Conversa Wikipedia:Listaxe de sinónimos útiles

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Se cadra cumpría ordear a listaxe alfabeticamente, sobre todo porque cantas máis palabras, máis traballo vai dar facelo.--Atobar (conversa comigo) 11:51, 9 xuño 2009 (UTC)

Ola, Atobar. :) Movín a páxina, porque non é un artigo, senón unha páxina interna, de axuda. Tampouco creo que poida ser cualificada de "norma", :). Bueno, non o creo, estou seguro. Tampouco ten que ser votada. É verdade que estas cousas reuiren un pouco de consenso, máis que nada pra que non se poña todo o mundo a crear páxinas sen xeito nin maneira, a barullo —outros máis sinónimos, :)—. Pero ao mellor xa o falaches con máis xente, que eu acabo de chegar e vin isto, así que non me fagas moito caso. Deberías cambiarlle a categoría, buscar unha que se axeitase a consellos de estilo, e non a unha norma, e retirarlle o aviso ese da norma. :) Máis dúbidas, ao correo, :) Sinto non poder dedicarlle máis tempo á wiki estas semanas.Saudiños --Xabier Cid Conversa 14:27, 9 xuño 2009 (UTC)

Boas, Xabier. Con esta listaxe pretendín facer máis diáfano o que xa expuxen na Taberna (propostas), na sección Proposta múltiple principalmente no tocante á lingua. Cando teñas un momentiño, pásate e achega a túa opinión, que seguro é interesante. Algúns puntos van quedando dilucidados e e este dos sinónimos concretamente parece ser que ten consenso, non como norma senón coma axuda. De feito, para iso redactei esa introducción no artigo, para o deixar ben clariño. Graciñas de novo e decontado che deixo isto no e-mail, polo si ou polo non. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 14:34, 9 xuño 2009 (UTC)

Moi ben... xa imaxinaba que xa o terías falado antes, ;) Mola! --Xabier Cid Conversa 14:50, 9 xuño 2009 (UTC)

  • Bueno, levo todo o día ensarillado coa cuestión esta dos sinónimos. E se cadra aínda hei continuar un tempiño. Pero antes unha apreciación: igual sería bo que ademais de ter estabelecido unha orde alfabética, os sinónimos fosen separados conforme se trate de locucións adverbais, adxectivos ou substantivos. Así e todo, non as teño todas comigo, pero si creo que fica algo embarullado se un non obstante está na misma listaxe e ao mesmo nivel que asoballar, lusco e fusco ou quiñentos. Quero dicir que parece máis normal aglutinar locucións por un lado (devagar, a pesar de, ao mesmo tempo, en troques...) e por outra outras cousas. O dito, que non sei moi ben o que digo, pero confío en que alguén propoña unha distribución máis diáfana. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 18:37, 9 xuño 2009 (UTC)
    • Si, referíame a separar segundo o tipo, pero está mañá acordei con outra opinión e agora penso que igual é bo non facer moita peripecia e deixala toda dunha tirada, para que o lector non teña que comer a cabeza e soamente se teña que guiar pola orde alfabética e os criterios explicados na sección homónima. Lígaa cando poidas á Axuda, Toliño, que aínda que lle vou seugir mentendo man, o grosso xa está feito. Graciñas e saúdos.--Atobar (conversa comigo) 16:20, 10 xuño 2009 (UTC)
Xavarín?, non será xabaril?--83.44.101.214 17:52, 22 xuño 2009 (UTC)

Manifesto o meu desacordo en que este artigo estea nas páxinas "Wikipedia". Considero que o espazo adecuado é o do título e non este: ¿Que imos facer?, ¿un curso de galego para wikipedistas nas páxinas "Wikipedia"?. ¿Que será o seguinte?, ¿unha páxina sobre os cambios da normativa no 2003?, ¿unhas recomendacións estilísticas?,...-- Lmbuga / Conversa comigo  18:12, 18 agosto 2009 (UTC)

  • Discordo porque coido que non se trata de ningún curso de galego nin de recomendacións nin de nada similar. Non van por aí os tiros, ao meu ver. Trátase unicamente dun glosario de axuda que, a maiores, se nos ofrece. Por outra banda, Lmbuga, anímote a que releas con atención a introdución do artigo, que tenta explicar este e outros aspectos. Amais, ten en conta ademais a realidade da Galipedia no que se refire á lingua, porque a ninguén lle escapa que toda axuda é pouca. O que non sei é se será mellor mudar o nome a Listaxe de sinónimos, a secas, ou algo así. Non obstante, o dito: mudalo ao curso de lingua galega coido que non é en absoluto apropiado. Un saúdo, Lmbuga. --Atobar (conversa comigo) 19:12, 18 agosto 2009 (UTC)

Comentarios[editar a fonte]

  • A verdade é que na miña zona úsase o xaora (sobre todo no rural e xente de certa idade), e sempre o escoito co valor adverbial de "claro, por suposto". O valor conxuntivo equivalente a "por tanto" é unha dedución errada (recollida pola RAG, verdade é) porque hai casos nos que tendo o valor adverbial pode interpretarse como sinónimo do segundo, mais se o gramático que recolleu ese segundo valor se somerxese ben na realidade lingüística do falante que emprega o xaora, quitaría esa segunda acepción. Quero dicir que o exemplo "Eu, xaora, volvín ás carreiras" (exemplo do dicionario da RAG) está na mente do falante co valor de "Eu, claro, volvín ás carreiras=Eu, desde logo, volvín as carreiras=Eu, si ho, volvín ás carreiras" e NON o de "Eu, por tanto, volvín ás carreiras". Vamos, e digo que xa sei que o recolle a RAG, pero iso non significa que non teñan algún erro. Na zona do Valadouro teño escoitado repetidas veces (máis de 50, polo menos) o xaora en usos espontáneos. E perdoade a parrafada, pero quería deixar isto claro. --Xoán Carlos Fraga 08:59, 15 de abril de 2010 (UTC)
  • Eu subscribo o que dis, Xoán Carlos. E mesmo teño escoitado xaora que si!. Non obstante, os polo tanto e xa que logo creo que tamén teñen de terceiro en discordia o xaora. Se cadra ten dúas acepcións, malia que a RAG soamente recolla esta última. En todo caso, até que eles non o corrixan pouco podemos nós facer, a non ser avisalos. De paso aproveito para outra teima que eu teño contra a RAG: lentes. Para min e para creo que calquera lugués galegofalante, lentes é masculino (os lentes), agás claro cando se trata dA lente do microscopio. Na RAG ponse como feminino, mesmo cando tamén no portugués é masculino como para nós. E estamos na mesma: até que eles o modifiquen, na Galipedia temos que facer un pouquiño o ridículo dicindo as lentes. Un saúdo.