Conversa ficheiro:Flag Pontevedra.JPG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta non é a bandeira oficial[editar a fonte]

Esta non é a bandeira oficial de Pontevedra. Segundo a web da Deputación [1] a bandeira de Pontevedra está formada por dous triángulos azuis invertidos, o branco ós laterais e o azul enriba e abaixo. Engade qa Depuración que "Non se coñece expediente de aprobación".

O escudo semella realmente ó escudo oficial de Pontevedra, con leves modificacións que non sei se serán significativas nin se relverán o problema dun posible copyvio (os escudos e bandeiras da Deputación conservan os dereitos). O usuario que subiu a imaxe (Pontevedra78, como traballo propio, o 10/8/08) non referencia a fonte do escudo nin xustifica a súa presenza no centro da bandeira.

Nunha imaxe semellante (ficheiro:Bandera de Pontevedra.svg), tamén de Pontevedra78, o susario engade estas explicacións:

  • Polo que se pode comprobar, esta bandeira atópase nunha sección da Galipedia que a categoriza símbolo de Galicia pendente de confirmación: Na descripción oficial da Deputación de Pontevedra pódese ler a descripción da bandeira de Pontevedra, na que cita que non se coñece expediente de aprobación. Ainda así, pódese comprobar nos edificios públicos municipais dita bandeira de Pontevedra, que é igual a descripción ofrecida pola Deputación, pero co escudo do concello no centro, tal e como amosa este ficheiro.

Desta explicación só pode deducirse que a bandeira non leva escudo, e que se descoñece a orixe e xustificación desa segunda versión.

En resumo, a imaxe desta bandeira de Pontevedra co escudo central non está referenciada e, aínda máis, contradi a o formato oficial que sí o está. A maiores, queda o posible copyvio do escudo superposto.

Pedro --Lameiro (conversa) 14:36, 16 agosto 2009 (UTC). Ampliado e modificaco por Pedro --Lameiro (conversa) 11:05, 17 agosto 2009 (UTC)

  • Borrar Mágoa que non se poidan emprega-las imaxes da web da deputación. Que pouca confianza no espallamento do coñecemento libre. --Alberte Si, dígame? 14:40, 16 agosto 2009 (UTC)
  • Borrar A diseñei nos meus principios, non sabía nin que proporción darlle; co cal, quero que a borredes. A Deputación tamén engade nesa páxina que carece de expediente de aprobación. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 10:50, 17 agosto 2009 (UTC)
  • Manter É absurdo borralo aquí, pois está este ficheiro subido en Commons. É absurdo ata mesmo que se vote. Se desaparece este arquivo da wikipedia, desaparece toda referencia a que é incorrecto e non se pode empregar. Ó desaparecer esa referencia, volverá a empregarse. Por outra banda, se o escudo ten leves variacións co aprobado, non é o escudo lexislado e, polo tanto, non é o escudo de Pontevedra (os símbolos son cousa seria, por iso se lexislan)-- Lmbuga / Conversa comigo  00:06, 18 agosto 2009 (UTC)