Conversa categoría:Dilleis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dilleis? non é unha tradución un pouco forzada?--Raposo 22:26, 16 de xuño de 2010 (UTC)

  • A min gústame o neoloxismo, pero é iso, un neoloxismo. Borrámola? --Atobar (conversa comigo) 23:41, 16 de xuño de 2010 (UTC)
  • Persoalmente paréceme bastante artificial, na wikipedia da nosa lingua irmá optan por deixar o anglicismo disc jockey e na castelá usan como moito pincha discos, agora ben eu tampouco son un lingüísta.--Raposo 20:50, 17 de xuño de 2010 (UTC)
Ir Indo: discjockey(s). Noutros dicionarios non atopo nada. --Atobar (conversa comigo) 20:54, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • Penso que non hai precedentes dunha adaptación do inglés ao galego deste tipo. Penso que a referencia do Ir Indo é a única que nos vale (descoñezo outras) e deberíamos mover a categoría a Categoría:Discjockeys. --Xoán Carlos Fraga 21:13, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • A única referencia que atopo a dillei é esta que parece ser unha especie de grupo ou algo así. O mellor será movela a Discjockeys.--Raposo 21:22, 17 de xuño de 2010 (UTC)
Raposo, esa non é unha referencia válida. Ten que ser dunha autoridade competente (RAG, manual universitario de lingüística...). --Atobar (conversa comigo) 21:25, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • Por iso mesmo a puxen, non existen referencias reais para a pralabra dillei.--Raposo 21:58, 17 de xuño de 2010 (UTC)
  • Novas, existe o termo picadiscos como sinónimo do castelán "pinchadiscos". É un termo que aínda que non o recolle o dicionario de Ir Indo, si aparece no Galicionario e nun dicionario de neoloxismos galegos, amais de ser usado nos medios de comunicación.12

Entón podemos cambiar a categoría a Picadiscos no canto de a Disc Jockey se o preferides.--Raposo 19:01, 23 de xuño de 2010 (UTC)