Conversa categoría:Obras pictóricas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Esta categoría Obras pictóricas crouse a semellanza da que teñen na wk.es, na cal contén as subcategorías Cadros, Murais e frescos, e Retablos. Na wk.en teñen todos os cadros metidos na categoría Paintings, e os murais e frescos (os retablos van categorizados en Arte cristiá) coma categorías máis específicas. Qué facemos, deixamos esta categoría para os cadros (mudando os interwikis) ou valdeiramos o seu contido na recén creada Categoría:Cadros? --Iago dime 15:39, 25 febreiro 2010 (UTC)

  • Paréceme máis propio que a categoría Obras pictóricas conteña as subcategorías cadros, por unha banda, e Murais e frescos (aínda que realmente hai murais que non son frescos), por outra (o que implica pasa-los artigos de cadros á categoría cadros). Isto pode abri-la porta para outra: Debuxos (penso agora nos debuxos de Castelao) e, quizais, outra para graffitis (onde terémo-lo problema de deslindar graffitis e pintadas). Os retablos xa son outro conto: son máis escultura que pintura. Antes de mover nada, Iago, espera máis opinións. Pedro --Lameiro (conversa) 16:01, 25 febreiro 2010 (UTC)
  • Véñenme á cabeza varias cousas ao falar de obras pictóricas: pode ser un cadro (pintura sobre soporte móbil), un fresco (pintura mural), un debuxo (técnica non pictórica sobre papel), un gravado (reprodución sobre papel), un graffiti (normalmente pintura na rúa), etc. Pero un mural pode non ser exclusivamente pintura (se conta na súa composición con elementos non pictóricos) ou pode non selo en absoluto (por exemplo, pode ser cerámico). E se falamos de retablos liámonos máis aínda, porque os hai que non teñen nada en común coa pintura, hainos que son máis arquitectura que outra cousa, hainos que teñen táboas e paneis que soportan pintura, hainos que son exclusivamente pintura e hainos que integran de todo un pouco. É o que pasa sempre coas artes, que non son ciencias e o artista non está pensando en crear un himenóptero e en ter coidado para que non lle salga coleóptero, a el sáelle o que lle sae e gracias. Para non complicarse a vida eu faría unha distinción segundo o soporte: sobre lenzo ou táboa (logo pódense distinguir técnicas: óleo, acrílico, etc), sobre papel (logo pódense distinguir técnicas: acuarela, carbón, litografía, etc) e sobre muro (logo pódense distinguir técnicas: fresco, azulexo, aerosol, cerámica, etc). O resultado daría cousas como "óleo sobre soporte rixo", "esmalte sobre cerámica", "carbón sobre papel" ou "acrílico sobre muro", pero tamén "acrílico sobre soporte rixo" ou "acrílico sobre papel". Hai que ter en conta que non todos os pigmentos se poden aplicar sobre todos os soportes. En canto aos retablos, trátase de algo moi específico da arte relixiosa. Por último: non sei se implementar esta organización sería moi complicado, se cadra é preferible adaptarse a algo máis próximo ao que xa hai. --Xoacas(Góstache o pemento?) 16:49, 25 febreiro 2010 (UTC)
    • Como resulta inabarcable categorizar cada técnica sobre cada soporte (¿e que facemos coas técnicas mixtas?), mellor non nos liemos. Por agora temos claras as categorías cadros, debuxos e gravados, así que xa temos 3. Separar frescos e murais non o teño tan claro (penso en qué artigos podemos ter que xustifiquen categorías separadas); quizais por agora abonde cunha mesma categoría conxunta frescos e murais. Os Retablos, por suposto que en categoría propia, pero non dentro das obras pictóricas (aínda que poidan levar pintura, non é o que os caracteriza); para min cadran mellor en escultura. E quédannos os graffitis, pero como non sei se terán artigo, poderían ir, polo de agora, dentro daqueles frescos e murais. ¿Valería algo así? Non podo resistir copiar un refrán que vén ó pelo do que di Xoacas do pintor de himenópteros: Se sae con barbas, San Antón, e se non, a Purísima Concepción. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:23, 25 febreiro 2010 (UTC)
    • Dixestes o que dixen eu pero con outras palabras, salvo no dos retablos, que logo explico. Só que eu non falaría de cadros, debuxos e gravados, senón de pintura sobre soporte rixo por unha banda, por outra de pintura sobre soporte non rixo (xa lle buscaremos o nome) e por último de pintura sobre muro. As subcategorías farémolas outro día, que hoxe é tarde. No referinte aos retablos, querer metelos na categoría de escultura é tanto como meter na categoría de escultura á Torre Eiffel. Se o motivo é que un retablo ten volume, a Torre Eiffel tamén o ten; se o motivo é o material, será que non é arquitectura a construída con madeira?, ou non é retablo o que está feito de pedra?. Podo poñer, nun radio de 200 quilómetros, mil exemplos (é un dicir) de retablos en cuxa composición non se empregou nin un só elemento que non sexa propio da arquitectura e outros mil que son unha pura pintura sobre soporte plano e sen relevo ningún. Insisto nunha categoría propia dentro da arte sacra (non hai retablos laicos ou profanos). --Xoacas(Góstache o pemento?) 18:57, 25 febreiro 2010 (UTC)

A ver qué vos parece a seguinte clasificación; coma categoría principal deixaríamos Obras pictóricas, e dentro dela irían:

  • Debuxos.
  • Cadros.
  • Frescos.
  • Grafittis.
  • Gravados.
  • Murais
  • Pintadas.

Penso que para o noso volume de artigos isto xa sería dabondo. Os retablos irían aparte, probablemente pendendo da Categoría:Escultura e da Categoría:Elementos da arquitectura relixiosa cristiá. E logo, dentro de cadros, xa iríamos subcategorizando conforme fora necesario. Qué tal así? --Iago dime 09:08, 26 febreiro 2010 (UTC)

categorización[editar a fonte]

Sería interesante crear as categorías "Obras pictóricas por ano" e mais "Obras pictóricas por autor", en paralelo á categoría "Obras literarias". --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de abril de 2014 ás 08:18 (UTC)[responder]