Conversa Wikipedia:Wiki Loves Parroquias/Imaxes propostas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Benvidos todos ó concurso fotográfico da Galipedia Wiki Loves Parroquias, preguntade aquí todas as dúbidas que teñades e iremos contestándoas tan pronto como nos sexa posible. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de maio de 2019 ás 08:59 (UTC)[responder]


Ola Elisardojm, quería saber se saíu xa a resolución do concurso e non me decatei ou é que aínda non está dispoñíbel. Saúdos. Mayterios (conversa) 10 de decembro de 2019 ás 10:40 (UTC)[responder]

Resultados[editar a fonte]

As imaxes con máis votos foron:

Poreime e contacto cos gañadores para enviarlles os seus premios.

Todos os participantes recibirán unha camiseta de promoción da Galipedia. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2020 ás 13:41 (UTC)[responder]

Acabo de contactar con todos os participantes para achegarlles os seus agasallos, dende hoxe teñen tres meses para darme os seus datos de contacto para enviarllos, de non facelo antes entenderase que renuncian a eles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de xaneiro de 2020 ás 14:02 (UTC)[responder]
Xa foron enviadas as camisetas ós usuarios que responderon ós correos: Mayterios, Iridio77 e Airi11111, e estes días tamén se ingresaron nas contas que nos indicaron os premios do segundo e terceiro premio. O resto de participantes aínda non responderon ós avisos, enviareilles hoxe unha nova notificación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2020 ás 00:47 (UTC)[responder]

A min xa me chegou a camiseta, grazas!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Airi11111 (conversacontribucións) 19 de febreiro de 2020 ás 21:09‎

Ola, recibín todos os agasallos no seu debido momento. Moitas grazas por todo. --Mayterios 9 de marzo ás 20:03 (UTC)

Actualización: todos os participantes xa indicaron os seus datos de contacto no prazo establecido, pero debido á situación de pandemia na que nos atopamos aínda non puidemos facer entrega de todos os agasallos. Aproveito para aclarar que agora que temos os datos dos participantes do concurso, non deben preocuparse polo prazo que se indicaba nas bases xa que a causa do atraso é debida a esta situación especial na que nos atopamos, e en canto sexa posible enviaránselles os agasallos a todos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de maio de 2020 ás 15:07 (UTC)[responder]

Xa foi ingresado o primeiro premio do concurso. Nas vindeiras semanas enviaranse as camisetas que están pendentes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:13 (UTC)[responder]
Xa recibín os cartos correspondentes ao premio. Moitas grazas.----Taliesingz (conversa) 17 de febreiro de 2021 ás 17:55 (UTC)[responder]
Esquecéuseme comentar que hai uns meses xa se enviaron por correo as camisetas de todos participantes que faltaban por ela. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2021 ás 15:34 (UTC)[responder]