Conversa usuario:Alexandre D.Ferreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido á Galipedia Alexandre D.Ferreiro, sempre apreciamos a chegada de novos usuarios que axuden a mellorar o contido da enciclopedia. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:36, 3 novembro 2005 (UTC)

  • Benvido á Wiki en galego, Alexandre, que tal vai todo?. Alégrome de que colabores na Galipedia e decidiras rexistrarte. Vin algúns dos teus artigos, e quixera indicarche algunha mellora. Para comezar o artigo é mellor non deixar espazos porque iso fará que o texto quede nun cadro. Para facer un parágrafo á parte, o mellor é dar dúas veces a intro (pois unha soa non é interpretada como novo parágrafo). Tamén é de acordo xeral nas linguas occidentais deixar un espazo tras os signos como punto, coma, etc. Se tes dúbidas non repares en preguntar. Veña, un abrazo, amigo. --Xoán Carlos Fraga 20:41, 3 novembro 2005 (UTC)
  • Únome con retraso á benvida dos compañeiros, estás facendo un gran labor co artigo de Grecia Antiga e espero que sigas entre nós facendo artigos tan bo como ese, seguro que en pouco tempo te afás ás normas e políticas da Galipedia, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:14, 8 novembro 2005 (UTC)

Grecia Antiga[editar a fonte]

O aviso que comentas amósase cando o texto supera determinado tamaño, non necesariamente hai que dividir a páxina en varias pero pode ser mellor facelo. En Francia podes ver un exemplo de como hai nalgunhas seccións artigos que as desenvolven. Neses casos deixase a parte inicial do texto no artigo principal que enlaza co artigo do apartado en concreto. Polo de agora creo que é mellor que sigas editando todo no mesmo artigo e cando teñas rematado podemos crear algúns artigos relacionados para trasladar parte do texto (haberá que ver cales son os títulos máis axeitados). Con respecto ás imaxes, para poder axudarche e darche as indicacións oportunas necesito algo de información: as imaxes proceden doutra wikipedia?, están en Commons (o repositorio común de imaxes de todas as wikipedias)?, son imaxes túas que queres cargar na Galipedia?,... Segundo o caso o proceso pode variar un pouco. Para que te fagas unha idea en Wikipedia:Como engadir imaxes hai algúns datos, outra cousa é que as imaxes teñen que estar libres de dereitos e marcalas con certos avisos. En todo caso conta coa miña axuda. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:09, 13 novembro 2005 (UTC)

  • Cal é a situación legal da imaxe Grecia_Clasica.jpg? Recorda que non podemos publicar material sobre o que existan direitos de autor. Xosé (✉) 22:02, 23 novembro 2005 (UTC)
  • Antes do máis: parabéns polos teus artigos. Son do mellor que teño lido aqui.
    • Sobre as imaxes: o estatuto dos direitos de autor é complexo, e non faltarán referencias a distintas licenzas que hai que ter en conta. Basicamente: cando calquer persoa crea algo e o publica (incluída internet) automaticamente pasa a posuir os direitos sobre a súa creación. Ninguén debe coller o traballo doutra persoa e presentalo como propio. Ben sendo equivalente o que alguén publique unha foto na sua páxina web a que alguén lla venda a un xornal e este a publique: nós non podemos escanear a foto do xornal e publicala. Temos que contar coa aprovación explícita do creador. Na wikipedia dá-se un paso máis (e iso é o maravilloso que ten): se publicamos calquer cousa (texto, imaxes, etc.) non só permitimos que calquer outra persoa a colla senón que lle permitimos que faga con ela o que queira, coa salvedade de que esa persoa non lle poderá prohibir a ninguén que faga o mesmo á sua vez. Se un sitio web publica unha foto, nós poderiamos solicitarlle permiso para copiala, pero habitualmente ese direito detense aí. Porén, nós queremos que o que apareza na wikipedia, o que produzamos nós co noso traballo ou o que obteñamos doutras fontes, o poda utilizar calquer outra persoa do mundo, agora e no futuro, para sempre, sen limitacións. Por iso debemos ser moi coidadosos cos direitos de autor: non queremos que dentro duns anos veña o autor da foto e lle presente unha demanda a alguén que publicou (en papel, ou na internet ou no que veña depois) a súa obra porque disque a obtivo na wikipedia. Por esa razón non se admite que se utilicen imaxes das que non se posuan os direitos de autor, asi teremos sempre a seguranza de que todo o que hai aqui é noso, ou sexa, de todos. A foto que aproveitache non sabemos que estatuto legal ten e polo tanto, por asegurarnos as costas, é preferíbel non utilizá-la. Simplemente iso.
Sobre Grecia hai imaxes moi boas en Commons: Todas esas imaxes foron tomadas ou creadas para ser compartilladas por todos, ou ben, por razóns legais, xa non ten efecto a lei dos direitos de autor (por exemplo, porque expiraron co tempo).
Por certo, hai un colaborador da wikipedia francesa que creou imaxes en formato SVG e eu estou a adaptá-las para a nosa. Comecei coa dos santuários pan-helénicos. Pedin-lle copias das outras pero di-me que está moi ocupado (debeu perder as orixinais), ou sexa que traballarei sobre esta.
    • Borrar imaxes: eu non podo, que non son administrador, son un usuário normal, coma ti.
    • Sobre Grecia Clásica / Grecia Antiga - Non me dou conta do que che dixen (tes a referéncia da páxina onde o puxen?).
    • Por último: cando escrebas mensaxes lembra-te de "asiná-las": escrebes catro ~~~~ ou clicas no último botón que hai sobre a caixa de edición. Asi aparecerá o teu nome e unha ligazón para a tua páxina de discusión (no meu caso un sobre, normalmente a palabra "talk")
Unha aperta. Xosé (✉) 18:50, 28 novembro 2005 (UTC)

