Conversa categoría:Montes extraterrestres

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creo que o mover esta categoría se mete máis pata de como estaba, tódolos Montes en astroxeoloxía son extraterrestres, e non son montes coma entendemos habitualmente en Galicia, normalmente chamámoslle montes a un conxunto de outeiros de media ou pouca envergadura, e normalmente bastante erosionados, cousa que para nada son estes 'Mons'; ó mellor poderíase por o de extraterrestres entre parénteses ou outra cousa, a verdade é que non sei que outra cousa, pero tódalas outras categorías de astroxeoloxía teñen o nome oficial da súa nomenclatura en latín tal coma estipula a IAU e sería unha magoa comezar a desfacer unha clasificación que é bastante clara, polo menos na astroxeoloxía.--Xabier Cancela (fálame) 20:00, 8 de agosto de 2011 (UTC)

  • Non sabería achegar solucións nin case ideas a pensar, pero creo que todos entendemos por Montes extraterrestres, non sei se entenderiamos Mons. Se temos volcáns extraterrestres, ¿por que non montes extraterrestres? Estamos falando de categorías, non de artigos de cada monte, que semella lóxico que se titulen en latín, se ese é o nome oficial (¿entón o título Tharsis Montes sería incorrecto?). ¿Por que pensas que isto desfai un sistema de clasificación previo?. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:16, 8 de agosto de 2011 (UTC)
  • Imos ver, o problema é que Montes nesta categoría non é unha palabra galega, se non que é latina, por iso cando fixen a categoría no seu día púxenlle unha referencia e unha aclaración para evitar confusións, parece que a xente pasa de ler esa aclaración (dígoo en xeral, non o tomes persoalmente)... tanto os nomes dos accidentes xeolóxicos (por ex Tharsis Montes) coma os tipos deses mesmos accidentes xeolóxicos (por ex. Mare, maria) son unha convención da UAI, puxéronlles eses nomes ...... é evidente que a xente que non segue a astronomía entende mellor por Montes extraterrestres pero non debería se-lo seu nome, por que non é o seu nome científico, e evidentemente desfai a clasificación por que foi feita en base á nomenclatura oficial da UAI, seino por que case fixen tódolos artigos desta categoría e por que fixen tódalas categorías en base a esa nomenclatura, vexase a referencia ou nota que sae na categoría que aclara bastante. --Xabier Cancela (fálame) 02:22, 9 de agosto de 2011 (UTC)
Lin todo o contido antes de movelo, e vin tódolos das outras linguas e ... case tódolos proxectos irmáns escolleron poñerlle nome e apelidos: cy:Categori:Mynyddoedd allddaearol, de:Kategorie:Außerirdischer Berg, en:Category:Extraterrestrial mountains, fr:Catégorie:Mons, is:Flokkur:Fjöll utan jarðar, it:Categoria:Montagne extraterrestri, ro:Categorie:Munți extratereștri, ru:Категория:Внеземные горы, sv:Kategori:Berg på andra himlakroppar, tr:Kategori:Dünya dışındaki dağlar, zh:Category:地球外的山峰 e commons:Category:Extraterrestrial_mountains. Nun proxecto de ambito xeral, como é a Galipedia, non creo que "Montes" sexa suficientemente descriptivo--. HombreDHojalata.conversa 06:24, 9 de agosto de 2011 (UTC)