Conversa modelo:Proxecto escolar

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Poñer que non se modifique[editar a fonte]

Estevoaei, que tal se poñemos que non se edite o artigo mentres ten o modelo? Así facilitaríamos o traballo dos rapaces e evitaríamos nalgúns casos que tiveran conflitos de edición. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]

@Elisardojm: Non o vexo necesario; pero pode crearse un submodelo:Proxecto_escolar_en_uso, para cando faga falta. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 13:23 (UTC)[responder]
Estevoaei, entón poden engadirse dous parámetros, un para indicar que está en uso e que non se modifique, e outro para indicar o nome do proxecto pedagóxico no que se está a traballar, para que a xente poida saber dentro do proxecto no que se está a traballar. Paréceche ben?
E estou pensando que cando se remate de editar o artigo, pode facerse outro modelo para engadir na páxina de conversa para que quede reflectido aí a participación do proxecto pedagóxico, que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 13:36 (UTC)[responder]
Pois si; boas ideas, todas elas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 13:38 (UTC)[responder]
Estevoaei, habería que indicar no modelo, tal e como está agora antes de engadir os parámetros, algo dicindo que non é un artigo final e que pode conter erros e outros problemas, por exemplo: "Teña en conta que este artigo está en proceso de desenvolvemento e pode conter erros, lagoas de contido ou outros problemas." Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de marzo de 2018 ás 10:31 (UTC)[responder]
Estevoaei, xa están engadidos os parámetros. Que me dis do meu último comentario de arriba? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 16:13 (UTC)[responder]
Esa oración que puxeches de exemplo vale ben. Fantástico o de poder especificar cal é o proxecto educativo concreto! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de marzo de 2018 ás 16:18 (UTC)[responder]
Estevoaei, listo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 16:50 (UTC)[responder]

Estevoaei, creei o Modelo:Mod proxecto escolar para engadir na páxina de conversa dos artigos modificados. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2018 ás 08:34 (UTC)[responder]