Conversa categoría:Mundiais de fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Replacement filing cabinet.svg
Arquivos

Nomes innecesariamente complexos (e incorrectos?)[editar a fonte]

Temos uns títulos moi complexos, innecesariamente.

O nome do/s país/países onde se celebran deberían desaparecer do título dos artigos e categorías contidos nesta. Exemplos:

Mundial de Fútbol Rusia 2018 debería pasar a ser Mundial de Fútbol de 2018

Categoría:Mundial de Fútbol Rusia 2018 debería pasar a ser Categoría:Mundial de Fútbol de 2018

Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos/México 2026 -> Mundial de Fútbol de 2026

Categoría:Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos/México 2026 -> Categoría:Mundial de Fútbol de 2026

ou "Copa Mundial de Fútbol de (ano)", ou "Copa do Mundo de Fútbol de (ano)"

Iso é o que fan tódalas demais Wikipedias do mundo mundial.

Amais "Mundial de Fútbol Rusia 2018" non é unha expresión correcta, aí faltan preposicións. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2018 ás 22:10 (UTC)

Véxase, tamén, o exemplo da Categoría:Xogos Olímpicos, onde os títulos de artigos e categorías inclúen unicamente o ano, non o nome das sedes. --. HombreDHojalata.conversa 27 de xuño de 2018 ás 22:17 (UTC)

Outra observación: Inda mantendo o criterio seguido ata o de agora, por concordancia co resto de artigos e categorías, no caso dos EEUU hai que poñer "... de América":

Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos/México 2026 debería ser Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos de América/México 2026
Categoría:Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos/México 2026 debería ser Categoría:Mundial de Fútbol Canadá/Estados Unidos de América/México 2026. --. HombreDHojalata.conversa 28 de xuño de 2018 ás 09:14 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo O país onde se organizan xa se indica no artigo, non é preciso indicalo no nome, e menos de forma incorrecta. A maiores, se se quere, poden facerse redireccións dende os termos "Mundial de fútbol de ano en país" ou cousas semellantes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 11:07 (UTC)
Symbol support vote.svg Concordo --Chairego apc (conversa) 28 de xuño de 2018 ás 13:25 (UTC)