Conversa usuario:83.165.198.133

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bo traballo![editar a fonte]

Aínda que non é obrigatorio nin necesario, animámoste a crear unha conta de usuario. É doado e terás máis funcións adicionais que as que tes agora como enderezo IP. Un saúdo --Chairego apc (conversa) 19 de abril de 2015 ás 15:17 (UTC)[responder]

Interwikis[editar a fonte]

Ola 83.165.198.133.

Cando crees un artigo, lembra engadir o interwiki do artigo que acabas de crear no Wikidata.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Premes na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén os interwikis.
Logo, premes no botón "engadir".
No campo "sitio", pos o código da Wikipedia, neste caso gl; e en "artigo" introduces o título do artigo.
Para finalizar, premes en "gardar".

Un saúdo e a seguir! Banjo tell me 19 de abril de 2015 ás 18:33 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola 83.165.198.133.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 19 de abril de 2015 ás 18:33 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, 83.165.198.133. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 27 de abril de 2015 ás 09:00 (UTC)[responder]