Conversa categoría:Gastronomía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Disto xa falamos hai moito tempo, co gallo dunha receita de polbo ó non sei que. O caso é que creo que as receitas de cociña non teñen contido enciclopédico e que esta categoría Gastronomía só debería incluír, canto a pratos de cociña, aqueles especialmente típicos e representativos dunha cultura gastronómica (local ou non). Non é o mesmo "paella", "pá amb tomaca", "empanada", "bacallao ó pil-pil", "polbo á feira", que as Mans de porco á biscaíña‎, por poñer un exemplo recente. Sei que a linde é moi difusa pero temos que establecer algún criterio de admisión, no que eu sería bastante restritivo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 11:38, 15 xullo 2008 (UTC)

  • Eu penso cas receta deben ir dentro do wikibooks en galego e non dentro da Galipedia, agás alghuna receta que teña una relevancia que sale da gastronomía, ou que teña interes historico por non cociñarse hoxe. Para mín os contidos dos artigos sobre pratos deben ter outros contidos que digan o interes do prato, sin ser a receta. ElviraConversa comigo 12:24, 15 xullo 2008 (UTC)
    • Efectivamente. Concordo coa puntualización de Elvire. Mesmo naqueles pratos "típicos" dos que antes falaba, o artigo non pode quedarse na simple lista de ingredientes e a receita. Pedro --Lameiro (conversa) 12:34, 15 xullo 2008 (UTC)
Pedro, véxote con ansias de limpeza... :) A min pareceríame ben que propuxeses eses tres artigos (mans, callos e morros) pró seu borrado (non os borraría directamente máis ca nada porque foron creados por un usuario habitual, e así dámoslle oportunidade de que amplíe se hai por onde). --Xabier Cid Conversa 13:54, 15 xullo 2008 (UTC)

Categorización en Gastronomía=[editar a fonte]

Nesta categoría, e mais en gastronomía por países, de Galicia, etc., temos conceptos demasiado diferentes. Temos pratos preparados (caldeirada, orella (doce), torta de Santiago), xunto a produtos típicos (pemento de Padrón, viño da Terra de Betanzos ou pataca de Galicia). Ata aquí, sen problema, creo que os dous conceptos teñen cabida como Gastronomía de Galicia. Pero tamén temos outros produtos que non me cadran, por moito que os comamos aquí: pectínidos, lentella, lura ou requeixo. Este tipo de artigos non me cadran como Gastronomía de ningures senón como moluscos, produtos lácteos ou leguminosas. Polo tanto propoño sacalos desta categoría e engadir un encabezado que aclare que na Categoría:gastronomía só teñen cabida pratos ou comidas característicos (e así pechamos a porta a receitas de cociña), e nas Gastronomías por países, ademais, os produtos característicos de tal país ou comunidade. ¿Que vos parece? Pedro --Lameiro (conversa) 12:19, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Concordo totalmente. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:57, 24 de outubro de 2010 (UTC)

Eu tamén.--Cheluco usopúblico 13:29, 24 de outubro de 2010 (UTC)