Conversa usuario:85.56.194.251

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 85.56.194.251 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:29, 5 xaneiro 2007 (UTC)


Un comentario sobre a extensión mínima dos artigos. Non debe ser inferior a 200 caracteres (descontados os correspondentes a cabeceiras, formato, interwiki, imaxes), dúas liñas. A páxina de cambios recentes inclúe a información do número de caracteres entre paréntese (ese dato tamén inclúe os caracteres de formato que como dixen antes non deben contarse). Para os artigos que xa publicaches podes comprobar a lista das túas contribucións. Os artigos sobre os reis de Paflagonia apenas teñen 22 caracteres e segundo as regras de Wikipedia:Eliminación rápida os artigos moi curtos deben borrarse. Non o fixen inmediatamente para que tiveras oportunidade de acrecentalos. Sería preferible crear menos artigos e que algún deles tívese unha extensión maior ca mínima. Este comentario non implica que non se valoren as informacións novas que se engaden á base de datos, pero a creación de páxinas tan curtas dá a falsa impresión de que dispoñemos de máis información da que realmente temos. Se necesitas axuda non dubides en poñerte en contacto comigo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:29, 5 xaneiro 2007 (UTC)