Conversa ficheiro:VIRXE-DESP.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Recibín este correo de user:Mariasorey: Xavier son mariasorey efectivamente a foto da virxe dos desamparados foi escaneada dun libro: "El escultor Francisco Asorey" de Ramón Otero Túñez, Universidad de Santiago, 1959, ou sexa ten máis de 50 anos, terá dereitos de autor? interesame que esa imaxe apareza por si así hai posibilidades de localizarla, coloqueina tamén no artigo en inglés e español da wikipedia, saúdos. --Xabier Cid Conversa 09:23, 9 de agosto de 2010 (UTC)

Ola, Mariasorey: Pois quizais si teña eses dereitos de autor. Os dereitos de autor están precisamente no autor da fotografía, que non sei se ti sabes quen é, pero do que deben pasar 70 anos dende a súa morte para poder reproducir fotografías del ou dela. Despois están os dereitos da editorial, a USC, que agora mesmo non lembro cal é o seu período de extensión. Pero tamén están os dereitos do escultor, Asorey, que faleceu no 1961: nese caso, o lugar onde se fixo a foto é moi importante, porque as escutluras de autores vivos ou mortos hai menos de 70 anos non xeran dereitos en españa sempre que estean no espazo público; pero non parece que esa foto estivese feita no espazo público, e ademais menciónase Arxentina. E iso cambiaríao todo. Podes achegar datos sobre o autor da fotografía? --Xabier Cid Conversa 09:23, 9 de agosto de 2010 (UTC)

virxe desamparados[editar a fonte]

non teño nin idea de quen fixo a foto, nos podo dar máis datos, síntoo, é unha pena que se borre a imaxe porque ao mellor a súa localización podería axudar á súa localización, saúdos, mariasorey