Conversa categoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren referencias

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Penso que non se ten mirado ben o que pon nos artigos, varios exemplos:

O edificio (de Begano) está considerado, co edificio Plastibar de Vigo de Xosé Bar Boo (1957), a vangarda da arquitectura galega do movemento moderno.[Cómpre referencia]

Este edificio, xunto co concesionario de Seat en Alfonso Molina teñen protección especial tanto do concello como da Xunta. ¿Será eso o que hai que referenciar?

Existen tamén asentamentos de moinantes en diversos lugares do concello, entre 600 e 1.000 segundo as fontes [Cómpre referencia][6][7][8].

Póñoo tal cual. Despois de dar tres referencias segue co mítico: cómpre referencia

  • Exemplo sangrante, artigo Prestige, vai uns días posto como artigo de calidade:
O valor do barco e maila carga ascende a 180 millóns de euros (30.000 millóns de pesetas)[Cómpre referencia]

Na páxina de conversa do artigo pon: ... El casco del Prestige estaba asegurado en Londres por una cantidad que no ha sido revelada. Las cifras que ha manejado la prensa internacional (22 millones de dólares) no se corresponden con el valor residual de un buque de 26 años, cuyo precio en el mercado apenas alcanzaría los 4-5 millones. Por su parte, la carga podría alcanzar, en el mercado europeo, un valor de alrededor de 10 millones de dólares. Así se deduce de los precios de buques de segunda mano publicados en los últimos números de la revista “Ingeniería Naval”, de la Asociación de Ingenieros Navales de España.

La desgracia del Prestige (Juan Zamora Terrés, 2003) - CEIDA (páxina 60 e 61)

O pan de Neda é un tipo de pan fabricado en Neda (provincia da Coruña) sen denominación de orixe aínda que recoñecido pola Xunta de Galicia pola súa calidade e importancia social e económica.[Cómpre referencia][1]

Posta a referencia, segue a pedirse.

No mesmo artigo:

Durante os séculos XVII, XVIII e principios do XIX, Neda e Xuvia estaban consideradas o hórreo de Galiza.[Cómpre referencia]

Tanto na bibliografía como nas notas pon ese mesmo texto. De feito o muíño de Xuvia foi o máis importante de Galiza e un dos máis importantes de España a onde chegaba o trigo do Báltico.

O concello de Narón ten un dos servizos de recollida de lixo e reciclaxe máis antigos existentes en Galiza,[Cómpre referencia] primeiro ca recollida de papel e vidro que foi ampliando cos anos ata a construción pola mancomunidade de municipos da planta de compostaxe de Mougá[17].

A ligazón 17 xa responde a eso. Vai máis de 20 anos en ferrolterra houbo unha pranta de compostaxe e anos antes xa se recollía papel e vidro para reciclar en Narón.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Nemigo (conversacontribucións) 16 de xullo de 2013 ás 09:03‎

Se hai un {{cómpre referencia}} e engades referencias... retira o {{cómpre referencia}}.
Non vexo onde está o problema. --. HombreDHojalata.conversa 16 de xullo de 2013 ás 20:57 (UTC)[responder]
Eu entendino ao revés. Alguén pide referencias e llas dan. Debera ser quen puxo o {{Cómpre referencia}} o que quite a etiqueta. Non vaia a ser o demo que non lle sirvan. --Nemigo 16 de xullo de 2013 ás 22:01 (UTC)[responder]
Non, non. Isto é un wiki.
Un usuario pode poñer un marcador de mantemento (porque non sabe, non pode ou non quere amañalo por el mesmo nese momento). El mesmo, máis tarde, ou outro usuario (sexa o editor inicial ou persoa distinta), pode amañalo. Calquera dos dous ou un terceiro pode retirar o marcador cando pense que o problema está solucionado (presúmese boa fe).
Pode que o primeiro usuario puxera o marcador e xa non estea activo (dáse moito o caso).
Seguramente os tres terán o artigo na súa páxina de vixilancia.
É probable que calquera dos mencionados ou un cuarto, quinto... volva ao tema e faga novas edicións nun sentido ou noutro ... etc. --. HombreDHojalata.conversa 17 de xullo de 2013 ás 13:20 (UTC)[responder]