Conversa Wikipedia:Lista de artigos que toda Wikipedia debería ter

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O tema das unidades derivadas do sistema internacional non está moi definido en ningún dicionario galego, mais hai unha tendencia en todos os idiomas europeos de empregar o nome na lingua orixinal: Coulomb (francés) --> Coulomb e non Culombio, etc. Seguín este criterio na listaxe. aricum

Non estou de acordo, por non ser o usual na nosa terra nin en España. Pero ten unha ventaxa, que non é necesario traducir nomes raras e elixir entre varias posibilidades...Agremon

É o bo -ou malo- das opinións, que todos temos unha :). Non sei que dicir. Hai un artigo no Canal Ciencia Un Idioma Preciso que trata o tema. Botádelle unha ollada. aricum

Ben, collamos as ventaxas: ó fin, estamos construíndo a lingua, aínda que sexa en pequena proporción. Apúntome e tratarei de corrixir cando vexa algo que puxen por aí con outra norma. Agremon

Lista de continentes[editar a fonte]

Non estou seguro da división que a xente fará polo mundo adiante da Terra en continentes, pero eu estudiei 6: Europa, Asia, África (aquí viña unha pausa xD); América, Oceanía (Australia non inclúe tódalas illas que ten "preto") e Antártida. Respecto á división en América, postos a dividir, ¿o normal non sería algo como:

Pode que sexa cuestión de opinións, pero é a división que eu estudiei moitos anos e penso que algúns de vós tamén. ¿Opinións (se ninguén di nada, heina cambiar e xa me pegaredes ;p )? --IvanPerez 07:49, 2 Jan 2005 (UTC)

Actualización da lista[editar a fonte]

Vou a actualizar esta páxina, que ven da Meta-Wiki ([1]). Pero antes de comezar, queriavos preguntar unha cousa. Existe unha "lista 1.0" (List of articles every Wikipedia should have/Version 1.0), de agosto do 2006. Esta lista está consensuada, e xa non se fan modificacións sobre ela. Por outro lado o artigo sigue evolucionando (entendo que cara a unha lista 2.0), e a día de hoxe a lista é distinta a esa versión 1.0 ¿Que preferides? ¿Collemos a lista 1.0 ou a versión máis actual? Eu son da opinión de tomar a 1.0 como referencia, e cando saia unha nova versión, volver a actualizar este artigo, pero prefiro preguntarvos antes de comezar a facer toda a tradución. Saúdos, Miguel.lima 08:14, 3 xullo 2008 (UTC)

debera/debería[editar a fonte]

O título desta páxina "debería" ser "Artigos que toda Wikipedia debería ter", como xa está nas categorías de Wikipedia. "debera" é pretérito pluscuamperfecto, ou antepretérito. Saúdos --Nerk (conversa) 13 de setembro de 2014 ás 22:16 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de setembro de 2014 ás 12:24 (UTC)[responder]

Grazas ós dous por detectar e amañar este erro :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de setembro de 2014 ás 11:44 (UTC)[responder]

New real time list of missing articles[editar a fonte]

I suggest that you give a look to the Mix'n'match tool by Magnus Manske, and that you recommend it from this page. Thanks to Wikidata, it's able to tell you in real time what articles you're missing out of several reliable lists of relevant persons. --Nemo 10 de outubro de 2014 ás 17:06 (UTC)[responder]

Creo que dentro do grupo no que está o artigo nariz refírese ou debería referirse a olfacto. O nariz só é a parte que sobresae na cara, onde apoiamos as gafas. A parte interna son as fosas nasais, que albergan o sentido do olfacto. Pero non sei se todo virá dos significados do termo ingles nose (=nariz=olfacto), igual que ocorre con ear (=orella=oído). Nós tamén podemos usar nariz para referirnos ao sentido do olfacto en certas frases en sentido figurado, pero son significados secundarios. Anatomicamente está claro o que é nariz (a parte de fóra), e o que son as fosas nasais (a parte do interior), e nelas reside o sentido do olfacto. Outra distinción: no órgano oido hai dous sentidos: auditivo e do equilibrio, para que se vexa que non sempre é exactamente o mesmo o órgano e o sentido.--Miguelferig (conversa) 6 de novembro de 2015 ás 20:24 (UTC)[responder]

Guerra dos cen anos e guerra dos trinta anos[editar a fonte]

Alguien poderiame explicar por que se quitarón da Lista de artigos que toda Wikipedia debería ter os artigos da Guerra dos Cen Anos e máis o da Guerra dos Trinta Anos? pois mirando esta páxina, páxina que eu considero que é a páxina oficial dos 1000 artigos vitais, o primeiro ainda se atopa no posto 306 e Guerra dos trinta anos esta no posto 171, así mesmo engadironse Inca e Imperio de Mali artigos que non estan nesta lista. Un saudo--Alfonso mande 11 de xuño de 2017 ás 16:54 (UTC)[responder]

The explanation can be found at meta:Talk:List of articles every Wikipedia should have#Global Perspective: History Boivie (conversa) 12 de xuño de 2017 ás 05:31 (UTC)[responder]

Estrelas[editar a fonte]

Non teño moi claro en que casos se poñen estrelas ó lado dos artigos nesta lista. Non debería ser nos artigos que sexan de calidade? É que vin que bioloxía ten a estrela pero non é de calidade. Piquito, ti que engadiches os últimos, como é o conto? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]

Elisardojm, eu só inclúo as estrelas (amarelas ou grises) nos artigos que foron escollidos como artigos de calidade ou bos. Non sei por que aparece en bioloxía, eu estou case seguro que non a puxen, e se o fixen foi un erro. Piquito (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 22:02 (UTC)[responder]
Vale Piquito, pois revisarei as estrelas, era por se indicaban outra cousa. Tamén haberá que engadir unha nota ó comezo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 22:18 (UTC)[responder]