Conversa categoría:Ensino

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Categoría Educación por Ensino[editar a fonte]

Propoño substituír a categoría Ensino por Educación. O Ensino é a parte da Educación que desenvolve o docente. A educación é un proceso comunicativo que conleva en xeral un proceso de ensino e outro recíproco de aprendizaxe. Podemos dicir, por tanto, que o ensino é só unha parte da educación. Así como a Pedagoxía é a ciencia que estuda a educación e, por tanto, cómpre tela tamén como categoría, o ensino é parte do concepto superior e maior que é a educación e estase a usar no seu lugar. Todos os artigos que están agora na categoría de Ensino e máis poderían estar perfectamente na de educación. Tiberio Feliz (Déixame unha mensaxe) 29 de xullo de 2022 ás 10:49 (UTC)[responder]