Conversa usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia da Coruña segundo Wikidata

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modificación[editar a fonte]

Maria zaos, podes facer que na listaxe a columna elemento amose as ligazóns cos nomes dos artigos? Quero dicir, agora aparecen [[A Agualada, Coristanco|A Agualada]] e creo que sería mellor que aparecesen directamente da forma [[A Agualada, Coristanco]] porque así xa se poden detectar problemas simplemente ó ver o seu nome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 09:10 (UTC)[responder]

Non entendo ben a pregunta, pero vou tentar que apareza tal e como son as entradas da wiki no listado. Aclaración: etiqueta en WD= nome da entidade só, porque o "+, Coristanco" non responde ao nome, senón a unha solución específica de Wikipedia en galego. Alias: outras formas de escribir nome, separadas por "|", que son 1) a forma oficial do nomenclátor (nome + (santo)) e 2) a forma da entrada da Galipedia "parroquia, concello". 3) outras: San Benitiño de ...; Nome na lingua oficial (P1448) a forma completa que parece no(s) nomenclátor (nome+(santo))Elisardojm.--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 09:58 (UTC)[responder]
Creo que non é posible, polos parámetros do modelo listeria: polo que vexo toma sempre por texto da ligazón á wiki o da etiqueta en WD. Para o que buscas pode axudarche volcar a consulta en Petscan, que si dá a ligazón co nome que figura na Galipedia.Elisardojm ten en conta que non todos os campos están completos, porque primeiro hai que ser capaces de reconciliar os datos de WD para poder engadir cousas (=saber cantas parroquias son, eliminar duplicados, sitios que se marcaron como cousas distintas a parroquia adms etc.) e logo cruzar os dedos para que non haxa fallos co QuickStatments e deixe cousas sen incorporar (bastante frecuente). Hai un gadget en js moi útil que che permite modificar os datos do elemento WD estando dentro da páxina da Galipedia correspondente. Wikidata Entity Framework. Podes copiar o código da miña páxina en meta. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 10:30 (UTC)[responder]
Maria zaos, metín unha ligazón nas fichas de concello e de parroquia ó elemento WD igual que hai na ficha de biografía :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2020 ás 15:00 (UTC)[responder]