Conversa modelo:Político

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modificouse o modelo un pouco ás bravas e agora en moitas páxinas nas que estaba incluído anteriormente o modelo non funciona de todo ben: problemas coa imaxe, o nome aparece descentrado e desaparecen numerosos datos (por exemplo en Émile Lahoud). Creo que habería que volver ó modelo previo ás modificacións, e se cadra crear como outro distinto o que agora se fixo, para ir perfeccionándoo e co tempo, se é necesario, ilo incorporando en substitución do outro. --Alberte Si, dígame? 13:59, 10 de abril de 2010 (UTC)

Recuperei o modelo:Infpolítico, xa que non ten os mesmos parámetros ca o novo modelo creado, e iso provocaba problemas en moitas páxinas. Agora temos un problema: temos dous modelos. Sería recomendable ter un, pero hai moitas páxinas nas que habería que facer mudanzas para conseguilo. --Alberte Si, dígame? 14:06, 10 de abril de 2010 (UTC)

Parámetro pais e país[editar a fonte]

Hai que revisar os artigos que usan este modelo xa que atopei varios que usan o parámetro pais (os proxenitores) para poñer o dato país co cal estase a dar información incorrecta, un exemplo disto era o artigo Xosé Manuel Beiras. Hai que amañar tamén o modelo Político para que acepte o país xa que está a usar o modelo bandeira que me parece que non vale para incluír aquí, ou se vale ó mellor necesita unha revisión porque nesta proba non funcionou ben. Anoto isto aquí porque eu non teño tempo de miralo agora e se alguén se anima será unha cousa máis amañada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de abril de 2014 ás 00:09 (UTC)[responder]