Conversa Wikipedia:Imaxes para borrar/Ficheiro:Escudo Xoán Carlos I - Rei de Galicia.PNG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O escudo carece de orixe. Se o escudo non existe (1) ou non é o legal ou o admitido para ese uso (Escudo de Xoán Carlos I), a imaxe debe ser borrada. Digo que debe ser borrada porque non ten sentido renomeala, dado que non habería posible nome que darlle ("Ficheiro:Escudo que pretendía ser....jpg") e non tería ningún interese na Galipedia.

Non debemos falsear a realidade e manter un escudo que non é o que di ser no título.

Marco a imaxe coma sen orixe.--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:38, 14 marzo 2009 (UTC)

O escudo de armas de el-rei Xoán Carlos pódese ver, por exemplo, na web da súa familia [1]. E non é o que se subiu aquí. Alberte Si, dígame? 23:47, 14 marzo 2009 (UTC)
Creo que deberiamos esperar a que o usuario que subiu a imaxe se exprese. En caso de que non se exprese proximamente, creo que a imaxe debería ser borrada rapidamente por, segundo se expresa en Wikipedia:Borrar, falta de potencial para convertese nun artigo enciclopédico ou asunto completamente extravagante--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:53, 14 marzo 2009 (UTC)
Acabo de ver que os motivos aducidos non permiten un borrado rápido, só permiten propor a páxina (ou a imaxe) para borrar. Por mor disto, recollo dito nesta páxina (reescribireino) e propoño a imaxe para borrar --Saúdos e grazas. Xan de ningures 00:00, 15 marzo 2009 (UTC)

Aclaración[editar a fonte]

A imace foi realizada por min a partires doutras que se atopan en Commons, aquí tedes unha fonte, non sei se é de fiar... . Normalmente, os símbolos dun estado ou entidade (neste caso, a do Rei de Galicia:Xoan Carlos I) non teñen dereitos de autor; xa que, aínda que simbólicamente, Xoan Carlos I é rei de Galicia. Pontevedra78 (Para o que ti queiras) 15:13, 18 marzo 2009 (UTC)

Xa dirán os administradores o que cómpre facer coa imaxe, pero polo de pronto eu non podo senón calificala de exabrupto. Rei de Galicia: bueno, carallo, bueno. Rey de Majadahonda, Leganés y Alcorcón.--Atobar 15:19, 18 marzo 2009 (UTC)
Decir que Xoan Carlos I é simbólicamente rei de Galicia, Andalucía, Barcelona, etc etc de todos lugares do territorio español poís é verdade xa que constitucionalemente é rei do reino de España ... é falando para decir eso, si que é conversa de foro, o que a Galipedia non é.
O que queda é que no ano 2009 non esiste un reino de Galicia e polo tanto non esiste escudo legal para representar que Xoan Carlos I sexa rei de Galicia. O rei esta representado nos escudos oficiais das entidades do reino de España, comunidades autonomas, concellos etc. Non pode a Galipedia enganar os lectores presentando o que un usuario imaxina.
Esto penso eu lendo : Enciclopedia ("Unha enciclopedia é un compendio do coñecemento humano...."), Cinco piares (... A Wikipedia non é lugar para expresar opinións persoais, experiencias ou argumentos. As ideas orixinais, interpretacións ou investigacións non poden ser verificables, e polo tanto son inapropiados...) e O que a Wikipedia non é, Cousas que non se deben facer (... Sendo unha enciclopedia, os artigos da wikipedia deben conter feitos...vostede non debe publicar as súas opinións, senón as opinións de autoridades na materia ou de correntes de opinión importantes. Estas opinións deben ser sempre atribuídas aos seus autores de acordo co Punto de vista neutral...).
A conversa da comunidade para tomar unha decision sobre esta imaxe anda aqui. Saúdos ElviraConversa comigo 20:25, 18 marzo 2009 (UTC)