Conversa usuario:37.10.166.227

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) 37.10.166.227 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola, ip. En galego o etcétera/etc. non vai precedido de coma (,). Obrigación é correcto, como tamén o é obriga. "Ti e mais o outro" ou "Ti e mailo outro"; ambas as dúas son formas correctas. Non así "e máis", con acento gráfico (e unha sucesión, non unha suma). Cando corrixas artigos, ponlle atención, e lembra que debemos respectar o criterio do primeiro editor. Un saúdo e a seguir. --Atobar (conversa comigo) 7 de outubro de 2016 ás 17:40 (UTC)[responder]