Conversa modelo:Convert

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Puxera un aviso de "Lixo" para este modelo que creara dentro do conxunto de modelos da caixa de datos de compostos químicos Chembox (era un dos que requiría o modelo) porque non funciona. O que facía o modelo era cambiar as temperaturas en ºC a K e a ºF, o cal non é tan imprescindible, xa que en Galicia o que se usan son os ºC. Os parámetros de datos a incluír na caixa aínda os teño que simplificar cando teña tempo, xa que algúns poden borrarse como certas especificacións legais de USA ou as revisións automáticas que requiren un bot que nós non temos, o cal en parte xa fixen para que non deran erros, pero haberá que eliminar liñas na caixa que se copia en branco nas páxinas (aínda así, non me fío de todo das revisións automáticas, porque algunhas que comprobei que saen como incorrectas para min están correctas).

En canto ao modelo Convert, Toliño di que o que fai falta para que funcione é o módulo Convert (Module:Convert), que é bastante complicado e fai cousas que para nós, en Galicia, non son tan necesarias, xa que pasa litros, m, km, kg, etc. a galóns, pés, millas, libras, etc. Son medidas anglosaxonas non usadas aquí, polo que non lle vexo tanto interese a ese módulo. Para min o mellor é borrar o Modelo:Convert, o cal non lle vai facer ningún dano á caixa Chembox, a cal si é interesante. --Miguelferig (conversa) 11 de febreiro de 2014 ás 20:55 (UTC)[responder]

Se non é necesario na caixa Chembox e non se usa en ningún outro artigo, pódese borrar, si. Agora mesmo non sei se o modelo ten interese para outras unidades. Senón, non me opoño ao borrado. Ademais, quedoume sen traducir e seguramente aparecerán as unidades sen abreviatura en inglés. --Toliño Fala aquí comigo 25 de febreiro de 2014 ás 14:31 (UTC)[responder]