Conversa ficheiro:Cabeceira do Boletín Nós.jpg

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este debuxo de Nós, feito por Castelao, non está aínda no dominio público porque o autor morreu en 1950, logo aínda faltan 8-9 anos, polo menos. Pedro --Lameiro (conversa) 17:36, 24 de setembro de 2012 (UTC) Feito! Feito! --Xabier Cid Talk 2 me, please 18:06, 24 de setembro de 2012 (UTC)

Ben, non sei por que marquei como feito isto hai un ano e pouco. Así que volvín a mirar a situación disto... e eu diría que esa ilustración, en tanto en canto foi publicada en Nós, está no dominio público. Explícome:

  • Nós non é unha obra dun só autor, senón unha obra colectiva no sentido en que a define a LPI de España. Nese caso os dereitos son da persoa xurídica ou física que edita a publicación e ata 70 anos despois da súa publicación
  • Hai argumentos para considerar que isto é unha obra única? Ao meu ver, non. Pero non coñezo a historia desta imaxe en concreto. Podería atoparse que a ilustración foi debuxada polo propio Castelao de forma autónoma e despois aplicada na revista, e nese caso si que se contarían os 70 anos a partir do falecemento de Castelao.
  • Tempo de expiración: se consideramos que esta cabeceira se empregou ata a fin da revista (1936), algo do que non estou seguro, esta imaxe estaría no dominio público a partir do 1 de xaneiro de 2007. Pero se a imaxe foi empregada en publicacións posteriores polo propio Castelao, poderiamos falar da extensión dese prazo.

Ou sexa, ao meu ver, a imaxe debería manterse. Pero estou moi disposto a escoitar outros puntos de vista que me sinalen outra cousa. / Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de novembro de 2013 ás 09:13 (UTC)[responder]

Xa non te lembras Xabier, pero ti borraches (ben borrada) esta imaxe da Galipedia o 24 de setembro de 2012 (Especial:Restaurar/Ficheiro:Cabeceira_do_Boletín_Nós.jpg). Por iso, no seu momento, dixeches "feito".
A cousa é que sigue aparecendo porque tamén estaba/está aloxada en Wikimedia Commons, onde acabo de propoñer o seu borrado.
A obra é de Castelao, publicada en España e, por tanto e segundo a lei, non pasa ao dominio público ata 80 anos despois da súa morte. . HombreDHojalata.conversa 10 de novembro de 2013 ás 21:25 (UTC)[responder]