Conversa categoría:Deporte en Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Anton45, eliminei a categoría de "Deporte por países" por redundante (xa está en "Deporte en España"). Por outra banda, engadir o que cadaquén considera un país a "Deporte por países" lle quitaría a esta última toda a utilidade que puidera ter. --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 12:26 (UTC)

    • Norrin Non é o que eu entenda por país, é a definición de país en si, teña ou non estado. E Cataluña cumpre tódolos puntos que definen a un país... igual que Galicia está no 99% de categorías por países.
      • Con Galicia faise unha excepción por ser a Galipedia. Tamén Baviera é un país, e Bretaña, e Limburgo, e milleiros máis. As categorías por países contemplan só estados soberanos (+Galicia). --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 13:36 (UTC)
Anton45 Por outra banda, a política de categorías di claramente que Os artigos sobre un tema para o que exista unha subcategoría deben estar nesa subcategoría e non na superior.. Isto é, para a Categoría:Deporte en Cataluña existe xa a Categoría:Deporte en España por comunidade autónoma, polo que a primeira non debe estar na categoría superior (xa que na de CCAA ten que estar). --Norrin (Fálame) 19 de maio de 2014 ás 13:43 (UTC)