Conversa categoría:Personalidades da ecoloxía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Existe tamén a Categoría:Personalidades do ecoloxismo, en que se diferencian?--Biógrafo 23:00, 26 decembro 2008 (UTC)

Concordo que só temos que conservar unha. A ver que opinan os demaís ?ElviraConversa comigo 23:51, 26 decembro 2008 (UTC)
    • Se ninguén máis opina unficareinos nos vindeiros días.--Biógrafo 19:40, 27 decembro 2008 (UTC)
    • A Ecoloxía é unha disciplina científica da Bioloxía. O ecoloxismo é un movemento ético e social. As propostas prácticas dos movementos ecoloxistas non necesariamente teñen un argumento científico consistente consigo (poden contradicir as observacións científicas). As personalidades adicadas a descrición e conservación de especies en novos ou descoñecidos hábitats (Ecoloxía da conservación) si que se poden incluír dentro de personalidades da Ecoloxía. Mais ningún que participara noutro tipo de movementos creo que o poida estar. Son necesarias as dúas categorías.