Conversa Wikipedia:Lista de mulleres de Galicia sen artigo na Wikipedia en galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

@HombreDHojalata: ti que creaches esta lista; estou a actualizala pero non dá aparecido d:Q54432994; sabes onde está o erro? Mil grazas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de maio de 2018 ás 00:26 (UTC)[responder]

Con este filtro unicamente aparecen as que cumpren tres requisitos:
  1. Que teñan ficha en Wikidata
  2. Que non teñan artigo na gl.wiki
  3. Que teñan artigo malgunha outra Wikipedia (nalgunha outra lingua)
E Lola Dopico non cumpre, de momento, o requisito 3.
Noutras listas, máis completas (nas que se listan tamén as que teñen artigo na Galipedia) si aperecen as que teñen ficha en Wikidata, inda que non teñan artigo en ningunha lingua (véxase Wikipedia:Lista de persoas nadas na provincia da Coruña segundo Wikidata, Wikipedia:Lista de mulleres de Galicia con ficha na BNE ou Wikipedia:Lista de mulleres nadas na provincia da Coruña segundo Wikidata)
Eu non dou feito (non sei se se pode facer) unha listaxe que únicamente liste ligazóns vermellas (de persoas que teñen ficha en Wikidata) e que aparezan todas inda que non teñan artigo en ningunha wiki. Por iso en Wikipedia:Wikiproxecto galegas#Galegas con ficha en Wikidata e sen artigo na Wikipedia en galego fixen unha segunda táboa manual (despois da táboa automática feita polo bot) onde inclúo eses casos. Queda engadida Lola Dopico. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2018 ás 07:41 (UTC)[responder]
OK Xa din feito! Sobrába código. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2018 ás 08:01 (UTC)[responder]
@HombreDHojalata: non acabo de comprender ben os cambios no código. Pérdome nalgún dos pasos. Podes facer o mesmo nas outras listas de persoas nadas en Galicia, aínda que só sexa as 4 de homes e as 4 de mulleres de cadansúa provincia? Penso que é bastante útil. Non sei canta xente haberá con ítem en WikiData sen entrada en Wikipedia, pero pode ser ben curioso. Un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de maio de 2018 ás 12:36 (UTC)[responder]