Conversa categoría:Futbolistas por selección

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Polo que estiven vendo esta é unha categoría aparentemente para futbolistas masculinos, aínda que o título non fai referencia a masculino ou femenino, pero logo onde hai que clasificar ás xogadoras de seleccións femininas?. Nunha categoría xogadores da selección feminina de fútbol (a que corresponda) ou o que parece máis lóxico xogadoras da selección de fútbol (a que corresponda), ben é certo que creo que existe unha norma de non crear categorías separadas para homes e mulleres, aínda que creo que neste caso si estaría xustificado por non xogar nas mesmas seleccións (e equipos, xa que iso tamén vale para os clubs).--HacheDous=0 (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 15:36 (UTC)[responder]

Nas wikis inglesa e española separan á selección feminina, da mesma forma que se fai para as sub-23/21/19 etc. Na wiki portuguesa fan unha división uns niveis máis enriba creo, e na wiki francesa directamente fan distinción entre futbolistas masculinos e femininos cunha categoría nai para cada un. Entendo que neste caso o máis axeitado sería seguir o exemplo inglés/español e crear unha categoría "xogadoras da selección feminina de futbol de XXXX" en cada caso segundo corresponda, filla da subcategoría de cada país, ó igual que se fai coas sub-XX. Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 15:44 (UTC)[responder]
En realidade para que fose máis sinxelo abondaría con xogadoras da selección de fútbol de XXX, igual que non se indica masculina nas masculinas os xogadores só poden xogar na masculina e as xogadoras na feminina. Polo demais concordo no que expós.--HacheDous=0 (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 15:47 (UTC)[responder]
Si, probablemente abonde con deixalas con ese nome. Mentres sigan reflectindo a propia separación que fan as federacións e torneos entendo que estaría correcto desa forma tamén.Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 16:05 (UTC)[responder]