Conversa usuario:80.30.86.206

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 80.30.86.206 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Atobar (conversa comigo) 02:14, 20 novembro 2009 (UTC)

Traducir e adaptar[editar a fonte]

Non se trata de traducir, e menos aínda de traducir automáticamente, que non sei se é o caso. Trátase de adaptar o artigo a cada wikipedia. Como irás vendo, cada proxecto ten as súas particularidades, e a Galipedia tamén, claro. Estás creando novos artigos, o cal é de agradecer, pero cómpre que poñas máis atención, e que mires de os deixar bastante consolidados antes de ter dar a outras tarefas. Se tes algunha dúbida non temas en ma expór, a min ou a calquera outro. Un saúdo e a choiar duramente. --Atobar (conversa comigo) 02:32, 20 novembro 2009 (UTC)