxino que colaches o texto directamente do Wiki española. Eu aconsellaríate que namentres non te afagas ao galego, procures arranxar artigos mais que crealos, non senso de lles pór referencias, corrixir datos ou mesmo engadindo pequenas frases. Non obstante, se o que che gusta é engadir novos artigos, coido que sería mellor que os erros sexan do teu portugués e non da versión en castelán da wikipedia. De calquera maneira, parabéns polo teu traballo e a seguir así. Saúdos.--Atobar 00:39, 19 marzo 2009 (UTC)