Vexo que xa estabas, e que deixacehes constancia[editar a fonte]

Alégrome que xa esteas rexistrado. É unha pena que non abra-la túa sesión máis a miúdo, porque resulta que es un dos mellores colaboradores da Galipedia e ninguén o sabe... :-). Están moi ben os teus artigos, o da Grecia Antiga está sensacional. Poderíase dividir en varias partes para que nel sexa máis doado facer búsquedas. Bueno, iso, que me alegro de que esteas na Galipedia. Se necesitas algo á hora de facer un artigo non dudes en contactar comigo. Recorda que tes a túa páxina de usuario para poñer todo o que se che ocurra. Bueno, saúdos. --O TinContradíceme se te atreves 22:49, 20 xullo 2006 (UTC)

Decio[editar a fonte]

Ola Alexandre. Estou encantado de colaborar contigo e parécenme de grande calidade os teus artigos. Tanta calidade que procurei mellorar o formato e a lingua do arquivo Decio aínda que era consciente de que me ía levar tempo. A este respecto -espero que non te moleste: o artigo ten grande calidade no seu contido e desexo que sexas un asiduo colaborador-, para facilitares que regularicemos o formato con outros artigos, rogaríache que poñas un espazo despois das comas, puntos e comas, puntos e demais signos de puntuación (Así está en toda a Galipedia).

Por outra banda hai algo que non fas e que ninguén mellor ca ti pode facer, non colocas ligazóns. Se colocas unha palabra entre dous corchetes (o 3º botón da barra superior colócaos) un usuario, ó ler o teu artigo, pode ir a outro artigo que teña esa denominación. Fíxate en Decio

Verás tamén que nese artigo (Decio) deixei de corrixir. A verdade é que levo moitas horas con isto e quizais estea un pouco atrapallado, pero supúñame moito esforzo entender no parágrafo en que o deixei. Se tes tempo, ganas e non che importa, gustaríame que o puxeses máis claro.

Non te desanimes polas miñas palabras. Os erros que poidas cometer son menores ante a importancia das contribucións que fas. Ademais son solucionables. Claro que aqueles que andamos solucionando os pequenos erros, desexamos sempre, para poder facer outras cousas, que haxa os menos posibles.

Non dubides en contactar comigo cando desexes, ou se tes algunha dúbida. Estou á túa disposición. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 16:50, 22 xullo 2006 (UTC)

Rexistro[editar a fonte]

Recibin a túa mensaxe. Enviáchela ben, só che faltou asinar. Para asinar cando rematas de escribir, fai click no penúltimo botón da barra de botóns que está na parte superior esquerda da caixa en que se escribe. Claro, que para asinar tes que estar rexistrado.

Cada vez que encendes o ordenador e accedes a Galipedia tes que rexistrarte. Cando te rexistres marca a fai click no cadradiño que precede a este texto: Lembrar o meu contrasinal entre sesións..

Sinto terche enviado de novo a mensaxe. Non te recoñecín. É case imposible memorizar os números. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:02, 12 agosto 2006 (UTC)

Wikipedia:Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Alexandre D.Ferreiro!, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para informar do que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia podes incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi valiosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 22:15, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Alexandre D.Ferreiro. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)

  • Ola, Alexandre, como vai todo? Espero que ben. Quéroche agradecer as túas colaboracións nesta enciclopedia galega, e estou corrixindo lingüisticamente algúns artigos, entre os que están os dos emperadores romanos. Espero que che pareza ben. Xa varias veces borrei o teu user:Alexandre que pos ao final do artigo, porque ese non é o sitio para ir (só asinamos cando escribimos notas persoais a outr@s usuari@s), e xa queda constancia das colaboracións dos diversos autores no historial do mesmo. Mais nada, se nalgunha ocasión fago algunha corrección que consideres excesiva, ou queres comentar algo, estarei á túa disposición. Un cordial saúdo e moita saúde, Alexandre. --Xoán Carlos Fraga 18:26, 13 febreiro 2007 (UTC)