Conversa Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Reverter 2.JPG

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Con tódolos respectos e sen ningún ánimo de conflito (mesmo sen gañas de ir mirar as normas de votación) quixera que se reparase e se me dixese (por favor, indíqueseme na miña páxina de conversa) se estou ou non confundido na seguinte observación.

Aprobouse como imaxe da semana a imaxe do título da presente entrada. ¿Está todo o mundo de acordo en que foi aprobada e son eu o único -aquel que a propuxo- o que considera que foi denegada? Ten cinco votos a favor e dous en contra, pero os votos en contra restan, en total, ten só tres votos a favor; non pode ser imaxe da semana.

É unha opinión, simplemente unha opinión-- Lmbuga / Conversa comigo  22:30, 26 marzo 2010 (UTC)

Os votos en contra non restan ós positivos. As normas din: 5 ou máis votos a favor (cúmprese) e 66% dos votos (5/7 * 100 = 71,43%) cúmprese. Wikipedia:Votacións, Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas --Alberte Si, dígame? 22:59, 26 marzo 2010 (UTC)
O criterio de contabilización dos votos está en Wikipedia:Votacións, no cadriño de arriba á dereita (15 días de votación, 2/3 dos votos a favor, mínimo 5 votos a favor, non fala de votos neutros nin negativos). A listaxe de administradores está en Wikipedia:Administradores, Lameiro non figura entre eles. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:00, 27 marzo 2010 (UTC)