Conversa modelo:Pontedeume 2015

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Desfixen a última edición de Caronium porque no modelo (e en todos os anteriores de Pontedeume) aparecen as porcentxes de cada partido sobre o total da suma só dos partidos electos. É o lóxico pois se á columna do número total de concelleiros lle asignamos o 100%, as porcentaxes das partes (partidos con representación) deben sumar ese 100%.

As porcentaxes sobre o total de votos válidos aparecen na taboa inserida en Eleccións municipais en Pontedeume xunto coas dos demais partidos e votos en branco. Todas elas suman loxicamente o 100%. --Xosé Antonio (fálame sempre) 19 de setembro de 2015 ás 20:17 (UTC)[responder]

  • Entendo o que dis. De todos xeitos, como reflexión en xeral para este tipo de modelo, persoalmente vexo máis práctico non poñer o 100% que aparece na columna do total de concelleiros, por aforrar tempo e eliminar así a posible confusión que se comete nestes modelos ao mesturar porcentaxes sobre o total do voto válido con ese 100% para o total. Levarei o tema á Taberna para falar en xeral deste tipo de modelos. --Caronium (conversa) 20 de setembro de 2015 ás 23:07 (UTC)[responder]