Conversa ficheiro:BandeiraMarin.PNG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Problema na orixe[editar a fonte]

Fontes:

O problema segue sendo semellante ó que había en Ficheiro:MarinFlag.PNG: Falta a orixe da imaxe.

Posibilidades que eu vexo:

  1. Se Pontevedra78 creou esta imaxe ten que indicar nos datos da mesma que el compuxo a bandeira e cada un dos detalles do escudo sen copialos da páxina da Deputación de Pontevedra. En caso de que o indique (hai que colocar ademais a referencia ó DOG nos datos da imaxe), non vexo inconveniente en que este escudo sexa empregado.
  2. Se Pontevedra78 coloca como orixe da imaxe os datos do DOG e non indica a debida autoría propia, o escudo debería ser marcado coa etiqueta {{SímboloDubidoso}}. Esta etiqueta non impide o uso do escudo na Galipedia. ¿Por que esta etiqueta neste caso? Porque se supón que o escudo da bendeira é copiado dunha páxina web (quizais a da Deputación), pero se o escudo é o oficial, tal e como eu entendo a lexislación galega sobre heráldica, inda que a páxina teña Copyright, o escudo é PD. ¿Que ocorre?, que non sabemos se o escudo da orixe é o oficial porque non dispomos do DOG en que o escudo foi aprobado.
  3. Se non se coloca a orixe, a imaxe debe ser borrada mediante {{SenOrixe}}-- Lmbuga / Conversa comigo  12:35, 18 agosto 2009 (UTC)
No segundo dos casos anteriores podería tamén marcarse a imaxe coa etiqueta {{PendenteImaxe|Está a data do DOG en que o símbolo foi modificado, pero falta a data do DOG en que foi aprobado. É ademais necesario comprobar a exactitude do escudo coa imaxe do DOG}}.-- Lmbuga / Conversa comigo  12:48, 18 agosto 2009 (UTC)
Se o escudo da bandeira é o problema, este está aloxado na Galipedia (ou en Commons) e NON está subido pola usuaria que subiu MarinFlag.PNG, e tampuco o saquei da web da Deputación, ademáis, ese escudo actualmente non ten problemas de copyright. --Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 12:55, 18 agosto 2009 (UTC)

Causa da etiqueta {{SenOrixe}}[editar a fonte]

Xa que dis que o escudo da bandeira está aloxado noutro lado (Commons, Wikipedia), agora tes que indicar a orixe (tódolos artigos da Galipedia deben tela). Ti mesmo expresas que o pillaches de Commons ou doutra wikipedia, pois mentres non poñas a orixe, o artigo terá que sen marcado como SenOrixe e, nun futuro, poderá ser borrado.-- Lmbuga / Conversa comigo  17:09, 18 agosto 2009 (UTC)

Retirei a marca {{SenOrixe}}, pero o acontecido non me gusta, quizais mañá cambie de opinión. Por certo, a imaxe ten a licenza incorrecta, polos datos expostos ten que ser {{PD-propia}}-- Lmbuga / Conversa comigo  20:15, 18 agosto 2009 (UTC)

Tras o sucedido nas conversas[editar a fonte]

Para o meu xeito de ver hai dous comportamentos dispares: a defensa de propios intereses e a defensa de intereses comúns ou dos intereses da Galipedia. Móllense administradores, a min non me compete este caso (Se eu fose administrador, onde vai que eu tería borrado esta imaxe)-- Lmbuga / Conversa comigo  00:27, 13 setembro 2009 (UTC)