Conversa Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gustaríame recibir algunha explicación adicional sobre este punto que extraio da proposta:

  • Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
    • ¿É isto unha política oficial da Galipedia? Sempre entendín que se debía usar unha ou outra forma, seguindo -respectando- a escollida na creación do artigo, pero se nos atemos a esta frase deduzo que un pode utiliza-la forma que prefira, sexa cal sexa a forma preexistente, con tal de non reverte-lo que fixeran os anteriores editores.
    • Evidentemente, entendo que este principio se aplicaría tanto ó artigo Galicia-Galiza, que agora nos ocupa, como a calquera outro artigo preexistente ou de nova creación.

Sexa cal sexa a resposta, a proposta que se fai (fusión, título e texto) paréceme positiva e perfectamente asumible. Pedro --Lameiro (conversa) 18:06, 9 febreiro 2008 (UTC)

Iso saqueino textualmente da política oficial, que está na páxina Wikipedia:Toponimia, así que dende novembro do 2004, parece que é esa a norma que se está a seguir. Que por certo, a min me parece unha boa solución, sobre todo polo de non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos, que evita as guerras de edicións para encher a Galipedia de "Galizas" ou de "Galicias". Miguel.lima 18:22, 9 febreiro 2008 (UTC)