Conversa categoría:Faraóns

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Entendo que Dario I, II e II non foron faraóns, pois foron gobernantes do imperio persa. De todos os xeitos non troco isto pois non teño 100% certeza--87.217.144.97 21:35, 18 agosto 2007 (UTC)

Realmente si o foron, os aqueménidas conquistaron Exipto e asumiron o título de faraón.--André 21:38, 18 agosto 2007 (UTC)

OK, grazas pola explicacion. --87.217.144.97 21:40, 18 agosto 2007 (UTC)

  • Pese a que fosen gobernantes persas e tratasen a Exipto como unha satrapía mais algúns exiptólogos falan da Dinastía XXXI que vai desde a fin da última dinastía indíxena (cara ao ano 343 a.c.) e chega ata o ano 332 a.c. coa chegada de Alexandro Magno, do que curiosamente si se documenta que asumiu o título de faraón. Houbo outra ocupación persa anterior da que descoñezo se usaron o título ou non o certo é que o Antigo Exipto e o mundo dos faraóns acaba coa famosa Cleopatra, o difícil é o estudo dos periodos intermedios onde os sistemas de goberno sufriron modificacións. Manetón pola súa parte fala de só 31 dinastías polo que non tivo en conta a suposta dinastía persa, a 31 sería a Ptolemáica. Penso que de xeito xenérico poden considerarse faraóns pero a cousa non semella tan evidente se se analiza o convulso periodo en cuestión. Lansbricae (Ti dirás) 21:56, 18 agosto 2007 (UTC)