Conversa usuario:Arttikusbcn

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Arttikusbcn!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 13:37, 18 xaneiro 2010 (UTC)

Caixa de datos para a imaxe[editar a fonte]

Ola Arttikusbcn! Fermosa fotografía a que cargaches. Porén fáltanlle algúns datos para que poda permanecer, sobre todo que fuches ti quen a tirou. Para ver como engadir esa caixa podes ir a Wikipedia:Política de uso de imaxes#Información da licenza: como marcar as imaxes. Se tes algunha pregunta non dubides en acudir a min. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 16:25, 11 febreiro 2010 (UTC)

As imaxes seguintes están na mesma situación:

Grazas por subir esta imaxe. Por falta de datos obrigados, que probablemente non puxeches por descoñecemento, a foto que subiches podería ser borrada.

Indicaches unha licenza. A licenza expresa que ti fixeches a foto, pero é necesario que, se é así, o especifiques escribindo "eu son o autor (self made)" nos datos da imaxe. O motivo é que moitos usuarios poñen unha licenza ó azar, polo que se esixe explicitar a orixe da imaxe.

En caso de que a imaxe non sexa túa, coloca un enlace ó lugar do cal a copiaches ou indica onde aparece para poder comprobar que a licenza que colocas é adecuada. As políticas da Galipedia están pensadas para que este proxecto e o das wikipedias perdure e non sexa atacado por poderes ós que non lles interesa que a cultura sexa libre. Se non procurásemos ser estritos cos dereitos de autor, correriámo-lo risco de que o proxecto cambaleásese e/ou desaparecese.

Para editar a imaxe e engadir os datos requiridos podes ler Como engadir datos ás imaxes. Se tes algunha dificultade, non dubides en mo comunicar (Como contactar con outros usuarios) pois estarei encantado en te axudar.

A orixe ou source consiste en aclarar de onde sae a imaxe, preferentemente mediante un enlace ou unha cita. É obvio que isto non é aplicable a aquel material que se publique por primeira vez na Galipedia polo seu autor, sendo este quen cargue as imaxes aquí. Pero débese indicar expresamente. Tes máis información en Wikipedia:Política de uso de imaxes

 Lmbuga / Conversa comigo  00:21, 14 febreiro 2010 (UTC)