Conversa categoría:Personalidades da pintura por estilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Cómpre unificar[editar a fonte]

Cómpre unificar o estilo das subcaterorías desta. Hai dúas opcións, tal que:

  1. Pintores + preposición + estilo en maiúscula. Exemplo: Categoría:Pintores do Barroco‎
  2. Pintores + adxectivo. Exemplo: Categoría:Pintores expresionistas‎

Con cal quedamos??? (e semellantes problemas hai con outras aparentes faltas de coherencia. Temos categorías "xxx do Barroco", pero non temos categoría "arquitectura do Barroco". O que temos é a categoría "arquitectura barroca" etc).

Para liala máis, o propio DRAG pon, nos exemplos, Buñuel foi un destacado cineasta do surrealismo (en minúscula), pero As catedrais de Lugo, Tui e Mondoñedo foron iniciadas no Románico e rematadas no Gótico (Románico e Gótico en maiúsculas). --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2017 ás 23:45 (UTC)[Responder]

Calquera das dúas semella válida... Na wiki inglesa danse polo adxectivo, na wiki española teñen un cacao tamén con isto... Na escultura nos temos "preposición + estilo" (só temos dúas categorías, iso si)... eu persoalmente inclínome por "Pintores + preposición + estilo", simple preferencia persoal, e o mesmo para outras semellantes ("arquitectura do XXX", "escultores do XXX" etc.) En canto a maiúscula ou non, nin idea de como sería máis correcto. Banjo tell me 8 de febreiro de 2017 ás 12:38 (UTC)[Responder]