Conversa axuda:Como contactar con outros usuarios

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Trebello en probas para ser incluída en páxinas de axuda e modelos de benvida[editar a fonte]

Existe un trebello en probas que fai a comunicación, resposta e mención máis intuitiva e usa o editor visual. Gustariame incluílo nesta sección e tamén na mensaxe de benvida. Pequena explicación do trebello:

Pódelo activar indo ao teu menú de preferencias> caracteristicas en probas (https://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Preferencias#mw-prefsection-betafeatures) e escollendo "Discussion tools". Unha vez instalado, xa o lado de calquera mensaxe dunha persoa, sexa na túa páxina de usuaria ou nunha páxina xeral de conversa, verás ao lado da sinatura de quen escribiu "[Responder]". Premendo aí xa che abre unha caixiña que permite editar co editor visual e xa che asina por defecto, ademáis de incluír o texto "Resposta" no resumo de edición cando publicas. Usando a icona do menu que che sae nese editor (sae como unha persoa seguida do signo +) ábrese unha caixiña na que sae por defecto o nome de usuario da persoa que enviou o texto que respondes, pero tamén permite buscar outras usuarias polo nome. Se seleccionas ese nome de usuario/a nesa caixiña, xérase unha mención que xa lle é notificada a ese destinatario. Recibirá un aviso de que contestaches/mencionaches. Deste xeito xa non precisas responder na súa páxina de usuario/a para que lle chegue notificación, podes seguir a escribir na túa propia páxina de usuaria, e tampouco é necesario o uso de {{ping}} ou outras opcións.
Agardo as vosas opinións, un saúdo.Maria zaos (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 23:39 (UTC)[responder]