Conversa ficheiro:Escudo de A Coruña.svg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motivo de {{SímboloIncorrecto}}[editar a fonte]

Non hai ningún escudo da Coruña na páxina da Xunta nin se deu localizado DOG con ese escudo.

Na páxina web do concello hai un escudo que non segue as regras do Consello da Xunta de Galiza (http://www.coruna.es/smbpc/imagenes/blayto.gif ) polo que non sería oficial, e que ten moitas diferenzas significativas con este: Ten catro vieiras, distinta colocación da caveira, distinta coroa...

Este escudo, o da páxina web do concello, podería aparecer como escudo non oficial (dado que non foi aprobado), pois é o que emprega o concello da Coruña, pero o escudo Ficheiro:Escudo de A Coruña.svg é unha invención a partir de creacións e suposicións que hai en Internet.-- Lmbuga / Conversa comigo  20:28, 5 outubro 2009 (UTC)

O que hai na web do concello non é un escudo, é un logotipo. O escudo da cidade non está aprobado por decreto ningún, pero data da Idade Media, de modo que non parece moi razoable cuestionar agora a súa lexitimidade. Retiro marcador infundado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 14:15, 3 de decembro de 2010 (UTC)