Conversa categoría:Cidades da Arxentina

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nome da categoría[editar a fonte]

Teño unha dúbida con respecto ao nome da categoría: non sería máis correcto en galego chamarlle "Cidades da Arxentina"? Saúdos. --VaiPolaSombra (conversa) 23:44, 18 de xuño de 2012 (UTC)

Penso que non. Se consultas Dúbidas LingüísticasUVIGO2004 ou Criterios para o uso da linguaUDC2007 empregan o artigo en "O Xapón" e máis en "O Brasil", pero non en "Arxentina".
En todo caso, sempre que falemos destes temas, hai que seguir sempre o mesmo criterio para tódalas subcategorías. En Categoría:Arxentina, por exemplo, serían maís de 20 afectadas. E calquera mundanza habería que facela cun bot.--. HombreDHojalata.conversa 06:56, 19 de xuño de 2012 (UTC)
Acababa de escribir dándoche a razón (os teus argumentos parécenme suficientes), pero xusto me acabo de atopar con algo moi ambiguo na definición de "arxentino" que dá o dicionario da RAG:
1. Da Arxentina ou dos seus habitantes / 2.Persoa natural ou habitante de Arxentina.
Como ves, na primeira acepción emprega o artigo e na segunda non. Parece que nin na RAG o teñen claro de todo... De todas as formas, os teus argumentos séguenme parecendo suficientes para darche a razón, só quería deixar constancia desta ambiguidade. Por certo, graciñas polas guías lingüísticas, que nona s coñecía. Saúdos.--VaiPolaSombra (conversa) 14:35, 19 de xuño de 2012 (UTC)
Correxiron o dicionario: arxentino1 (feminino: arxentina) adxectivo 1 Da Arxentina ou dos seus habitantes. O presidente arxentino. A economía arxentina. substantivo 2 Persoa natural ou habitante da Arxentina. Un arxentino do Chaco. --. HombreDHojalata.conversa 8 de xullo de 2015 ás 09:18 (UTC)[responder]