Conversa modelo:Tenista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Posto actual[editar a fonte]

Debe haber un pequeno erro no apartado Posto actual no que sempre pon {{{RánkingActual}}}, e o modelo non dá posibilidade de introducir dito posto. Alguén pode arranxalo? --Xosé Antonio (fálame sempre) 14 de setembro de 2013 ás 22:11 (UTC)

Aparece {{{RánkingActual}}} porque todos os parámetros do modelo son obrigatorios, e se non o inclúes aparece iso, para incluír o posto o que tés que facer é poñer:

|RánkingActual= o posto que sexa

Se queres cambio o modelo para que os parámetros sexan optativos. Saúdos. --JaviP96 17 de setembro de 2013 ás 00:44 (UTC)

Actualización[editar a fonte]

Engadín o campo Actualización que existía nas primeiras versións deste modelo. O que non consigo é que apareza o texto: "Esta ficha foi actualizada o". Non sei moito de editar modelos, o que fixen foi a base de fixarme noutros campos. Se alguén pode arranxalo, agradécese. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 13 de xuño de 2017 ás 00:17 (UTC)