Conversa usuario:Albert galiza/Template:Artigo de calidade

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sería bo crear a Template:Artigo destacado (como se amosa na páxina) e engadirlla aos artigos que xa foron seleccionados como destacados de cada mes. Se aceptades eu mesmo me podería encargar desa tarefa. --Toliño (Fala aquí comigo) 16:28, 27 setembro 2007 (UTC)

Concordo E estou dacordo en que xa que te ofreces ;), e tendo en conta o magnífico traballo que fas coas efemérides destacadas, por min perfecto. Un saúdo. Alma 16:40, 27 setembro 2007 (UTC)

Non. Os artigos que foron destacados en portada durante estes meses non teñen porque ser necesariamente destacados. Hai artigos que non cumpren case ningún dos requisitos (Castelao, O Gaiteiro de Soutelo, Watchmen...). De aí que eu pense que é mellor diferenciar entre artigos destacados e artigos destacados en portada. AlberteSi, digame? 16:53, 27 setembro 2007 (UTC)

  • OK, grazas polas aclaracións. Logo diso, eu tamén estou de acordo contigo en que se diferencien os artigos destacados dos destacados na portada. --Toliño (Fala aquí comigo) 17:22, 27 setembro 2007 (UTC)
  • Eu penso que non é útil esa diferenciación xa que ata fai poucos meses nadie ou case nadie participaba na proposta e eleción dos artigos nin imaxes destacados de portada. Cando haxa que valorar destacados de per se e destacados de portada cantos participaremos? Cre que deberiamos ter en conta as dimensións da nosa Galipedia polo que eu sería partidario como creo que propuxo Fryant de valorar que artigos de portada cumpren eses requisitos que se vaian a aprobar e cales non, e incluso valorar voltar a poñelos na portada pero xa como destacados pero qu se haxa un tipo de artigos destacados con dúas temáticas unha xeral e outra sobre Galicia. Comezar a procura de consenso con un Non. pode que non sexa a mellor alternativa para tentar chegar a un consenso. Lansbricae (Ti dirás) 17:34, 27 setembro 2007 (UTC)