Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Deportes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Discusión pechada. O 14 de febreiro de 2005 aprobouse a rama de categorías de Deportes.



Deportes[editar a fonte]

Engadir unha mensaxe

Aviso: O prazo de debate e votación remata o 11 de febreiro de 20005.


Categoría deportes noutras wikipedias[editar a fonte]

Non é ningún problema Sobreira faltan moitas categorías nas que traballar e este é un caso. Aquí van algúns materiais de traballo:

Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:15, 29 Xan 2005 (UTC)

Polo que parece noutras wikipedias hai dúas tendencias: clasificar os deportes por tipos ou directamente presentar os deportes no nivel principal, aparte teñen algunhas categorías complementarias. A miña proposta inicial é que dentro da categoría principal Deportes clsifiquemos os deportes directamente.

  • Deportes
    • Nome do deporte
    • Deportistas
      • Futbolistas
      • Tenistas
      • Deportistas do deporte que sexa
    • Estadios e recintos deportivos (non me convence, é un pouco longo, espero que a algún de vós teña unha idea mellor)
    • Historia dos deportes
    • Xogos galegos
    • Xogos Olímpicos

Espero que durante o debate se poda mellorar. Saúdos. --Prevert(talk) 15:36, 1 Feb 2005 (UTC)

Eu engadiría:

  • Fútbol
    • Equipos galegos (ou Equipos de fútbol galegos)
    • Equipos españois (ou Equpos de fútbol españois)
    • Equipos ingleses (ou Equpos de fútbol ingleses)
    • O mesmo para cada país

Tamén se podería facer algo parecido para deportes coma o Ciclismo, baloncesto, etc...

  • Deportistas
    • Deportistas galegos (se cadra tamén podería ir noutra categoría chamada Galegos ou na categoría Galiza)
  • Xogos Olímpicos
    • Cidades Olímpicas (esta tamén poderia ir noutra categoría)

--80.58.23.235 00:31, 6 Feb 2005 (UTC)


Incorporo a proposta do usuario 80.58.23.235 e amplio[editar a fonte]

  • Deportes
    • Nome do deporte
    • Fútbol
      • Equipos de fútbol galegos
      • Equipos de fútbol españois
      • Equipos de fútbol ingleses
      • O mesmo para cada país
      • Seleccións nacionais de fútbol
    • Deportistas
      • Futbolistas
      • Tenistas
      • Deportistas do deporte que sexa
    • Deporte en Galicia
    • Deportistas galegos
    • Estadios e recintos deportivos (non me convence, é un pouco longo, espero que a algún de vós teña unha idea mellor)
    • Historia dos deportes
    • Xogos galegos
    • Xogos Olímpicos
      • Cidades Olímpicas

Os deportes clasifícanse no primeiro nivel, exemplo con Fútbol, quizais habería que incluir un exemplo cun deporte que non fora de equipo. Saúdos. --Prevert(talk) 15:57, 7 Feb 2005 (UTC)


Aprobase con data 14 de febreiro de 2005 a distribución de categorías na rama deporte. Saúdos. --Prevert(talk) 17:19, 14 Feb 2005 (UTC)

Revisión[editar a fonte]

Despois dunha conversa con Prevert, os dous crimos oportuno darlle unha pequena volta á estruturación da categoría de deportes, en primeiro lugar porque a categorización aprobada é das máis antigas, e en segundo porque o paso do tempo nos defrontou a novos problemas. Este é o esquema que propoño, que parte do que xa está, e que busca a súa ampliación e maior consistencia.

  • Deportes
    • Fútbol
      • Equipos de fútbol galegos
      • Equipos de fútbol españois
      • Equipos de fútbol ingleses
      • O mesmo para cada país
      • Futbolistas[1]
        • Futbolistas galegos'
        • Futbolistas suecos
        • Gardamallas[2]
      • Árbitros
      • Adestradores
      • Presidentes de equipos de fútbol
      • Seleccións nacionais de fútbol
      • Competicións de fútbol
        • Ligas de fútbol
        • Mundiais de fútbol
        • Eurocopas de fútbol
    • Triatlón
      • Triatletas
        • Triatletas galegos
        • Triatletas australianos
    • Atletismo
      • Atletas
      • Probas de atletismo
      • Competicións de atletismo[3]
        • Mundiais de atletismo en pista cuberta'
      • Equipamento e obxectos do atletismo
    • Deporte en Galicia
    • Deportistas
      • Deportistas galegos
      • Futbolistas
    • Estadios e recintos deportivos
    • Historia do deporte
    • Educación física
    • Federacións deportivas
    • Xogos e deportes galegos
    • Olimpismo[4]
      • Xogos Olímpicos
      • Xogos Olímpicos de inverno
      • Cidades Olímpicas
    • Competicións multideportivas
      • Xogos Olímpicos
      • Xogos do Mediterráneo
      • Xogos da Commonwealth

--Xabier Cid 17:08, 6 abril 2007 (UTC)

Explicacións[editar a fonte]

  1. Creo que os deportistas deberían integrarse dentro das categorías de cada deporte, manténdoos ao mesmo tempo dentro da categoría xenérica Deportistas. Así Futbolistas sería ao mesmo tempo unha subcategoría de Deportistas e de Fútbol.
  2. A clasificación por posicións, que está empezando a realizarse agora, debería decorrer en paralelo á clasificación por países, pero non antes nin despois. Ou sexa, que Francisco Buyo debería estar en Gardamallas e en Futbolistas galegos á vez, pero non sería operativo unha categorización Futbolistas --> Gardamallas --> Gardamallas galegos, nin Futbolistas --> Futbolistas galegos --> Gardamallas.
  3. Agardo que quede clara a diferencia entre probas e competicións; quizais se vos ocorra un nome mellor para 'probas'
  4. o termo de olimpismo é máis amplo có de Xogos Olímpicos e permite recoller un número maior de institucións e conceptos, deixando a categoría de Xogos unicamente para as competicións.
  • Comentario Eu incliría unha pequena modificación:
      • Futbolistas
        • Futbolistas por país
          • Futbolistas galegos'
          • Futbolistas suecos
        • Futbolistas por posicións
          • Gardamallas

Para que non quede todo xunto. AlberteSi, digame? 20:28, 31 agosto 2007 (UTC)

Concordo. De feito estes días categoricei Atletas e xurdiume a mesma dúbida. Botaille un ollo á Categoría e dicide se a preferides como o esquema que fixen eu ou como o de Alberte... Eu voto pola del, ;) --Xabier Cid 21:04, 31 agosto 2007 (UTC)

  • Pois se ti mesmo estás de acordo, eu evidentemente tamén e ninguén se opón creo que se pode botar adiante a reforma da categoría. AlberteSi, digame? 20:30, 7 setembro 2007 (UTC)
  • Por min perfecto. Estaría ben se alguén máis opinase. Póñome con isto prá semana, se non hai contrariedade. --Xabier Cid 20:35, 7 setembro 2007 (UTC)
  • Creo que xa se pode tirar adiante. AlberteSi, digame? 15:07, 6 novembro 2007 (UTC)