Conversa usuario:189.165.77.254

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola 189.165.77.254.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2013 ás 08:54 (UTC)[responder]

Referencias[editar a fonte]

Ola 189.165.77.254.

As referencias son importantes na Wikipedia. Por favor bótalle un ollo a Wikipedia:Verificabilidade e Wikipedia:Citar as fontes.

Permíteme, así mesmo, insistir no tema anterior, o recoñecemento.

Graciñas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 28 de setembro de 2013 ás 17:30 (UTC)[responder]